JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Abertas as inscricións para o IX Trail do Trega

" A proba deportiva, que forma parte da Pontevedra Trail League, terá lugar na Guarda o domingo 20 de novembro.

" 16 quilómetros de percorrido e 800 metros de desnivel positivo coas mellores vistas e entorno natural de Galicia, no Monte Santa Trega da Guarda.

Dende este mércores día 14 de setembro están xa abertas as inscricións para a IX edición do Trail do Trega, a proba deportiva que forma parte da Pontevedra Trail League e que este ano celebrarase o domingo 20 de novembro, contando co apoio do Concello da Guarda e das Comunidades de Montes.

Montserrat Magallanes, Concelleira de Deportes do Concello da Guarda, destaca a importancia deste tipo de eventos para a dinamización deportiva da Guarda e da súa comarca, un evento ao que asisten numerosos participantes de toda a xeografía galega e de Portugal, promovendo tamén o turismo e a gastronomía local.

O Trail do Trega é unha proba deportiva xa consolidada e que este ano trae un percorrido de 16 quilómetros cun desnivel positivo de 800 metros, contando coas mellores vistas e entorno natural de Galicia como é o Monte de Santa Trega.

A proba transcorrerá 100% polo monte Trega, un dos lugares máis visitados da xeografía galega. A carreira non ten un desnivel significativo pero o cambio de terreo constante, a orografía, climatoloxía farán que sexa unha proba dura e para a que se necesita unha boa preparación. Establécense 4 categorías de competición: Absoluto (masculino e feminino), Sénior (masculino e feminino), Veteranos 40 (masculino e feminino) e Veteranos 50 (masculino e feminino).

A organización habilitará dous avituallamentos no percorrido e paralelamente celebrarase unha andaina de 10 quilómetros con guía incluído.

As inscricións xa están abertas a través do seguinte link: https://bit.ly/3S0b7aD e toda a información da carreira se pode consultar na web oficial da proba: www.traildotrega.com

Os prezos de inscrición serán de:

" 14 euros do 14 o 18 de setembro de 2022
" 16 euros do 19 de setembro o 13 de novembro de 2022
" 18 euros do 14 o 16 de novembro de 2022

Concello de A Guarda


A Guarda celebra o Día da Mobilidade este domingo cun Paseo en bicicleta

" A saída será ás 11:00h dende a Alameda da Guarda, cun percorrido de 7 quilómetros recomendado para maiores de 10 anos.

O Concello da Guarda, en colaboración co Club Ciclista Guardés, organiza este domingo, día 18 de setembro, un Paseo en Bicicleta polo casco urbano da vila para festexar deste xeito o Día da Mobilidade.

Cun percorrido de 7 quilómetros recomendado para maiores de 10 anos, o Paseo en bicicleta sairá ás 11:00h dende a Alameda da Guarda e contará cun avituallamento, pequeno agasallo para os participantes e un sorteo ao final do percorrido. Al longo deste percorrido pasarase polas praias de Fedorento, Cangrexal, Carreiro e Area Grande, praias que se atopan moi preto do casco urbano e ás que é moi doado e cómodo achegarse a pé ou en bicicleta.

As inscricións están xa abertas a través dun formulario online: https://forms.gle/U3EZHvPkoagKUv7s5 ata o sábado 17 de setembro. Inscricións tamén no 986610000 de 8:00h a 15:00h

En palabras de Montserrat Magallanes, Concelleira de Deportes e de Medio Ambiente, un dos obxectivos do equipo de goberno municipal é o de mellorar a mobilidade e accesibilidade da vila da Guarda, favorecendo ademais a práctica deportiva e os hábitos de vida saudable.

Esta actividade enmarcase dentro da Semana Europea da Mobilidade, e con ela dende o Concello da Guarda se pretende sensibilizar sobre a conveniencia e os beneficios que para a saúde ten realizar actividades a pé ou en bicicleta.

Concello de A Guarda


O Consello Climático Asesor Xuvenil da Guarda organiza unha recollida de pneumáticos no Río Miño

" O Sábado 24 de setembro ás 9:00h, ás inscricións están abertas en información@aguarda.es

O vindeiro sábado día 24 de setembro o Consello Climático Asesor Xuvenil da Guarda levará a cabo unha recollida de pneumáticos na desembocadura do Miño, que formará parte da Global Week #4SDGs.

A recollida terá lugar ás 9:00h para poder xestionar a organización dos voluntarios e aproveitar o máximo posible a hora punta da baixamar, que terá lugar sobre as 10:00h. Os mozos e mozas do Consello Climático contarán co apoio de Codelauto, para a xestión dos pneumáticos recollidos e tamén co apoio do Concello para o seu transporte e solicitude dos permisos necesarios. Así mesmo convídase a calquera mozo ou moza que queira participar a notificalo en informacion@aguarda.es antes do vindeiro día 20.

Os pneumáticos son residuos non biodegradables que poden permanecer ata 80 anos no mar sen degradarse, e logo pasan paulatinamente a converterse en microplásticos que entran na cadea alimentaria. O seu volume e composición, non apta para o incinerado, a fai que a poboación os abandone en vertedoiros ilegais ou os tire no mar. Dende o Consello Climático comunican á cidadanía que a pesar de que o punto limpo da Guarda non está autorizado para a recollida destes residuos, poden achegarse a calquera taller, onde nolos recollerán por unha taxa mínima. Así mesmo, todos os cambios de pneumáticos realizados en talleres inclúen esa taxa no prezo das novas rodas para a reciclaxe das antigas.

Dende o Fondo Galego de Cooperación apoiase este proxecto enmarcado no proxecto europeo People&Planet e que formará parte dunha das actividades promocionadas internacionalmente na Global Week para os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Concello de A Guarda


O asociacionismo guardés, máis vivo ca nunca

" A IV Mostra Asociativa contou coa participación de 28 entidades da vilae unha afluencia de público excepcional

" A V Carreira de Carrilanas organizada pola Festa das Mercedes da Gándara congregou a milleiros de persoas.

Este ano 2022 o movemento asociativo da Guarda retomou con moita forza e ilusión a súa festa asociativa tras dous anos do descanso obrigatorio imposto pola pandemia.

Na xornada do pasado sábado día 10 de setembro as asociacións e colectivos deportivos, culturais e sociais da Guarda voltaron á rúa para participar na IV edición da Mostra asociativa.

A IV edición da Mostra Asociativa arrancou ás 15:30 horas na Praza Avelino Vicente coa Performance de Trans Miño e actuación de Asociación Studio 88, seguido dunha actuación musical e de baile conxunta entre o Coro Arpegios Cantábile, Na Revolta, Xamaraina e Vento Mareiro.

A Asociación Alfombras da Guarda continuaba a programación cunha entretida peza teatral na que tamén colaborou Coiro Vello, para proseguir a Asociación FOCO cunha Performance da rapazada do Proxecto Axentes Antibulos.

A Exhibición de Baile e Danza do grupo Dansá do CD Baixo Miño congregou a moito público para dar paso á derradeira actividade desta edición, a V edición da Carreira de Carrilanas organizada pola Festa das Mercedes da Gándara, unha proba que este ano trasladouse ata o casco urbano e que contou coa participación dun total de 11 bólidos e 6 driftrikes, ademais dunha afluencia de espectadores moi significativa, con milleiros de persoas que se congregaron ao longo da Rúa Concepción Arenal para presenciar esta proba.

En palabras de Fátima Rodríguez, Concelleira de Desenvolvemento Local, "A IV Mostra Asociativa, coa participación de 28 stands de colectivos guardeses, sirve para que as entidades poidan expor parte do seu traballo e ensinen e divulguen as súas accións e actividades." Este ano contouse cunha ampla programación con de actividades diversas como xogos(interactivos, tradicionais...), obradoiros de nós, chapas, probas de remo ergómetro, sorteos, ...

Esta edición da Mostra Asociativa, que xa se consolida no calendario anual de eventos, ven a por de manifesto unha vez máis que o municipio brilla coa presenza de moitas das entidades que dia a día realizan actividades, idean proxectos e prestan apoio, para facer da Guarda un lugar máis cooperativo, participativo e dinámico.

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais