JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Remata a primeira fase da reforma da Praza do Calvario

Os traballos supuxeron o cambio de case 1.700 metros de tubaxe da rede de saneamento, abastecemento e pluviais, entre outras, que se atopaban en avanzado estado de deterioro

A reforma integral da Praza do Calvario e a súa contorna avanzan a bo ritmo. O Concello vén de completar a primeira fase de execución desta transformación co soterramento de todas as canalizacións e a renovación das redes de saneamento, abastecemento, pluviais, telecomunicacións, electricidade e alumeado. Un gran paso non soamente para a reorganización do espazo, senón tamén para a modernización de elementos. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destaca o grande avance das obras que "seguen a planificación prevista para seguir construíndo O Rosal das persoas".

Ata o momento, os traballos centráronse na parte soterrada da praza, na que se levou a cabo a demolición e retirada das antigas tubaxes e canalizacións, que foron substituídas por novos materiais máis eficientes, resistentes, sostibles e acordes á normativa vixente e ás necesidades actuais da contorna da Praza do Calvario. En total, case 1.700 metros de tubaxe de todas as redes que supón, subliña a rexedora local, "a renovación das redes que estaban nun estado avanzado de deterioro por mor da falta de mantemento e renovación dende hai anos".

En total foron 334 metros de colector de pluviais coa renovación das acometidas existentes, ademais de 284 metros do de saneamento e 230 m de canalización de abastecemento. Tamén se soterraron e renovaron 271 metros de canalización de alumeado e servizos enerxéticos, así como 213 m de rede eléctrica de baixa tensión e 360 metros soterrados das redes de telecomunicacións con 10 puntos de acceso.

Unha actuación na que o Concello tamén tivo presente a celebración da tradicional Feira do Viño, para a que se adecuaron as acometidas precisas para o seu desenvolvemento, ademais de atender ás necesidades de subministro eléctrico, recollida de residuos e distribución das casetas para esta cita anual.

Rematada esta primeira fase, a reforma da praza comeza agora os traballos en superficie. A primeira das actuacións consistirá na colocación do firme e o pavimento de pedra para despois continuar coa instalación do mobiliario urbano con bancos, papeleiras e alumeado, así como a adecuación das zonas axardinadas e zonas verdes.

A transformación da Praza do Calvario, que conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros cofinaciados entre o Concello e a Deputación de Pontevedra, e para o que xa solicitaron tamén fondos europeos, suporá unha transformación integral deste entorno xerando espazos públicos para a veciñanza de alta calidade. O obxectivo é revitalizar a zona urbana e comercial a través dun deseño de praza unitario, atractivo e dinámico que poña en valor a historia da vila e o seu patrimonio.

Concello de O Rosal


Lectura, linguaxe e lecer, eixes claves do novo ciclo de charlas de 'Educando en familia'

O programa posto en marcha polo Concello do Rosal continúa este venres 29 de abril ás 19.00 h no Centro Social Polivalente

O programa 'Educando en familia' chega ao seu fin este curso escolar cun novo ciclo de charlas durante os meses de abril, maio e xuño para continuar dando resposta a moitas das inquedanzas coas que día a día se atopan nais e pais. Tres novos encontros que pecharán unha programación "coa que se abordaron temas moi variados sobre a educación e a crianza e que permitiron achegar ás familias ferramentas prácticas para a vida cotiá", como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Coincidindo co mes do libro no Rosal a primeira charla terá lugar este mesmo venres 29 de abril e abordará un tema tan relevante como a 'Importancia da lectura na infancia: claves para promovela'. A pedagoga Eva Gándara falará sobre os beneficios do contacto coa lectura na primeira infancia, dará recomendacións para crear espazos e hábitos lectores e facilitará exemplos de lectura de interese de 0 a 6 anos sobre diferentes temáticas.

O venres 27 de maio será a quenda de 'Ensinar a comunicar: desenvolvemento da linguaxe e prevención de dificultades', coa logopeda Lorena Guerra. A educadora social Angelina Gándara porá o punto final ao ciclo de encontros deste curso o 17 de xuño coa súa conferencia sobre 'O uso do lecer na infancia: ocios educativos e nocivos'.

Todas as charlas serán ás 19.00 horas no Centro Social Polivalente con entrada libre ata completar aforo, aínda que pode facerse inscrición previa a través da web do Concello para reservar praza. Co obxectivo de facilitar a asistencia das familias a estas charlas, ofertarase un servizo de canguro cun mínimo de 5 prazas cubertas para o que si é necesario reservar e confirmar asistencia.

A rexedora anima a toda a veciñanza a participar en todos os encontros programados nesta actividade coa que se quere "apoiar a todas as familias rosaleiras que están en plena crianza, unha tarefa complexa que pode xerar moita inseguridade e medos en todos os pais e nais".

Concello de O Rosal




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais