|
Diversión e innovación para achegar a natureza aos nenos e nenas dos campamentos de verán do Rosal
O Concello destaca a grande acollida das actividades organizadas para as case 200 rapazas e rapaces participantes
Coñecer un pouco máis a natureza dun xeito ameno, innovador e divertido. Ese era un dos obxectivos dos campamentos de verán no Rosal, nos que arredor de 200 nenos e nenas "puideron desfrutar dunha alternativa de lecer lúdica e educativa durante as súas vacacións estivais ao tempo que se favorecía a conciliación familiar e laboral aos rosaleiros e rosaleiras", explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
O Concello destaca a grande acollida das actividades organizadas ao longo dos meses de xullo e agosto ao abeiro dos campamentos. Onte despediuse o campamento municipal, que tiña como temática central os animais e no que rapaces e rapazas xogaban o papel de observadores. "Grazas a esta dinámica, cada semana as e os participantes investigaban sobre un diferente e, tras pasar varias probas, ao final da semana incluían un novo insecto nun mural conxunto. Un xeito diferente e moi divertido de seguir aprendendo ao tempo que desfrutan do seu lecer", salienta a rexedora.
Entre as actividades desenvolvidas este verán dentro dos campamentos, os nenos e nenas gozaron especialmente coa festa de disfraces, coas festas de auga e de pixamas, cos xogos tradicionais ou co seu propio concurso Got talent. Tamén tivo grande éxito entre todos eles e elas os talleres de galletas e limoada, as sesións de ioga, os xogos musicais, as xincanas e retos e as visitas como 'Baisenpulgas', 'Ti es un bo peixe', 'DGT' e 'Fai click ao teu bocata'. Ademais, durante os campamentos fixéronse varias saídas á contorna como ao parque do Sobreiral, ás Aceñas, aos muíños do Folón, ao velódromo, aos ríos Urgal e Padín, ao parque de Pías e á praia de Eiras.
En definitiva, dous meses de "xogos e saídas didácticas combinadas con actividades creativas cos que espertar a curiosidade dos nenos e nenas e darlles a coñecer un pouquiño máis sobre o seu concello. Para nós é un orgullo velos a todos desfrutar e con ganas de repetir na vindeira edición".
Concello de O Rosal
Setembro chega ao Rosal cargado de actividades para todos os gustos
O Concello pon en marcha unha programación na que haberá humor, maxia, danza, literatura e monicreques
O Rosal despide o verán cunha programación cultural pensada para todas as idades e para todos os gustos. O Concello xa ten listo para o mes de setembro un amplo programa cultural no que o humor, a maxia, a danza, a literatura e os monicreques serán os grandes protagonistas. "Este mes gozaremos con cinco actividades coas que encher de lecer o noso municipio e coas que, de novo, levar a cultura aos barrios", salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
A axenda cultural comezará este mesmo sábado 3 de setembro co humor e a retranca de Os netos do Rosal, unha tarde de comedia cos rosaleiros Ángel e Iker ás 20.00 horas no auditorio municipal.
A vindeira semana haberá sesión dobre. O sábado 10 de setembro será a quenda de Cayetano Lledó, que se converterá en Sherlock Holmes nun espectáculo teatral con comedia, maxia e moito humor para descubrirnos o caso do diamante Patterson. Será ás 20.00 horas no auditorio municipal. O domingo 11 de setembro a programación cultural leva a danza á Praza do Maio de Tabagón coa actuación da Asociación Ghorghalado e 'A nosa música. O noso baile'. Será a partir das 11.15 horas.
Por outra banda, o sábado 16 de setembro a Biblioteca municipal acollerá ás 20.00 horas a presentación de 'Aldea Buxán', o último libro do escritor Francisco Álvarez, Koki. A programación rematará o venres 30 de setembro cunha actividade para público infantil no parque do Sobreiral: 'Xela contra o dragón', de Títeres Cachirulo, a partir das 18.00 horas.
Concello de O Rosal
O Concello transformará a contorna das Eiras
A alcaldesa agradeceu a implicación da veciñanza no acto de participación social de presentación do proxecto, no que puideron expoñer as súas suxestións
O Concello do Rosal continúa a súa aposta por proxectos que permitan un desenvolvemento integral do municipio, poñendo en valor os seus espazos e o seu patrimonio e situando de novo ás persoas no centro. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, presentou nun encontro coa veciñanza o proxecto de mellora e transformación da contorna das Eiras, unha zona "cun elevado valor natural e patrimonial que vai dende a Ribeira ata a Madalena con actuacións que resolven problemáticas concretas, recuperan o patrimonio cultural e melloran os accesos, os camiños, as sendas e, por suposto, a calidade de vida da veciñanza e das persoas visitantes".
O Concello celebrou un acto de participación social aberto no que os veciños e veciñas achegaron ideas e suxestións que incorporar ao proxecto. "Non podemos máis que agradecer a implicación e compromiso dos rosaleiros e rosaleiras, xa que para nós é moi importante poder facer unha escoita activa dos nosos veciños e veciñas, porque son os que mellor coñecen a realidade da contorna", recalca a rexedora.
A transformación das Eiras comezará pola mellora da accesibilidade da Igrexa e da súa contorna deteriorada. O proxecto integral busca dar prioridade ás persoas, mellorando as condicións de accesibilidade peonil para reconectar o Miño coa Madalena e creando espazos de calidade e máis seguros, con mobiliario urbano que xere pequenas zonas de estancia e reducindo a velocidade e mudando pavimentos. Ademais, "atendendo á realidade climática, empregaranse materiais de KM0, especies vexetais autóctonas sen regos e pavimentos permeables e semipermeables que melloren a relación entre o medio e as persoas que o habitan". Ese respecto polo territorio estenderase tamén aos materiais empregados, con formas e cores inspirados na paisaxe e no propio medio que mellorarán a accesibilidade e se difuminarán entre o patrimonio existente.
Dende o Concello estase a levar a cabo un importante traballo para captar fondos externos cos que desenvolver estes proxectos que buscan "transformar O Rosal priorizando a sostibilidade, a calidade de vida e a recuperación de espazo público para as persoas, como marcan os valores europeos de cara ao futuro", explica Fernández Callís.
Concello de O Rosal
O ano remata no Rosal cun curso de pilates para maiores de 50 anos
Organizado pola Asociación de Persoas Maiores do Rosal en colaboración co Concello e coa financiación do proxecto Depo en Marcha da Deputación de Pontevedra
O Rosal acollerá durante os meses de outubro, novembro e decembro un curso de pilates pensado para promover o envellecemento activo, favorecer a cooperación social e promover espazos de encontro e o intercambio de experiencias entre as persoas de maior idade. A Asociación Cultural Persoas Maiores O Rosal pon en marcha en colaboración co Concello este taller de 30 horas no que poderá participar calquera persoa interesada maior de 50 anos.
O curso forma parte do proxecto Depo en Marcha 2022 da Deputación de Pontevedra e impartirase luns e mércores de 17.00 a 18.30 horas dende o 4 de outubro ata o 12 de decembro deste ano. As clases serán no centro polivalente do Rosal e terán un prezo único de 7 euros por persoa os tres meses.
Todos aqueles rosaleiros e rosaleiras interesadas poderán inscribirse para participar a través do teléfono 646 633 958.
Concello de O Rosal
|
|
|
Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
 |
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000
|
Há estórias de casas e casas com história Externato de Santa Rita de Caminha
 |
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000
|
República em Tumulto
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
História Nossa Crónicas de Tempos Passados por Terras de Caminha e Âncora
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento Apoiado pela Fundação EDP
|
Da Monarquia à República no Concelho de Caminha Crónica Política (1906 - 1913)
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
O Estado Novo
e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense
Júlio Baptista (1882 - 1961)
 |
Organização e estudo biográfico do autor
por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora
 |
Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000
|
Memórias da Serra d'Arga
 |
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000
|
Outras Edições Regionais
|