JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Volve o balonmán do máis alto nivel coa celebración do XXIV Trofeo Concello do Rosal

O venres 19 e o sábado 20 o Acanor Novás Valinox competirá polo título contra o BM Cangas, o Póvoa Andebol e o ADA Maia

Trala competición deportiva será a quenda da Xuntanza Street para celebrar o comezo da tempada 22|23

O Acanor Valinox e o Concello do Rosal fan posible unha nova edición do Trofeo Balonmán Concello do Rosal, unha competición transfronteiriza que dende xa é un referente no calendario estival dos seguidores do equipo rosaleiro e do balonmán en xeral.

Nesta edición o Acanor Valinox competirá o venres 19 e o sábado 20 de agosto contra o BM Cangas, un habitual neste campionato, e dous equipos da zona media alta da Superliga portuguesa: o Póvoa Andebol e o ADA Maia, que tamén buscan repetir as boas experiencias de anos anteriores.

As entradas xa están á venda, mediante a plataforma Cluber (bono adulto: 10€ / bono junior: 7€). As entradas para unha única xornada custan 6€ as de adultos e 4€ as infantís. Estes prezos son a partir dos 10 anos, sendo gratis para os menores desa idade que acudan acompañados dun adulto. Tamén se poden retirar físicamente en R2 Cociñas en horario de 11:30 a 13:00 e no Bar-alimentación Armán.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, convida á veciñanza "a gozar dunha competición que será non só a posta en escena do Acanor Valinox diante da súa afección, senón que é unha oportunidade única para desfrutar do balónman do máis alto nivel e dun ambiente espectacular no Rosal".

E despois do XXIV Trofeo Concello do Rosal toca seguir celebrando a volta do balonmán ao Concello. O sábado, a partires das 21.30 horas na zona do Pavillón Municipal dará comezo a "Xuntanza Street", unha festa na que xogadores, Directiva, staff técnico, socios, socias e toda a veciñanza brindará polo inicio da nova tempada 22|23. Coa entrada, que ten un custe de 5€, as persoas asistentes terán dereito a un bocadillo de porco ao espeto, e a música correrá a cargo do DJ Diego Wass.

Concello de O Rosal




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais