|
O Rosal, no seu compromiso coa diversidade de xérero, enche as zonas de baño do Concello con sinais de apoio ao colectivo LGTBIQ+
Na mesma liña, o contacontos "Piratrans Carabarco" achegará ao concello a realidade trans
Todas as zonas de baño do Rosal contan xa co seu sinal integrador: o parque de Pías, e nos ríos da Pesqueira, Fornelos e Aceñas.
"Desde o Concello seguimos defendendo os dereitos e liberdades de todas as persoas, independentemente de cal sexa a súa identidade ou orientación", sinala a rexedora Ánxela Callís. E engade: "por iso eliximos estes espazos xa que son moi transitados, e deste xeito visibilizamos a liberdade de elección de cada quen".
Cada indicador ten as cores da bandeira do orgullo, e vai acompañado de palabras alusivas a sentimentos.
E no propio día do Orgullo 2022, o vindeiro martes 28 de xuño, o concello do Rosal acolle unha actividade para o público infantil e para as súas familias: o contacontos "Piratrans Carabarco", que terá lugar ás 18:30 horas na Biblioteca Municipal.
O evento contará coa presenza de Sara Uris, unha profesora de Educación Infantil, especialista en xénero e igualdade, que ademais é a creadora de "Transformando Realidades", unha iniciativa que acompaña, orienta e brinda apoio a familias.
Consciente do grao de descoñecemento que existe en torno á transexualidade, o Concello do Rosal busca concienciar e sensibilizar á poboación máis nova sobre a realidade do colectivo trans, a través desta actividade.
Só a educación é quen de achegarnos as ferramentas para entender, aceptar, normalizar e integrar na nosa sociedade todas as persoas sexa cal sexa a súa identidade de xénero.
Co contacontos "Piratrans Carabarco" os nenos e nenas pasarano en grande e, ao mesmo tempo coñecerán, dun xeito sinxelo e natural, a realidade das persoas trans.
Concello de O Rosal
O Rosal dille fóra aos plásticos
O salón de exposicións acolle ata o 28 de xuño unha mostra creada por San Xerome Emiliani en colaboración con centros escolares do Rosal e A Guarda para concienciar sobre o uso deste material
O salón de exposicións acolle dende este martes 21 ata o vindeiro 28 de xuño a exposición 'Fóra plásticos!', unha mostra creada por San Xerome Emiliani coa colaboración doutros nove centros educativos da comarca e do Concello do Rosal, da Guarda e de ANABAM co obxectivo de concienciar á sociedade sobre o uso desmesurado dos plásticos.
O proxecto, denominado como a exposición, 'Fóra plásticos!', promoveu a relación entre diferentes centros da contorna para facer fronte común no coidado do medio ambiente e desenvolver actividades como a limpeza de plásticos preto dos colexios participantes, promover a cultura da reciclaxe ou sensibilizar á poboación con esta mostra conxunta que agora chega ao Rosal. Na mostra participan ademais de San Xerome Emiliani, A Galiña Azul O Rosal, o CRA María Zambrano, o CPI Manuel Suárez Marquier, o CEIP A Sangriña, Padres Somascos - Fundación Educere, o CEIP Plurilingüe As Solanas, o CEIP Manuel Rodríguez Sinde, a Fundación Vedruna Educación e o CEIP Pintor Antonio Fernández.
Con esta exposición os centros participantes buscan que mocidade e infancia sexan os protagonistas do cambio, tentando concienciar e sensibilizar ao resto da poboación sobre o consumo desorbitado dos plásticos na sociedade, un problema grave que afecta ao medio ambiente e ao mantemento da vida no planeta.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, convida a toda a veciñanza a visitar a mostra, que estará aberta ao público de luns a xoves de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.30 horas. "Debemos concienciar á poboación da problemática que supón o abuso excesivo dos plásticos e que coñezan iniciativas que lles poden animar a nivel individual a reducir o consumo e uso destes residuos", salientou a rexedora.
Concello de O Rosal
|
|
|
Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
 |
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000
|
Há estórias de casas e casas com história Externato de Santa Rita de Caminha
 |
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000
|
República em Tumulto
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
História Nossa Crónicas de Tempos Passados por Terras de Caminha e Âncora
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento Apoiado pela Fundação EDP
|
Da Monarquia à República no Concelho de Caminha Crónica Política (1906 - 1913)
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
O Estado Novo
e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense
Júlio Baptista (1882 - 1961)
 |
Organização e estudo biográfico do autor
por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora
 |
Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000
|
Memórias da Serra d'Arga
 |
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000
|
Outras Edições Regionais
|