JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O cantante Beret dará un concerto na Guarda o 17 de agosto

O artista actuará na Porto da vila ás 22:00h, nun concerto de acceso libre que forma parte da programación de Concertos do Xacobeo

Este verán 2022 terás a oportunidade de ver en concerto a Beret na Guarda. O artista dará un concerto no Porto da vila ás 22:00h, o cal será totalmente gratuíto e englóbase dentro da programación de Concertos do Xacobeo 2022. O artista, que mestura Pop Urbano e Reggae, aínda que evita o uso de etiquetas musicais, cativou ás grandes masas co seu tema máis exitoso ata o momento, "Lo siento".

O single foi certificado cinco veces Platino en España, conseguiu chegar todo o máis alto da lista de radio do noso país e acumula máis de 90 millóns de streams e 300 millóns de visualizacións en Youtube. O artista acumula en total máis de mil millóns de reproducións en plataformas dixitais e o single foi premiado á Mellor Canción do Ano 2019 nos premios Os 40 Music Awards. Ademais, Beret recibiu o Premio Odeón como Mellor Artista Español do ano.

Despois do rotundo éxito conseguido con "Lo siento", Beret conseguiu manterse na fala da xente grazas a singles como "Me Llama" ou "Te echo de menos" , ata que en 2019 lanzaba o seu altamente anticipado álbum de estudo, Prisma. O seu álbum alcanzou o segundo lugar na lista de álbums físicos durante a súa primeira semana e mantívose na primeira posición da lista de álbums streaming durante 4 semanas e xa acumula máis de 20 millóns de streams desde o seu lanzamento.

Agora mesmo o artista sevillano atópase gravando o seu próximo álbum do cal xa saíron algúns singles entre os cales cabe destacar o seu éxito "Por fa no te vallas" cos colombianos Morat.

FICHA-RESUMO DA ACTIVIDADE
ACTIVIDADE: CONCERTO DE BERET. CONCERTOS DO XACOBEO
LUGAR: PORTO DA GUARDA
DATA: 17 DE AGOSTO, mércores
HORA: 22:00h.
ORGANIZA: Xacobeo - Xunta de Galicia
MAIS INFORMACIÓN: uka@esmerarte.com
HASTAGS: #aguarda, #ConcertosdoXacobeo, #Beret

Concello de A Guarda


Skeirrum organiza un evento para lanzar o seu primeiro street escape na Guarda

A participación é gratuíta con premios para os participantes. Solo se necesita un teléfono móbil e altas doses de imaxinación para resolver os enigmas e descubrir curiosidades que esconde a vila guardesa.

Skeirrum propón o primeiro escape room guardés ao aire libre, que se estrea na Guarda este domingo 7 de agosto, ás 19:00 h, na praza de Avelino Vicente. Para os participantes o reto será facer un percorrido pola vila mentras se divirten e resolven enigmas relacionados coa historia e personaxes da vila.

A idea de poñer en marcha Skeirrum naceu ao constatar que existía un importante campo de promoción turística, patrimonial e cultural por explorar. "Démonos conta que hai unha forte desvinculación da poboación xoven coas tradicións, a cultura e o patrimonio", explican as creadoras do proxecto.

O evento está dirixido á poboación máis moza con ganas de enfrontarse aos retos que propoñen as autoras na súa historia. Pódese realizar en familia con nenos sempre que estes estean baixo a supervisión de adultos. Na aventura proposta para esta fin de semana o obxectivo é poñer en valor a historia e o patrimonio da Guarda a través dunha aventura ao estilo das busquedas do tesouro con probas que hai que resolver. A participación e gratuíta con agasallos para os participantes.

Trátase dunha proposta dixital na que se desenvolven estreet escapes, escape rooms ao aire libre, para a que solo se necesita un teléfono móbil para participar. Ofrécese un servizo que funciona a través dunha aplicación web para smartphones á que se accede mediante códigos QR.

Esta primeira Street Escape de Skeirrum na Guarda será gratuíta e permanecerá activa durante un tempo para que calquera participante poida realizala cando guste. Para o seu lanzamento as autoras en colaboración co concello e con establecementos da localidade, que ceden premios aos mellores participantes, decidiron organizar un gran evento co obxectivo difundir unha forma direrente de ocio e sobre todo para pasar unha tarde divertida.

Os interesados poden participar de forma individual ou en grupos de ata 6 persoas. Para apuntarse poden facelo a través da web www.skeirrum.com na sección de eventos, seleccionando "A Guarda Misteriosa". Tamén poden informarse de todas as novidades a través das súas redes sociais en @skeirrum.

Skeirrum




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais