|
O Concello da Guarda recibirá 1.000.000 euros para o seu Plan de Sostibilidade Turística en Destino
" A presentación realizouse este martes en Santiago de Compostela, asistindo á mesma o Alcalde, Antonio Lomba e o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez.
O pasado martes día 27 de decembro o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, trasladáronse ata Santiago de Compostela para participar na presentación dos diferentes proxectos de modernización dos destinos turísticos de Galicia que se poñen en marcha dende o Goberno do Estado e que suman investimentos por valor de 85.7 millóns de euros, dos cales A Guarda recibirá 1 millón de euros para o seu Plan de Sostibilidade Turística en Destino.
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, subliñou o pulo extraordinario do Goberno de Pedro Sánchez á modernización dos destinos turísticos de Galicia con investimentos en 34 proxectos de sostibilidade turística que impactan na totalidade do territorio galego: "É o Goberno de Pedro Sánchez o que impulsou na crise da COVID a figura dos Plans de Sostibilidade Turística e é este Goberno o que, coa colaboración do resto de administracións, co liderado da ministra Reyes Maroto, e coa oportunidade histórica dos fondos Next Generation, está a promovela por todo o territorio".
José Miñones mantivo este martes en Santiago unha reunión con responsables das administracións implicadas nestes investimentos, na que estiveron presentes Antonio Lomba e Rafa Álvarez, para avaliar o seu impacto no territorio e no sector. O delegado detallou que, dende ano 2020, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio resolveu tres convocatorias ordinarias e dúas extraordinarias para financiar a execución destes plans de modernización de destinos turísticos.
Este ano 2022, a convocatoria extraordinaria resolveuse o pasado 14 de decembro. En Galicia, esta resolución suma 16 accións máis ao listado anterior, cunha achega do Goberno de 34,5 millóns de euros. A suma do total de aportacións do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo dá como resultado 85,7 millóns de euros de fondos estatais en 34 destinos "para crear en Galicia un novo modelo turístico baseado en criterios de sostibilidade e de calidade ao máximo nivel internacional", sinalou o delegado.
Neste foro, o delegado do Goberno reiterou o papel das entidades locais de Galicia neste ámbito, xa son as encargadas de deseñar e de executar a maior parte das actuacións que financia o Goberno e que "dinamizarán cidades, vilas e aldeas de toda Galicia".
A execución corresponde, nos Plans de Sostibilidade, ás entidades locais promotoras de cada iniciativa, e nas Actuacións de Cohesión Territorial, á Xunta de Galicia. O Goberno transfire o orzamento íntegro ao Goberno Autonómico e esta administración é a que, posteriormente, inviste nos seus proxectos e fai chegar as cantidades adxudicadas a concellos, mancomunidades, agrupacións ou deputacións provinciais para desenvolver os seus propios.
- PSTD "A Guarda". Concello da Guarda. 1.000.000 euros. O plan inclúe actuacións relacionadas coa mellora da xestión do uso público do espazo natural do Monte de Santa Tegra implantando medidas que regulen o acceso nun espazo da alta presión en número de visitantes (fomento da mobilidade sostible), así como de protección e rexeneración do ecosistema dunar da praia do Muíño.
Continúa na Guarda a programación do Nadal
O Concello da Guarda continúa esta semana coa programación de actividades do nadal con maxia, circo, cinema, música a moito máis.
Xa case para rematar o ano o venres día 30 de decembro chega o cinema infantil coa proxección de "Los Elfkins" ás 18:00h no Centro Cultural. Unha película apta para todos os públicos e indicada especialmente para os nenos e nenas onde se conta a historia dos Elfkins, que ao longo de máis de 200 anos viven baixo terra, escondéndose do mundo superior e evitando calquera interacción con humanos "ingratos e malvados". Pero un día, Helvi, Kipp e Butz deciden subir á superficie da terra. Despois de moitas aventuras, Helvi faise amigo de Theo, un pasteleiro un pouco malhumorado que lle lembrará a ela e a todos os demais Elfkins o seu verdadeiro propósito na vida: axudar aos demais.
Unha película tenra e divertida con aires que nos lembran a Ratatouille no referente a seres diminutos que se apoderan da cociña para atopar unha boa conclusión para estes tempos: que a veces se nos esquece gozar co que temos.
O sábado 31 de decembro chega a Carreira San Silvestre á Guarda, un evento deportivo con saída ás 17:00h. da Praza de Avelino Vicente e no que haberá agasallos con vales de compra no comercio Guardés, cedidos polo comercio, restaurantes e empresas da vila. As inscricións se pechan este xoves en https://www.deporticket.com/web-evento/7889-san-silvestre-a-guarda
E como prato forte o 3 de xaneiro terá lugar o espectáculo Circo de Lume, da compañía AsacoCirco na Praza de Avelino Vicente ás 18:00h. Circo de lume é un espectáculo de pura acción para tódolos públicos. Con emocionantes números, que mesturan técnicas de danza con malabarismos, manipulación, pirofagia, humor e trato directo co público. Interpretado por Joao Alvim e Miriam Crespo, malabaristas con más de 13 años de adestramento, conclúen nun espectáculo de efectos visuales impresionantes.
O mesmo día 3 e ata o día 5 de xaneiro os carteiros reais, en nome dos Reis Magos de Oriente, estarán percorrendo as nosas rúas para recoller as cartas das crianzas aos Reis Magos.
A Cabalgata de Reis chegará ata a nosa vila na tarde do día 5 de xaneiro, recuperando ao final do seu percorrido a tradicional recepción ás nenas e nenos na Casa dos Alonso.
A proba de obstáculos en familia A GUARDA FAMILIY KIDS, na Alameda ás 16:30h. que pechará a programación o día 7 de xaneiro.
PROGRAMACIÓN:
DECEMBRO
Sábado 31 de decembro ás 17:00h na Praza de Avelino Vicente
San Silvestre
XANEIRO
Do 3 ao 5 de xaneiro polas rúas da Guarda
Carteiros do Nadal
Días 3 e 4 de 17:00h a 20:00h. Día 5 de 11:30h a 14:30h.
Martes 3 de xaneiro pola tarde polas rúas da Guarda
Circo de lume
Xoves 5 de xaneiro pola tarde polas rúas da Guarda
Cabalgata e visita dos Reis Magos
Sábado 7 de xaneiro ás 17:00h na Alameda
A Guarda Family Kids
|