JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Máis de 150 rapaces e rapazas de toda España visitan Oia coa Ruta Quetzal

Un total de 156 rapaces e rapazas de diferentes puntos de España visitaron esta semana o concello de Oia, que foi unha das paradas da edición da Ruta Quetzal deste ano. Baixo o título "Expedición Traslatio", esta experiencia cultural percorre terras portuguesas e galegas con destino a Santiago de Compostela.

A iniciativa, dirixida por Íñigo de la Quadra-Salcedo (fillo do reporteiro, promotor cultural e deportista Miguel de la Quadra-Salcedo, fundador desta prestixiosa ruta), recalou en terras oienses o pasado mércores, procedente de A Guarda. Durante a súa estadía no municipio, os expedicionarios e expedicionarias percorreron parte do barrio do Arrabal e o Mosteiro de Oia, enclaves de gran valor patrimonial onde puideron descubrir os principais fitos da historia local.

O grupo, composto por 156 mozas e mozos e máis os seus monitores, baixo a dirección de Íñigo de la Quadra-Salcedo; foi recibido polo concelleiro de Medio Ambiente de Oia, José Manuel Rodríguez. En nome da alcaldesa, Cristina Correa, o edil deulles a benvida e desexoulles unha grata experiencia, confesándolle aos rapaces e rapazas o orgullo que supón para o municipio telos de visita. Xunto a el estivo o director do Mosteiro, Xoán Martínez, quen tamén brindou unha calorosa benvida a todos os participantes.

O grupo, que percorre diversas localidades galegas e portuguesas na súa "Expedición Traslatio" realizou unha visita ao Mosteiro e á Praza Centinela, pernoctando nas instalacións do CEIP Mestre Manuel García, cedidas polo Concello para albergalos durante a súa estancia.

Pola súa banda, a Ruta Quetzal, da man de Íñigo de la Quadra-Salcedo, fixo entrega ao Concello dunha placa conmemorativa da visita.

Concello de Oia


O Concello de Oia mellora o acceso ao centro de Pedornes

O Concello de Oia vén de comezar os traballos no camiño público que comunica a estrada PO-552 co centro da parroquia de Pedornes. Trátase dunha intervencion moi demandada pola veciñanza, que permitirá mellorar o acceso e a seguridade nunha curva pechada que había nesta subida, situada nun tramo próximo ao Calvario.

O Concello financiou esta actuación ao abeiro do Plan Concellos 2022 (liña 1: investimentos) da Deputación de Pontevedra. O investimento total foi de 27.503,42 euros, que inclúen os traballos, a dirección de obra e a coordinación de seguridade e saúde.

A actuación consiste en anchear unha curva pechada que tiña problemas de visibilidade, de forma que se mellora a seguridade e a accesibilidade deste vial.

Para ampliar o camiño foi necesario demoler unha edificiación situada na antedita curva, previa cesión do inmoble por parte da familia propietaria. A continación, os traballos de mellora proseguirán coa urbanización da zona, construíndo beirarrúas.

Concello de Oia




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais