A escritora Ángela Rodríguez presentará o mércores 17 de agosto ás 20:00 horas o seu primer poemario "Los mares de Marte" na Casa dos Alosno.
Ángela Rodríguez naceu na Guarda, Pontevedra, aínda que xa sendo nova marchou a vivir a Madrid. Alí finaliza actualmente os seus estudos de Literatura Xeral e Comparada, clases que compaxina coa ensinanza de español a persoas extranxeiras e as súas dúas grandes pasións: a escritura e o violín.
"Los mares de Marte" da editorial Cuadranta é o seu primer poemario.
FICHA-RESUMO DA ACTIVIDADE
ACTIVIDADE: PRESENTACIÓN DE LIBRO
LUGAR: CASA DOS ALONSO
DATA: 17 DE AGOSTO DE 2022
HORA: 20:00 H.
ORGANIZA: AUTORA "ÁNGELA RODRÍGUEZ"
PARTICIPAN: Ángela Rodríguez e o poeta Samuel Merino (Pompa & Boato)
MAIS INFORMACIÓN: cultura@aguarda.es
O artista actuará na Porto da vila ás 22:00h, nun concerto de acceso libre que forma parte da programación de Concertos do Xacobeo
Este verán 2022 terás a oportunidade de ver en concerto a Beret na Guarda. O artista dará un concerto no Porto da vila ás 22:00h, o cal será totalmente gratuíto e englóbase dentro da programación de Concertos do Xacobeo 2022. O artista, que mestura Pop Urbano e Reggae, aínda que evita o uso de etiquetas musicais, cativou ás grandes masas co seu tema máis exitoso ata o momento, "Lo siento".
O single foi certificado cinco veces Platino en España, conseguiu chegar todo o máis alto da lista de radio do noso país e acumula máis de 90 millóns de streams e 300 millóns de visualizacións en Youtube. O artista acumula en total máis de mil millóns de reproducións en plataformas dixitais e o single foi premiado á Mellor Canción do Ano 2019 nos premios Os 40 Music Awards. Ademais, Beret recibiu o Premio Odeón como Mellor Artista Español do ano.
Despois do rotundo éxito conseguido con "Lo siento", Beret conseguiu manterse na fala da xente grazas a singles como "Me Llama" ou "Te echo de menos" , ata que en 2019 lanzaba o seu altamente anticipado álbum de estudo, Prisma. O seu álbum alcanzou o segundo lugar na lista de álbums físicos durante a súa primeira semana e mantívose na primeira posición da lista de álbums streaming durante 4 semanas e xa acumula máis de 20 millóns de streams desde o seu lanzamento.
Agora mesmo o artista sevillano atópase gravando o seu próximo álbum do cal xa saíron algúns singles entre os cales cabe destacar o seu éxito "Por fa no te vallas" cos colombianos Morat.
FICHA-RESUMO DA ACTIVIDADE
ACTIVIDADE: CONCERTO DE BERET. CONCERTOS DO XACOBEO
LUGAR: PORTO DA GUARDA
DATA: 17 DE AGOSTO, mércores
HORA: 22:00h.
ORGANIZA: Xacobeo - Xunta de Galicia
MAIS INFORMACIÓN: uka@esmerarte.com
HASTAGS: #aguarda, #ConcertosdoXacobeo, #Beret