|
Os reis magos visitarán todos os barrios do Rosal a mañá do 5 de xaneiro
Realizarán unha ruta a través de 4 itinerarios para que todos as e os máis pequenos poidan coñecelos
Os Reis Magos volverán a percorrer todos os barrios do Rosal un ano máis. Será a partir das 11:00 horas da mañá do xoves 5 de xaneiro cando unha comitiva cos tres Reis comezará unha visita con case 60 paradas en distintos puntos do concello.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, explica que o Concello "volveu invitar aos Reis Magos a facer este percorrido que permite que os nenos e nenas desfruten". A rexedora lembra que os Reis farán paradas de 10 minutos en cada punto, polo que "haberá tempo dabondo para coñecelos e mesmo para recibir, se cadra, algún agasallo".
Para axilizar o percorrido o Concello organizou un total de catro itinerarios que parasarán por diferentes puntos de Marzán, A Cachada, A Fecha, Pacenteo, A Cumieira, A Telleira, Lagos, A Mata, Sandián, Pías, Tamuxe, O Morán, San Miguel, Tabagón, As Eiras, Fornelos, O Picón, Viso dos Eidos, Martín, Caselas, A Lomba, Couselo, Novás, A Rotea, Parada, Miranxe, San Xián, Portecelo, Urgal, Valdemiñotos, Couso e O Calvario.
En caso de choiva, a comitiva dos Reis modificará a súa traxectoria para poder realizar as paradas en espazos cubertos:
Ruta 1
11:00h Escola de Marzán
11:45h Casa Oficios da Mata
12:30 Escola de Couso
Ruta 2
11:00h Escola de San Miguel
11:45h Escola de Tabagón
12:30 Escola das Eiras
Ruta 3
11:00h Escola de Fornelos
11:45h Tenda de Martín
12:00h Escola de Pías
Ruta 4
11:00h Escola de Novás
11:45h Palco de San Xián
12:00h Explanada do Horizonte
Pola tarde, a maxia e a illusión continuarán a partir dás 17:00 con Sue Moreno e o seu espectáculo '4.0' na praza do Calvario, ou en caso de choiva a actuación trasladarase ao pavillón. Nesta actuación mestúranse técnicas aéreas de circo con cancións e teatro físico, cunha estrutura de 6 metros de altura e tomando o humor como partitura. A historia preséntanos a unha muller no seu día a día, tentando conciliar traballo, vida e maternidade e amosando as mil facianas desta etapa desde un punto de vista divertido, tenro e, por momentos, absurdo.
Ao remate da actuación os reis saudarán ao público asistente e recibirán peticións de última hora. Non faltará o chocolate quente para todas as persoas que o desexen.
Concello de O Rosal
O Rosal capta 50.000€ para continuar coa súa aposta pola recuperación do espazo público
Acadou unha subvención a través da Rede Ágora da Deputación de Pontevedra para a redacción de cinco novos proxectos que sitúan ás persoas no centro
O Goberno municipal continúa a dar pasos en firme na recuperación dos espazos públicos para as persoas. Ao abeiro da Rede Ágora, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra, o Concello do Rosal vén de acadar unha subvención de case 50.000 euros para financiar ao 90% a redacción de cinco novos proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e ciclables.
"Queremos transformar O Rosal en termos de mobilidade, de calidade de vida... por iso implicámonos e poñemos en marcha novas iniciativas que buscan devolverlle a prioridade á veciñanza e situar ás persoas no centro de cada un dos cambios do noso municipio", explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
O importe máis elevado da subvención, case 17.000 euros, irán destinados á redacción do proxecto de mellora urbana en San Miguel de Tabagón, que contempla unha intervención na chamada Estrada Vella e na súa contorna. Outro dos maiores investimentos, máis de 12.000 euros, darase na redacción do proxecto de recuperación do espazo peonil na rúa da Estrada, unha actuación sobre un tramo duns 230 metros, no que vén de facerse un proceso veciñal para incorporar as achegas dos veciños e veciñas da zona á redacción do proxecto.
Por outra banda, a través da Rede Ágora financiarase con case 10.000 euros a redacción do proxecto de mellora da calidade viaria e espacial na contorna da Pesqueira e con outros case 9.000 euros o de recuperación do espazo peonil das rúas Jesús Noya e Travesía do Casal e a integración do Camiño da Vila Vella. A subvención complétase co cofinanciamento da redacción do proxecto dunha senda peonil en Fornelos que una a PO-353 coa PO-354.
Todos estes novos proxectos camiñan na liña estratéxica marcada polo Concello do Rosal "centrada nunha recuperación de espazos públicos nos que as persoas sexan o centro, transformando as prazas e rúas dos nosos barrios e parroquias e xerando novos espazos de desfrute, de encontro e de convivencia para toda a veciñanza".
Concello de O Rosal
O Rosal comeza o ano coa visita dunha unidade móbil de doazón de sangue
O mércores 4 estará na rúa Ramón Franco de 10 a 14 e de 16 a 21 h. Pódese pedir cita previa no teléfono gratuíto 900 100 828
O Rosal comeza o ano achegando a súa pinga de solidariedade. O Concello acolle o vindeiro mes de xaneiro unha nova visita dunha das unidades móbiles da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que estará dispoñible o mércores día 4 para todas aquelas persoas que queiran achegarse a doar. Como ven sendo habitual, o autobús estará situado na rúa Ramón Franco, nº 4, fronte á sucursal de Abanca, e os rosaleiros e rosaleiras poderán doar sangue de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. Todas as persoas que desexen doar sangue poderán solicitar cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.
A Axencia de Doazón anima a toda a veciñanza a non esperar a que se esgoten os recursos e a sumarse ás máis de tres millóns de doazóns xa realizadas en Galicia. Como recomendación, aínda que o persoal da unidade móbil fai unha revisión a todas as persoas que se achegan a doar para garantir a seguridade dos compoñentes da sangue, piden que as persoas doantes non acudan se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios.
Poderán doar as persoas con máis de 18 anos e máis de 50 kg e deberán ir despois de almorzar se acoden pola mañá ou dúas horas despois de xantar ao mediodía se acoden pola tarde. É importante levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar, ademais de informar ao médico en caso de estar tomando algún medicamento.
As doazóns feitas nas unidades móbiles son procesadas e analizadas nas dependencias centrais da Asociación Galega de Doazón de Sangue e Órganos, grazas ao que é posible enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días do ano. É importante lembrar que os hospitais galegos precisan ente 400 e 500 doazóns de sangue cada día, arredor de 10.000 ao mes, para garantir a asistencia a moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancros, leucemia, transplantes de órganos...
Concello de O Rosal
|
|
|
Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
 |
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000
|
Há estórias de casas e casas com história Externato de Santa Rita de Caminha
 |
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000
|
República em Tumulto
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
História Nossa Crónicas de Tempos Passados por Terras de Caminha e Âncora
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento Apoiado pela Fundação EDP
|
Da Monarquia à República no Concelho de Caminha Crónica Política (1906 - 1913)
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
O Estado Novo
e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense
Júlio Baptista (1882 - 1961)
 |
Organização e estudo biográfico do autor
por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora
 |
Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000
|
Memórias da Serra d'Arga
 |
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000
|
Outras Edições Regionais
|