JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O papel da educación para facer fronte á violencia de xénero centra o programa do 25N do Concello de Tui

Haberá actividades para o alumnado dos distintos centros escolares pero tamén mesas redondas, conferencias, performances ou as II Xornadas de Comunicación e Igualdade

Dando voz aos nenos e nenas para coñecer a súa mirada sobre un tema tan importante coma a violencia de xénero, no pleno infantil celebrado onte venres, comezou o programa de actividades organizado polo Concello de Tui con motivo do 25 de novembro, o Día Internacional para a erradicación da Violencia Contra a Muller.

Precisamente a infancia e a adolescencia son os sectores da poboación nos que este ano vai incidir especialmente a campaña posta en marcha polo Concello de Tui. Un traballo centrado na educación, na información, na concienciación e na prevención deste tipo condutas. Os carteis da campaña lanzan precisamente unha mensaxe directa aos e ás adolescentes sobre o que poden ser relacións nocivas e sobre a axuda que teñen ao seu carón.

Para iso dende a concellería de Igualdade organizáronse unha serie de actividades nos distintos centros educativos. Así haberá contacontos e talleres formativos para o alumnado de Infantil e Primaria e a performance "A última cea" de Uxía Morán chegará ao alumnado de Secundaria. Amais o xoves 24 está programada a charla informativa "Agresións sexuais e violencia sexual" para o alumnado de 2º da ESO do Instituto Indalecio Pérez Tizón. Mentres o alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos asistirá o xoves 24 ao monólogo "En pé de igualdade" con Arantxa Treus e Marta Doviro, e o mércores 30 á proxección da película-documental "Serás hombre", con posterior coloquio coa autora Isabel de Ocampo.

No programa organizado con motivo do 25N tamén se busca dar a coñecer os recursos a dispor das posibles vítimas e da sociedade ante un caso de violencia machista. Así o próximo martes, 22 de novembro, ás 19 h no edificio Francisco Sánchez celebrarase a mesa redonda "A violencia de xénero. Prevención, atención e protección". Na mesma abordarase a atención e asesoramento multidisciplinar ás vítimas, os protocolos de protección e os recursos públicos. Participarán representantes dos equipos VIOXEN da Garda Civil e da Policía Local, a coordinadora dos Servizos Sociais Municipais, e unha avogada especializada na atención a mulleres vítimas de violencia de xénero.

O 25N estará tamén presente na sesión plenaria de carácter ordinario que o próximo xoves 24 celebrará a corporación municipal de Tui. Será coa lectura da Declaración Institucional e coa constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero.

O acto central deste programa está previsto para o propio venres 25 de novembro, ás 19 h no interior do edificio dos antigos xulgados, na praza da Inmaculada. Abrirase con "DesAlento" a acción escénica de Mónica Sueiro, seguida da lectura do manifesto e da actuación musical de Sofía Espiñeira.

As actividades continuarán o sábado 26 ás 12 h na praza de Abastos coa performance "A última cea" de Uxía Morán. Mentres o martes 29 ás 19 h na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, celebrarase a conferencia "As violencias sexuais, do #MeToo ao solo si é si" a cargo de Laura Seara, avogada, deputada, e exsecretaria de Estado de Igualdade.

O sábado 3 de decembro darase continuidade a iniciativa posta en marcha o ano pasado para abordar cos medios de comunicación a presenza das mulleres nos mesmos, as redes sociais, e os avances dende a aprobación da Lei de Igualdade Efectiva 3/2007 ata a perspectiva de xénero na política e a persistencia de estereotipos de xénero na comunicación e por suposto, elaborar propostas será na II Xornada de Comunicación e Igualdade.

Tamén ao longo do mes de decembro celebrarase o II Programa Municipal de Formación e Intervención interna en materia de igualdade dentro do programa Maruja Mallo dirixido ao persoal do Concello de Tui.

A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, salienta coma a programación deste ano deseñouse pondo o aceno na concienciación da mocidade da importancia de erradicar a violencia de xénero e as actitudes machistas, así coma de facer fronte ao negacionismo deste tipo de conductas e actos violentos. Incide Ana Núñez coma precisamente a educación xoga un papel clave para facer fronte a este tipo de violencia, ao tempo que se incidirá no papel que as redes sociais poden xogar, tanto na parte negativa coma medio para exercer presión, control, …, ou na positiva para conectar coa mocidade e transmitirlles a información, os recursos e a axuda que teñen ao seu carón.

Dia Internacional Para a Erradicación da Violencia contra a Muller

Programa

" Venres, 18 de novembro, ás 11.30 h, na casa do concello de Tui
" Pleno infantil: a violencia de xénero a debate polos nenos e nenas dos centro educativos do concello de Tui.
" Martes, 22 de novembro, ás 19.00 h no edificio Francisco Sánchez
" Mesa Redonda: "A violencia de xénero. Prevención, atención e protección" Abordaremos: A Atención e asesoramento multidisciplinar ás vítimas. Os Protocolos de protección e os Recursos públicos.
" Interveñen:
¢ Representante da equipa VIOXEN da Garda Civil
¢ Representante da equipa Vioxen da Policía Local de Tui
¢ Coordinadora Servizos Sociais municipais
¢ Avogada de atención a mulleres vítimas

" Xoves, 24 de novembro.

" Charla informativa sobre "Agresións sexuais e violencia sexual" para o alumnado de 2º da ESO do Instituto Indalecio Pérez Tizón.
" Monólogo "En pé de Igualdade" con Arantxa Treus e Marta Doviro para o alumnado de bacharelato e ciclos formativos dos IES San Paio e Indalecio Pérez Tizón.
" Lectura de declaración institucional no pleno da corporación municipal e constitución plenaria da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero.

" Venres, 25 de novembro, ás 19.00 h no interior do edificio dos antigos xulgados na Praza da Inmaculada

" Acto conmemorativo 25N
" Acción escénica de Mónica Sueiro "DesAlento"
" Lectura de manifesto
" Actuación musical de Sofía Espiñeira

" Sábado, 26 de novembro, ás 12.00 h na Praza de Abastos

" Performance "A última cea" de Uxía Morán

" Martes, 29 de novembro, ás 19:00 h na Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez

" Conferencia "As violencias sexuais, do #MeToo ao só si é se" con Laura Seara, avogada, deputada e exsecretaria de estado de Igualdade.

" Mércores, 30 de novembro

" Proxección da película-documental "Serás hombre", e posterior coloquio coa autora Isabel de Ocampo, para o alumnado de Bacharelato e Ciclos Medios dos IES San Paio e Indalecio Perez Tizón.

" Sábado, 3 de decembro

" II Xornada de Comunicación e Igualdade
" Durante o mes de decembro
" Formación para o persoal municipal en materia de igualdade do II Programa Municipal de Formación e Intervención interna en materia de igualdade dentro do programa Maruja Mallo.

Os nenos e nenas alzaron hoxe a súa voz contra a violencia de xénero no pleno infantil

Ábrese así o proceso de participación infantil que contempla tamén a creación dun Consello Municipal da Infancia e da Adolescencia

Sheila, Xoán, Elisa, Gabriel, Mara, Lorena, Carlos, Eva, Mara, Diego, David, Elena, Javier,.. foron parte dos nenos e nenas que esta mañá protagonizaron o primeiro pleno infantil celebrado no Concello de Tui coincidindo coa conmemoración este domingo, 20 de novembro, do Día Mundial dos Dereitos da Infancia. Unha sesión plenaria especial coa que amais o Concello de Tui abre un proceso de participación infantil e adolescente que hoxe neste pleno foi tamén refrendado por unanimidade. E amais con esta sesión comeza o programa municipal con motivo do 25N xa que o tema a tratar esta mañá polos nenos e nenas foi a violencia de xénero.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, abriu a sesión lembrando a celebración do Día Mundial dos Dereitos da Infancia, e da convocatoria desta sesión infantil respondendo á recomendación de Nacións Unidas de "participación dos nenos e nenas nas institucións públicas, de cara a que as poidades coñecer, porque son as institucións públicas as que levan a cabo medidas que vos van afectar de forma moi directa e polo importante que é xa dende moi pequenos que vos vaiades familiarizando coas mesmas" dicía . Engadía o rexedor tudense que "os nenos e nenas sodes xa o presente, sodes o presente en dereitos, e polo tanto é importante que dende ese punto de vista o conxunto das administracións públicas adoptemos políticas activas de protección dos vosos dereitos". Sobre o tema monográfico da sesión indicaba que "as cifras de violencia de xénero son moi preocupantes" polo que "para loitar contra a lacra da violencia de xénero importante é a educación e a pedagoxía" indicando que " poñeremos en marcha cantos mecanismos sexan necesarios para sensibilizarnos desta epidemia".

Os representantes do alumnado dos CRA Mestra Clara Torres, dos CEIP's Nº1, Nº2, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, e Rebordáns, do colexio Maristas Santa María, do IES Indalecio Pérez Tizón, e do Seminario Menor reflexionaron sobre a violencia de xénero, amosando a súa preocupación polo maltrato non so físico senón tamén polo psicolóxico que seguen a sufrir as mulleres, a desigualdade salarial, o teito de cristal, os xoguetes sexistas, e amosaron a súa disposición a colaborar en "iniciativas efectivas". Propuxeron "poñer as lentes de igualdade para erradicar a violencia de xénero na nosa sociedade, porque a solución depende de todos nós", dicía. Afirmaron tamén que "non queremos crecer nunha sociedade con violencia".

No remate da quenda de intervención a concelleira de Igualdade, Ana Núñez, amosouse abraiada polas propostas e a visión reflexiva amosada polos e polas participantes, e felicitou aos profesorado e ás familias polo traballo que queda reflectido no sentimento transmitido por nenos e nenas.

Explicou amais que que este proceso de participación infantil terá continuidade coa creación dun Consello Municipal de Infancia e Adolescencia, con obradoiros nos centros educativos e nas parroquias, coa colocación de caixas de suxestións, elaboración de enquisas, redes sociais específicas, e constitución dunha mesa de coordinación para promover a transversalidade das políticas da infancia.

Interviñeron os representantes do grupos políticos presentes. José Manuel Palacín de C21 falou de "esperanzadoras propostas" as feitas polo alumnado na loita contra o machismo, que dicía é "unha loita universal".

José Ángel Fernández do PP destacou "o labor tan magnífico dos responsables educativos" e felicitou aos nenos e nenas polas súas propostas. Dicía "hoxe sodes protagonistas e nos puxéchedes deberes, temos que camiñar cara adiante con todas estas inquietudes que tedes, e darvos as grazas por participar".

Coma remate do pleno aprobado polos representantes dos centros educativos, por unamimidade, continuar con este proceso de participación infantil, do que hoxe foron os protagonistas.

Concello Tui


Un centenar de persoas poderán participar Programa Integrado de Emprego que a Xunta vén de conceder ao Concello de Tui

As persoas interesadas nesta acción deben inscribirse na Oficina de Emprego podendo ampliar a información no Centro Municipal de Formación e Emprego

O Concello de Tui fai unha forte aposta pola mellora da empregabilidade da cidadanía tudense coa posta en marcha de distintas accións tanto de iniciativa local coma en colaboración con outras institucións.

De forma inmediata comezará no municipio un Programa Integrado de Emprego, PIE, que vén de ser concedido pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Suporá un investimento de 297.619,05 euros dos que o Concello de Tui deberá cofinanciar 47.619,05 euros.

Dende o Concello de Tui agradécese á Xunta de Galicia a concesión deste PIE que redundará positivamente na mellora da empregabilidade do centenar de persoas que van participar no mesmo, así coma doutras iniciativas coma o obradoiro e emprego e os cursos AFD que tamén o goberno autonómico ten concedido ao Concello tudense. O Obradoiro de Emprego "Senda peonil do río Furnia" está agora en marcha e no mesmo durante un ano 20 persoas se formarán en dúas especialidade de gran demanda nestes momentos coma son actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e montaxe e instalación de construcións de madeira. Tamén a Xunta ten concedido tres cursos AFD de 'Montaxe de mobles e elementos de carpintería' cunha carga de 538 horas lectivas, de 'Instalación de elementos de carpintería', cun total de 578 horas de formación, e de 'Venda de produtos e servizos turísticos', con carga lectiva de 688 horas, que comezarán no inicio de 2023, e no que participarán 45 persoas, 15 por curso.

Con respecto ao Programa Integrado de Emprego, a súa finalidade é formar e acompañar no proceso de busca de emprego a un centenar de persoas. Durante doce meses formaranse en habilidades sociolaborais, formación para o emprego e poderán realizar prácticas en empresas. O equipo técnico do programa realizará accións específicas e individualizadas para os e as participantes, ao tempo que levará a cabo a prospección laboral na zona coñecendo de primeira man das empresas as necesidades de persoal que teñen, de tal xeito que se poderán organizar cursos e accións formativas encamiñadas a cubrir esa demanda real de traballadores e traballadoras.

O obxectivo co que parte o Programa Integrado de Emprego é lograr a inserción laboral de 45 das 100 persoas que van participar no mesmo, aínda que coas accións plantexadas buscarase superar ese índice de tal xeito que tras a súa participación no PIE a meirande parte das persoas poidan acceder ao mercado laboral.

As persoas interesadas en participar neste Programa Integrado de Emprego deberán estar en situación de desemprego e inscribirse na Oficina de Emprego co código correspondente. Pódese ampliar esta información no Centro Municipal de Formación e e Emprego do Concello de Tui en Guillarei, ou no 986 60 39 49.

A concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, amosa a súa satisfacción por esta importante achega por parte da Xunta de Galicia, de case 1 millóns de euros, a través do Programa Integrado de Emprego, o Obradoiro de Emprego e os cursos AFD, polo que reitera o agradecemento ao goberno autonómico. Ao tempo salienta "o traballo proactivo do departamento de orientación e emprego que presenta proxectos de calidade que conseguen a puntuación necesaria para ser beneficiarios destas accións que van a mellorar a empregabilidade de máis de 150 persoas" e que se suman ás actividades formativas impulsadas dende o departamento de Formación e Emprego. Nese senso apunta coma coa posta en marcha destas iniciativas o Centro Municipal de Formación e Emprego estará ao 100% da súa capacidade.

Salienta Ana Mª Núñez coma "a mellora da empregabilidade e o emprego son unha gran aposta deste equipo de goberno que leva desenvolvido dende o inicio do mandato máis de 2 millóns de euros en políticas activas para o emprego".

Concello Tui


O Concello de Tui continua co apoio aos deportistas tudenses internacionais

As bases reguladoras da concesión das bolsas a deportistas tudenses saíron hoxe publicadas no BOPPO

Hoxe saen publicadas no Boletín Oficial da Provincia, BOPPO, as bases reguladoras para a concesión das bolsas aos deportistas tudenses que participaron neste ano 2022 en competicións federadas de ámbito internacional.

O Concello de Tui segue destinando unha partida de 10.000€ co fin de facilitarlles a práctica deportiva e a súa participación nas súas competicións internacionais, acadando así valorar a súa especial dedicación ao deporte e, á súa vez, á difusión que realizan da Cidade de Tui naqueles eventos deportivos de carácter internacional.

Os deportistas tudenses terán un prazo de dez días para presentar a solicitude e a documentación indicada nas bases, a través de sede electrónica do Concello de Tui.

No ano 2021 foron oito os deportistas tudenses que foron bolsados, as padeeiras Lara Feijóo e Sara Ouzande, os padeeiros Iván Alonso, Pedro Vázquez e Albert Martí, a remeira Carlota González, o remeiro Jesús González e a kaiak polista Eva Ara.

Concello Tui


O Concello de Tui renova as marquesiñas das paradas do transporte escolar en seis parroquias

O Concello de Tui vén de renovar as marquesiñas nas parroquias de Rebordáns, Pazos de Reis, Baldráns, Caldelas, Malvas e Paramos, utilizadas polo alumnado que emprega o servizo de transporte escolar para agardar aos autobuses que diariamente os levan aos seus centros educativos.

Ante o mal estado de conservación que presentaban estes elementos, o concello decidiu levar a cabo renovación destas marquesiñas con fondos propios, sendo realizadas e instaladas polos operarios municipais.

O obxectivo do goberno municipal é continuar a renovación das marquesiñas nas parroquias restantes, co obxectivo de completar a substitución destes elementos antes do inicio do novo ano.

Concello Tui


O Concello de Tui retoma o vindeiro martes 22 de novembro o Foro do Camiño Portugués

Será coa conferencia de Francisco Singul: "Puerto y Puerta del Camino Portugués: Tui en la construcción cultural de la peregrinación a Santiago"

O Concello de Tui retoma o vindeiro martes, 22 de outubro, ás 19,30 horas no Edificio "Francisco Sánchez" (antiga Área Panorámica) a celebración do "Foro do Camiño Portugués" coa presenza na nosa cidade do director da Área de Cultura Xacobea da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Francisco Singul Lorenzo, que pronunciará unha conferencia titulada: "Puerto y Puerta del Camino Portugués: Tui en la construcción cultural de la peregrinación a Santiago".

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradece a presenza en Tui dun dos máximos especialistas, a nivel internacional, sobre o Camiño de Santiago e cultura xacobea que se achega ata a nosa cidade para realizar esta intervención que documenta a achega tudense á construción, ao longo dos séculos, do fenómeno da peregrinación, neste caso a través do Camiño Portugués.

Para o alcalde tudense, Enrique Cabaleiro, afirma que este "Foro do Camiño Portugués", pretende contribuír ao posicionamento de Tui no ámbito do Camiño de Santiago. Este Foro foi inaugurado o pasado 20 de abril de 2021 coa presenza de Juan Manuel López-Chaves e nel teñen participado numerosas personalidades vinculadas ao Camiño Portugués e a súa xestión.

Este Foro súmase a outras medidas impulsadas dende o Concello a prol do Camiño ao entender que a ruta xacobea é un dos principais recursos patrimoniais e turísticos do noso concello: a creación da Mesa do Camiño, o impulso a actividades diversas, publicacións, a posta en marcha do perfil de Facebook "Camiño Portugués. Tui" con máis 5.400 amigos, etc.

Medidas todas para consolidar a hospitalidade desta cidade de Tui aos milleiros de peregrinos que nos vistan ao longo do ano e que converten á esta vella urbe nun dos primeiros lugares que elixen os peregrinos para iniciar a súa peregrinación a Compostela.

Francisco Singul é doutor en Historia da Arte, xefe de área de Cultura Xacobea da SA de Xestión do Plan Xacobeo (Xunta de Galicia), investigador, comisario de exposicións e escritor. Participou en numerosos congresos internacionais sobre as peregrinacións a Santiago de Compostela, ten dirixido e coordinado varios libros colectivos sobre a catedral de Santiago, a pratería e o acibeche composteláns e sobre o Camiño de Santiago. É autor de varios libros de temática xacobea e de artigos sobre arte galega e as peregrinacións xacobeas, aparecidos en revistas internacionais, obras colectivas e actas de congresos.

Entre os seus libros podemos citar:Historia Cultural do Camiño de Santiago, Vigo, 1999; O Caminho de Santiago. A peregrinaçâo ocidental na Idade Média, Río de Janeiro, 1999; La Ciudad de las Luces, Santiago, 2001, Cammino di Santiago. Cultura e pensiero, Roma 2007; Camino de Santiago, Tokio, 2008; Vino y cultura medieval. Galicia y los caminos de Santiago, Santiago, 2010; Diego Gelmírez, señor de Torres de Oeste, Madrid, 2014; El Camino Francés en el Códice Calixtino, Santiago, 2016; Camino que vence al tiempo. La peregrinación a Compostela, Madrid, 2020, A imaxe da harmonía universal. Música, poesía e artes visuais en Galicia e no Camiño de Santiago (séculos XII-XIII)", 2021, etc.

Concello Tui


Reunións informativas sobre compostaxe e entrega de composteiros individuais mañá xoves en Guillarei e Paramos

Guillarei e Paramos acollerán mañá xoves, 17 de novembro, dúas novas reunións sobre o Plan Municipal de Compostaxe.

A cita será ás 19.30 h no Centro Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei, e ás 21.00 h no Centro Cultural Laxes de Paramos.

En ambos casos informarase sobre o Plan Municipal de Compostaxe abordando que é a compostaxe ou cómo compostar. As persoas que asistan poderán solicitar no momento un composteiro individual de xeito gratuíto, para o que deberán cubrir na mesma reunión informativa o impreso de solicitude co nome e apelidos, enderezo, e referencia catastral entre outros. A próxima semana, o xoves 24, está prevista unha nova reunión informativa ás 21 h no Centro Cultural Val de Flores de Baldráns.

A estas reunións pode acudir tanto a veciñanza destas parroquias coma doutras parroquias tudenses interesada na compostaxe ou en solicitar un composteiro individual. Asemade as persoas que desexen obter un composteiro individual ou un caldeiro para a compostaxe comunitaria nun dos seis centros situados no centro urbano poden solicitalo a través do correo compostaxe@tui.gal ou no teléfono 687 24 99 53.

Tamén se poden dirixir á Oficina de Biorresiduos e compostaxe do Concello de Tui, situada no Centro Municipal de Formación en Guillarei, no horario de atención á cidadanía os xoves 10 a 14 h.

Concello Tui


Máis de 130 persoas participan esta temporada no programa Cultiva a Mente

Desenvólvese en nove parroquias tudense en colaboración con AFAGA

Gran acollida novamente nesta temporada ao programa Cultiva a Mente posto en marcha polo Concello de Tui coa colaboración de AFAGA, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia.

Este ano o programa estendeuse a un total de 9 parroquias tudenses nas que 134 persoas traballan semanalmente en activar a memoria, reciben consellos saudables para o cerebro, e ao tempo que se fomenta a socialización entre as persoas maiores de 55 anos que participan nesta actividade que se prolongará até xuño de 2023. En boa parte dos grupos hai lista de agarda. Desenvólvese en Areas, Caldelas, Guillarei, Malvas, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro.

"Cultiva a Mente" púxose en marcha en 2019 desenvolvéndose inicialmente en cinco parroquias, e este ano ante a demanda rexistrada chega á a nove centro culturais. O obxectivo do concello de Tui era poder prestar descentralizar a atención psicosocial podendo achegar estes servizos tamén ás parroquias.

Concello Tui


O concello de Tui pon en marcha un proceso de dinamización da participación da infancia

A primeira iniciativa será a celebración dun pleno infantil, monográfico sobre a violencia de xénero, este venres ás 11.30 h na casa do concello

Dar voz ás preocupacións, inquedanzas e propostas da poboación máis nova do municipio, nenos, nenas e adolescentes, é o obxectivo do proceso de dinamización da participación infantil que vén de pór en marcha o Concello de Tui. A medio prazo buscarase poder chegar á declaración de Tui coma cidade amiga da infancia pola UNICEF.

A primeira iniciativa levarase a cabo este mesmo venres, 18 de novembro, ás 11.30 h, coa celebración dun pleno infantil, no salón de sesións da casa do concello, coincidindo do Día dos Dereitos da Infancia que se conmemora este domingo 20 de novembro. No mesmo están convidados a participar representantes de todos os centros educativos tudenses, acompañados polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e os membros da corporación municipal. Abordarán de xeito monográfico a violencia de xénero, abrindo así tamén con este acto o programa organizado polo Concello con motivo do 25N.

O Concello de Tui asume o compromiso de ter en conta, nas normativas e políticas públicas, nos orzamentos e en todas as decisións que lles afecten, as propostas, suxestións e inquedanzas que a poboación infantil e adolescente transmita nas diferentes iniciativas que se van desenvolver o proceso de dinamización da participación infantil e adolescente que agora se pon en marcha

Este proxecto de participación no que ao longo dos próximos meses participarán máis de dous mil nenos, nenas e adolescentes do concello, pretende ser o punto de partida para novas políticas locais de infancia e adolescencia, baseándose nun diagnóstico da realidade feito polos propios rapaces, e cun enfoque centrado no cumprimento dos seus dereitos recoñecidos na Convención dos Dereitos do Neno.

Ana María Núñez, concelleira de Igualdade e Mocidade e promotora da iniciativa, mantivo contactos cos representantes dos centros escolares para presentarlles a iniciativa e coordinar con eles as primeiras actividades, xa que considera que "o papel dos centros educativos é fundamental para impulsar este proceso".

Durante estas conversas, a concelleira comprometeuse xa a darlle voz aos nenos e ás nenas do municipio este mesmo venres día 18, no pleno infantil, que será retransmitido a través da canle de Youtube do Concello e pola Radio Municipal.

Amais o Concello de Tui ten programadas outras iniciativas para situar aos nenos, nenas e adolescentes no centro das políticas locais. Así por unha banda crearase un grupo de traballo estable de nenos e nenas, en representación do conxunto da infancia e adolescencia do municipio. Este grupo, que se reunirá mensualmente, terá carácter consultivo e informativo, e traballará contidos e propostas concretas de interese para a infancia, estudará boas prácticas doutros grupos de participación e coñecerá as areas de competencia de cada un dos concelleiros/as da corporación.

Tamén está prevista a realización de obradoiros en todos os centros educativos e parroquias para promover os dereitos da infancia, especialmente o dereito a participar e ser escoitados, animando así a participación, a instalación de caixas de suxestións en cada un dos centros, a elaboración de enquisas a través de internet, a constitución dunha mesa de coordinación interna para promover a transversalidade nas políticas de infancia e a posta en marcha dun perfil específico nas redes sociais co que dar maior visibilidade a todo este traballo.

Concello Tui


O Concello de Tui convoca o concurso de debuxo escolar para elixir a súa Postal de Nadal

Vai dirixido a alumnado de Primaria dos centros educativos tudenses

A Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui convoca unha nova edición do concurso, dirixido ao alumnado de Primaria dos centros educativos do municipio, para a elección da postal de Nadal do Concello de Tui para este ano 2022.

A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, explica que "a finalidade deste certame escolar é fomentar a expresión artística, a creatividade e a participación activa da poboación infantil tudense nas tradicións do Nadal". Destaca que o traballo gañador deste certame será que o empregue o Concello de Tui na súa postal de Nadal coa que tradicionalmente se felicita á veciñanza do concello. O positivo resultado da convocatoria deste certame nos pasados anos 2020 e 2021 animou ao Concello, en palabras de Sonsoles Vicente, a darlle continuidade á convocatoria.

A temática deste concurso de debuxo escolar é "O Nadal en Tui". O que se pretende é que os nenos e nenas tudenses, expresen a través dun debuxo o significado do Nadal e a súa relación co noso concello, por tanto é obrigatorio incluír na postal algunha referencia a Tui.

Poderán participar todos os nenos e nenas matriculados en Educación Primaria nos centros educativos radicados no municipio de Tui, tanto públicos coma concertados. Cada participante presentará un único traballo orixinal e inédito con técnica libre. Establécese coma condición que o deseño non presente releves, nin purpurinas ou outro material similar para facilitar a súa reprodución impresa. Cada centro escollerá as doce mellores postais que serán enviadas á Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui para presentar ao xurado deste concurso de debuxo infantil. O prazo de presentación dos traballos remata o 30 de novembro.

Establécense tres premios:

" 3º premio un lote de material educativo e de pintura por valor de 40 euros
" 2º premio un lote de material educativo e de pintura por valor de 50 euros
" 1º premio un lote de material educativo e de pintura por valor de 100 euros. A obra gañadora do concurso será a postal do Nadal do Concello de Tui.

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais