JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 4 e sábado 5 de novembro

" O venres 4 en horario de 16:15 ás 21:00 horas e de 16:30h a 21:00h e o sábado 5 de 10:15h ás 15:00h.

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 4 en horario de 16:15 ás 21:00 horas e de 16:30h a 21:00h e o sábado 5 de 10:15h ás 15:00h.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

Concello de A Guarda


Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de novembro

O vindeiro luns día 31 de setembro de 2022 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de novembro de 2022.

A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en novembro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o luns día 31 de outubro de xeito preferentemente telefónico no 986 61 0000 de 9:00h a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonsos.

A Unidade Móbil desprazarase á Guarda o 10 de novembro e a recollida de documentos terá lugar o 15 de novembro.

Este será o último desprazamento das unidades móbiles á Guarda neste ano 2022.

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Concello de A Guarda


O Goberno Guardés suma unha nova axuda para a reforma do pavillón municipal da Sangriña procedente dos fondos Next Generation EU

" O "Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana (Mitma)" concedeu provisionalmente 307 millóns de euros dos fondos europeos de recuperación a 381 entidades locais de todas as provincias para a rehabilitación de edificios públicos.

" O Ministerio publicou a resolución provisional da convocatoria en concorrencia competitiva da liña 1 do Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos de titularidade local (Pirep local), incluído no Plan de Recuperación. Sendo o proxecto da Guarda un dos subvencionados.

" En total, financiaranse 405 proxectos dos 1065 presentados, elexidos en base a criterios de calidade arquitectónica, solidez, gobernanza, enfoque integral, innovación e oportunidade.

" O 53% dos edificios públicos a rehabilitar destinanse a uso cultural, deportivo e educativo. O obxectivo das intervención a financiar é reducir máis do 30% o consumo de enerxía primaria non renovable.

Conscientes das deficiencias que tiña o pavillón da Sangriña, unha construción anticuada e ineficiente que non estaba adaptada ás necesidades das competicións que albergaba, o equipo de goberno municipal fixo unha aposta firme pola modernización e ampliación deste equipamento deportivo municipal.

O concello encargou a redacción dun proxecto, coa colaboración da Deputación de Pontevedra en 2017, para o que logrou financiamento no ano 2021. As achegas económicas viñeron a través do plan REACPON da Deputación, de fondos propios municipais e máis tarde da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Coa idea de conseguir máis fondos para financiamento da obra, no mes de abril, o concello presentou o proxecto á convocatoria en concorrencia competitiva da liña 1 do Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos de titularidade local (Pirep local), incluído no Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia (PRTR).

Os aspectos que argumentou o goberno municipal para acceder a esta subvención teñen que ver coa calidade do proxecto e a súa eficiencia, destacando: un aforro de máis dun 35% en enerxía, grazas a mellora de illamentos, iluminación LED e instalacións renovables para a ACS. Facendo accesible a instalación, tanto nas gradas, como aseos e vestiarios. Mellorando a súa habitabilidade con un sistema de renovación de aire. Incrementando a seguridade en todo o equipamento e mellorando o aspecto do edificio.

A contía da subvención concedida ascende a 385.754,11 €, que foi a cantidade solicitada para cubrir todos aqueles conceptos subvencionables do proxecto. Esta subvención ven a recoñecer a calidade da proposta dende o punto de vista da eficiencia enerxética, da accesibilidade e a habitabilidade, valorando tamén a conservación do edificio.

Concello de A Guarda


Unha nova mirada sobre O Quixote, pensada para desfrutar en familia é o evento escollido para conmemorar o Día das Bibliotecas na Guarda

Este sábado comeza a tempada teatral de corte infantil e familiar da man do gran clásico O Quixote, pensada para o público infantil e familiar. Esta peza, representada pola compañía Pedras de Cartón, foi escollida para representar nesta data e celebrar así o Día das Bibliotecas que cada ano se conmemora o 24 de outubro. A función terá lugar no Salón de Actos do Centro Cultural o vindeiro sábado 29 de outubro ás 18:00h.

A peza que ven a recuperar o gran clásico da literatura española presenta unha proposta dunha coidada calidade técnica sen perder o gancho co seu principal destinatario: as crianzas. Cunha estética inspirada no paiaso clásico e en clave de clown, a obra afronta as escenas mais icónicas e mais cómicas da relación antagónica entre Quixote e o seu escudeiro Sancho. Sobre un velocípedo a modo de Rocinante fai súa aparición o histriónico Quixote, e sobre o triciclo que sustitúe ao asno Rucio cabalga o seu inseparable Sancho. Xuntos afrontarán os feitos mais inverosímiles tanto de día como de noite.

Esta obra, segunda entrega da compañía Pedras de Cartón, que xa presentou na Guarda a anterior adaptación do Lazarillo de Tormes, foi gañadora por unanimidade do X Certamen Internacional Barroco Infantil de Almagro ( edición 2021). A compañía ven especializandose así no seu cometido de abrirse ao exterior e recuperar os grandes clásicos da literatura española a novos públicos.

Por todo o antedito, a función é moi recomendable para gozar en familia, e convidamos ao gran número de nenas e nenos a acudir este sábado ao Centro Cultural, invitación que facemos extensiva ao resto de seguidores e amantes do teatro, así como amantes da literatura clásica. O acceso á función é libre e de balde ata completar o aforo da sala (non precisa reserva previa). A súa duración é de 50 min.

Como o resto da programación incluída no Outono Teatral esta obra está subvencionada pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2022.

Concello de A Guarda


A Guarda festexa o Samaín

" Do 27 ao 31 de outubro a Biblioteca Pública Municipal Oferta "Facemos un trato?

" Gran Festa de Samaín o luns día 31 de outubro na Praza do Reló con obradoiros e concerto

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza este ano diversas actividades para festexar o Samaín na Guarda.

Por una banda a Biblioteca Pública Municipal oferta do 27 ao 31 de outubro a actividade "Facemos un trato" coa cal os usuarios deste servizo levarán un doce de agasallo ao facer un préstamo dun libro.

Para a xornada do luns día 31 de outubro a Praza do Reló será o epicentro das celebracións do Samaín dende as 17:30h da tarde con Obradoiros de Tatoos terroríficos e Pintacaras e a partires das 18:30h cn música a cargo do grupo "Crónicas Pop", con animación de baile para @s máis pequen@s.

O fin de festa será sobre as 20:30h cunha Queimada de Defuntos e chocolate quente para tod@s.

Montserrat Magallanes, Concelleira de Cultura, convida a toda a poboación guardesa a participar nestas actividades dunha festividade que, ano a ano, se consolida nos nosos calendarios e que desfrutan, sobre todo, os máis pequen@s da casa.

Concello de A Guarda


A Praza de Abastos da Guarda acolle unha exposición sobre o proxecto Albufeira

Dende a semana pasada a Praza de Abastos da Guarda acolle unha Exposición sobre o Proxecto Albufeira, coa cal se quere por de manifesto a necesidade de garantir a protección dos hábitats emblemáticos que dependen da auga, adoptando medidas que garantan a súa conservación, así como a das especies máis directamente dependentes da auga.

Entre os obxectivos do proxecto Albufeira esta exposición está o de mellorar o coñecemento sobre o estado e o o potencial ecolóxico das masas de auga fronteirizas e transfronteirizas, en base a criterios comúns que permitan avaliar o grao de conservación das poboacións das especies de flora e fauna e dos hábitats vinculados ao medio acuático.

Tamén se pretende mellorar a coordinación, optimizar as metodoloxías de traballo e os recursos dispoñibles das administracións implicadas na xestión e planificación hidrolóxica, e mellorar as ferramentas de xestión conxunta dos recursos naturais transfronteirizos.

O Proxecto Albufeira quere dar a coñecer e sensibilizar sobre a importancia dos recursos hídricos no espazo transfronteirizo como riqueza conxunta, que é necesario protexer e aproveitar de forma sostible.

Esta exposición está cofinanciada polo FEDER a través do programa INTERREG V-A España Portugal (POCTEP)2014-2020.

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais