|
Unidade Móbil de inspección técnica de agrícolas na Guarda en xaneiro
A Unidade Móbil 10 de inspección técnica de AGRICOLAS desprazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:
" do 20/01/2023 ao 23/01/2023 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)
O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañá e tarde todos os días, agás:
" 23/01/2023 que será horario só de mañá
Para solicitar cita previa:
" Por teléfono: 902 30 90 00
" A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa
NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.
A Guarda presenta a programación do Nadal 2022/23
" A programación arranca este venres día 2 de decembro co Acendido do alumeado do Nadal.
O Concello da Guarda presenta un ano máis a programación do Nadal, que arrancará xa na xornada deste venres día 2 de decembro co Acendido do alumeado de Nadal, un acto que terá inicio ás 18:00h cun pasarrúas dende a Praza Avelino Vicente e que rematará na Praza do Reló co Acendido do Alumeado e Espectáculo de Pompas ás 18:30h.
A programación do Nadal continúa as vindeiras semanas con multitude de actividades de todo tipo e para todas as idades, nas que se inclúen teatro familiar e adulto, concertos, maxía, animación de rúa, cinema, deporte e xa no mes de xaneiro a tan agardada Cabalgata de Reis.
PROGRAMACIÓN:
DECEMBRO
Venres 2 de decembro ás 18:30h na Praza do Reló
Acendido de Nadal
Espectáculo de Pompas
Pasarrúas previo dende Avelino Vicente ás 18:00h
Domingo 4 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural
Teatro Familiar: Superheroe de Fran Rei
Venres 9 de decembro ás 20:30h no Centro Cultural
Teatro para público adulto: The Witch da Compañía Diana Sieira
Sábado 10 de decembro ás 16:00h no Clube de Maiores
Concerto de Coro e Grupo de Gaitas do Clube de Maiores, Xubilados e Pensionistas da Guarda
Sábado 17 de decembro ás 12:00h na Praza de Avelino Vicente
Pandereteiras Cantos de Nadal cos grupos Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e Do Lusco ó Fusco.
Domingo 18 de decembro ás 17:00h na Igrexa Parroquial
Concerto de Panxoliñas
Mércores 21 de decembro ás 19:30h no Centro Cultural
Concerto de Nadal de Vento e Coro dos Alumnos do Conservatorio
Do 22 ao 24 de decembro polas rúas da Guarda
Trasnos e paxes do Nadal
Días 22 e 23 de 17:00h a 20:00h. Día 24 de 11:30h a 14:30h
Xoves 22 de decembro ás 20:00h no Centro Cultural
Concerto de Nadal de Corda dos alumnos do Conservatorio
Martes 27 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural
Mago Rei Midas
Mércores 28 de decembro ás 17:00h no Centro da Vila
Animación Itinerante
Xoves 29 de decembro ás 20:00h no Centro Cultural
Concerto Ventos de Nadal da Agrupación Musical da Guarda
Venres 30 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural
Cinema Infantil
Sábado 31 de decembro ás 17:00h na Praza de Avelino Vicente
San Silvestre
XANEIRO
Do 3 ao 5 de xaneiro polas rúas da Guarda
Carteiros do Nadal
Días 3 e 4 de 17:00h a 20:00h. Día 5 de 11:30h a 14:30h.
Martes 3 de xaneiro pola tarde polas rúas da Guarda
Circo de lume
Xoves 5 de xaneiro pola tarde polas rúas da Guarda
Cabalgata e visita dos Reis Magos
Sábado 7 de xaneiro ás 17:00h na Alameda
Gladiator Kids
Chega á Guarda -MAVI- A Maleta viaxeira contra a violencia de xénero
" Promovida pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra, a iniciativa enmárcase no programa de actividades arredor do 25N, Día Internacional contra a violencia machista
" Tras a boa acollida da primeira maleta, a Subdelegación do Goberno puxo en marcha catro máis
" Concello da Guarda é o segundo en recibir unha destas novas maletas
" A subdelegada agradeceu a colaboración do municipio e destacou o seu compromiso coa igualdade
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presentou este luns na Guarda xunto co alcalde, Antonio Lomba, a concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, a directora do CIM Yolanda Vilaverde e a bibliotecaria, Marisol Diz, o proxecto de sensibilización "Mavi: a maleta viaxeira contra a violencia de xénero", unha iniciativa promovida pola Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno de Pontevedra, que trata de achegar, especialmente ás mulleres, unha serie de libros que poden axudar á reflexión, á sensibilización e á concienciación en moitas situacións de vulnerabilidade das propias mulleres. Os libros contidos na Maleta viaxeira están a disposición de todo aquel que os desexe para o seu préstamo na Biblioteca Pública Municipal da Guarda.
Tras a boa acollida que tivo a primeira maleta, que se puxo en marcha o ano pasado, a Subdelegación creou catro novas MAVI que viaxarán pola provincia. "A segunda destas novas maletas recala hoxe no Concello da Guarda para achegar libros de diferentes temáticas relacionadas co feminismo, a igualdade, o empoderamento, a autoestima ou a violencia machista ás mulleres e nenas do municipio", explicou a subdelegada, que agradeceu a colaboración do Goberno local para activar este proxecto e a súa implicación para que chegue á maior parte da poboación, fundamentalmente á da zona rural, que é a que ten máis dificultades para acceder a materiais e campañas desta natureza.
Maica Larriba destacou que "son un total de 78 libros repartidos en cinco maletas que promoven a reflexión, a sensibilización e concienciación sobre temas determinantes para conseguir unha sociedade máis igualitaria e libre de violencias, favorecendo un pensamento crítico ante os estereotipos e roles de xénero que perpetúan estas violencias e desigualdades e que lamentablemente seguimos vendo día a día por parte de grupos que seguen negando a violencia de xénero".
A estadía inicial de "MAVI" no Concello da Guarda será de tres meses un período que poderá ampliarse en función da demanda. Tras o Grove a A Guarda, "MAVI" continuará a súa viaxe por outros concellos, casas de acollida, asociacións de mulleres vítimas de violencia de xénero, centros de información á muller ou servizos sociais da provincia que soliciten a maleta para traballar coas súas usuarias. "É unha viaxe sen data de volta", explicou Larriba, "xa que a idea é que a maleta poida continuar percorrendo a provincia e aumentando ou variando os libros que viaxan nela".
O alcalde, polo seu lado, agradeceulle á subdelegada esta iniciativa, asegurando que "será moi ben acollida pola veciñanza". Antonio Lomba manifestou a necesidade de "seguir traballando fronte a violencia machista e a prol de igualdade plena, sendo a literatura unha ferramenta de moito alcance nesta loita de toda a sociedade".
Abertas as inscricións para a San Silvestre da Guarda
" Sábado 31 de decembro ás 17:00h dende a Praza de Avelino Vicente.
O Concello da Guarda organiza en colaboración con NOKO 360 para a xornada do sábado día 31 de decembro a carreira San Silvestre, un evento deportivo que terá lugar ás 17:00h e que, cunha distancia de 4 quilómetros, sairá dende a Praza de Avelino Vicente para percorrer diferentes puntos do noso municipio.
As inscricións están xa abertas na seguinte ligazón: https://www.deporticket.com/web-evento/7889-san-silvestre-a-guarda de xeito gratuíto ata o 29 de decembro.
Carreira para todas as idades, os menores nados en 2011 ou antes deberán de ir acompañados dun adulto.
Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores na Guarda en xaneiro
A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES
desprazarase ao Concello da GUARDA nas seguintes datas e emprazamentos:
" o 25/01/2023 na Estación de Servicio San Roque (A Guarda)
O horario de atención será de 9:00h a 13:30h pola mañá.
Para solicitar cita previa:
Por teléfono: 902 30 90 00
A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa
NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á
posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.
|