JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Outono cargado de cultura no Rosal

O Concello pon en marcha para os meses de outubro e novembro unha programación na que música, patrimonio, medioambiente, literatura e actividades infantís serán os grandes protagonistas

O outono chega ao Rosal cargado de cultura. O Concello xa puxo en marcha para os meses de outubro e novembro unha ampla programación na que as actividades infantís e a música compartirán escenario coa literatura, as charlas medioambientais, o teatro ou o patrimonio histórico e cultural. "Despois duns intensos días nos que volvemos desfrutar da nos Feira do Viño do Rosal e da nosa Festa do Outono do Pilar con total normalidade e nun espazo único, continuamos traballando para que a veciñanza goce nos dous vindeiros meses dunha morea de actividades para todos os públicos e para todos os gustos", explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A programación de outono non dará tregua e traerá ao Rosal cada semana diferentes actuacións e actividades para diferentes públicos. Así, a axenda de outono continúa este 15 de outubro cunha tarde de lecer para toda a familia con Cristina Collazo e a famosa bandoleira Pepa a Loba, un contacontos interactivo onde a danza e a música fúndense coa natureza, poñendo en valor a amizade e a perspectiva de xénero.

A partir das 12.00 horas no auditorio municipal, o público poderá desfrutar desta aventura na que a protagonista chega ata un refuxio onde poder acubillarse: a taberna da que tanto lle falara a súa nai. Decide poñela de novo en funcionamento coa axuda da súa inseparable gavela, ata que alguén lle fala dun cobizado tesouro que mergullará a Pepa a Loba e a todo o público nunha aventura cargada de música, monicreques e intrigantes historia. A entrada será de balde e libre ata completar aforo.

A vindeira semana haberá sesión tripla. O xoves 20 de outubro Marta Arribas chegará ao Centro Social Polivalente a partir das 17.00 h coa súa charla 'A auga, un recurso imprescindible'. Ao día seguinte, 21 de outubro, ese mesmo escenario acollerá á doutora Olalla Otero (20.00 h) na presentación do seu libro 'El revolucionario mundo de los probióticos'. O sábado 22 volverá a ser a quenda dos máis pequenos e pequenas da casa, que poderán desfrutar dos 'Contos para caghar patatillas' de Brais Hortas a partir das 12.00 horas no auditorio municipal.

Outubro pecharase o domingo 30 co Concerto de Outono e 18 aniversario da coral da Agrupación Musical do Rosal. Será unha actuación de balde aberta a todos os públicos a partir das 17.30 horas no auditorio municipal.

En novembro volverán as charlas, a literatura, as risas e a música. O venres 4 a biblioteca municipal acollerá ás 19.00 horas a presentación do libro 'EMOVERE', con poemas de Andrea Suárez e César Fernández e coa colaboración da Agrupación Musical do Rosal. Ao día seguinte, 5 de novembro, Fulano, Citano e Mengano chegan ao auditorio municipal ás 21.00 horas para entreter e facer rir ao público coas súas historias case incribles.

O xoves 10 de novembro o técnico de medio ambiente Óscar Martínez impartirá no Centro Social Polivalente a partir das 20.00 horas unha charla sobre 'O cambio climático chama á túa porta. Falemos de reciclaxe'. O sábado 19 de novembro chega o tradicional Concerto de Santa Icía, organizado pola Agrupación Musical do Rosal no auditorio municipal ás 19.30 horas.

A programación de outono complétase ademais botando unha ollada ao pasado coas II Xornadas de Patrimonio, unha serie de actividades para todos os públicos nas que se porá en valor o patrimonio material e inmaterial rosaleiro. Tras as dúas primeiras sesións durante as Festas do Outono do Pilar, a vindeira cita será o 5 de novembro cunha charla do arqueólogo Benito Vilas sobre as novas intervencións no castro do Pico da Bandeira ás 11.00 h no Centro Social Polivalente para ás 12.00 h facer unha visita ao propio castro. O 12 de novembro o xeólogo Óscar Pazos transportará ao público á historia da mina galaico romana de ouro das Bornas, en Tabagón, nunha actividade que comezará cunha charla ás 11.00 horas no Centro Social Polivalente e rematará ás 12.00 h cunha visita á propia mina.

Concello de O Rosal


O Rosal bota unha ollada ao pasado coas segundas Xornadas de Patrimonio

Comezarán este 11 e 12 de outubro coa intervención e pregón de Susana González Amado e cunha homenaxe aos cabaqueiros cunha demostración de fabricación de tellas

O Rosal bota unha ollada ao seu pasado co celebración das II Xornadas de Patrimonio, unha serie de actividades para todos os públicos que se levarán a cabo durante os meses de outubro e novembro para dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio rosaleiro e do Baixo Miño en todas as súas manifestacións, dende o material ao inmaterial, representado en gran parte polos cabaqueiros do Rosal. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, convida á veciñanza a participar nestas xornadas "nos que se achegarán a rosaleiros e rosaleiras aspectos fundamentais para entender O Rosal de hoxe e para valorar o traballo das nosas e nosos antepasados".

As xornadas comezarán este mesmo martes 11 ás 20.00 horas no Centro Social Polivalente coa charla de Susana González Amado sobre 'Cerámica para vivir e vivir da cerámica'. A ceramista, ceramóloga, divulgadora e docente achegará ao público a súa paixón por producir e ensinar, mais tamén por poñer en valor, estudar e investigar todo o referente a esta arte e ciencia, tanto na súa vertente artesanal e artística como na industrial e histórica.

González participa dende 2001 na implantación en Galicia dos primeiros estudos de Formación Profesional de Cerámica Técnica e colabora habitualmente na dinamización de museos como o de Oleiros e Brañas de Valga ou en eventos para poñer en valor os oficios do barro. De feito, será ela a pregoeira das Festas do Outono do Pilar o mércores 12 de outubro ás 18.00 horas.

Será precisamente dentro das Festas do Outono do Pilar que se celebrarán os días 11 e 12 de outubro onde O Rosal contará cunha ampla programación con xornadas de exposicións, música, monicreques, a I Feria de Produtos do Rosal, o Memorial Irmáns Flores ou a demostración do traballo dos cabaqueiros, que terá lugar o mércores a partir das 18.00 horas na renovada Praza do Calvario.

Concello de O Rosal




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais