JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O paseo da corredoira acollerá unha alfombra de flores adicada ao Camiño Portugués

Amais, elaborarase outra alfombra adicada á Rede de Xuderías de España fronte a oficina de Turismo.

Invitados pola Concellería de Cultura que dirixe a concelleira Sonsoles Vicente, a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas confeccionará unha alfombra floral no paseo da corredoira, diante da igrexa de San Francisco, e irá adicada ao Camiño Portugués que pasa pola cidade de Tui.

Esta alfombra está enmarcada do marco de "O teu Xacobeo", que é un programa de axudas específicas para a dinamización sociocultural do Camiño de Santiago e a promoción do Xacobeo 2021-2022, promovido pola Xunta de Galicia. A alfombra se engloba amais no proxecto denominado "Alfombras para o Camiño", co que se porá en valor os diversos camiños que conflúen en Santiago de Compostela, a través de alfombras de flores que cada ano se realizan en centenares de vilas e pobos de Galicia e España, con motivo das festas do Corpus Christi.

A alfombra ten dous símbolos como son a vieira e a cruz, e é unha alegoría adicada aos peregrinos dos cinco continentes que percorren os camiños hacia Santiago de Compostela.

No proxecto de Alfombras para o Camiño elixiuse a cidade de Tui como representante do Camiño Portugués. A maioría de peregrinos circulan por unha arteria principal que pasa por núcleos importantes como Santarem, Coímbra, Porto e Valença, para cruzar a fronteira e adentrarse en Galicia pola cidade tudense: a ponte internacional sobre o Río Miño, que une ambos países.

Tui é a porta de entrada do Camiño portugués a Galicia, e como tal situouse entre os principais puntos de partida de peregrinos hacia Compostela. Precisamente a distancia desde Tui a Santiago, algo más de 100 quilómetros, é a mínima para acadar a Compostela.

Amais, elaborarase outra alfombra diante da oficina de Turismo adicada á Rede de Xuderías de España, enmarcada nas Xornadas Europeas da Cultura Xudía.

Concello Tui


Unha véntena de pilotos participan esta fin de semana no Campionato de España de Radiocontrol Térmico en Tui

O río Miño será o escenario onde se desenvolva a competición entre categorías 7,5 cc, 15 cc e 35 cc

Esta fin de semana celébrase en augas do río Miño en Tui, a carón da rúa Olímpicos tudenses, o Campionato de España de Radiocontrol Térmico organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a Real Federación Española de Motonáutica e a Comandancia Naval do Miño.

Na presentación deste evento participaron este mediodía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o xefe do servizo provincial de deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides, o presidente da Real Federación Galega de Motonáutica, José Fernández, e o piloto galego Emilio Cadaveira.

No mesmo van participar 21 pilotos de Galicia, Valencia, Cantabria, Madrid, Castellón, Santander e Murcia en tres categorías 7,5 cc, 15 cc e 35 cc. O circuíto terá forma de M nunha caixa de 100 por 50 metros.

Este mediodía o alcalde, Enrique Cabaleiro, salientaba na presentación que "para nós é un inmenso orgullo ser sede deste campionato. Ningún lugar mellor ca este para unha proba coma esta, porque aínda que a proba oficialmente se celebra no ámbito do Concello de Tui materialmente se realiza no Miño, e cando vimos a Tui vimos a un territorio que temos a inmensa fortuna e o inmenso privilexio de compartir cos nosos irmáns de Valença". Nese senso engadía que "ese carácter transfronteirizo lle da a todos os eventos, e coma non a unha proba tan importante coma esta un valor engadido". Concluía que as persoas que veñen a disfrutar desta proba tamén teñen a oportunidade de disfrutar dun medio natural privilexiado e dun medio patrimonial único en Galicia e no país.

Pola súa banda o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, salientou coma esta é a terceira proba nacional de motonáutica que se celebra en Tui, amosando a vontade do Concello de Tui por seguir apostando por este tipo de eventos. Aproveitou para animar ao público a achegarse ao río a presenciar estas probas tanto o sábado coma o domingo.

Pola súa parte o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, agradeceu a "hospitalidade dun concello coma Tui", un lugar no dicía "os deportes náuticos teñen gran valor". Salientaba que un evento coma este "nos pon no mapa, e moita xente con ese pretexto se achega a Galicia, se acerca a Tui e descubre que hai unha gran hospitalidade, unha gran organización". Con este campionato "temos a excusa perfecta para vir a Tui, facer turismo e mover a economía" dicía.

O presidente da Federación Galega de Motonáutica, José Fernández, amosou o agradecemento a todos os que fan posible a realización deste campionato, en especial ao Concello de Tui sen cuxo apoio non sería posible a celebración do Campionato. Remataba a súa intervención salientando que "todos traballamos e colaboramos por unha palabra: deporte"

Un dos pilotos galegos que participará neste campionato é Emilio Cadaveira, un referente no mundo da motonáutica, quen reiteraba o agradecemento ao Concello de Tui polas facilidades e a acollida para facer a proba. Salientaba que "trataremos de dar o mellor espectáculo deportivo que se poida".

O Campionato de España de Radiocontrol Térmico comezará o sábado cos adestramentos libres a partir das 10.30 h. A primeira manga disputarase ás 12.45 h, e a segunda ás 17.45 h. O domingo os adestramentos comezará as 9 h, e a terceira manga será ás 10.45 h. A entrega de trofeo está prevista ás 12.30 h.

Concello Tui


As persoas cobrarán protagonismo na praza da igrexa de Baldráns logo das obras de reforma da contorna

Un carril de circulación reducido nunha plataforma a nivel de uso mixto, zonas pavimentadas, zonas verdes e espazo peonil son as claves da transformación da contorna da praza da igrexa de Santiago de Baldráns

Actuar nunha superficie de 2.557 m2 no centro do núcleo da parroquia de Baldráns, ao pé da estrada provincial PO-404, para obter 1.490 m2 para as persoas é o obxectivo do proxecto de acondicionamento da contorna da igrexa de Santiago de Baldráns, así o traslada o alcalde Enrique Cabaleiro salientando que a suma dos distintos proxectos presentados á rede ÁGORA, da Deputación de Pontevedra, gañarán un total de 7.023 metros cadrados para as persoas despois de actuar en máis de 13.307 m2..

Do asfalto actual a pavimentos de lousa, adoquín de granito ou formigón lavado, dos 235m2 para as persoas a 1.490 metros cadrados para o desfrute da veciñanza e dunha zona caótica de aparcamento, tránsito de vehículos e interacción de persoas a un espazo amable e seguro de convivencia. Así é o proxecto que transformará a contorna da igrexa de Santiago de Baldráns.

A actuación proposta reducirá considerablemente o espazo dedicado ó tráfico motorizado, acoutando un carril de circulación reducido nunha plataforma a nivel de uso mixto. O resto recibirá un tratamento de espazo peonil, con zonas pavimentadas e zonas verdes, integrando a arboreda existente e introducindo novas árbores para outorgar maior entidade á paisaxe verde do lugar. De xeito complementario prevese a dotación de mobiliario urbano e iluminación.

As actuacións proxectadas están enfocadas á recuperación dun espazo público de clara prioridade para o automóbil, con calzada de pavimento asfáltico sen beirarrúas. O proxecto establecerá claramente a prioridade peonil ao tempo que porá en valor a paisaxe construída e natural do lugar, mellorando a calidade xeral, tanto desde o punto de vista arquitectónico como ambiental. Os espazos proxectados estarán deseñados para aumentar a mobilidade activa reducindo o tráfico motorizado, para garantir a accesibilidade universal e devolver o uso principal do espazo público aos peóns.

O goberno de Tui da pasos firmes no cumprimento dos compromisos adquiridos non só coa Rede ÁGORA, tamén no Pacto das Alcaldías e vai dando forma a unha cidade máis sostible tal e como esixe a Axenda Urbana Española, da que Tui é beneficiaria ao ser un dos 121 concellos seleccionados para redactar o seu plan de acción de crecemento.

Concello Tui


A inauguración dunha exposición e unha mesa redonda sobre Francisco Sánchez abren as Xornadas Europeas da Cultura Xudía en Tui

Este xoves, 1 de setembro, dan inicio na cidade de Tui as actividades programadas para a celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía. En concreto, ás 20,00 horas no Anexo da sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui no Edificio "Francisco Sánchez" (antiga Área Panorámica) terá lugar a inauguración da exposición "As familias cripto-xudías, entre a diáspora e a asimilación: os Coronel" que realiza unha aproximación a este grupo familiar protagonista da vida social de Tui e a súa contorna nas últimas décadas do século XVI e primeiras do século XVII. No decurso do acto o comisario desta exposición, o historiador tudense Suso Vila, realizará unha visita guiada a esta mostra.

De seguido terá lugar unha mesa redonda que abordará a figura do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez de quen se conmemorará o vindeiro ano, 203, o IV centenario do seu falecemento na cidade francesa de Toulouse, onde foi profesor da súa Universidade e médico no Hospital de Santiago. Participarán nesta mesa redonda os historiadores Suso Vila e Rafael Sánchez xunto ao médico Rosendo Bugarín González que analizarán a figura e a transcendencia da traxectoria e obra do autor de "Quod nihil scitur". Francisco Sánchez é un dos principais expoñentes do humanismo renacentista e un dos principais filósofos da historia de Galicia.

Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a celebración destas actividades arredor da Xornada Europea da Cultura Xudía pretenden valorizar o legado que esta cultura ten aportada á nosa cidade ao longo dos séculos e ao mesmo tempo contribuír ao posicionamento de Tui e a súa oferta patrimonial e turística. A integración, no ano 2019, da nosa cidade na Red de Juderías, engade o rexedor tudense, ten contribuído notablemente a proxección do patrimonio cultural tudense.

A temática elixida para celebrar en 2022 a Xornada Europea da Cultura Xudía en 35 países europeos foi RENACER, un concepto entretecido en moitos aspectos da vida e a práctica xudía, como é no sentido de recuperación do pasado. Un concepto que permite seguir as pegadas e a memoria naqueles lugares onde houbo presenza xudía, e que a pesar da súa desaparición conserva aínda na actualidade unha herdanza e un patrimonio sen o cal non seriamos capaces de entender o presente, e cuxo legado, de xeración en xeración, constitúe un tesouro fundamental na transmisión da identidade. Hoxe, temos a sorte de contar en Tui con testemuños materiais e inmateriais que permiten coñecer e pór en valor este importante e enriquecedor patrimonio. Acceder a este patrimonio sempre é posible, non xa pola visitas preparadas para estas xornadas, senón que a "Ruta xudía" está sinalizada e a través de turismotui.mobi pódese seguir esta itinerario con xeolocalización e información complementaria á existente nos sinais.

PROGRAMA

Venres 2 de setembro

- Inauguración da exposición "Diálogos" no Paiol de Marte de Valença 10,00 PT
- Descubrimento placa de bronce Red de Juderías na fachada da Casa do Concello, 12,30
- Visita á luz das candeas á historia xudía de Tui, 22,30 h. Inicio Oficina de Turismo.

Sábado 3 de setembro

- Photocall da Red de Juderías na praza da rúa Ordóñez para concurso, con sorteo de agasallos
- Confección dunha alfombra de flores dedicada ao Camiño de Santiago Portugués. Paseo da Corredoira, dende as 09,00 h. Organiza: Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas.
- Visita guiada á colección de Sambenitos ás 12,00 h. Inicio Oficina de Turismo.

Domingo 4 de setembro

- Photocall da Red de Juderías na praza da rúa Ordóñez para concurso, con sorteo de agasallos
- Visita teatralizada ao patrimonio xudeu de Tui ás 12,00 h. Inicio Oficina de Turismo.
- Concerto de música sefardí con Helena Madeira. Praza do Pracer. 20.00 h. (en caso de choiva na igrexa de San Domingos).

Luns 5 de setembro

- Conferencia de Elyjah Byrzdet (investigador, autor de varios libros de historia, xudaísmo e xenealoxía) "Lo que debes conocer de los judíos". Edificio Francisco Sánchez, 20,00 h.

Mércores 7 de setembro

- Inauguración da exposición "Portas de Tui e Valença" de Rosa María Vila na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, 20,00 h.

Do 1 ao 11 de setembro: Xornadas gastronómicas sefardís: o bacallau

Concello Tui


A Biblioteca Municipal recupera dende hoxe o seu horario de mañá e tarde

No que levamos de ano foron retirados máis de 6.400 libros en préstamo neste centro bibliotecario

A Biblioteca Pública Municipal de Tui recupera dende hoxe, luns 29 de agosto, o seu horario partido, cun horario de atención ao público de 9 a 14 h e de 16 a 21 h de luns a venres, e os sábados de 9 a 13 h. Deste xeito o centro bibliotecario tudense conta con 54 horas semanais de apertura ao público.

Ao longo deste no 2022 a Biblioteca Municipal tudense segue na mesma liña de préstamos dos últimos anos con máis de 800 emprestamos mensuais, en concreto ata o día de hoxe leva 6.474 libros retirados en préstamo a domicilio, dos que 3.897 son de literatura infantil (que representa un 60% dos préstamos). Na actualidade a biblioteca tudense conta cun fondo bibliográfico de 32.005 volumes á disposición dos lectores de Tui e a súa contorna.

O acceso á Biblioteca é libre e gratuíto para calquera persoa, unicamente cómpre ser "socio" ou "usuario" de calquera biblioteca da Rede de Bibliotecas de Galicia para acceder ao servizo de préstamo a domicilio ou ao servizo de "Galicia le", a plataforma de préstamos de libros electrónicos da Rede de Bibliotecas de Galicia. Na actualidade a Biblioteca Municipal tudense conta 4.048 usuarios, tendo incorporado ao longo do que vai de ano un total de 173 novos usuarios na nosa Biblioteca.

A Biblioteca Municipal de Tui está presente tanto en internet, cunha web propia con información básica deste servizo cultural, pero tamén está presente en facebook; en Instagram e en Twitter. Esta presenza nas redes sociais posibilita que os usuarios coñezan directamente tanto as actividades que desenvolve a Biblioteca tudense como as novidades bibliográficas que vai incorporando e que enriquecen o seu fondo bibliográfico.

Para a responsable da concellería de Cultura, Sonsoles Vicente, a Biblioteca Municipal consolídase como un servizo público que garante o acceso á información e á cultura a todos os cidadáns, e como un lugar de encontro social que acolle múltiples iniciativas e propostas nas súas dependencias.

Concello Tui


O Concello de Tui acondicionou o patio dianteiro do CEIP de Pazos de Reis con zona axardinada e horto

Tamén procedeu ao pintado de varandas e enreixados e á adecuación do patio de xogos

O CEIP de Pazos de Reis ten sido obxecto tamén ao longo das últimas semanas de diversas obras de mellora dentro das actuacións que o concello de Tui está a realizar nos centros educativos con fondos propios.

As obras executadas neste centro de Pazos de Reis este verán consistiron no acondicionamento do patio dianteiro, con zona axardinada, e bancadas para o horto escolar. Tamén se procedeu ao pintado de varandas, lixado e pintado de enreixados, e adecuación do patio de xogos traseiro con soleira de formigón e construción de escaleiras exteriores.

Xa durante a Semana Santa levárase a cabo a adecuación dos baños, o pintado das aulas de infantil e a colocación de tarima flotante na aula prefabricada.

A concelleira de Ensino, Sonsoles Vicente, explica que o CEIP de Pazos de Reis, é dos centros máis antigos municipio, lembrando que en 2008 celebrou xa o seu 50 aniversario. A edificación construtiva quedou obsoleta ante as novas competencias curriculares que se veñen introducindo no ensino o que dificulta ter un maior número de alumnado, aínda que ano a ano vai incrementando a matrícula dentro das posibilidades do centro.

Lembra tamén Sonsoles Vicente coma "dende a comunidade educativa e co apoio do Concello de Tui, estase demandando a construción dun novo colexio no espazo, así acordado xa no ano 2018, no que coñecemos como a Macoca". Mentres non se realiza esa construción a concellería de Ensino realiza todos os anos obras "en prol da comunidade educativa para o seu mellor benestar e para conseguir unhas instalación públicas de calidade".

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais