|
O Concello de Oia implanta unha rede de WiFi aberto no Arrabal e a súa contorna
O Concello de Oia vén de implantar unha rede WiFi municipal en varios puntos do barrio histórico do Arrabal e a súa contorna. O servizo está xa en funcionamento e permite acceder, de xeito sinxelo, seguro e gratuíto, a unha conexión a internet de banda ampla.
Esta acción enmárcase no programa europeo WiFi4EU, unha iniciativa dotada con 15.000 euros e financiada pola Unión Europea, que promove o acceso libre dos cidadáns á conectividade de banda ampla en espazos públicos coma parques, prazas, edificios oficiais, bibliotecas, centros de saúde ou museos de municipios de toda Europa.
O proxecto permitiu dotar de conectividade WiFi de banda ampla en diferentes localizacións da vía pública, concretamente na contorna do Mosteiro de Oia e distintas zonas do barrio do Arrabal. Despregáronse un total de 10 puntos de acceso WiFi de exterior que, a través da rede de nome "WiFi4EU", ofrecen un acceso a internet de calidade aberto á veciñanza e tamén a visitantes.
Calquera persoa usuaria que se atope na área de cobertura da rede "WiFi4EU" poderá acceder de xeito seguro e gratuíto as 24 horas do día sen limitación de velocidade de navegación. No momento de conectarse por primeira vez á rede, a persoa será redirixida a unha páxina segura de inicio de sesión e, a partir de aí, poderá comezar a usar o servizo.
Con esta iniciativa o Concello de Oia súmase a unha ampla rede de concellos europeos que xa ofrecen este servizo, promovendo o uso de novas plataformas e servizos dixitais innovadores, facilitando a comunicación gratuíta tanto a residentes como visitantes.
O "avó de Oia", Abel Diego Acevedo, celebra o seu 101 aniversario
O home de maior idade de Oia, Abel Diego Acevedo, cumpriu no fin de semana passado os 101 anos cheo de saúde e ledicia. Natural de Acevedo (Loureza), este veciño de Burgueira celebrou esta data tan especial na compañía dos seus seres queridos.
A alcaldesa, Cristina Correa, e máis a tenente de alcalde, Carmen María Estévez, visitaron na tarde do sábado ao "avó de Oia" para felicitalo polo seu 101 aniversario e facerlle entrega dunha torta. Neste día de celebración, as representantes do Concello transmitíronlle o agarimo e bos desexos de toda a veciñanza.
Despois dunha vida de traballo, esforzo e sacrificio, Abel explicoulles ás representantes municipais que unha das cousas coas que máis desfruta agora é escoitar a misa dos domingos pola radio.
Con tantas vivencias acumuladas ao longo da súa vida, Abel tampouco ten queixa da súa saúde. "Imos indo", asegura, contento no seu día de celebración e homenaxe rodeado da súa familia (leva máis de 70 anos casado e ten 2 fillos, 5 netos e 4 bisnetos).
|
|
|
Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
 |
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000
|
Há estórias de casas e casas com história Externato de Santa Rita de Caminha
 |
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000
|
República em Tumulto
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
História Nossa Crónicas de Tempos Passados por Terras de Caminha e Âncora
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento Apoiado pela Fundação EDP
|
Da Monarquia à República no Concelho de Caminha Crónica Política (1906 - 1913)
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
O Estado Novo
e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense
Júlio Baptista (1882 - 1961)
 |
Organização e estudo biográfico do autor
por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora
 |
Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000
|
Memórias da Serra d'Arga
 |
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000
|
Outras Edições Regionais
|