JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A Guarda renovará o alumeado exterior do Campo de fútbol da Sangriña

" A Deputación de Pontevedra, a través de fondos IDAE, investirá 45.000€ na substitución das luminarias do campo de fútbol por outras con tecnoloxía LED.

A Deputación de Pontevedra procederá á retirada das 22 luminarias que existen actualmente no Campo de fútbol da Sangriña e instalará luminarias de tecnoloxía LED, o que permitirá un aforro enerxético e económico significativo reducindo a pegada de carbono, nun proxecto que contempla tamén a mellora dos cadros de mando.

O proxecto que se prevé desenvolver no campo de fútbol da Sangriña nas próximas semanas, reducirá a potencia instalada e o consumo asociado, mellorando a calidade da iluminación e a eficiencia das instalacións. Para garantir a uniformidade e eliminar zonas mal iluminadas se fixo unha fotometría no campo de fútbol e os resultados lumínicos aportados polo mesmo establecen que o proxecto mellorará todos os parámetros analizados. Se mellora na iluminación media que actualmente é de 66,19Em e se pasará a 100Em, na iluminación mínima que é 19,80 se pasará a 51, na iluminación máxima, no que o resultado actual é de 134,8 se pasará a 164 e en relación coa uniformidade de 0,30U0, se pasará a 0,51U0.

Finalmente este cambio das luminarias actuais por outras de tecnoloxía LED permitirá a cualificación enerxética tipo A para o campo de fútbol da Sangriña.

Este proxecto de substitución das luminarias do campo de fútbol da Sangriña é unha das medidas chave establecidas no PACES, plan aprobado polo Concello da Guarda en novembro de 2020 e no que o concello se compromete a cumprir con determinados obxectivos en materia de clima e enerxía.

Concello de A Guarda


A Guarda contará cun Entroido cheo de actividades e programación para todas as idades

" A Alameda da Guarda será o centro das celebracións que comezan na tarde do sábado 18 e rematarán con tradicional Desfile de Comparsas, Carrozas e grupos o Martes 21

Entre o 18 e o 21 de febreiro a Guarda acollerá os festexos de Entroido que foron pensados co espírito festivo que corresponde a estas datas e todo tipo de gustos e idades. A música, o humor e as propostas infantís serán os ingredientes principais destas datas.

SÁBADO DE ENTROIDO, CARREIRA E CONCERTO

A programación comezará o Sábado 18 ás 18:00h. coa celebración da Carreira de Entroido, que cun pequeno percorrido de tan só 4km. está pensada para a participación de tódolos públicos. As inscricións están abertas ata o 15 de febreiro a través de https://www.deporticket.com/web-evento/8054-a-carreira-do-entroido.

Será pola noite cando comece a festa co Concerto do grupo guardés "Castro Y los Escoltas" ás 23:30h., ao que lle seguirá a sesión de DJ WASS.

Neste concerto poderemos ver e escoitar á banda guardesa liderada por Miguel Castro, membro de The Pretty Shirts que aparece agora cun proxecto mais persoal acompañado de Álvaro Vázquez (baixo e coros) e Alexandre Boamorte (batería), integrantes tamén de bandas ben coñecidas no Sur de Pontevedra como Gold & Colt ou Pegas Negras. A formación ven de gravar e presentar o seu primeiro traballo en Baixo Miño Studios con Xonix Records cun estilo musical que abrangue dende o rock clásico ata o soul e outros sons máis densos.

A festa tralo concerto continuará cunha sesión de DJ a cargo de Diego Wass.

DOMINGO, FESTA PARA TÓDOLOS PÚBLICOS

A tarde do domingo é por tradición o momento do "baile na Alameda" e a diversión en familia, polo que a programación nesta tarde ten dous ingredientes principais: De 17 a 18h. a actuación do clásico clown "O PALLASO POPÍN" que con mais de 30 anos de experiencia abrirá a tarde cun show no que non faltarán o descaro, a desfachatez, as ocurrencias e algo de improvisación para asegurar as risas de pequenas e maiores. E de 18h. A 20h. O Concerto Grupo Crónicas Pop que fará un repaso dos grandes éxitos do pop español dende os 80's ata hoxe para animar á festa e ao baile a tódolos presentes.

LUNS, MAXIA E XOGOS PARA OS MAIS PEQUENOS

Continúa a programación o luns 20 pensando nos mais pequenos da casa cun espectáculo de Maxia, a cargo do Mago Cali, un dos magos mais destacados da escena galega que combina a maxia co humor, a realidade coa fantasía garantizando un show dinámico e divertido

Mais como a esencia do Entroido se define pola música, tralo espectáculo a Charanga Vaya Panda continuará amenizando a festa co seu repertorio animoso e festivo ben coñecido por todos.

MARTES DE ENTROIDO, DESFILE E BAILE FIN DE FESTA

O Desfile do Martes de Entroido pechará esta variada programación da man dos Grupos, Comparsas e Carrozas participantes. Como ven sendo habitual o desfile comezará ás 17:30h. na rúa Porto Rico, continuando por Rúa Galicia ata Rosalía de Castro e Alameda.

Aquelas persoas e colectivos que desexen participar teñen entre o 7 e o 13 de febreiro aberta a inscrición a través do Rexistro da Guarda. As bases de participación están dispoñibles en: www.aguarda.es.

Este desfile será acompañado pola batucada viguesa BATE NO COBRE quen ao remate do desfile continuará amenizando a festa na Alameda.

NOTA: O recinto da Alameda contará con Carpa polo que a programación non sufrirá cambios en caso de choiva. Non obstante, en caso de choiva para o Martes, o desfile sí sería aprazado ao fin de semana en función da previsión mais favorable.

Concello de A Guarda


A Guarda pon a disposición dos veciños e veciñas estructurante para composto

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, pon a disposición dos veciños e veciñas estructurante (madeira triturada) para todo aquel que o precise para facer compost.

As persoas interesadas so teñen que acudir ao Punto Limpo da Sangriña de luns a venres no seu horario habitual de funcionamento, de 8:00h a 14:30h e tamén os sábados de 8:30h a 13:00h cunha bolsa/saco ou capacho e facilitaráselles o estructurante ata fin de existencias.

Concello de A Guarda


Queres participar nun intercambio para mozas e mozos da Guarda e Caminha?

" As inscricións para participar no proxecto "O Río que nos Une" están xa abertas.

Aberta a pre-inscrición para a participación no proxecto O Río Que Nos Une impulsado por FOCO, a Cámara municipal de Caminha e o Concello da Guarda, que consta de tres encontros de fin de semana GRATUITOS no Mosteiro de São João D'Arga, en Caminha, Portugal.

Nos encontros participarán 20 mozas e mozos entre eles 10 de A Guarda e 10 de Caminha, cunha idade comprendida entre os 14 e os 19 anos. Estes encontros serán de fin de semana dende o venres ata o domingo despois de xantar.

As datas previstas son:
" 24, 25, 26 marzo
" 28, 29, 30 abril
" 26, 27, 28 maio

O principal obxectivo será o de coñecer a persoas da outra parte da desembocadura do río e identificar os puntos e inquedanzas comúns e deseñar actividades para mocidade que posteriormente financiarán e implementarán os dous municipios.

O acceso ao formulario de inscrición é a través o link https://forms.gle/uPhoKwdwW1gPavGv9

Máis información na OMIX da Guarda informacion@aguarda.es

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais