JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Oia o luns 10 de outubro

A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia o próximo luns 10 de outubro. Permanecerá aparcada diante do Concello de 16.00 a 21.00 horas, a disposición de todas as persoas que queiran achegarse a doar.

O servizo traballa con cita previa, que pode solicitarse no teléfono 900.100.828.

Os requisitos xerais para doar sangue son ter máis de 18 anos de idade e pesar máis de 50kg. Á hora de presentarse é necesario levar a tarxeta de doante, DNI ou documento similar.

Outras cuestións a ter en conta á hora de doar sangue é a necesidade de almorzar pola mañá. Despois do xantar ao mediodía recoméndase agardar 2 horas antes de acudir.

Para consultar calquera información relacionada con estes temas, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) ten habilitadas varias vías de comunicación: o teléfono 900.100.828, o correo electrónico doadoressangue.ados@sergas.gal e a web https://ados.sergas.gal

Acto solidario

A doazón de sangue é un sinxelo acto solidario que non leva máis de 10 minutos e grazas ao cal pódese salvar a vida doutras persoas.

En Galicia, os hospitais atenden unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos. Por iso, cada día son necesarias entre 400 e 500 doazóns de sangue. Para facilitar as doazóns, a Axencia conta con locais nas sete grandes cidades, así como 10 unidades móbiles que percorren toda a comunidade autónoma.

Concello de Oia


Máis de 7.000 persoas pasaron pola oficina de turismo de Oia este verán

O municipio recupera os niveis de afluencia turística previos á pandemia

Un total de 7.404 persoas pasaron pola oficina de turismo de Oia durante a tempada de verán, servizo que este ano se estendeu desde o 19 de xuño ata o 18 de setembro. Estas cifras supoñen un notable incremento respecto dos resultados do ano pasado, volvendo a niveis de afluencia previos á COVID-19.

Concretamente, os 7.404 visitantes deste verán supoñen un aumento do 52% respecto ao ano pasado, no que se rexistraron 4.846 (sendo en 2021 o período de apertura entre 18 de xuño e o 17 de setembro). Deste xeito, Oia continúa na súa senda de recuperación e volve a acadar totais semellantes aos rexistrados en veráns anteriores á pandemia (7.027 visitantes en 2018 e 8.218 en 2019).

Segundo a información recompilada polo persoal da oficina de turismo, das 7.404 visitas contabilizadas, un total de 3.988 correspondéronse con peregrinos, o que supuxo o 54% das persoas usuarias totais. Neste Ano Xacobeo destaca especialmente o incremento deste perfil de visitante, pois duplicáronse as cifras acadadas no verán de 2021 (1.996 peregrinos). Así pois, o Camiño converteuse, durante este verán, na principal motivación turística expresada polas persoas usuarias do servizo.

Procedencia

No que respecta ao lugar de orixe dos visitantes que fixeron uso da oficina, dos procedentes do territorio español (4.393 persoas) recibíronse principalmente turistas doutras localidades galegas e das comunidades de Madrid, Andalucía, Castela e León e Comunidade Valenciana. En canto a turismo internacional (2.960 persoas), os máis frecuentes foron os visitantes de países como Portugal, Estados Unidos, Alemaña, Italia, Reino Unido e Polonia.

Ademais de ofrecer atención a turistas e peregrinos, a oficina de información turística situada na Praza Centinela, no barrio histórico do Arrabal, prestou servizo a un total de 51 veciños e veciñas.

O Concello de Oia asumiu o servizo deste ano contando cunha axuda da Deputación de Pontevedra que cubriu o 66,75% do custo total da contratación do servizo (5.340 euros concedidos ao abeiro das subvencións destinadas ao financiamento dos custos e dotación de persoal para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo adheridas á Rede de Oficinas de Turismo Info Rías Baixas durante o ano 2022).

Concello de Oia


A unidade móbil de "Coidados porta a porta" visitará Oia os días 28 de outubro e 2 e 3 de novembro

A unidade móbil do programa "Coidados porta a porta" da Xunta de Galicia visitará Oia nas próximas semanas para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación de memoria. O vehículo situarase diante do campo de fútbol de Santa María de Oia os días 28 de outubro e 2 e 3 de novembro.

Este servizo gratuíto está dirixido a persoas maiores de 55 anos. Funciona con cita previa, que xa se pode solicitar chamando aos teléfonos 622.748.283/623.546.992 ou ben a través do correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal. A inscrición previa tamén pode facerse no teléfono do Concello de Oia: 986.36.21.25.

O programa "Coidados porta a porta" inclúe tres tipos diferentes de servizos: podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. Cada sesión concertada pode ter unha duración de ata 45 minutos. Segundo a especializade, as actuacións serán as seguintes:

-Servizo de podoloxía con consulta básica, onde se fará unha valoración do estado xeral do pé, un corte e limpeza de unllas e se procederá a eliminación de durezas, calos e helomas.

-Servizo de audioloxía, no que se fará unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.

-Servizo de estimulación da memoria, cun profesional que realizará una valoración cognitiva e proporcionará pautas para previr e minorar posibles deterioros.

Programa dirixido a maiores do rural

"Coidados porta a porta" achega servizos asistenciais a maiores que viven no rural co obxectivo de previr a dependencia. Percorre os distintos concellos de Galicia para que as persoas usuarias poidan permanecer coidadas na súa contorna.

Esta será a segunda das paradas en Oia deste programa sociosanitario galego, que xa estivo presente na localidade os pasados 25, 26, 27 e 28 de abril.

Concello de Oia




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais