|
O espectáculo familiar 'Caderno de cores e cancións' chega este sábado a Pedornes
O centro sociocultural de Pedornes acollerá este sábado 19 de novembro a actividade infantil e familiar 'Caderno de cores e cancións', un espectáculo de Magín Blanco recomendado para público de todas as idades (a partir dos 3 anos) e que comezará ás 18.00 horas.
'Caderno de cores e cancións' é un percorrido pola creación musical e literaria das cancións que se desenvolve partindo do legado dos trobadores e vinculado ás cores e as súas sinerxías tanto emocionais como naturais. O xogo con todos estes elementos (as melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas) axudará a ir construíndo e descubrindo todo un universo persoal e colectivo.
Esta proposta chega a Oia da man do repositorio de proxectos TeCe Redes en galego (ao abeiro do Fondo Xacobeo 21-22 en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte) e desenvolverase no marco da XXXV Semana Cultural de Pedornes que organiza a Asociación Cultural San Mamed do 14 ao 19 de novembro.
O espectáculo de Magín Blanco será o encargado de abrir a programación de actos do sábado, a cal continuará coa representación teatral da obra 'O Ángulo', a cargo do grupo local O Mellor de Cada Casa (ás 19.00 horas). Como broche final da Semana Cultural de Pedornes, a partir das 20.30 horas terá lugar o tradicional magosto, que chega este ano á súa edición número 38.
A muller mais lonxeva de Oia, Carmen Álvarez, cumpre 103 anos
Carmen Álvarez Pérez, veciña da parroquia de Burgueira e a muller máis lonxeva do municipio, cumpriu hoxe 103 anos. Para felicitala en nome do Concello de Oia, a alcaldesa, Cristina Correa, e a tenente de alcalde, Carmen María Estévez, fixéronlle entrega dunha torta e aproveitaron para transmitirlle os seus mellores desexos.
A centenaria homenaxeada celebrou o seu aniversario na compañía dos seus achegados e seres queridos. Nesta data tan especial, a rexedora e a tenente de alcalde achegáronse a felicitala e transmitirlle os parabéns e agarimos en nome de todo o municipio.
Carmen Álvarez naceu o 17 de novembro de 1919 en Torroña, trasladándose a vivir a Burgueira cando casou con José, veciño coñecido por ser o carteiro nesta parroquia. Traballou toda a vida no campo, tivo 3 fillos e, segundo lembran na súa familia, foi unha muller de gran memoria: cando ía ata Comercial Blanco para facer a compra, levaba sempre a lista de memoria e, ademais, facía todos os cálculos mentalmente, sen ter que recorrer á axuda da calculadora.
Despois dunha existencia chea de traballo e esforzo, actualmente a 'avoa de Oia' supera o século de vida gozando do cariño da súa gran familia.
|
|
|
Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
 |
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000
|
Há estórias de casas e casas com história Externato de Santa Rita de Caminha
 |
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000
|
República em Tumulto
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
História Nossa Crónicas de Tempos Passados por Terras de Caminha e Âncora
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento Apoiado pela Fundação EDP
|
Da Monarquia à República no Concelho de Caminha Crónica Política (1906 - 1913)
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
O Estado Novo
e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense
Júlio Baptista (1882 - 1961)
 |
Organização e estudo biográfico do autor
por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora
 |
Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000
|
Memórias da Serra d'Arga
 |
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000
|
Outras Edições Regionais
|