|
Este verán as praias O Muíño e Area Grande non contarán co servizo de socorrismo
A pesar dos esforzos e do compromiso para ofrecer un servizo esencial, como é unha atención adecuada nas dúas praias de referencia da nosa vila, non foi posible contratar socorristas para a prevención e vixilancia nas praias.
A Xunta de Galicia regulou en 2012 mediante Decreto a formación mínima dos socorristas acuáticos e creou o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia. En 2017 modificouse ese decreto aumentando as dificultades dos concellos galegos para conseguir os socorristas habilitados necesarios para atender as praias.
O Concello da Guarda tivo dificultades para cubrir a plantilla de socorristas necesarios no verán pasado e cos catro contratados atendeuse a praia do Muíño de luns a domingo e a praia de Area Grande as fins de semana.
En novembro de 2021 a Xunta publicou o novo decreto que regula as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático e aqueles socorristas que non actualizaron a súa formación perderon esa habilitación para exercer como profesionais.
No mes de febreiro o concello da Guarda valorouse o orzamento presentado pola Axencia Galega de Seguridade Pública para realizar un curso de adaptación que puidese habilitar novamente a estes socorristas que foron excluídos do rexistro profesional. Finalmente non se puido lanzar o curso debido a falta de equipamentos e instalacións esixidas polo novo decreto. Contactouse cos concellos veciños para poder realizar esta formación nas súas instalacións, non sendo posible. Ademais a realización deste curso non aseguraba dispor a tempo dos socorristas habilitados para este verán.
Tamén en febreiro, como nos anos anteriores, solicitouse a subvención da Xunta para a contratación de socorristas e volveuse a solicitar os 6 socorristas. Unha vez comunicada a concesión desta subvención, tramitouse o proceso de selección de persoal a través do servizo de emprego SEPE de Tui. Como non houbo aspirantes publicáronse varias notas de prensa para informar do proceso de contratación e deste xeito, fíxose público a necesidade de contratación de socorristas para completar a plantilla do servizo de socorrismo co patrón da embarcación para praia do Muíño.
A 30 de xuño comunicouse a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) a renuncia expresa as dúas Bandeiras Azuis ante a imposibilidade de dispor do servizo de socorrismo activado con data do 1 de xullo. ADEAC trasladou ao concello da Guarda a ampliación do prazo ata o 10 de xullo para izar bandeira e, inclusive, suavizou o requisito de dous socorristas por praia. Esta entidade xestora das Bandeiras Azuis son coñecedores das dificultades dos concellos galegos para contratar socorristas polo que este verán permitiu dispor dun socorrista e un auxiliar de información por praia.
Durante estas semanas realizáronse diferentes xestións e consultas coa AGASP, empresas de servizos, outros concellos, ... para conseguir contratar a socorristas e auxiliares que permitisen dar un mínimo de atención nestas dúas praias. Pero ningunha destas alternativas consultadas permitiu conseguir persoal formado e acreditado.
Polo que continuaranse cos contactos coa Xunta de Galicia para trasladar a preocupación por non dispoñer neste verán de servizo de socorrismo nas praias do Muíño e de Area Grande.
A Guarda continúa a potenciar o Camiño Portugués da Costa
" En marzo creouse a nova marca do Camiño Portugués da Costa e al longo deste ano repartiranse máis de 5000 pulseiras de tea entre os peregrinos que se acheguen ata a Oficina de Turismo Municipal.
O Concello da Guarda, a través da Concellería de turismo ven de por en marcha neste ano 2022 diversas iniciativas encamiñadas a por en valor e potenciar o Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola vila.
Rafa Álvarez, Concelleiro de Turismo, indicou que estas iniciativas postas en marcha serven para continuar atraendo visitantes e peregrinos ata A Guarda, notándose na vila un incremento constante nos pasados meses, o que deixa claro que "O Camiño Portugués da Costa está en auxe e é un dos favoritos dos peregrinos pola fermosura das súas paisaxes".
Neste senso, no pasado mes de marzo lanzouse unha nova imaxe do Camiño Portugués da Costa, como primeiro concello galego deste camiño oficial dende o ano 2016.
Esta nova marca que inclúe as ondas do mar e a cuncha de peregrino coas cores de referencia ao Camiño de Santiago, o amarelo e o azul . Ademais no deseño destaca o azul claro facendo referencia á cor da auga da desembocadura do Miño e do costa que acompaña ao peregrino.
Esta nova marca converteuse tamén no novo cuño para selar a credencial na Oficina de Turismo e esta imaxe acompaña nas diferentes campañas de promoción postas en marcha a nivel municipal.
Neste mes de xullo comezou a distribución dunhas sinxelas pulseiras de tela coa marca do Camiño Portugués da Costa. Ao longo deste ano esperase repartir as 5.000 pulseiras a todos os peregrinos e visitantes que se acheguen a Oficina de Turismo Municipal. Esta pulseira tamén se entrega aos grupos convidados.
Están tendo unha excelente acollida polos peregrinos e visitantes xa que o deseño é moi atractivo e representa moi ben A Guarda como primeiro concello galego do Camiño Portugués da Costa.
Un dos obxectivos desta iniciativa é que o nome da Guarda chegue ao mundo enteiro a través dos peregrinos que realizan o Camiño Portugués da Costa, unha internacionalización na cal se fai partícipes aos peregrinos que nos visitan cada día.
A Guarda acolle ata o 13 de agosto a exposición de pinturas da artista local Chuny Vázquez
A Casa dos Alonso acolleu na xornada deste luns día 26 de xullo a inauguración da Exposición "Un Canto a Cor e a Vida" da artista local Chuny Vázquez.
Neste acto, que arrancou cunha presentación a cargo do reporteiro local e Ricardo Rodríguez, os asistentes puideron gozar da súa gran obra pictórica, a través de máis dunha trintena de cadros de diversas temáticas e técnicas.
Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, quixo recordar na súa intervención que esta exposición ven a cubrir novamente un espazo singular como é a Casa dos Alonso, "a casa de toda a cidadanía guardesa", que trala pandemia aínda non acollera unha exposición de envergadura como a que nestes días se pode apreciar na nosa vila, indicando que "é unha oportunidade excepcional para unhas obras que ben o merecen, pola calidade artística e pola calidade humana que transmite a súa autora".
Chuny Vázquez, autora das obras desta exposición, indicou regresar "dun xardín de cores" para amosar unha obra extensa, traballos e pinturas realizados nos últimos anos, entre a súa última exposición do ano 2008 e a actualidade.
En palabras da autora "Ningunha pintura fala de si mesma, gardan silencio, prefiren que sexa o público quen teña no seu poder, as preguntas ou respostas ante cada unha delas, porque senten a necesidade da súa atención, da súa linguaxe e sentimentos, porque levaron moito tempo agochadas entre as penumbras ao longo do peor da pandemia e agora piden a luz de todas as miradas, para volverse a sentir vivas.
A Exposición pódese visitar de luns a sábado ata o vindeiro día 13 de agosto na Casa dos Alonso en horario de 10:30h a 13:30h e de 19:00h a 21:00h.
A Guarda informa da apertura do segundo prazo para DEPOTermal 2022
A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, leva a cabo o plan de termalismo social "Depotermal", que ten como finalidade facilitarlles ás veciñas e veciños da provincia de Pontevedra o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros (coma balnearios, talasos ou spa).
Trátase, polo tanto, dun plan cun claro obxectivo social, xa que lles facilita o acceso ao turismo de saúde a persoas que doutro modo non poderían beneficiarse da súa dobre función, como período de vacacións e como tratamento sanitario, que ademais contribúe á sostibilidade económica da provincia.
Despois da primeira convocatoria, na que quedaron prazas sen cubrir, vense de anunciar unha segunda convocatoria co fin de ofertar as prazas dispoñibles.
Trátase dun programa destinado a persoas nadas antes do ano 1972, pensionistas, etc. No que poder gozar duns días en balnearios ou hoteis con spa da provincia
Este novo prazo de solicitudes remata o vindeiro día 2 de agosto e todas as persoas interesadas en participar poden acudir a Servizos Sociais do Concello da Guarda, no primeiro andar do edificio do concello vello na Praza do Reló ou informarse chamando ao 986 61 4507 ou enviando un correo electrónico a sociais@aguarda.es
O Concello da Guarda lanza una campaña de sensibilización en saúde mental en colaboración coa Asociación Avelaíña
O Concello da Guarda lanza unha campaña de sensibilización en saúde mental en colaboración coa Asociación Avelaíña.
O acto, que tivo lugar na mañá do pasado venres día 22 no Concello da Guarda, contou coa presencia de Antonio Lomba, alcalde de A Guarda; Fátima Rodríguez concelleira de educación; Patricia Cuña, técnica da OMIX; Clara Suárez psicóloga de Asociación Avelaíña e Rafael Álvarez, Director Xerente da Asociación Avelaíña.
Tratase dun vídeo cun formato de animación que resulta atractivo para a poboación máis xove, permitindo unha difusión rápida e eficaz a través das redes sociais.
Desde o Concello transmítese unha gran preocupación polo empeoramento da saúde mental nos xoves que lles faen chegar desde centros educativos e familias.
A adolescencia é unha etapa única e formativa e os cambios a nivel físico, emocional e social faen aos adolescentes vulnerables a sufrir problemas de saúde mental.
A situación provocada pola pandemia elevou os factores de risco debido a illamento, restricións, incertidumbre, falecemento de familiares ou amigos, risco da propia saúde, etc.
Un Estudo de Unicef de 2021 Estado Mundial da Infancia: Na miña Mente amosa que a media de trastornos de saúde mental en xoves é en Europa do 13,2% , mentres que en España esa cifra elevase ata o 20,8%
Un estudo de Fundación Mutua Madrileña e Fundación FAD Juventud realizado a xoves, amosa que o 56,4% perciben que tiveron problemas psicolóxicos nos últimos 12 meses, pero a metade non pediu axuda profesional por vergoña, custe, ou non lle daban importancia.
O Concello contou para a elaboración do material da campaña, coa Asociación Avelaíña, entidade de referencia en saúde mental.
O vídeo compartirase nas redes sociais, medios de comunicación e farase chegar tamén aos centros educativos coa intención de que chegue ao maior número de persoas posibles e que tamén se utilice como ferramenta de traballo para entidades, profesorado, familias, etc.
A Guarda remata o mes de xullo con música, gastronomía, deporte e talento creativo
" A programación da Axenda de Verán e de Miúdo Verán continúa esta semana con actividades de todo tipo e para todo tipo de públicos.
O Concello da Guarda continúa esta semana coas actividades da Axenda de Verán 2022, unha programación de actividades extensa, para todos os gustos e para todas as idades, que estenden ata o mes de setembro con concertos, exposicións, actividades de rúa, eventos deportivos, festas gastronómicas, populares e relixiosas, entre outros.
A concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, destaca a gran aposta feita dende o consistorio municipal para realizar unha programación variada e atractiva, tanto para guardeses coma visitantes, e que sen dúbida non deixará a ninguén indiferente.
Montserrat Magallanes indicou na presentación desta axenda que A Guarda contará este ano cun verán no que se retoma a actividade cultural, de ocio e deportiva trala pandemia, froito dun amplo traballo de programación e organización que se pode ver xa reflexado na gran cantidade de eventos recollidos nesta Axenda de Verán 2022.
O Alcalde da Guarda convida a visitantes e guardeses a participar nesta programación da Axenda de Verán 2022, cunha variedade e calidade de eventos que fará de impulso para todo o tecido empresarial da vila, atraendo a moitas persoas e incentivando tamén a actividade comercial da vila da Guarda.
Dende o Concello da Guarda se fai un agradecemento público a todas as asociacións culturais e deportivas da vila, que co seu traballo enriquecen ao noso pobo e conseguen facer sorrir, desfrutar e pasar un rato agradable a todas as persoas que se achegan a participar con elas da cultura e do deporte na nosa vila. Despois da pandemia precisamos recuperar o tempo perdido e voltar a desfrutar dos bos momentos, encher as nosas rúas de música, baile, cine e doutras expresións artísticas.
Dende o día 26 de xullo a Casa dos Alonso acolle a Exposición de Chuny Alonso, na que se poden observar e apreciar os traballos e pinturas da artista guardesa realizados nos últimos anos. A exposición se pode visitar de luns a sábado en horario de 10:30h a 13:30h e de 19:00h a 21:00h.
O xoves día 28 de xullo chega a música a "Miúdo Verán" co concerto de Pakolas "Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo", ás 20:30h na Praza do Reló. Pakolas preséntanos o seu último librodisco, onde contarase e cantarase a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e que ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas. En caso de choiva o evento terá lugar no Centro Cultural.
Do 29 ao 31 de xullo ORPAGU organiza a Festa do Peixe Espada, un evento no que a gastronomía será o prato forte da súa programación, que estará centrada nos restaurantes da nosa vila, coa participación dos establecementos Area Grande, Marusía, Trasmallo, Arruaz, Novo Funil, Bitadorna, O Cangrexal, Casa Valladeiro, O Roxo, La Pizzicata, e Os Remos, todos eles contarán cun prato especial de Peixe Espada á prancha con cachelos. Ademais a Festa do Peixe Espada contará con diversas actividades coma pasarrúas, música en directo, obradoiros, exposicións, contacontos infantís, visitas guiadas, entre outras actividades.
O Concello da Guarda e Acontravento, marca de roupa local, organizarán por segundo ano consecutivo a II Mostra Creativa do Baixo Miño, que terá lugar o sábado 30 de Xullo na Praza de Avelino Vicente en horario de 10:30h a 15:30h e de 18:30h a 22:30h, un evento de referencia e con periodicidade anual onde mostrar o gran talento que temos no Baixo Miño, con preto dunha vintena de participantes. Ata este momento xa confirmaron a súa asistencia a esta segunda edición as seguintes marcas e talentos creativos: Acontravento, Ada Negra, Ana de la Guerra, Coco, Eduar Clothing, La Casa Taller, Littlevero, Luc & Luc - Inma Losada, Mar Jewelrin, Marina San Miguel, Marron Glaçe, Matriz Galega, Sapone di Principessa, Silvia Pérez, Vargas Lemos, Vikensen…
Este ano a Mostra creativa únese á Festa do Peixe Espada organizada dende ORPAGU(29-31 de xullo), compartindo parte da programación, como son os pasarrúas ou a actividade do Obradoiro Infantil sobre o Peixe Espada.
Tamén na xornada do sábado día 30 de xullo ás 20:30h o Campo de Fútbol da Sangriña acolle un evento deportivo no que se realizarán preto de 25 demostracións de danza, zumba, defensa persoal, acrobacias, pilates e judo, baixo a organización do Clube Deportivo Baixo Miño.
A Axenda de Verán continúa nos meses de agosto e setembro con actividades coma os festivais de Baile Moderno de Xamaraina, a programación de actividades infantís de "Miúdo Verán"(todos os xoves), eventos deportivos, presentación de libros e exposicións, as Festas de San Cayetano, o Encontro do libro Luso-Galaico, a Festa do Percebe, concerto da Agrupación Musical da Guarda, as Festas da Virxe da Guía, as Festas das Mercedes ou a Mostra Asociativa.
Especial mención nesta programación para as Festas do Monte, que terán lugar do 8 ao 15 de agosto, a semana grande de festas na Guarda, unha semana na que as noites de verbenas se compaxinan con diferentes actividades deportivas e culturais. Na xornada do sábado día 13 de agosto ás 11:30h ten lugar o Desfile Folclórico e De Bandas Mariñeiras, un desfile multitudinario previo ao día grande o Domingo do Monte, no que dende a mañá as Bandas Mariñeiras soben ata o cumio do Monte Santa Trega para realizar os seus xuramentos ao son dos bombos, tambores e gaitas. As festas rematarán na noite do Luns día 15 de agosto coa Gran tirada de fogos de artificio no Porto da Guarda.
EXPOSICIÓNS
A Guarda terá tamén unha importante exposición pictórica este verán que estará na Casa dos Alonso entre o 26 de xullo e o 13 de agosto, e na que se poderán observar e apreciar os traballos e pinturas da artista guardesa Chuny Alonso.
VISITAS GUIADAS AO CASTRO DE SANTA TREGA
Ao longo do verán e de martes a domingo ofértanse visitas guiadas ao Castro de Santa Trega, unha oportunidade para coñecer o noso patrimonio con visitas que terán lugar ás
12:00h, 13:00h, 18:00h e 19:00h horas
Inscrición e información no enderezo electrónico masat@aguarda.es ou no teléfono 690 017 038.
PROGRAMA COMPLETO
28 DE XULLO
CONCERTO INFANTIL ROCKEANDO CON RAMONA ÓRBITA, A DONA DO TEMPO
Na Praza do Reló ás 20:30h
29, 30, 31 DE XULLO
FESTA DO PEIXE ESPADA
Nos restaurantes da Vila
Organiza: ORPAGU
30 DE XULLO
MOSTRA CREATIVA DO BAIXO MIÑO
Na praza de Avelino Vicente
30 DE XULLO
EVENTO DEPORTIVO DO CLUBE DE JUDO BAIXO MIÑO
No Campo de fútbol da Sangriña ás 20:30 horas
Organiza: Clube de Judo Baixo Miño.
4 DE AGOSTO
ESPECTÁCULO DE CIRCO "CARMAN"
No Auditorio de San Benito ás 20:30 horas
4 DE AGOSTO
PRESENTACIÓN DO LIBRO "SOBRE LA CRIANZA", de Jesús Rodríguez Salazar.
No Centro Cultural ás 19:30 horas.
4, 5, 6, 7 DE AGOSTO
FESTAS DE SAN CAYETANO
No Barrio da Cruzada
Organiza: Comisión de Festas de San Cayetano
8 ó 15 DE AGOSTO
FESTAS DO MONTE
Na Alameda e rúas da vila.
Organiza: A.V C.D. Alameda
11 DE AGOSTO
GALICIA ILUSIONA, ILUSIONISMO
No Auditorio de San Benito ás 20:30 horas.
19, 20 DE AGOSTO
III ENCONTRO DO LIBRO LUSO GALAICO
Na Praza do Reló
20 DE AGOSTO
FERIA OUTLET
Na Praza de Avelino Vicente
Organiza: ACIGU
20 DE AGOSTO
II TORNEO DE PETANCA CONCELLO DA GUARDA
No Campo do Codesal
24 DE AGOSTO
C ONCERTO MÚSICA NO AR
No atrio da Igrexa Parroquial ás 20:30 horas.
Organiza: Deputación de Pontevedra
23,27 E 28 DE AGOSTO
FESTA DO PERCEBE
Na Alameda da Guarda
Organiza: A.C. Alameda
26 DE AGOSTO
TEATRO CRÓNICAS DO PARAÍSO
Na Praza do Reló ás 21:30 horas.
27 DE AGOSTO
CONCERTO DE VERÁN DA BANDA DE MÚSICA DA GUARDA
No Auditorio de San Benito ás 20:30 horas
Organiza: Agrupación Musical da Guarda
28 DE AGOSTO
FESTIVAL DE BAILE MODERNO "REMEMBER"
No Auditorio de San Benito ás 20:00 horas
Organiza: A.C. Xamaraina
28 DE AGOSTO
CARREIRA PEDESTRE VIRXE DA GUÍA
Na Praza da Guía ás 19:00 horas
Organiza: Comisión de Festas Virxe da Guía
2, 3, 4 DE SETEMBRO
FESTAS VIRXE DA GUÍA
Na Praza da Guía
Organiza: Comisión de Festas Virxe Guía
3 DE SETEMBRO
PERFORMANCE FOCO, PROXECTOS ANTIBULOS
Na praza de Avelino Vicente às 12:00 horas.
Organiza: A. FOCO
DO 3 AO 25 DE SETEMBRO
FESTAS DAS MERCEDES A GÁNDARA
No barrio da Gándara
Organiza: A.V V. O Percamino
10 DE SETEMBRO
MOSTRA ASOCIATIVA
Na Praza de Avelino Vicente a partir das 15:30 horas
¿Te atreves con el reto de Skeirrum en A Guarda?
Skeirrum tiene el doble objetivo de divertir y difundir conocimiento a través del juego, gamificando la cultura, el patrimonio y la naturaleza.
Las Guardesas, Cintia Lomba y Erea Rodríguez, lanzan la primera Skeirrum en su pueblo. El día 7 de agosto, a las 19:00h, comenzará en la plaza de Avelino Vicente de A Guarda la inauguración de la Street Escape A Guarda Misteriosa, evento dirigido a la población juvenil y adulta con ganas de enfrentarse al reto que proponen las autoras. El objetivo es poner en valor la historia y el patrimonio de A Guarda a través de una aventura al estilo de las búsquedas del tesoro.
Skeirrum es un proyecto que ofrece experiencias totalmente personalizadas para promover la cultura, el patrimonio y la naturaleza. Se trata de una propuesta digital que desarrolla Street Escapes, escape rooms al aire libre.
El servicio funciona a través de una aplicación web para smartphones a la que se accede mediante códigos QR. Esta experiencia tendrá lugar en el casco urbano de A Guarda poniendo así en valor todos aquellos recursos que ofrece el territorio.
Está previsto que esta primera Street Escape de A Guarda sea gratuita y permanezca activa durante un año, pero para su lanzamiento las autoras están organizando un gran evento. El objetivo es pasar una tarde divertida, convocando a muchos participantes y premiando a los ganadores. Para ello invitan a las empresas locales a colaborar con el evento, cualquier aportación será bien recibida y es una buena forma de darle visibilidad al comercio local.
Para colaborar contactar con info@skeirrum.com
Pronto tendrán más noticias que contar, estad atent@s a sus redes sociales. @skeirrum
|