JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Tomiño conmemora o Día Internacional da Danza con "Antes de que llegue la bestia", o último traballo da Compañía Ensalle

O espectáculo, que combina danza, teatro e audiovisual, estará o sábado 30 de abril ás 21 horas, no Auditorio de Goián

"Antes de que llegue la bestia", o último traballo da COMPAÑÍA ENSALLE, é a obra seleccionada pola Concellalía de Cultura para conmemorar o Día Internacional da Danza (29 de abril) en Tomiño.

Esta obra multidisciplinar combina linguaxes coma o teatro, a danza e o audiovisual, e contén un transfundo socio-político inherente ao quefacer escénico da compañía.

A peza escénica que poderase ver este sábado ás 21 horas no Auditorio de Goián, ten unha duración de 60 minutos, e conta coa colaboración do colectivo audiovisual "Terrorismo de autor".

"Besta é a palabra clave da peza. A "besta" política e económica, a "besta" social, o que deixou a "besta" nos nosos corpos, a miña "besta", explican os autores da obra. "A mirada sitúase no contexto socio-político actual: como está construído o sistema no que vivimos, como nos afecta, como nos relacionamos con el, como podemos evidenciar á "Besta", como podemos destruír a evidencia", engaden.

ENSALLE é unha compañía de creación contemporánea nada en Madrid en 1995 e asentada en Vigo dende 2003. As súas creacións, son o resultado dun traballo de continuidade e en evolución permanente, levando á escena propostas que mesturan linguaxes cun contido socio-político e vital. As súas creacións foron presentadas en espazos e festivais ao longo de toda de España, México, Chile, Arxentina, Uruguai, Portugal, con grande éxito.

Data: Sábado 30 de abril
Hora: 21h
Idade: Público adulto, a partir de 16 anos.
Lugar: auditorio de Goián
Prezo: 5€

Concello Tomiño


O Concello de Tomiño pon en marcha un sorteo para dar pulo ao comercio local

Os establecementos interesados en participar poden inscribirse ata o vindeiro domingo 1 de maio a través da Sede Electrónica

O Concello de Tomiño continúa dando pulo ao comercio local e fomentando o consumo de proximidade. Ao abeiro da campaña 'Vive!', acaba de poñer en marcha 'Mercar no comercio de Tomiño ten premio', un sorteo a través do que se repartirán 190 carriño para a compra Rolser entre veciños e veciñas que aposten por mercar no seu municipio.

O Concello acaba de abrir o prazo de inscrición para todos aqueles establecementos que queiran adherirse á iniciativa e premiar á súa clientela. Os comercios e servizos interesados poderán rexistrarse ata o domingo 1 de maio incluído a través da Sede Electrónica. Aquelas persoas que precisen axuda para darse de alta poden acudir a dependencias municipais ou solicitala a Adeto, entidade colaboradora.

Con esta e outras iniciativas da campaña 'Vive!', o Concello busca reactivar a actividade económica e social do municipio, devolvendo á veciñanza ás rúas e ofrecéndolle unha ampla programación coa que desfrutar do comercio e da hostalaría do seu municipio.

Concello Tomiño


Tomiño xestiona máis de 6000 incidencias mediante a plataforma "Línea Verde"

Nestes dous últimos dous anos, o 62.32% das incidencias foron realizadas a través da App móbil , o 3,71 % a través da páxina web municipal e un 33,97 % séguense comunicando a través do rexistro do Concello

A plataforma "Línea Verde" posta en marcha polo Concello de Tomiño hai pouco máis de dous anos, rexistrou nese período de tempo máis de 6.000 incidencias chegadas dende todas as parroquias do municipio. A día de hoxe pecháronse 5761 incidencias (92,38 %), estando en trámite 475 (7,62%).

"Línea Verde" é unha ferramenta de comunicación directa que permite aos veciños e veciñas comunicar incidencias acontecidas no municipio tales como luces fundidas, fochancas no pavimento, lixo na rúa ou mobiliario público deteriorado, entre outras. De todas as comunicacións recibidas da veciñanza, a maior parte (36,57%) corresponden a avarías no alumeado público.

O Concelleiro de Obras e Acción Rural, Alexandre Pérez Souto, precisa que o 62,32% das incidencias son realizadas a través da App móbil, o 3,71 % mediante a web municipal e o 33,97% restante comunícase no rexistro do Concello, tanto presencialmente, como por teléfono. Así mesmo, comenta que coa incorporación de novo persoal contratado dentro do Plan Concellos, estase acelerando a súa resolución.

Desde a súa posta en marcha en marzo do 2020, a App rexistrou máis de 6000 incidencias, resolvéndose 9 de cada 10. Algunhas adoitan arranxarse en poucos días, como as avarías no alumeado público, que representan un terzo do total. Cada mes o sistema rexistra unha media de entre 200 e 300 notificacións, unha cifra que aumenta especialmente nos meses de inverno debido ás tormentas e avarías que estas causan no tendido eléctrico. Do mesmo xeito, apréciase unha tendencia ascendente debido ao maior coñecemento da aplicación por parte da veciñanza, que a emprega cada vez máis, grazas á súa utilidade e sinxeleza.

Comezar a empregala é moi sinxelo para o usuario. Tan só é necesario descargar a app 'Línea Verde', de xeito gratuíto, a través de Google Play ou da App Store, e seleccionar o municipio de Tomiño. Para comunicar unha nova incidencia soamente hai que premer no botón 'Nova incidencia', escoller a súa tipoloxía, enviar a ubicación e achegar unha foto e explicación breve sobre o problema.

Este proceso de dixitalización tamén foi asumido polo persoal do Concello; unha vez que o cidadán envía unha notificación, esta chega á tablet de cada equipo de traballo en función da natureza da incidencia, e nese momento inícianse os trámites para resolver o problema en cuestión. "Este sistema facilita moito o traballo do persoal municipal, xa que permite organizar a resolución das tarefas dun xeito moito máis eficiente, ademais de proporcionar moitos datos e estatísticas a tempo real", comenta o concelleiro. Unha vez completado o proceso, o cidadán recibe unha notificación no seu móbil informando que a incidencia foi solucionada.

Concello Tomiño


Tomiño conmemora o Día do Neno e da Nena

Pequenos/as de Vila Nova de Cerveira e Tomiño expresan as súas necesidades, preocupacións e intereses nun vídeo realizado en colaboración coa fundación Crecer Xogando

O Concello de Tomiño conmemora o Día do Neno e Nena, que se celebra hoxe, con distintas actividades.

Ao contacontos que ofertou a Concellería de Cultura o pasado sábado da man da compañía XAROPE TULÚ co seu espectáculo "Estrafalaria", unha peza que fala do feito de ser diferentes como unha experiencia enriquecedora, súmase unha lona alusiva na fachada da Casa do Concello e a publicación dun vídeo nas redes sociais e páxina web do Concello; un bonito traballo audiovisual no que participan nenos e nenas de Tomiño e Vila Nova de Cerveira.

Este último é unha iniciativa da Fundación Crecer Xogando para celebrar a actitude responsable e resiliente dos nenos e nenas durante o confinamento, enfrontándose de xeito exemplar á incerteza e transformación das súas rutinas (escola, amizades, actividades deportivas, culturais e de lecer…). O seu comportamento exemplar foi determinante para a contención da pandemia.

Este día é para concederlle todo o protagonismo á infancia; un día para fomentar o xogo e a lectura, a arte e o deporte. Un día no que decidan as e os peques o que queren facer. Un día no que poñamos o foco na súa felicidade, todo asociado a valores como a tolerancia, a igualdade e a integración", lembran dende a Concellería de Cultura que dirixe Ani Fernández Carrera.

O Concello de Tomiño, con selo CAI de UNICEF e co Consello da Infancia e Adolescencia, adhírese á celebración desta data, xa que "non só pensamos nos nenos e nenas neste día, senón durante todo o ano, ofrecéndolles actividades deportivas, culturais e de lecer de calidade", apuntan.

O concello de Tomiño é unha das máis de 1.500 entidades, que se suman á celebración do 26 de abril DÍA DO NENO E DA NENA (https://xn--diadelnio-s6a.es/organizaciones-involucradas/).

Concello Tomiño


O Desafío Terras de Turonio volta con forzas tras un parón de dous anos

A proba de BTT-Maratón presentouse no Concello de Tomiño

Será o sábado 7 de maio e contará con máis de 450 participantes nas categorías de parellas e individual

Tras dous anos de receso por mor do Covid-19, o Desafio Terras de Turonio volta con forzas como a gran cita do ciclismo de montaña.

A proba de BTT-Maratón por parellas e individual, que organiza a firma Team Relay en colaboración co Concello de Tomiño, terá lugar o sábado 7 de maio con máis de 450 participantes chegados desde as comarcas do Baixo Miño e Val Miñor, resto do sur de Pontevedra e diferentes puntos de Galicia e Portugal.

Así o indicou Santi Sánchez, responsable da organización na presentación da proba, celebrada esta mañá no salón de plenos do Concello de Tomiño, coa asistencia da alcaldesa Sandra González; a deputada provincial Raquel Giráldez (en representación da Deputación de Pontevedra, entidade colaboradora); o concelleiro de Deportes, Fran Campo e o responsable do ximnasio tomiñés Meu Fit, Mauro Blanco, que facilitará baños, duchas e vestiarios o día da proba.

Nesta edición 2022 haberá dous percorridos: un de longa distancia (104 Km. parellas) e outro de corta distancia (62 Km. individual). A saída será ás 9 da mañá desde a Praza do Seixo, a carón do Concello de Tomiño, patrocinador institucional do desafío.

Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, o punto neurálxico da organización estará situado a tomiñesa Praza do Seixo, punto de saída e meta, desde o cal os ciclistas deberán afrontar un trazado pola Serra de Argallo e da Groba, dous das serras máis importantes do sur das Rías Baixas, que porán a proba a resistencia dos ciclistas, pasando tamén polos concellos de O Rosal, Oia, Baiona e Gondomar.

Ao finalizar a proba haberá duchas, comida e servizo de fisioterapia para todos os participantes.

Como comentou o concelleiro Fran Campo, "na actualidade, o Desafío Terras de Turonio é a única proba das súas características en Galicia, que tras as súas exitosas primeiras edicións, pasou a ser unha cita destacada no calendario a nivel rexional e nacional".

Desafío Terras de Turonio 2022.

SÁBADO 07 MAIO

Lugar: Tomiño (Praza do Seixo).
Ruta longa
08:00 a 08:45 Retirada de dorsais.
09:00 Saída proba.
14:00 Chegada primeiros participantes.
Ruta curta
08:00 a 09:30 Retirada dorsais.
10:00 Saída proba.
13:00 Chegada primeiros participantes.

PERCORRIDO RUTA CURTA:

Distancia total:
61 quilómetros.
Desnivel positivo acumulado:
1300 metros.
Avituallamientos:
1. Km 17 Goián (Tomiño). Líquido.
2. Km 31 Vilachán do Monte (Tomiño). Sólido | Líquido.
3. Km 50 Vilachán do Monte (Tomiño). Sólido | Líquido.
Puntos craves da proba:
Km 17 ^ Subida "O Muro" (Lonxitude 1km. Dificultade 4).
Km 25 ^ Subida Canteiras (Lonxitude 2'5km. Dificultade 5).
Km 33 ^ Subida Barrantes (Lonxitude 2'9km. Dificultade 2).
Km 36 Tramo "Camiño de cabalos" (Lonxitude 2km Dificultade 5).

PERCORRIDO RUTA LONGA:
DISTANCIA TOTAL:
104 quilómetros.
DESNIVEL POSITIVO ACUMULADO:
2700 metros.
AVITUALLAMIENTOS:
1.Km 17 Goián (Tomiño). Líquido.
2.Km 31 Vilachán do Monte (Tomiño). Sólido | Líquido.
3.Km 52 Mougás (Oia). Líquido.
4.Km 72 Chan dá Lagoa (Baiona). Sólido | Líquido.
5.Km 92 Vilachán do Monte (Tomiño). Sólido | Líquido.
PUNTOS CRAVE DA PROBA:
Km 17 ^ Subida "O Muro" (Lonxitude 1km. Dificultade 4).
Km 25 ^ Subida Canteiras (Lonxitude 2'5km. Dificultade 5).
Km 33 ^ Subida Barrantes (Lonxitude 2'9km. Dificultade 2).
Km 36 Tramo "Camiño de cabalos" (Lonxitude 2km Dificultade 5).
Km 57 ^ Subida Curro de Mougás (Lonxitude 2'4km. Dificultade 5).
Km 80 ^ Subida Groba (Lonxitude 3'5km. Dificultade 4).

REGULAMENTO
O DESAFÍO TERRAS de TURONIO é unha proba BTT de longa distancia que se celebrará o 07.05.2022 e que se pode disputar sobre dúas distancias:
-Distancia longa 104km. (PARELLAS)
-Distancia curta 62km. (INDIVIDUAL)

CATEGORÍAS.

1.Haberá 5 grupos de idade para os participantes na distancia longa (Parellas):
Masculina. Cando a suma das idades dos compoñentes do equipo sexa inferior a 75 anos.
Feminina. Con licenzas da categoría feminina.
Mixta. Cando os compoñentes do mesmo equipo sexan de distinto sexo.
Veteranos. Cando a suma das idades dos compoñentes do equipo supere os 75 anos.
Centenarios. Cando a suma das idades dos compoñentes do equipo supere os 100 anos.
2.Poderanse confeccionar equipos aínda que a categoría ou o equipo que figura na súa licenza sexa distinto.
3.Os participantes da distancia curta (Individuais) dividiranse en masculino e feminino.
4.Recibirán obsequio os mellores tempos de cada grupo de idade e individual.
5.Recibirán tamén obsequio o equipo máis afastado e o de maior idade.

Concello Tomiño


Tomiño adica o Plan Concellos 2022 a melloras en distintas parroquias

As obras permitirán realizar importantes melloras no pavillón polideportivo da Carballa, na estrada de Barrantes e na rede de saneamento de Vilachán, así como acondicionar os torreiros de Vilameán e Taborda

O Concello de Tomiño levará adiante dentro do Plan Concellos 2022, cinco obras de singular interese para a cidadanía, centradas nas parroquias e na mellora de equipamentos deportivos, cun investimento de 968.558,40 euros.

Cada ano, a Deputación de Pontevedra pon en marcha o Plan Concellos co fin de permitir aos distintos municipios da provincia, realizar obras de mellora ou ampliación de infraestruturas que contribúan a unha maior calidade de vida da veciñanza. Este ano adicarase parte do Plan Concellos, á execución de cinco importantes actuacións: melloras no pavillón polideportivo da Carballa, melloras na rede de saneamento de Vilachán, Fase II; acondicionamento dos torreiros de Vilameán e Taborda, e ampliación e mellora da estrada de Barrantes (entre o Camiño Novo e o cemiterio).

Segundo explica a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, no caso do pavillón da Carballa, a obra enmárcase dentro do plan de mellora de equipamentos deportivos que se emprendeu nos últimos anos (cambio de herba no campo de fútbol de Goián, e melloras nos vestiarios; novo campo de herba artificial no Campo do Alivio, etc.). "Entendemos que este pavillón tamén é unha instalación moi usada polos veciños e veciñas de Tomiño e que precisa un cambio no pavimento e na iluminación. Ademais, é o pavillón que emprega a maioría da rapazada de Tomiño, xa que ten un uso escolar de mañá para o instituto de secundaria, co cal sabemos que se lle vai sacar moito partido a esta inversión", comenta a rexedora.

Colocación dun novo pavimento en madeira, substitución da iluminación actual por unha de led; colocación de redes en teito para protección de cuberta e instalación dun novo marcador electrónico, son as principais accións que se levarán a cabo.

No que respecta á ampliación da estrada de Barrantes, lembra a alcaldesa que "xa se fixera unha mellora no último tramo deste vial que leva até Cristelos e agora vaise acometer o ensanche na parte que falta, de tal xeito que un tramo importante da estrada quede preparada".

Refírese González ás obras de mellora realizadas dende o tramo anterior do cemiterio até Cristelos, e agora vai intervirse dende o Camiño Novo até o cemiterio, "de tal xeito que queden arranxados os 5 quilómetros desta estrada tan importante para os veciños de Barrantes e de Pinzás ou mesmo os que pasan camiño de Burgueira para o veciño concello de Oia".

As obras consistirán basicamente en ampliar a plataforma da estrada actual e actuar en algunha das curvas que resultan perigosas na actualidade. Redimensionaranse os firmes, para que os vehículos pesados con carga superior ás 5 toneladas poidan circular cunha maior seguridade.

Prazas e contornas de igrexas

As intervencións nas parroquias de Vilameán e Taborda xa foron consensuadas con respectivas entidades das parroquias e coas comunidades de montes, que axudaron a definir o proxecto e asegurarse que a intervención é axeitada para os usos que precisa a veciñanza.

Igual que se fixo en outras parroquias, trátase de xerar pequenos núcleos de convivencia nas parroquias, ben arredor do Centro Cultural, da Igrexa ou de outros lugares que sexan puntos de encontro moitas veces para os máis cativos e as persoas maiores. Ao mesmo tempo trátase de preservar a valorizar axeitadamente unhas contornas que teñen elementos patrimoniais importantes como Igrexas, cruceiros etc.

Para elo recorrerase a uns acabados suaves, naturais, xa identificados con outros espazos públicos do concello e acompañados dunha Iluminación que poña en valor o espazo e a arquitectura.

Concello Tomiño




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais