JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Eu Rural comeza a elaboracion da estratexia de desenvolvemento local para o 2023-2027

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural arrancou esta semana a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local para os 13 concellos do seu territorio para o 2023-2027. Tras se elixida como entidade colaboradora na medida Leader Galicia para ese período, a Xunta directiva deu o pistoletazo de saída este mércores en Tomiño ao inicio dos traballos de adquisición de capacidades e accións preparatorias para o deseño da futura estratexia, a través da que se xestionarán os novos fondos do Programa Leader previstos para o período 2023-2027.

Para a elaboración desta estratexia porase en marcha un proceso participativo que busca a implicación dos sectores económicos, sociais e culturais do territorio e que comezará a vindeira semana con catro mesas informativas abertas a todo o público en concellos das catro comarcas que aglutina EuRural. O martes 4 ás 20.00 horas as persoas interesadas poderán asistir aos encontros que se realizarán no Centro Neural de Gondomar e no Multiusos do Rosal. Mentres, o xoves 6 (20.00 h) os encontros serán no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos e no salón de plenos de Pazos de Borbén.

Nos últimos tres anos, Eurural desenvolveu a través do Programa Leader 16 proxectos que supuxeron un investimento total de máis de 1,8 millóns de euros, a creación de 16 novos postos de traballo e a consolidación doutros 38 xa existentes.

Eu Rural



O Música e Viño no teu Camiño arranca esta fin de semana na Guarda, Nigrán e Baiona

Será este sábado 1 de outubro cos concertos de San Rockers na vila guardesa, Groovin Folks en Panxón e o domingo 2 con Two in the mirror no concello baionés

EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño organizan a segunda edición deste programa que forma parte de 'O teu Xacobeo'

Pistoletazo de saída a un mes de concertos coa segunda edición do proxecto 'Música e Viño no teu Camiño', unha iniciativa posta en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño ao abeiro do programa O Teu Xacobe impulsado pola Xunta de Galicia para xerar espazos de encontro e lecer entre a veciñanza, visitantes e peregrinas e peregrinos que estean a facer o Camiño de Santiago nesta época do ano.

O ciclo de concertos comeza esta mesma fin de semana con dúas paradas no territorio. O sábado 1 de outubro a música de San Rockers encherá a Praza Avelino Vicente da Guarda nunha sesión vermú que comezará ás 13.00 horas. Xa pola tarde, as pistas de tenis de Panxón, en Nigrán, serán o escenario elixido para que o público desfrute co estilo funk, soul e disco de Groovin Folks ás 19.00 horas. Xa o domingo 2 será a quenda de Two in the mirror, que levarán a súa música aos Xardíns da Casa da Navegación ás 13.00 horas.

Todas as actuacións son de balde e nelas poderase desfrutar dos viños D.O. Rías Baixas e da gastronomía local nos establecementos hostaleiros da zona.

Con esta iniciativa EuRural e do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño organizan unha serie de concertos por todo o territorio nos que o público poderá desfrutar da maridaxe de música, viño e gastronomía ao tempo que se potencia a hostalaría e o comercio local. Dende EuRural e o Xeodestino anímase a toda a veciñanza dos concellos do noso territorio e da contorna a achegarse ata A Guarda, Nigrán e Baiona esta fin de semana, así como aos distintos escenarios e desfrutar de mañás e tardes con sabor a música e viño.

Eu Rural



Empresas de toda a provincia crean sinerxías no II Workshop do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

Arredor de 40 empresas de diferentes sectores participaron en Redondela nun encontro que buscaba facilitar o contacto e fomentar a creación de novos produtos turísticos que promocionen o territorio como destino

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño segue a dar pasos para potenciar produtos turísticos diferenciados e de calidade en todo o seu territorio. Con este motivo, este martes reuniu no Pazo de Petán de Redondela a arredor de 40 empresas turísticas e doutros sectores dos 14 concellos do xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) para facilitar unha primeira toma de contacto entre entidades e favorecer a creación de sinerxías de presente e de futuro que dean lugar a novos produtos turísticos que promocionen o territorio como destino.

"Para o Xeodestino a palabra clave é a cooperación, e sabemos que en turismo debemos ir da man e colaborar para ser máis eficientes e efectivos nas nosas promocións, aproveitando as nosas fortalezas e minimizando as debilidades. E sabemos, porque xa o temos comprobado, que xuntas e xuntos somos máis fortes", deixaba plasmado no seu discurso Juan A. González, representante institucional do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e alcalde de Nigrán.

González quixo recalcar que "queremos que o Xeodestino axude a por en marcha iniciativas de calidade, innovadoras, seguras e sostibles, que incidan no compoñente experimental para achegar un plus de valor ás persoas que nos visitan. E para acadar este fin temos que por na man das empresas as ferramentas necesarias que lles permitan crear e comercializar produtos e servizos baseados nos nosos recursos, como poden ser actividades como o workshop que estamos a desenvolver".

Un aspecto que tamén quixo salientar a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que salientou a importancia que ten o Camiño de Santiago para o sector turístico no concello que gabou a realización "destes encontros entre entidades de diferentes sectores que son un xeito de poder coñecervos entre vós e de dar máis pulo ás vosas empresas. Estou convencida de que será un éxito tan grande como a primeira edición celebrada hai un ano en Tui".

Pola súa banda, Felipe Ferrero, xefe da área provincial de Pontevedra de Turismo de Galicia, destacou o papel que xoga o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño no desenvolvemento de este tipo de encontros "para que o territorio teña unha presenza propio con todo o que as e os visitantes precisan e demandan". "Estas reunións son vitais non solo no eido turístico, senón tamén en todos os sectores, porque creando redes podemos facer que as persoas que nos visitan marchen coa sensación de ter vivido unhas boas vacacións e recibido un bo servizo", asegurou.

Tras a recepción institucional, na que tamén participaron concelleiras e concelleiros dos municipios que integran o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, as empresas presentes puideron coñecer dous casos de éxito do que se pode facer en materia turística no eido rural. Así, Marta e Roberto, do restaurante O Balado, en Boqueixón, contaron como pasaron de traballar xuntos nunha cadea de hoteis en Vigo a crear o que sería un dos primeiros restaurantes cunha Estrela Verde Michelín de España. Da súa boca os e as participantes escoitaron como ás veces menos é máis, xa que pasaron de medrar pouco a pouco e chegar a ter cinco restaurantes, unha empresa de cátering e 40 traballadores a decidir plantarse e crear un proxecto diferente no que a integración coa contorna, a sustentabilidade, a calidade e o trato humano é fundamental. Agora, con catro mesas para as que se necesita reservar con tres meses de antelación nas fins de semana, aseguran que o boca a boca e a propia clientela son algúns dos puntos claves do seu éxito.

Tamén falou da súa experiencia Marta, mariscadora e amante do piragüismo que un día animada e apoiada por un amigo cunha empresa de turismo activo decidiu montar na súa illa de Arousa natal Piragüilla, unha empresa de actividades e deportes de aventura na natureza. "Cando comezamos hai 17 anos non había nada similar na zona, agora si, pero nós seguimos apostando polo valor que aportamos como persoas e que nos fixo crecer grazas ao boca a boca. A día de hoxe somos un equipo que racha con estereotipos, xa que a maioría somos mulleres, e que crecemos cos pés na terra porque non queremos morrer de éxito", salientou.

Tras as presentacións leváronse a cabo unha serie de reunións rápidas coas que establecer os primeiros contactos comerciais con outras empresas ou operadores turístico, favorecendo o maior número de encontros posibles dentro dun evento dinámico e áxil co que fomentar colaboracións. Para rematar deuse paso a un coctail degustación amenizado por unha actuación musical no que todas as empresas puideron seguir mantendo contactos e intercambiando impresións co resto de participantes nun clima distendido.

Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño


Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais