|
O concello da Guarda e os sindicatos asinan un novo convenio colectivo para o persoal laboral e un novo acordo regulador para funcionarios
" O documento asinouse co voto unánime dos representantes das organizacións sindicais e dos representantes do persoal laboral, nunha reunión mantida o pasado luns día 21 de novembro no salón de plenos.
As negociacións formais iniciáronse a principios do 2022 e deron lugar, despois dun longo proceso de reunións e de negociación, a que o concello da Guarda conte co II Convenio Colectivo e co II Acordo Regulador para funcionarios. Este novo convenio colectivo para o persoal laboral inclúe, por primeira vez, unha táboa salarial. Hai que indicar que os anteriores documentos databan de 2007 e que precisaban dunha adecuación á nova normativa así como unha clarificación nos dereitos e obrigas dos traballadores municipais.
Para o concello da Guarda, en palabras do alcalde, Antonio Lomba, "foi un proceso longo e complicado, pero no que sempre estivo presente un ambiente de diálogo e de talante conciliador para chegar a bo porto, agradecer aos representantes dos sindicatos e aos representantes dos traballadores o seu traballo e os esforzos que posibilitaron estes acordos, hai que indicar que o Convenio Colectivo para laborais acadou o voto unánime dos representantes dos traballadores e que o novo Acordo Regulador para funcionarios acadou o voto unánime dos representantes dos sindicatos"
Agora estes acordos deberán ser sometidos á aprobación por parte do Pleno da corporación municipal.
Xornadas de Portas Abertas no novo Pavillón Deportivo Municipal da Sangriña
" A cidadanía guardesa poderá coñecer as novas instalacións os días 2 e 4 de decembro de 2022.
O Concello da Guarda realiza os vindeiros 2 e 4 de decembro unhas xornadas de Portas Abertas no novo Pavillón Deportivo Municipal da Sangriña.
Todo aquel que o desexe poderá visitar as novas instalacións una vez concluídas as obras de renovación nas xornadas do venres 2 e domingo 4 de decembro en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h.
O proxecto da Reforma do Pavillón da Sangriña ten un custe duns 1.870.000 €. Esta obra permitiu modernizar todas as instalacións, que contemplan: unha nova fachada, unha nova cuberta, unha nova grada de fondo, a creación dunha planta superior para a circulación de espectadores e acceso seguro ás gradas, unha zona de espectadores en cadeiras de rodas nesa planta superior, un ascensor, a renovación dos vestiarios: catro vestiarios xerais, un vestiario accesible, un vestiario para árbitros; dous núcleos xerais de aseos, tres aseos accesibles, un espazo de enfermería, un espazo para control antidopaxe, unha area de prensa, novas zonas de paso inferiores e almacéns, etc. Ademais inclúese unha importante mellora na accesibilidade, na seguridade e na eficiencia enerxética do edificio. Tamén se aumenta o aforo nun 48%, ata 700 persoas sentadas.
Non cabe dúbida que o pavillón da Sangriña precisaba desta reforma, a execución desta obra representa unha gran oportunidade para A Guarda e un gran paso na mellora das súas infraestruturas deportivas.
A Guarda celebra a Semana Europea da redución de residuos
" Pequenos xestos e costumes poden axudar moito na redución dos residuos que xeramos cada día.
O Concello da Guarda sabe que o ano que ven e un ano moi importante en canto a xestión dos residuos, e esta semana celebrase a nivel Europeo a Semana da Redución de Residuos por iso queremos deixarvos uns pequenos consellos para poder axudar o Medio Ambiente e reducir os residuos que xeramos no noso día a día.
" Usa para as túas compras bolsas de tea, xa que as podes lavar e usar moitas veces.
" Usa a túa botella reutilizable , para evitar o uso de botellas de plástico.
" Prioriza a compra de produtos a granel, por sorte na Guarda contamos con tendas a granel ou produtos de proximidade, praza de abastos, froiterías, carnicerías...
" Non compres froita empaquetada, nin con adhesivos nin outro tipo de envase, o mellor envase e a súa propia pel.
" Evita consumir roupa de moda rápida, que non teñen calidade e non dure mais que unha temporada, a boa roupa é eterna. A roupa que non te sirva e non queiras podes doala a coñecidos ou asociacións ou botala nos contedores da roupa.
" Evitar comprar obxectos sobre empaquetados, como adoita a ser a comida lixo.
" Recorda que podes usar o teu tupper para comprar en carnicerías, charcuterías e peixerías...
Recorda que o mellor residuo e aquel que non se xera!
Acto da inauguración do monumento na honra dos 85 anos da morte de Cleominio Muñiz Lorenzo e outros seis republicanos soterrados no cemiterio de Camposancos celebrado no dia 18 de novembro de 2022
Organizado pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do campo de Concentración de Camposancos e Fosa Común de Sestas, e presentado por Bárbara, Domínguez González. Ó seu carón, na fotografía, sitúase o violinista Leo Blanco Novoa, titulado superior en violín e música de cámara polo Conservatorio Superior de Oviedo, na actualidade profesor no Conservatorio de Vigo o que interpretou en primeiro lugar o Himno de Riego.
Seguidamente tomou a palabra José A. Uris Guisantes que fixo unha breve semblanza dos sete primeiros republicanos falecidos no Campo de Concentración. Cleominio Muñiz Lorenzo de Avilés; Anastasio Hernández Martín de Salamanca, veciño de Matico (Bilbao); Maximino Díez Llorente de Don Juan (León), veciño de Xixón; Isidoro Prieto Polo de Mieres (Asturias); Ramón Llerandi Vallejo de Villamayor - Piloña (Oviedo); Camilo Álvarez Hernández de San Martín de Iruña (Oviedo) e Camilo Arango García de Los Cabos (Oviedo).
Bárbara presenta e agradece en nome da Asociación o infinito recoñecemento ao autor do monumento, Daniel Pazó Piedra de Nigrán que explicou o porqué se interesou pola historia do rapaz estudante de 18 anos Cleominio Muñíz Lorenzo morto por disparos dun sentinela, o 18 de novembro de 1937
De seguido, Leo Blanco interpretou ao violín "Siciliana" de María Theresa Von Paradís, dando a palabra ao presidente da asociación, José Manuel Domínguez Freitas, "A nosa Asociación leva algo maos de dous anos de andadura nos que, por fortuna, sacamos adiante uns cantos proxectos que nos fan estar ben satisfeitos.
A Unidade Didáctica que levamos ós Centros de Ensino, o libro "A Porta do Inferno", a reposición das lápidas da Fosa Común de Sestas, son algunhas das maos destacadas. Para estas e outras cousas que virán no futuro, temos contado con inestimables axudas: da Fundación 10 de Marzo de CC.OO, da Fundación Muñiz Zapico de Asturias, da Asociación de Memoria MIlitar Democrática, da Federación de Pensionistas de CC.OO. de Vigo, do Concello da Guarda, dos Herdeiros de Juan Noya Gil e de Manuel Domínguez Pacheco "Taxota" e tantas outras persoas,
Pero no acto de hoxe quixera destacar dous principais agradecementos. En primeiro lugar ás persoas que fixeron posible o monumento que imos inaugurar. Daniel Pazó, canteiro, escultor afeccionado que tivo a idea e lle deu forma de maneira desinteresada. A José Manuel Rodríguez Crespo que sempre estivo na loxística. Moitas grazas aos dous.
En segundo lugar, a esas persoas que fixeron posible que dende 1937, nunca faltaran flores na tumba,. Esas persoas mantiveron durante 85 anos a memoria de Cleominio, sen elas, este acto, este recoñecemento público non sería posible. Inmensa gratitude a todas elas.
Hai unhas poucas semanas apróbase a no va Lei de Memoria Democrática que xa tivo unha primeira consecuencia. Queipo de Llano, culpable da morte de 45.000 persoas, saía, con nocturnidade da Macarena. Os seus familiares tiveron que facelo a escuras, esquivando ós medios de comunicación.
Pola contra, nós, aquí, a plena luz do día e con satisfacción, lembramos a Cleominio e seis compañeiros máis que deron a súa vida por ser fieis ós ideais da República.
Os partidos políticos de dereitas e algunha parte da cidadanía deste país vennos acusando ós que loitamos pola verdade, pola xustiza, e pola reparación de que rompemos o espírito da Transición. É pregunto, preguntamos é que o espírito da Transición amparou ós xenocidas? É que hai que esquecer o que fixo Queipo e tantos outros? É que non se pode revisar o que pasou en miles de Consellos de Guerra que condenaron a morte a miles de persoas ? É que os familiares dos que aínda están en cunetas e fosas, non teñen dereito a darlles sepultura digna ós seus? É isto é revolver o pasado como argumentan algúns ?. Non será mais ben, que lles interesa tapar o que aconteceu naqueles anos ?
Agora é máis fácil a loita porque hai leis que nos amparan. Durante moitos anos escuros e duros, a loita tivo que facerse dende o anonimato e con tódalas cautelas.Pero algúns e algunhas tiveron coraxe para facelo, para manter viva a memoria. Grazas por ese corazón tan grande. Sinto hoxe unha satisfacción especial que entre nós están familiares (Fefa, Cecilia e José Benito) do albanel camposino, Cándido Martínez Martinelli e de Josefa Vicente Martínez.
Cándido foi artífice de preparar a tumba de Cleominio e colocar unha cruz abandonada, súa esposa de poñer flores ao igual que fixeron as camposinas, Eladia Loureiro Vega, Avelina Vázquez do Barrio do Palomar (casada anos mais tarde con un prisioneiro), Blanca Carrero Veiga (esposa de Agustín Moeira Portela) Todas elas, ata hoxe sen saír a luz pública foron (entre outras mais de Salcidos e A Guarda) as que axudaron a ducias de prisioneiros.
De seguido tomou a palabra Marcos Santos Soto da Asociación da Memoria Militar Democrática. Para rematar os familiares de Cándido e Josefa levantaran as bandeiras republicanas do monumento, quedando inaugurado baixo o son do violín de Leo Blanco Novoa que interpretou a Internacional acompañada das voces dos presentes.
Resume feito por José A. Uris Guisantes
O Concello da Guarda desminte ao xerente do camping Santa Tecla das acusacións de responsabilidade pola inundación nas súas instalacións
" Aclaracións do concello da Guarda ante as acusacións vertidas pola xerencia do Camping Santa Tecla ante a inundación producida nas súas instalacións o día 22 de novembro.
" A inundación no Camping prodúcese pola marea alta e as intensas choivas destes días, o camping está situado nunha zona inundable.
O camping Santa Tecla sufriu no día de onte unha inundación que anegou o camping e que afectou ás instalacións do mesmo, as declaracións da xerencia do camping falan de metro e medio de fecais e pluviais e que isto se debeu a falla de mantemento do sistema de saneamento municipal. O xerente chega a afirmar que as arquetas da rede pública reventan cada dúas por tres, de xeito que lle entra un torrente de augas fecais e pluviais, procedentes da rede, nas súas instalacións.
O concello da Guarda, antes que nada, quere manifestar a nosa comprensión polo estado de ánimo e desgusto da xerencia do camping posto de manifesto en diferentes medios de comunicación.
Sen embargo, consideramos necesario facer unhas puntualizacións ás súas manifestacións,
cando se asegura que a inundación prodúcese como consecuencia do vertido dos pozos de rexistro do emisario que une O Rosal coa Guarda (instalado no seu día pola Xunta de Galicia) e que decorre pola pista do exterior do camping non se está a dicir a verdade.
É certo, que a consecuencia de que o emisario entra en carga en períodos de moita choiva, algunhas das tapas dos rexistros saltan e botan auga fóra, pero en ningún caso esta auga vai parar dentro do recinto do camping, e o xerente o sabe.
A realidade é que o camping Santa Tecla está situado na Xunqueira de Salcidos, unha paraxe inigualable e marabillosa, pero que en determinadas épocas, sobre todo en períodos de moita choiva, é unha zona inundable. Isto o saben todos os veciños e veciñas de Salcidos, dende sempre, cando as choivas coinciden con marea alta esa zona e o seu entorno inúndanse, como foi o caso.
Polo tanto, a auga embalsada no interior do recinto do camping como noutros terreos da Xunqueira non é fecal, senón que é auga procedente da choiva e dos xuncais que rodean a zona.
O BNG URXE COMPROMISOS ECONÓMICOS PARA ATALLAR A VIOLENCIA MACHISTA EN VÉSPERAS DO 25 DE NOVEMBRO
Bea Lomba "Nun contexto onde, medran os discursos que cuestionan a violencia machista, as administracións deben revalidar o seu compromiso e apoio económico ao fomento da igualdade e loita contra estas violencias".
As Concelleiras do BNG na Guarda, Bea Lomba e Nuria Vázquez veñen de facer pública a presentación dunha moción onde solicitan as administracións maiores compromisos económicos e orzamentarios para garantir a atención á violencia machista.
Nuria Vázquez declarou "A violencia machista segue forte na nosa sociedade. Proba disto son, por exemplo, os datos recentes dados a coñecer a mediados de outubro por parte do Observatorio do Consello Xeral do Poder Xudicial que indicaba que os xulgados galegos recibiron no segundo trimestre de 2022 ata 1.813 denuncias por violencia machista, un 9,9% máis que no mesmo período de 2021".
Bea Lomba pola súa parte manifestou "Nun contexto onde, ademais, medran os discursos misóxinos que cuestionan a desigualdade e a violencia machista, é necesario que as administracións revaliden o seu compromiso co impulso e o apoio económico das medidas en materia de fomento da igualdade e loita contra estas violencias".
Entre as reivindicacións presentadas polas nacionalistas demándase da Xunta de Galiza que reforce o financiamento anual dos Centros de Información á Muller (CIM) garantindo, asemade, que o Programa de apoio aos CIM cubra os custes de persoal e de mantemento, favorecendo o desenvolvemento de actividades e programas de prevención da violencia machista e de promoción da igualdade así como a incorporación de novos perfís profesionais aos centros.
A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 2 e sábado 3 de decembro
" O venres 2 en horario de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30h a 21:00h e o sábado 3 de 10:15h ás 15:00h.
Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 2 en horario de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30h a 21:00h e o sábado 3 de 10:15h ás 15:00h.
O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.
Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.
Dani Martínez e Diana Domínguez gañadores absolutos da novena edición do Trail do Trega
" A proba deportiva disputouse este domingo día 20 de novembro no Monte Santa Trega.
O domingo día 20 de novembro de 2022 o Concello da Guarda acolleu a novena edición " Este domingo se celebraba en el concello de A Guarda novena edición do Trail do Trega, unha proba deportiva con 16 quilómetros de percorridos de pura natureza patrimonial e paisaxística nun dos emprazamentos máis espectaculares de Galicia e de todo o noroeste peninsular.
A xornada non comezaba doada, xa que as abundantes precipitacións dos últimos días continuaron durante realización da proba, o que, sumado a unha intensa néboa, adiantaban que o evento ía a ser moi duro para os máis de 300 participantes inscritos.
Ás 10:30h daba comezo o trail e rapidamente os participantes puxeron un alto ritmo que perdurou ao longo da carreira, tanto na categoría masculina coma na feminina. Só con 2 quilómetros de percorrido o grupo de favoritos xa se atopaba en primeiros postos, a parella formada por Dani Martínez e José Manuel Gil adiantouse a un ritmo que non puideron seguir o resto de corredores e ao paso polo primeiro cumio do Monte Santa Trega o corredor Dani Martínez do Club Cornelios xa se distanciou collendo a vantaxe precisa para chegar en primeiro lugar ata a liña de meta, seguido de José Manuel Gil en un terceiro posto Jose Manuel Gonzalez Domínguez, que foi quen de remontar varios postos na parte máis técnica da carreira.
Pola súa banda a favorita da categoría feminina, Diana Domínguez, cumpriu coas previsións e superou a todos os seus rivais dende o quilómetro 0, acadando a vitoria que dominou de inicio a fin, distanciando en máis de dous minutos á segunda clasificada, Lourdes Vázquez, e a máis de 4 minutos por Raque Doiro.
O trail do Trega, é a derradeira proba da Pontevedra Trail League da Deputación de Pontevedra (tralo Trail Muíños do Folón e Monte Aloia) o que coroou aos diferentes gañadores das diversas categorías que compoñen esta liga, acadando a vitoria absoluta Daniel Pazó e Diana Dominguez.
No acto de entrega de premios estiveron presentes o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes ea Deputada Provincial Iria Lamas.
|