JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Xacobeo Bridge Tui-Valença do Minho, escenario para un concerto de 20 pianistas

Un evento inédito que forma parte do programa 'O teu Xacobeo' da Xunta, co que se inicia a décima edición do IKFEM

O IKFEM, International Keyboard Festival & Masterclass reunirá a 20 pianistas que ofrecerán un concerto con 10 pianos soando de maneira simultánea, baixo a dirección de Gabriel Rodríguez. O evento terá lugar na Ponte Internacional Tui-Valença do Minho o próximo 19 de agosto ás 20:30.

O grupo de intérpretes está formado polos músicos portugueses, Antonio Oliveira, Francisco Pais, Ana Queirós, Luisa Ferreira, Cristóvão Luiz, Isabel Sá e Jacqueline Conde, e os españois, Andrea González, Daniel Pereira, Rodrigo Portela, Brenda Vidal, Lilián de Arredondo, Gonzalo García, Óscar Mirás, Pablo Rodríguez, Manuel López, Javier López, Iago García e Rasa Biveiniene, a eles unirase a participación moi especial de Marta Bachek, unha moza pianista de 21 anos que fuxiu da guerra en Ucraína e continúa os seus estudos de piano no Conservatorio de Vigo. O repertorio mantense en estrito secreto, aínda que se sabe que as pezas interpretadas serán moi coñecidas polo público.

Antes actuarán As Filhas de Cassandra, composto por Sara Faro e María Soa, e o grupo de Valença do Minho Fados a Tal, que fan unha versión o fado de Coimbra mesturado con pop.

O espectáculo, presentado por Olaya Rivas, presentadoral de TVG, será inaugurado pola comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira, o presidente dá Cámara Municipal de Valença: José Manuel Carpinteira e o alcalde do Concello de Tui: Enrique Cabaleiro.

Con este concerto arrinca esta décima edición do IKFEM que terá á Eurocidade Tui-Valença do Minho como o escenario dunha ampla selección de xéneros musicais do 19 ao 26 de agosto. Trátase do primeiro festival transfronteirizo, que une as dúas beiras do Miño. Serán 15 concertos, actividades paralelas e masterclass que se desenvolverán en lugares cheos de historia de ambos os países, como o Xardín Municipal, a Fortaleza e a Igrexa Santa María dos Anjos, ao lado Portugués, e o Paseo Fluvial, a Praza de San Fernando da Catedral, o paseo da Corredera ou a Igrexa de Santo Domingo en Tui.

Entre as actuacións máis vistosas cabe destacar o maior carrillón do mundo, denominado LVSITANVS, o seu son será unha homenaxe á música ucraína, brasileira e portuguesa, o día 24, ás 19h. Este enorme instrumento ten 63 campás e pesa 12 toneladas.

"Il Grande Piano" é outro dos espectáculos máis innovadores, xa que o teclado tocase cos pés e ao que pode asistir tamén toda a familia, será na Fortaleza o 21 de agosto ás 16horas e ás 23h na praza da Catedral de Tui.

Protocolo IKFEM


Tui despide á Selección do Uruguai de remo, concentrada para a preparación de distintas competicións

Os 16 deportistas e o seu seleccionador repetiron, por terceiro ano, a súa preparación na cidade, destacando a hospitalidade e os recursos para adestrar

A cidade de Tui despediu hoxe á expedición da Selección de remo do Uruguai que levaba concentrada dende o pasado xuño para preparar competicións tan importantes como o recente Campionato do Mundo sub-23 onde acadaron importantes resultados.

Os 16 deportistas, o seleccionador Osvaldo Borchi e o médico da selección concentráronse no Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo de Tui. Os mozos e mozas remeiros repartiron a súa estadía entre este centro, os adestramentos no río Miño e facendo turismo por toda a comarca do Baixo Miño.

No acto de despedida, que tivo lugar ás 12 h na Casa do Concello, estiveron presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes Rafael Estévez, o presidente do Club de Remo do Miño, Miguel Ángel González e a expedición uruguaia ao completo co seu seleccionador á cabeza.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, amosou a súa satisfacción porque "este combinado de nivel internacional elixira por terceiro ano á cidade para a súa preparación". Isto foi posible, dixo, grazas ás instalacións coas que conta Tui, unha cidade referencia no remo e no piragüismo, pero nas que o alcalde se comprometeu a investir para mellorar e facer extensibles estas estadías a outros combinados.

Tamén estivo presente o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, quen tomou a palabra para agradecer unha visita que conseguiu que os tudenses "sentan como propio tamén a esta selección, o mesmo que se fose un conxunto da cidade".

Por parte da selección uruguaia, o adestrador Osvaldo Borchi destacou a importancia da preparación levada a cabo en Tui como pulo para acadar importantes éxitos, amais de agradecer o papel clave das institucións locais e deportivas que os acolleron.

Por parte do Club de Remo do Miño, o seu presidente, Manuel Ángel González, mostrouse encantado de que repetiran por terceira ocasión "pola vida que lle dan ao club ao ter un equipo nacional deste nivel adestrando con nós".

Entre os deportistas o sentir xeral tamén era de agradecemento pola acollida, a experiencia e a pegada que deixa esta concentración. Algúns deles incluso repetían experiencia doutros anos na cidade e quixeron destacar o gran escenario de adestramentos que supón o Miño amais da importancia vital dunha viaxe que lles permite xuntarse, adestrar e alcanzar as súas metas deportivas.

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais