JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Tui despide o ano cunha intensa actividade de Nadal

O Mercado de Nadal no Paseo da Corredoira, a música co Concerto de Fin de Ano e o rueiro con toda a decoración de rúa, forman parte do programa organizado

Dentro da programación 'Tui, o camiño do Nadal', o concello de Tui continúa impulsando iniciativas para seguir festexando estas datas. A música será a protagonista mañá á noite co Concerto de Fin de Ano, o Paseo da Corredoira acolle o Mercado de Nadal, os cativos e cativas disfrutan ao longo da semana dos obradoiros e a próxima semana dun planetario, pero amais a decoración e a iluminación destas datas son outros dos atractivos que ofrece a cidade.

Así Tui despedirá o ano coa música de catro agrupacións locais que ofrecerán mañá venres, ás 20.30 h, de forma conxunta o Concerto de Fin de Ano no Teatro Municipal. Esta edición correrá a cargo da Banda de Música Popular de Tui, da Coral Polifónica Ponte das Febres, da Coral do Centro Sociocomunitario de Tui e da Coral San Telmo de Tui nun concerto no que a música de Nadal e as bandas sonoras serán as protagonistas. As entradas pódense mercar até media hora antes do inicio en tui.gal aos prezos de 4 € e 3 €.

Por outra parte até o 5 de xaneiro continúa o Mercado de Nadal, emprazado no Paseo da Corredoira. Os postos que ofrecen as súas creacións son o Club Patinaxe Artístico Ribex, Coco Bisutería, Sapone di Principessa, Ideas Peregrinas, Sovoral, Lelate, Vallelongo, Mari Fastudo, Jesús Cesteiro, Riomao Estudio Creativo, Aloia Protectora de Animais de Tui, Artesanía Corman, Churrería chocolatería Patry e a food truck Ruta 82. Hoxe xoves o mercado abre de 17 a 21.30 h, e mañá venres de 12 a 14 h e de 17 a 21.30 h, mentres que o sábado o horario será so de mañá, e o domingo, 1 de xaneiro, estará pechado.

A cidade está decorada con distintos elementos que se poden visitar nun percorrido polo centro urbano dende a rúa Ourense, pasando polo paseo da Corredoira, a rúa Ordóñez, e as prazas de San Fernando, Fromista, da Estrela e da Armada. Cómpre lembrar que, tanto na Oficina Municipal de Turismo como no pergamiño situado á súa fronte ou na web municipal, está dispoñible o rueiro de Nadal no que están sinalizadas de todas estas decoracións. Pero a iluminación de Nadal é tamén obxecto de múltiples fotografías sobre todo da situada na praza da Inmaculada cun gran oso, o trineo de Papa Noel con dous renos e o tradicional Belén de luz.

Os e as máis pequenos son tamén protagonistas estes días na programación. Polas mañá cubríronse as prazas dos obradoiros infantís organizados pola Biblioteca Municipal, e puideron gozar tamén de inchables na Corredoira. Xa a próxima semana haberá un planetario do luns 2 ao mércores 4 para o que é preciso inscrición previa na propia biblioteca.

E na Biblioteca remata mañá venres o Mercadillo Solidario de Libros no que a cambio de produtos de Nadal se pode escoller entre os distintos títulos ofertados.

Amais o sábado ás 10.30 h celebrarase a I San Silvestre Solidaria dende o Paseo da Corredoira, onde ao remate da carreira popular haberá chocolate con rosca, badaladas e a actuación do grupo Broken Peach.

Unha programación de Nadal que culminará a próxima semana coa tradicional Cabalgata de Reis.

Case 600 persoas participarán este sábado na I San Silvestre tudense

Ás 12 h tomaranse as uvas coas badaladas e a continuación actuará Broken Peach

Tui vai despedir o ano con deporte, solidariedade, badaladas e música en directo na I San Silvestre Solidaria "Correr e Andar" en beneficio da Asociación Española contra o Cancro.

O sábado a cita comezará ás 10.30 h no Paseo da Corredoira dende onde partirán as 597 persoas inscritas nesta primeira San Silvestre tudense organizada polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui. A acollida a esta carreira popular - con 443 persoas adultas inscritas e 154 nenos e nenas - superou todas as expectativas da organización. Realizarase un percorrido urbano moi sinxelo de 4 quilómetros polo conxunto histórico e a beira do Miño, no que as persoas participantes poderán ir correndo ou andando até regresar ao Paseo da Corredoira, como agasallo recibirán unha camiseta conmemorativa.

A festa continuará con chocolatada con rosca e ás 12 h ao son das badaladas do reloxo da praza da Inmaculada tomaranse as 12 uvas. A festa continuará con música en directo a cargo de Broken Peach, o grupo vigués presentará o seu espectáculo de Nadal no que interpretarán versións de temas tan coñecidos como Let It Snow, Santa Claus Is Coming To Town, Jingle Bell Rock, Rockin' Around The Christmas Tree ou All I Want For Christmas Is You co seu característico son.

Concello Tui


A Policía Local rescata a unha muller e aos seus tres cans que caeron por un talude de 4 metros en Caldelas

Os feitos tiveron lugar este martes, 27 de decembro, ás 14.10 h no lugar de O Cachón

Axentes da Policía Local de Tui rescataron este martes, 27 de decembro, a primeira hora a tarde a unha muller que caera por un talude duns catro metros ao río Miño en Caldelas.

Os feitos tiveron lugar no lugar de O Cachón na parroquia tudense de Caldelas este pasado martes pasadas as dúas da tarde cando a muller tentando rescatar a un dos cans caeu polo talude sendo incapaz de saír. Foi unha veciña que a acompañaba a que deu a voz de alarma ao 112, que a súa vez trasladou o aviso á Policía Local de Tui.

A patrulla ao chegar ao lugar atopouse a muller co auga polo nocellos nunha zona de moi difícil acceso á beira do río, coas paredes de apoio estaba moi esvaradizas ao ter terra blanda e solta. Os axentes empregaron cordas e arneses para poder acceder ao lugar e rescatar tanto á muller coma aos seus tres cans. Até o lugar acudiron tamén os Bombeiros do Baixo Miño, aínda que non foi precisa a súa intervención xa que os axentes da Policía Local xa tiñan completado o rescate. Non foi precisa a intervención dos servizos sanitarios nin da Garda Civil que foran tamén alertados.

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais