JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Grande éxito do Programa de Maiores da Universidade de Vigo no Rosal

Alcaldesa e reitor asinaron un convenio de colaboración para impartir no municipio seminarios temáticos para persoas de máis de 50 anos

O Concello do Rosal pechou a súa participación no Programa de Maiores da Universidade de Vigo cun éxito absoluto de inscritos e inscritas e cunha gran satisfacción por parte de todos eles e elas. En total, 36 persoas participaron nestas xornadas deseñadas para achegar a formación, a ciencia e a cultura á poboación rural de máis de 50 anos. Unha cifra que salienta o grande interese dos rosaleiros e rosaleiras por este programa, xa que, como salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, "O Rosal rexistrou o maior número de participantes de todos os concellos que forman parte deste programa da Universidade de Vigo".

Unha alta participación que se combina co gran grao de satisfacción entre todos os participantes nesta formación artellada arredor de tres seminarios, o primeiro deles sobre arte e historia, centrándose no patrimonio do propio concello, como os petróglifos do Ghorghalado ou a capela da Madalena. No segundo as e os asistentes aprenderon a usar ferramentas e aplicacións do teléfono móbil, como os códigos QR ou aplicacións sanitarias ou de banca. O curso rematou cunha sesión formativa e outra práctica sobre saúde, benestar e alimentación que incluíu un roteiro cardio-saudable.

A rexedora agradece a implicación da Asociación de Maiores do Rosal neste programa e noutras actividades postas en marcha no Concello. Ademais, valora moi positivamente o impacto que iniciativas como o Programa de Maiores da Universidade de Vigo ten nun municipio de 6.400 habitantes. "Queremos que este tipo de formación para as nosas e nosos maiores volva ao noso concello. Dende o Concello xa lle avanzamos ao reitor, Manuel Reigosa, e á Universidade de Vigo o noso interese por seguir traballando man a man e repetir experiencia ou incluso poder impartir unha formación máis ampla ao longo de todo un ano", recalca Fernández Callís.

Concello de O Rosal


O 21 de febreiro e o 29 de setembro de 2023, festivos locais no Rosal

As datas aprobaranse en pleno este xoves 29 de setembro ás 20.30 h

O 21 de febreiro e o 29 de setembro de 2023 serán días festivos no Rosal. Esta é a proposta que aprobará o pleno municipal na sesión celebrada este xoves ás 20.30 horas na Casa Consistorial na que, entre outros asuntos, abordarase os dous días de festa que o Concello ten dereito a marcar cada ano.

Deste xeito, o martes de Entroido, que o vindeiro ano coincide co 21 de febreiro, volverá a marcarse en vermello no calendario local como ven sendo tradicional para os rosaleiros e rosaleiras. Por outra banda, o Goberno municipal tamén declarará festivo o venres 29 de setembro de 2023, coincidindo coa festividade de San Miguel, para recoñecer así tamén unha data especial para esta parroquia que levaba moitos anos sen ser festividade local.

Concello de O Rosal


O Rosal prepárase para a Gladiator Family

A Explanada do Horizonte acolle este 1 de outubro unha divertida carreira de obstáculos para rapaces e rapazas de 3 a 12 anos acompañados dunha persoa adulta

A inscrición terá un custo de 2 euros que serán doados de forma íntegra á Asociación Down Vigo

Xa está todo listo para celebrar a primeira edición do Gladiator Family no Rosal. O vindeiro 1 de outubro a Explanada do Horizonte acollerá esta proba de obstáculos deseñada para desfrutar en familia e que se celebra ao abeiro da 15K do Atlántico. Será unha proba adaptada ás idades dos rapaces e rapazas, de 3 a 12 anos, que deberán ir acompañados dunha persoa adulta que tamén deberá ir superando retos.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, estivo hoxe en Portecelo na presentación da proba, acto no que tamén participaron con Ivonne Pousa, manager Zona Norte de Banco Mediolanum; de Ángeles Franco, Family Banker da entidade; e de Roberto Campo, director da asociación Down Vigo. A rexedora salientou o compromiso do Concello "por potenciar o deporte participativo e o deporte e as actividades en familia, unha oportunidade única de aprender e estreitar lazos cos máis pequenos e pequenas da casa".

A proba terá un custo de 2 euros por inscrición que serán doados de forma íntegra á asociación Down Vigo. O evento, que conta coa colaboración do Concello do Rosal, está enmarcada no programa da 15K do Atlántico, que este ano celebrarase o vindeiro 23 de outubro e que conta co patrocinio principal de Banco Mediolanum.

Haberá un máximo de 200 nenos e nenas e 200 persoas adultas participantes. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse nas últimas prazas dispoñibles enchendo un formulario web ata o vindeiro 28 de setembro ás 23.59 h.

Concello de O Rosal


O Rosal estrea a súa renovada Praza do Calvario

O Concello inaugura este sábado 1 de outubro ás 20.00 horas un espazo de estancia e lecer transformador

O proxecto contou cun investimento de 1,5 millóns de euros cofinanciados entre Concello e Deputación de Pontevedra e para o que se solicitaron fondos europeos

O Rosal estrea esta fin de semana a súa renovada Praza do Calvario. O Concello celebra este sábado 1 de outubro un acto inaugural aberto á veciñanza que contará coa presenza da alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, e da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, así como de membros da corporación municipal, rexedores e rexedoras do Baixo Miño, autoridades e representantes das asociacións culturais, deportivas e sociais do municipio. "É unha obra histórica para o noso concello que marca un antes e un despois na forma de entender os nosos espazos, creando iniciativas e proxectos que nos permitan construír O Rosal das persoas", salienta a rexedora, Ánxela Fernández Callís.

O acto inaugural arrancará ás 20.00 h coa actuación do grupo de baile de Paula Covián e pecharase, tras a intervención das autoridades, cun concerto da Banda da Agrupación Musical do Rosal. Tras el a veciñanza poderá desfrutar xa dos resultados dun proxecto transformador co que o Concello do Rosal deu un paso adiante na recuperación de espazos públicos de calidade para as persoas, xerando unha zona de estancia, encontro e lecer de uso polivalente e marcado carácter peonil que tamén servirá para impulsar o dinamismo comercial da zona.

Tras oito meses de intenso traballo, a Praza do Calvario preséntase totalmente transformada despois dunha reforma integral feita con materiais construtivos que preservaron e potenciaron o carácter patrimonial e arquitectónico existente, mellorando as condicións de mobilidade peonil e as condicións ambientais e paisaxísticas da praza, así como todos aqueles elementos que non se ven pero que son de vital importancia, como a renovación de todas as canalizacións.

Un proxecto de mellora e transformación da praza nun espazo público de calidade que recolle parte da historia do Rosal e que trasladará á veciñanza a finais do século XIX, cunha praza humanizada no que a sobreira era a árbore protagonista e na que destacaba o valor patrimonial da contorna.

A reforma integral da Praza do Calvario contou cun orzamento de 1,5 millóns de euros cofinanciados entre o Concello e a Deputación de Pontevedra a través do ReacPon, e para o que o Goberno municipal tamén solicitou axudas europeas nese traballo de captación de fondos externos para continuar coa transformación do Rosal.

Fernández Callís convida a toda a veciñanza a participar neste acto inaugural e "a desfrutar deste novo espazo que volve poñer en valor un lugar central da vila amable, de convivencia, máis democrático, onde acontecerán cousas, onde a xente poderá relacionarse e gozar da cultura, doo deporte e doutras iniciativas. En definitiva, cambiando o modelo e poñendo ás persoas no centro de toda as actuacións".

Concello de O Rosal




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais