JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Dous novos paneis informativos poñen en valor as contornas das Pozas de Loureza e Pozo do Arco

As novas estruturas ofrecen a posibilidade de seguir unha pequena ruta lineal de sendeirismo de 4,5km entre ambos puntos

O Concello de Oia continúa coas súas accións de posta en valor de espazos de interese patrimonial e natural do municipio coa instalación de dous novos paneis interpretativos nos accesos ás Pozas de Loureza e á área recreativa do Pozo do Arco (Burgueira).

Estes paneis inclúen información visual e textos divulgativos sobre os principais valores de cada unha destas contornas, ambas incluídas dentro dunha ruta de sendeirismo de 12,5km de lonxitude que, cun trazado circular, comunica as parroquias de Loureza e Burgueira. Esta ruta longa conta coa súa propia sinalización, á que agora se lle suman dous paneis con información complementaria que amplían o abano de posibilidades.

Así, ademais de proporcionar información sobre cada un dos espazos, as indicacións contidas nestes dous novos paneis permiten realizar unha pequena ruta lineal que, baixo o título de "Ruta das Pozas", une ámbolos dous puntos situados ás beiras do río Tamuxe/Carballas. Deste xeito, proponse un pequeno itinerario (4,5km só ida) para coñecer a zona comprendida entre as Pozas de Loureza e o Pozo do Arco sen necesidade de realizar a ruta completa "Sendeiro Loureza-Burgueira", unha circular de 12,5km.

O deseño, elaboración e instalación das dúas novas estruturas interpretativas supuxo un investimento total de 3.195 euros, que o Concello financiou integramente a través das subvencións para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2021 convocadas pola Deputación de Pontevedra.

Concello de Oia


O "Torneo de Xadrez Concello de Oia" celebra a súa segunda edición o día 24 en Torroña

As persoas afeccionadas á práctica do xadrez teñen unha cita imprescindible o sábado 24 de setembro coa celebración do "II Torneo Concello de Oia" que se desenvolverá na Casa da Cultura de Torroña.

A competición, organizada polo club Albatros e coa colaboración do Concello de Oia, desenvolverase durante a tarde do día 24. O comezo está programado para as 16.00 horas, previa comprobación das listas ás 15.30 horas.

Tras a boa acollida da primeira edición celebrada en 2021, o "Torneo de Xadrez Concello de Oia" volve este ano co obxectivo de consolidarse no calendario. As persoas interesadas en participar nesta segunda edición poden inscribirse na páxina web do club Albatros (www.xadrezalbatros.com). As prazas están limitadas a un máximo de 100 xogadores.

Para máis información pódese contactar coa organización no teléfono 649.88.98.84 (Miguel).

Concello de Oia




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais