JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Preto de 600 persoas participan este sábado no Descenso Popular do Miño

A Festa do Miño comezará xa pola mañá na ribeira de Caldelas coa Romaría

Tui vivirá este sábado a Festa do Miño na que se conxuga deporte, lecer, gastronomía, música e diversión. Preto de 557 persoas surcarán as augas do Miño en piragua participando na décimo primeira edición do Descenso Popular do Miño. A saída, prevista ás 17 h dende a ribeira de Caldelas, promete volver ser espectacular ante a elevada afluencia de participantes que coas súas embarcacións encherán o río de cor, ofrecendo unha imaxe única. O descenso ten carácter popular e non competitivo, e será unha festa dende a mesma saída. Moitos dos participantes, coma ten acontecido en anteriores edicións farán gala do seu bo humor, disfrazándose para a ocasión ou elixirán unha indumentaria chamativa. De seguro que nos 7 quilómetros que separan a ribeira de Caldelas do pantalán na rúa Olímpicos Tudenses non faltarán as paradas para darse un chapuzón nas augas do Miño, ou unha parada estratéxica na praia de Areeiros, en Guillarei, antes de afrontar os últimos metros.

Catro empresas, Verde Azul, Kaiak Ocio, Paralelo Zero, Tamuxe Kayak, e a propia organización, a cargo do Kayak Tudense, son as responsables de proporcionar as piraguas para o descenso. A inscrición está xa pechada dende o pasado día 4. As e os participantes, á chegada a Caldelas, deberán comprobar o seu dorsal nas listaxes dispoñibles e recoller as pulseiras identificativas. Haberá transporte de mochilas e tamén servizo de autobús dende a antiga alfándega na Avenida de Portugal entre ás 11.30 h e ás 14.30 h.

Pero a festa comezará xa ao mediodía na ribeira de Caldelas coa Romaría Popular onde haberá distintos produtos gastronómicos.

A partir das 20 h a Festa do Miño proseguirá na rúa Compostela coa Festa Gastronómica, da man de 12 asociacións tudenses, coa animación de rúa de Troula con "Funky Party" e o concerto da Banda Xangai.

X Festa do Miño

" Ás 12.00 h Inicio da X Romaría Popular na ribeira de Caldelas. Xantar Campestre

" Ás 17.00 h Saída do XI Descenso Popular do Miño dende a ribeira de Caldelas

" Ás 20.00 h X Festa Gastronómica na rúa Compostela. 24 postos de comida e 6 de bebida

" Ás 20.30 h Animación de rúa con Troula Animación con Funky Party

" ás 22.30 h Concerto da Banda Xangai na rúa Compostela

Concello Tui


O Concello de Tui despidea Selección Uruguaia de Remo ao rematar a súa concentración na cidade

Dende o mes de xuño estivo nas instalacións do Centro Especializado en Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo de Tui

O venres, 12 de agosto, ás 12.00 horas, na casa do Concello de Tui, teve lugar a despedida aos deportistas e adestradores integrantes da Selección Uruguaia de Remo que estiveron concentrados dende o pasado mes de xuño nas instalacións do Centro Especializado de Remo e Piragüismo de Tui e adestrando no río Miño.

Á mesma asistirán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o seleccionador do equipo uruguaio, Osvaldo Borchi, os 16 deportistas do equipo nacional, acompañados polo presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González, e outros concelleiros/as de Tui.

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais