JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Un viñedo, innovador escenario do XXIV Trofeo Montes de Eiras de ciclocross

A carreira reunirá este sábado 12 de novembro a 300 participantes nun circuíto que transcorrerá polo viñedo da adega Terras Gauda

O Trofeo Montes de Eiras de ciclocross celebra a súa 24 edición nun escenario moi especial. Esta fin de semana esta carreira organizada polo Club Ciclista O Rosal coa colaboración do Concello celebrarase por primeira vez nos viñedos da adega Terras Gauda, un circuíto único e innovador a nivel autonómico, xa que non existe ningunha outra competición ciclocross en Galicia que se desenvolva nunha paraxe similar.

"Estamos ante unha carreira moi novidosa na que poderemos desfrutar dun circuíto singular que será un elemento distintivo deste trofeo e que permitirá a todo o público coñecer unha parte moi importante do noso municipio. É, sen dúbida, un percorrido espectacular que reflicte perfectamente a identidade do propio Rosal", salientou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, durante o acto de presentación, que contou con representantes do Concello, do club ciclista, da Federación Galega de Ciclismo, da Xunta de Galicia e da bodega Terras Gauda.

En total serán 300 deportistas os que participarán este sábado 12 de novembro dende as 13.30 horas en ata 15 categorías diferentes, polo que sobre o terreo haberá ciclistas dende os 12 anos ata maiores de 60. A carreira transcorrerá por todo o viñedo, polo que o público poderá ver por primeira vez o circuíto completo dende diferentes posicións, dada as características do terreo.

Dende o Concello quérese felicitar ao Club Ciclista O Rosal pola organización deste gran evento nunha contorna espectacular e agradecer á bodega Terras Gauda a súa colaboración e implicación neste trofeo único, así como de deporte Galego da Xunta de Galicia, da Federación Galega de Ciclismo, de todas as empresas e entidades colaboradoras e do equipo de voluntarios de Protección Civil.

Concello de O Rosal


O Rosal pecha as súas Xornadas de Patrimonio achegándose a unha das minas romanas subterráneas máis grandes de Galicia

Este sábado 12 de novembro o Centro Social Polivalente acolle unha charla do xeólogo Óscar Pazos sobre a mina galaico-romana de ouro das Bornas

O Rosal pecha esta fin de semana a segunda edición das súas Xornadas de Patrimonio, unha serie de actividades gratuítas para todos os públicos levadas a cabo durante os meses de outubro e novembro "para dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio material e inmaterial rosaleiro e do Baixo Miño", como explica a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís.

Estas xornadas baixan o pano achegándose á que é unha das minas romanas subterráneas máis grandes de Galicia, á das Bornas, en Tabagón. Así, este sábado 12 de novembro o xeólogo Óscar Pazos falará ao público asistente da mina galaico-romada de ouro das Bornas, un patrimonio de máis de dous mil anos de antigüidade cunha extensa rede que o propio Pazos sacou á luz estudando a zona tras a localización de novos pozos durante os labores de limpeza dos comuneiros de San Miguel e Pías. A aparición de varios dos principais foxos mineiros da Borna Grande permitiu facer unha exploración do seu interior mediante xeofísica de resistividade e coñecer un pouco máis sobre o interior desta mina de ouro con labouras subterráneas que alcanzan cando menos os 25 ou 30 metros de profundidade, o que a converte nunha das minas subterráneas máis grandes das coñecidas en Galicia.

Óscar Pazos, xeólogo dende 1992, comezou a investigar a minaría galaico-romana de ouro por casualidade e xa leva unha década afondando nela. En 2018 publicou o libro 'A invención da Gallaecia e a minaría de ouro', do que agora está a escribir unha nova edición. Ademais, tamén presenta os novos achados en congresos e publicacións especializadas, aínda que o que máis lle gusta é facer andainas polas minas para ensinarllas á veciñanza e ás persoas interesadas no patrimonio e na historia do Rosal.

A charla será no Centro Social Polivalente ás 11.00 horas e, tras ela, ás 12.00 horas, organizarase unha visita guiada á mina romana da Borna. A alcaldesa convida a toda a veciñanza "a participar nesta nova actividade dunhas xornadas que buscan achegar a todos os rosaleiros e rosaleiras a aspectos fundamentais para coñecer, entender e valorar como é o noso concello hoxe en día".

Concello de O Rosal


Chega ao Rosal Depoforest, un proxecto para mellorar a empregabilidade no sector forestal e no medio natural

A formación realizarase en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Haberá unha charla informativa o vindeiro mércores 9 de novembro no Centro Social Polivalente

As persoas interesadas en participar poden contactar a través do correo electrónico medioambiente@depo.es ou do teléfono 886 210 725

O Concello do Rosal e a Deputación de Pontevedra colaboran para desenvolver no municipio o proxecto 'Depoforest', un curso formativo centrado na xestión integral e aproveitamento de piñeirais que, como sinala a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, ten como obxectivo "mellorar a capacidade de atopar traballo de persoas en situación de desemprego, apostando así ademais pola creación de emprego verde, pola protección do noso monte dun xeito diverso e sostible e polo asentamento de poboación no rural".

O vindeiro mércores 9 de novembro ás 10.00 horas no Centro Social Polivalente impartirase unha charla formativa sobre este programa formativo gratuíto que está dirixido a persoas desempregadas, facendo especial fincapé en mulleres, mozos e mozas ou maiores de 45 anos que lles interese traballar no sector forestal e no medio natural.

Trátase dun proxecto para a creación de emprego posto en marcha pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidad. A través desta iniciativa, as persoas interesadas poderán participar nun taller práctico no que se porá en valor a multifuncionalidade dos montes a través dunha xestión innovadora que axuda ao desenvolvemento socioeconómica dos espazos forestais das zonas rurais.

'Depoforest' pretende introducir a través da formación os coñecementos necesarios apra esa mellor xestión da superficie forestal a longo prazo e obter un maior beneficio, ademais de introducir actividades económicas que axuden a obter o mellor produto con vistas aos vindeiros 15 ou 20 anos ao tempo que pode ser fonte de ingresos complementarios de xeito máis periódico. Búscase ademais preservar e mellorar os socio-ecosistemas relacionados coa actividade de extracción de resinas naturais, garantindo e potenciando a mixtura de usos, unha innovación centrada nos propietarios e propietarias e comunidades de montes, cun claro retorno sociocultural, económico e ambiental, mantendo os servizos ecosistémicos e o desenvolvemento rural e facilitando a integración de mulleres e mocidade. "En definitiva, convertendo o medio forestal nunha oportunidade laboral para os veciños e veciñas do noso rural", recalca a rexedora.

As persoas interesadas en participar na acción formativa poden poñerse en contacto coa organización a través do correo electrónico medioambiente@depo.es ou do teléfono 886 210 725.

Concello de O Rosal




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais