JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O concerto de Treixadura coa Banda do Rosal porá o broche de ouro ás Festas do Verán do Pilar

As festas volven este 24 e 25 de xullo con actividades para todos os públicos no colexio da Mata

O Rosal celebra un ano máis as tradicionais Festas do Verán do Pilar cunha programación cultural con actividades e entretemento para todos os públicos. O 24 e 25 de xullo o colexio da Mata converterase no escenario perfecto para acoller deporte, xogos, música e moito lecer en familia.

Así as festas comezarán o domingo ás 18.00 horas co III Torneo de Xadrez do Concello do Rosal, unha cita indispensable para todas e todos os apaixonados deste deporte e que reunirá a xogadoras e xogadores dende a categoría prebenxamín ata a de adultos. Á mesma hora tamén haberá xogos populares abertos a todos os públicos. A xornada rematará coa cuarta edición do Festival Xente Xida a partir das 21.30 horas, unha festa para todas as idades organizada en colaboración coa Asociación Cultural Xida na que se poderá desfrutar da música con raíces e da gastronomía.

O luns 25 a festa comezará ás 19.00 h con 'A familia unida', un espectáculo de monicreques de Títeres Mircromina ao estilo clásico de luva libre e desenfadada, chea de ritmos, xogos e cachiporra. Nenos, nenas e maiores poderán gozar así da historia de André, o presentador do espectáculo, que oferta unha colocación de por vida coas mellores condicións condicións de traballo posibles. Ao seu carón estará Cromina, que despois de ser pais, enfronta a súa natureza festeira á responsabilidade e seriedade das circunstancias.

Xa ás 20.00 horas os protagonistas será o Encontro dos Pobos, o festival folclórico internacional máis veterano da comarca no que o público poderá desfrutar do intercambio cultural cos grupos locais Do Lusco ó Fusco (A Guarda) e Seixos Albos (Tui) e co eslovaco Drevar.

O broche de ouro ás Festas de Verán do Pilar virá da man do concerto do grupo Treixadura ás 22.00 horas, que estará acompañado no escenario pola Banda da Agrupación Musical do Rosal. Un espectáculo musical sorprendente no que o público poderá desfrutar da música tradicional dende dúas concepcións ben arraigadas, o canto e a gaita, e cunha personalidade moi característica na que enlaza a raíz musical da nosa cultura cun xeito de entender hoxe a música tradicional.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, quere agradecer "a gran colaboración que existe entre Concello e todas as asociacións e entidades que participan na organización de todos estes eventos e espectáculos, que nos permiten traballar man a man para poder desfrutar un ano máis das nosas tradicionais Festas do Verán do Pilar". A rexedora convida a toda a veciñanza a participar nestes dous días de festa cunha intensa programación para todos os gustos e todas as idades.

Concello de O Rosal


O Rosal recupera o encontro social cunha nova edición do Festival Xente Xida

Será o vindeiro 24 de xullo ás 21.30 horas no Colexio da Mata e contará coas actuación de Cantometrics, Abóbriga e Trebón dos Xidos

Concello e Asociación Cultural Xida recuperan o encontro social no Rosal despois de máis de dous anos de crise sanitaria cunha nova edición do Festival Xente Xida, unha festa con raíces para todas as idades e públicos coa mellor música e gastronomía. "O festival volve tras a pandemia coas mesmas orixes grazas ao traballo da asociación cultural Xida, conformado por un grupo de persoas moi implicadas socialmente que traballa a prol do folclore e da música e que colaboran co Concello na organización deste evento que forma parte das Festas do Verán do Pilar", destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, que agradeceu o labor desempeñado pola asociación.

A cuarta edición do festival celebrarase o vindeiro 24 de xullo a partir das 21.30 horas no colexio da Mata con acceso libre e de balde. Polo escenario pasarán O Trebón dos Xidos, que amosará un anaco da súa música e da súa tradición; o grupo galego Cantometrics e os baioneses Abóbriga, un grupo de gaiteiros que dende 2008 ofrecen unha mostra da música tradicional mesturada con composicións propias e cancións populares.

A mellor música tradicional estará mesturada coa gastronomía, xa que o público poderá gozar da cantina e do porco ao espeto.

Concello de O Rosal




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais