JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Rosal acolle un seminario sobre a sustentabilidade do sector primario no territorio

Será este luns 24 de outubro a partires das 16.30 horas no Centro Social Polivalente

O Concello do Rosal, en colaboración co Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho, organiza o vindeiro luns 24 de outubro o Workshop "A sustentabilidade do sector primario no río Miño transfronteirizo".

Trátase do segundo seminario temático organizado dentro das actividades realizadas polo Observatorio das Dinámicas Transfronteirizas (ODT), unha das accións levadas a cabo dentro do proxecto europeo da "Rede de apoio ás dinámicas locais de cooperación do río Miño transfronteirizo" (REDE_LAB_MINHO), financiado no 75% polo Programa lnterreg V-A España Portugal.

Na primeira parte deste workshop presentarase o informe sobre "Sustentabilidade e Economía verde", coordinado polo director académico do Observatorio, o profesor da Universidade de Vigo, Xavier Martínez Cobas.

A continuación terá lugar unha mesa redonda que abordará "A sustentabilidade no sector agrícola", coas intervencións de Mª Victoria Álvarez, Presidenta de ACUBAM, Enrique Costas, director xeral de Terras Gauda, Ana Lúcia Lopes, directora técnica de VIPOV, e Andreia Machado Costa, responsábel da equipa técnica de Viveiros Río Tollo, e moderada polo Secretario Técnico do AECT Rio Minho, Lois Pérez Castrillo.

En conxunto, no seminario, falarase sobre a sustentabilide na cadea de valor da alimentación no AECT, e sobre as bases para que esa cadea de valor ou cluster sexa compartida no conxunto do territorio.

A alcaldesa Ánxela Fernández Callís, que será a encargada de inaugurar o evento, anima á veciñanza a participar neste encontro que "pon enriba da mesa un tema tan importante para o Concello como é a sustentabilidade dun dos sectores clave para o desenvolvemento socioeconómico da contorna".

O seminario terá lugar ás 16:30 horas no Centro Social Polivalente de O Rosal e está aberto a toda a poboación, mais para garantir a súa praza, as persoas interesadas deberán confirmar a súa asistencia no correo electrónico geral@aectriominho.eu.

Concello de O Rosal


O Rosal prepárase para Samaín contando 'Contos para caghar patatillas'

Este sábado 22 (12 h), o narrador Brais das Hortas encherá o auditorio municipal de música e humor cun espectáculo participativo para público infantil e familiar

Samaín chama ás portas e O Rosal prepárase para pasar esta fin de semana unha mañá de medo. Este sábado 22, o narrador, músico e creador de instrumentos de refugallo Brais das Hortas chega ao auditorio municipal cos seus 'Contos para caghar patatillas', un espectáculo que demostra que quen ten cu ten medo e que a valentía non é non sentilo, senón ser capaz de enfrontalo.

Sobre todo iso falan os contos que o artista levará ao escenario nun contacontos dirixido a público infantil e familiar no que haberá música, humor, efectos especiais, baile, creación de instrumentos e moito máis, sempre coa gran participación de todas e todos os asistentes.

Narración oral en galego con música en directo a través da que Brais das Hortas contará historias que falan de pedras que se converten en xigantes, dun romance galego que canta a aposta de dous amigos nun cemiterio, un león e unha elefanta no medio da noite na sabana africana, unha nena que escoita por primeira vez unha tormenta... Historias que o artista saca dunha vella maleta escondida no faiado nunha noite de inverno.

A actuación será ás 12.00 horas e de balde, con acceso libre ata completar aforo. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, convida a toda a veciñanza a participar neste espectáculo pensado para desfrutar en familia de terroríficas actividades nestes días previos a Samaín.

Concello de O Rosal


O Rosal achégase ao revolucionario mundo dos probióticos da man da doutora Olalla Otero

A bióloga viguesa presentará o seu libro este venres 21 de outubro ás 20.00 horas no Centro Social Polivalente

A microbiota é un conxunto de microorganismos que viven dentro do corpo e realizan funcións decisivas para a saúde. Pero, aínda que moitas persoas coñecen a súa existencia, así como a dos probióticos e prebióticos, realmente pouca xente sabe como funcionan. Para afondar nestas cuestións dun xeito sinxelo, directo e sen necesidade de ser un experto ou experta, a doutora Olalla Otero chega esta fin de semana ao Centro Social Polivalente do Rosal, onde presentará o seu último libro 'El revolucionario mundo de los probioóticos'.

Con este libro, a bióloga viguesa arroxa luz sobre un tema moi de moda baseándose en centos de estudos científicos, explicando de xeito claro a importancia de ter unha microbiota equilibrada e achegando unha guía sobre as cepas de distintos probióticos e os seus efectos en multitude de patoloxías. Unha obra que guía ao lector e lectora polos últimos descubrimentos sobre estes microorganismos e que traza a conexión entre eles e órganos como o cerebro, a pel ou a boca e mesmo co sistema inmunolóxico.

Nunha sesión ás 20.00 horas de balde con acceso libre ata completar aforo, esta investigadora durante moitos anos en Biomarcadores Moleculares e experta en seguridade alimentaria achegará ao público distintos patoloxías e casos clínicos expostos con sinxeleza e humor.

Concello de O Rosal




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais