JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O luns descubrirase a placa da rúa Mártires de Sobredo

O acto coincide coa data exacta na que se produciron os sucesos no ano 1922

O VINDEIRO LUNS 28 DE NOVEMBRO DESCUBRIMENTO DA PLAZA DA RÚA "MÁRTIRES DE SOBREDO"

O próximo luns, 28 de novembro, ás 17 h terá lugar o acto de descubrimento da placa que da nome á rúa "Mártires de Sobredo", será no cruzamento entre a actual prolongación da rúa Alcalde José Casal Aboy e a avenida da Concordia, dando cumprimento así ao acordo unánime do Pleno da Corporación Municipal de Tui na sesión ordinaria do pasado 29 de setembro.

Este acto terá lugar no propio día en que se conmemora o centenario dos tráxicos sucesos de Sobredo onde tres persoas labregas foron vítimas do disparos das forzas da orde que reprimiron unha manifestación que tiña lugar en Sobredo, Guillarei na que trataban de impedir o desafiuzamento dun labrego que non tiña pagado as rendas forais e fora denunciado polo rendeiro.

A morte de Cándida Rodríguez, veciña de Pazos de Reis, Venancio González, de Budiño, e Joaquín Besada de Soutelo, tivo unha ampla repercusión en toda Galicia e acelerou o debate político para rematar co sistema foral, que se lograría finalmente no ano 1926.

Dando a este rúa o nome de Mártires de Sobredo o Concello de Tui, en palabras do alcalde, Enrique Cabaleiro, pretende render unha homenaxe, en primeiro lugar, as vítimas deste desgraciado suceso de Sobredo, pero tamén reivindicar a importancia da ampla mobilización social que nas primeiras décadas do pasado século a través do denominado "movemento agrario" que coa creación de innumerables sociedades de agriculturas na maioría das parroquia de Tui e noutros lugares de Galicia lograron cambiar, en apenas dúas décadas, o réxime de propiedade da terra e contribuíron de xeito excepcional á mellora das condicións de vida dos nosos labregos. Para Enrique Cabaleiro cómpre "reivindicar o papel das sociedades agrarias e o protagonismo tudense neste proceso". Con esta rúa Mártires de Sobredo recupérase unha peza importante da memoria local para que o seu sacrificio e a mobilización que representan sexa coñecida e valorada.

Os actos desta xornada do luns complétanse coa conferencia "Sobredo na memoria" que ás 19 h, no edificio Francisco Sánchez, ofrecerá o historiador Bieito Alonso e na que se contará coa interpretación musical de Samuel Diz. Este acto está organizado polo Instituto de Estudios Agrarios "Mártires de Sobredo".

Cómpre lembrar que este domingo, 27 de novembro, terá lugar a homenaxe aos Mártires de Sobredo xunto ao monumento, en Sobredo, Guillarei.

Concello Tui


A Urban Trail Night Eurocidade bate récord con máis de 420 atletas

Sairá mañá as 20.30 h de Valença, e a liña de meta estará no Paseo da Corredoira de Tui

A sexta edición da Urban Trail Night Eurocidade baterá mañá record de participación con máis de 420 persoas inscritas. A madriña da proba será a triatleta Aida Valiño que tamén participará na mesma.

A carreira nocturna, organizada polas empresas Noko360 e Sra. Emilia en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença sairá mañá ás 20.30 hora española, dende o Centro Coordinador de Transportes de Valença. A liña de meta estará situada no Paseo da Corredoira de Tui. Por vez primeira a proba contará con dúas distancias, 16 km e 8 km, para deste xeito chegar a un maior número de deportistas e coa máxima é dar a coñecer o patrimonio histórico e natural de Tui e Valença da man do deporte, xa que boa parte do percorrido transcorrerá pola Fortaleza de Valença e polo conxunto histórico de Tui, atravesando amais a centenaria ponte internacional que une as dúas cidades.

Prevese que os primeiros participantes na distancia curta, 8 quilómetros, poidan cruzar a liña de meta 40 minutos despois da saída, mentres que os que realicen a distancia longo empregarán pouco máis dunha hora.

A Urban Trail Night Eurocidade súmase á conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller agasallando a todas as persoas participantes cunha camiseta de cor morada.

Esta é a penúltima proba do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença deste ano 2022.

Concello Tui


Este sábado celébrase a II Xornada de Degustación de Boleardos

Está organizada pola Asociación San Telmo coa colaboración do Concello de Tui. O público poderá saborear esta sobremesa e gozar das actuacións musicais previstas

Este sábado, 26 de novembro, ás 17 h, na praza de San Fernando, ou en caso de choiva no cárcere vello na rúa Sanz, celebrarase a II Xornada de Degustación de Boleardos. Está organizada pola Asociación Cultural, Deportiva, Recreativa e Xuvenil San Telmo de Tui, coa colaboración do Concello de Tui.

As persoas que se acheguen a esta actividade poderán degustar esta sobremesa tradicional de Tui da que a asociación San Telmo garda a receita coma ouro en pano tras recuperala grazas a colaboración de distintas persoas maiores de Tui que lles transmitiron os ingredientes e a elaboración no ano 2014. Precisamente entre as peculiaridades da receita está o uso da fariña de millo pego e de trigo callobre. No ano 2016 realizaron xa unha primeira degustación de boleardos, que volverán levar a cabo este sábado coa colaboración da panadería Xulio para elaborar preto de 300 unidades desta sobremesa. Tamén estarán á venda en bolsiñas de tres unidades.

Non faltará nesta xornada a música tradicional con diferentes actuacións. A primeira delas será a do grupo de baile e pandeireta infantil, Alfándega. Seguidamente, terá lugar a presentación do grupo da asociación Queixumes do Aloia. Finalmente, actuarán os Carrapucheiros e Ferriñas Bravas de O Fiadeiro. Tamén se proxectará un vídeo elaborado pola asociación no que se recolle todo o proceso dende a plantación do millo até a elaboración dos boleardos.

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais