|
A Asociación de Maiores do Rosal toma partido contra a violencia de xénero
Membros da asociación son os protagonistas dunha nova edición desta exposición organizada polo Concello ao abeiro do 25N e que xa pode visitarse na Casa Consistorial
O Rosal amosa un ano máis o seu máis firme rexeitamento á violencia contra as mulleres e a calquera tipo de agresións. Neste camiño, ao abeiro da programación porta en marcha en conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello puxo en marcha unha nova edición da exposición 'Eu tomo partido, e ti?'. Nesta ocasión os e as protagonistas da mostra son as e os integrantes da Asociación de Maiores do Rosal, que posan ante a cámara cun encerado coa 'Eu tomo partido contra a violencia de xénero' escrita.
Nesta ocasión son trece persoas as que dan a cara para sumarse a un proxecto co que se pretende loitar, concienciar e visibilizar a problemática da violencia exercida contra as mulleres: Conchi Balboa, Aurora Rodríguez, Victoria Rodríguez, Teresa Rodríguez, Rocío Fernández, Rufina Rivero, Manolo Fernández, Carlos Álvarez, Luis Ferreira, Carmen Sousa, Lucía Gándara, Antolina González e María Rodríguez. O Concello quere agradecer a colaboración da Asociación de Maiores do Rosal nesta iniciativa, así como a súa implicación coa vida social e cultural do municipio.
No proxecto 'Eu tomo partido, e ti?' levan participado deportistas locais, profesorado dos centros educativos rosaleiros, xogadores do Valinox Novás, integrantes da Agrupación Musical do Rosal ou a directiva do Club Ciclista do Rosal. "Para nós é un orgullo contar con veciñanza tan implicada e con ganas de colaborar con nós para seguir revolucionando mentes cada día do ano, porque a eliminación da violencia contra as mulleres é un traballo continuo e diario de visibilización e sensibilización no que debemos involucrarnos todas e todos como sociedade", explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
A mostra pode visitarse ata o 9 de decembro na Casa Consistorial.
Concello de O Rosal
Unha marea morada de actividades para seguir revolucionando mentes no Rosal
O Concello puxo en marcha un programa de actividades co que implicar á infancia, á mocidade e a toda a veciñanza na loita contra a violencia contra as mulleres este 25N
O Rosal continúa co seu firme compromiso contra a violencia de xénero. Para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello puxo en marcha un amplo programa de actividades que busca implicar a toda a veciñanza, especialmente ás xeracións futuras. Unha morea de actividades de carácter transversal "coas que seguir revolucionando mentes este e todos os días do ano, coas que tentar de espertar conciencias, sensibilizar e visibilizar a lacra que supón a violencia machista dentro da nosa sociedade", explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Unha visibilización que comeza polos edificios públicos, que durante toda esta semana están alumeados en cor morada para conmemorar o 25 N. Unha sensibilización que dende o Concello considérase fundamental comezar dende a base, achegando a nenos e nenas a unha realidade dura para que tomen conciencia e poidan mudar o futuro. Por este motivo, os centros educativos rosaleiros implicáronse de forma moi activa na campaña participando en diferentes accións. Ademais de acoller os violentrómetros que figuran por diferentes puntos do Rosal, o alumnado das escolas unitarias do CRA María Zambrano e da escola infantil desfruta aa exposición das Sinais de tráfico contra a violencia de xénero.
Mentres, pola súa banda, o alumnado de 6º de primaria do CPI Manuel Suárez Marquier participou no proxecto audiovisual EnRede, unha campaña financiada pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello do Rosal coa que rapazas e rapazas visibilizan a violencia contra as mulleres, a igualdade e o feminismo dende unha perspectiva diferente.
Xunto a estas actividades, o Concello anima a toda a veciñanza a participar o propio 25 de novembro na concentración veciñal que terá lugar ás 12.30 horas no CPI Manuel Suárez Marquier como mostra de repulsa á violencia contra as mulleres e na que se lerá un manifesto.
Ademais destas actividades, o Concello acollerá durante os vindeiros días a exposición 'Eu tomo partido contra a violencia de xénero', que nesta edición contou coa colaboración de integrantes da Asociación de Maiores do Rosal e que poderá visitarse ata o vindeiro 9 de decembro na Casa do Concello e na Praza do Calvario.
Concello de O Rosal
O Concello inicia as obras de mellora do camiño dende a Estrada da Rotea ata o Alto de Parada
Estes traballos, que forman parte do programa de intervencións do Goberno municipal nos camiños rurais, contan coa cofinanciación de Agader
O Concello do Rosal continúa co seu programa de intervencións e mellora dos camiños rurais, co que se procura aumentar a comodidade dos usuarios e usuarias e a seguridade viaria nas distintas parroquias do municipio. Neste sentido, o Goberno municipal acaba de adxudicar os traballos de mellora do camiño dende a Estrada da Rotea ata o Alto de Parada, un vieiro que presenta zonas con importantes desperfectos que poden afectar á seguridade da circulación e que se inclúen dentro das parcelas agrícolas.
"Este proxecto forma parte do plantexamento estratéxico posto en marcha dende o Concello para poder ofrecer á nosa veciñanza unhas infraestruturas axeitadas que permitan mellorar a mobilidade", salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Tras a reunión coa veciñanza na Rotea, onde se afondou tamén neste proxecto, en breve comezarán estas obras que terán un período de execución dun mes e coas que se levará a cabo a restauración das características superficiais do pavimento, corrixindo as irregularidades que presenta a estrada e executando traballos complementarios como o de bacheado, recrecido de pozos e rexas, corte de pavimento ou desbroce e limpeza das marxes.
As melloras deste camiño entre a Estrada da Rotea e o Alto de Parada suporán un investimento de máis de 50.000 euros, dos que case 42.000€ serán cofinanciados a través de fondos propios e do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) da Xunta de Galicia.
Concello de O Rosal
|
|
|
Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
 |
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000
|
Há estórias de casas e casas com história Externato de Santa Rita de Caminha
 |
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000
|
República em Tumulto
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
História Nossa Crónicas de Tempos Passados por Terras de Caminha e Âncora
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento Apoiado pela Fundação EDP
|
Da Monarquia à República no Concelho de Caminha Crónica Política (1906 - 1913)
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
O Estado Novo
e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense
Júlio Baptista (1882 - 1961)
 |
Organização e estudo biográfico do autor
por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora
 |
Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000
|
Memórias da Serra d'Arga
 |
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000
|
Outras Edições Regionais
|