JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Concello de Oia analiza a calidade da auga das fontes do municipio

Das 30 analizadas, 8 resultaron aptas e o resto non aptas para o consumo

No actual contexto de seca prolongada debido as altas temperaturas e escasas precipitacións que se están a rexistrar este verán, o Concello de Oia encargou unha analítica da calidade das augas dun total de 30 fontes do municipio, das cales 8 resultaron aptas para o consumo por cumprir todos os parámetros analizados coa lexislación.

As probas, realizadas por un laboratorio acreditado a finais do pasado mes de xullo, estarán a disposición da veciñanza na web municipal (www.concellodeoia.es) e deron os seguintes resultados:

-Fontes "aptas para o consumo":

Fonte de San Cosme (Sta. Mª de Oia)
Fonte lavadoiro Laxes Darriba -dereita (Sta. Mª de Oia)
Fonte do Calvario (Pedornes)
Fonte Cabreira (Mougás)
Fonte Campo (bar Rocha-Burgueira)
Fonte Bonaval cruceiro (Burgueira)
Fonte Xiguente (A Portela)
Fonte Refoxos

-Fontes "non aptas para o consumo":

Por superar os límites establecidos para os seguintes parámetros:

Coliformes totais
Fonte da Valla (Pedornes)

Fonte do Matovello (Pedornes)
Fonte Colón (Viladesuso)
Fonte da Presa (Mougás)
Fonte Culaco (Mougás)
Fonte G. Civil (Mougás)
Fonte Lameiro (As Mariñas)
Fonte da Tella (Burgueira)
Fonte da Cheira (Torroña)
Fonte dos Carballos (Mavia)

Aluminio*

Fonte do Fial -campo fútbol (Burgueira)*
Fonte de Santa Comba-lavadero*

*As fontes de Santa Comba e o Fial superan en moi pouco o límite fixado (200 no caso do aluminio), sendo de 260 en Santa Comba e 210 na do Fial.

Por máis dun parámetro:

(E.coli, coliformes totais, aluminio) ? Fonte Chavella (Sta. Mª de Oia)

Fonte lavadoiro (Pedornes)
Fonte Preáns (Viladesuso)
Fonte do Xardín (Viladesuso)
Fonte Vilariño-Couta (Burgueira)
Fonte Liñares (Burgueira)
Fonte A Mouta (Burgueira)
Fonte Presa (A Portela)
Fonte lavadoiro (A Portela)
Fonte cruceiro Acevedo

Nos próximos días, o Concello revisará os carteis de cada unha das fontes e actualizará as sinalizacións coas cualificacións de "auga non potable" ou "auga sen garantía sanitaria" que corresponda en cada caso. As fontes potables levarán o distintivo de "auga sen garantía sanitaria" por non poder garantir permanentemente a súa calidade ao non estar cloradas. A información sobre a calidade da auga das fontes tamén se colocará, nos próximos dias, nos taboleiros informativos das parroquias.

Finalmente, aconséllase extremar as precaucións e ter en conta os consellos de expertos en toxicoloxía, que recomendan non beber auga das fontes xa que a seca tamén repercute na calidade da auga dos mananciais, aumentando o risco de contaminación.

Coliformes e E.Coli

Algúns dos parámetros que se empregan á hora de cualificar se unha fonte é apta ou non son a presenza, por riba dos niveis establecidos, de bacterias como os coliformes totais e a E.Coli.

Os coliformes totais son un grupo de bacterias que se atopan ao noso redor e que, na maioría dos casos, non supoñen un perigo para a saúde humana. Porén, non están presentes nas augas subterráneas e, polo tanto, serven como indicador de que poden estar presentes máis organismos prexudicial. O coliforme fecal e a E.Coli son subgrupos dentro deste grupo dos coliformes totais cuxa orixe está nas feces de animais de sangue quente. A presenza de E.Coli indica que a auga ten estado exposta a feces e existe un inmediato risco para a saúde humana.

Concello de Oia




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais