JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Amelia Tiganus presentou na Guarda o seu libro "La revuelta de las putas"

" Amelia Tiganus presentou o seu libro no Centro Cultural da Guarda o xoves día 28 de abril.

O Concello da Guarda programou este ano diversas actividades para conmemorar o 8M baixo "Semente de Igualdade", unha campaña na que incluiron as accións polo Día Internacional da Muller con teatro, actividades educativas nos centros escolares do municipio, un escape room, charlas, entre outras.

O mércores día 27 de abril pola mañá, tivo lugar unha charla a cargo de Amelia Tiganus, dirixida ao alumnado de Bacharelato e Ciclos de F.P do IES A Sangriña.

O xoves 28 de abril o Centro Cultural acolleu unha segunda charla de Amelia Tiganus, dirixida ao público en xeral onde falou do seu libro" La revuelta de las Putas", aproveitando tamén para incorporar dous exemplares asinados na Biblioteca Pública Municipal da Guarda para o seu préstamo aos usuarios da mesma, un testemuño que é realmente imprescindible para cambiar estruturas e mudar o mundo.

Máis dun cento de persoas participaron nesta charla, onde Fátima Rodríguez, Concelleira de Igualdade, foi a encargada de abrir a mesma xunto coa responsable do CIM, Yolanda Villaverde.

Amelia, activista feminista a favor do abolicionismo da prostitución, falou en primeira persoa e de forma clara das situacións de escravitude as que son sometidas moitas mulleres e que en nome da liberdade sexual , o sistema consinte.

Amelia Tiganus, nada o 11 de marzo de 1984 en Galati, Rumanía. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español.

Publicou varios artigos, un comic titulado " Amelia, historia de una lucha" coa intención de chegar á poboación máis nova e acaba de publicar 'La revuelta de las putas' e é formadora en varios cursos e obradoiros de sensibilización e prevención da trata e a prostitución.

Das súas aparicións nos medios de comunicación, destaca a súa intervención no programa Salvados - Las invisibles , un programa de máxima audiencia da Sexta - onde foi entrevistada en profundidade polo xornalista Jordi Évole e na cadena SER no programa de Aimar Bretos " Hora 25" entre moitas outras intervencións públicas.

Tiganus deixa claro que: "Non podemos falar de igualdade entre homes e mulleres, nin de xustiza social, nin da sociedade do bo trato mentres exista unha soa muller no mundo explotada sexualmente".

Ten varios recoñecementos, entre eles, O Recoñecemento do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdade a persoas e institucións cuxa labor na erradicación da violencia contra as mulleres destacou especialmente. Categoría "Superación".

Estase traballando no deseño dun roteiro e unha andaina coa finalidade de visibilizar e pór en valor o importante papel das mulleres guardesas.

Concello de A Guarda


Recta final de inscricións para a II Carreira Solidaria e inclusiva Revirando na Guarda

" A Carreira conta xa co seu propio "himno", unha canción moi emotiva realizada por Tincho Fernan
" As inscricións continúan abertas ata Mércores día 4 de maio

O vindeiro domingo día 8 de maio A Guarda acolle a segunda edición da Carreira Solidaria e inclusiva Revirando, organizada polo Colexio PP. Somascos e o Colexio de discapacidade intelectual San Xerome Emiliani.

Trátase dunha proba solidaria non competitiva que ten por obxectivo a convivencia festiva nun evento inclusivo onde coincidirán nenos/as e adultos. É a culminación ou produto final dun proxecto educativo en que o alumnado aborda a organización da mesma sempre desde un prisma de sensibilidade cara a discapacidade e complementado con outras actividades integradoras e solidarias en liña de meta.

A proba celebrarase o vindeiro domingo día 8 de maio a partires das 10:30h con dous percorridos: na modalidade 1 con 3800m e a modo carreira ou andaina e na modalidade 2 con 1000m a modo carreira ou andaina, con saída e meta na Alameda da Guarda.

A cota de inscrición é de 7€ para adultos e de 3€ para menores de 16 anos, establecendo tamén a Fila 0 para as persoas que non estean interesadas na participación activa na carreira pero que si queiran contribuír a que REVIRANDO poida seguir loitando polos seus obxectivos, tamén é posible realizar na propia plataforma de inscrición un donativo que será doado a Asociación DisCamino, este deberá ser feito por transferencia e non por pago por tarxeta.

As inscricións continúan abertas ata Mércores día 4 de maio no seguinte link: https://inscriu.me/es/revirando-a-guarda-ii-0 No caso de chegar a 1000 inscritos pecharase a inscrición antes da data sinalada.

Máis actividades na Alameda da Guarda

Haberá un campo de baloncesto no que o equipo campión de Europa en cadeira de rodas, IBERCONSA AMFIV, ensinará a toda a xente que o desexe os segredos desta modalidade. Poderán participar activamente todas as persoas que o desexen.

Contarase tamén un PATIO DINÁMICO OU INCLUSIVO. Trátase dun espazo inclusivo onde os nenos/as asistentes poderán xogar nun modelo de xogos tradicionais que veñen facendo os dous colexios na súa alianza en materia de inclusión.

Realizaranse ademais partidas simultáneas de Xadrez e contarase co concerto do grupo "Uxía Lambona e a Banda Molona".

Ao remate farase entrega dos PREMIOS REVIRANDO a organizacións ou persoas que contribúan en materia de inclusión ou discapacidade e como colofón do evento terá lugar un SORTEO con múltiples agasallos a sortear.

Canción da Carreira Revirando

A Carreira conta xa co seu propio "himno", unha canción moi emotiva realizada por Tincho Fernan e na que se misturan diferentes verbas do que os propios rapaces pensan que significa "Revirando" para eles. Colaboraron nesta canción Ticho Fernán (banda Sonora), Nuria González (Voz), Suso Feixón (Batería e percursión), Pedro Feijoo (baixo e producción) e o alumnado do centro educativo PP Somascos cos coros.

Concello de A Guarda


A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 6 e sábado 7 de maio

" O venres 6 en horario de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30h a 21:00h e o sábado 7 de 10:15h ás 15:00h.

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 6 en horario de 16:15 ás 14:00 horas e de 16:30h a 21:00h e o sábado 7 de 10:15h ás 15:00h.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

Concello de A Guarda


Amelia Tiganus presenta na Guarda o seu libro "La revuelta de las putas"

" Amelia Tiganus realizou unha charla con escolares este mércores día 27 de abril e mañá xoves presenta o seu libro no Centro Cultural da Guarda(con inscrición previa).

O Concello da Guarda programou este ano diversas actividades para conmemorar o 8M baixo "Semente de Igualdade", unha campaña na que incluiron as accións polo Día Internacional da Muller con teatro, actividades educativas nos centros escolares do municipio, un escape room, charlas, entre outras.

Na xornada deste mércores día 27 de abril o Salón de actos do IES A Sangriña da Guarda acolleu unha charla a cargo de Amelia Tiganus, que contou coa asistencia de Fátima Rodríguez, Concelleira de Igualdade e que estivo dirixida ao alumnado de Bacharelato e Ciclos de F.P do IES A Sangriña.

Mañá xoves 28 de abril, ás 19:30h o Centro Cultural acollerá unha segunda charla de Amelia Tiganus, dirixida ao público en xeral onde nos falará do seu libro" La revuelta de las Putas".

Esta actividade no Centro Cultural da Guarda require dunha inscrición previa en https://www.eventbrite.es/e/entradas-relatorio-amelia-tiganus-324040131757?aff=ebdsoporgprofile

Amelia Tiganus é una activista feminista abolicionista , nada o 11 de marzo de 1984 en Galati, Rumanía. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español.

Publicou varios artigos, un comic titulado " Amelia, historia de una lucha" coa intención de chegar á poboación máis nova e acaba de publicar 'La revuelta de las putas' e é formadora en varios cursos e obradoiros de sensibilización e prevención da trata e a prostitución.

Das súas aparicións nos medios de comunicación, destaca a súa intervención no programa Salvados - Las invisibles , un programa de máxima audiencia da Sexta - onde foi entrevistada en profundidade polo xornalista Jordi Évole e na cadena SER no programa de Aimar Bretos " Hora 25" entre moitas outras intervencións públicas.

Tiganus deixa claro que: "Non podemos falar de igualdade entre homes e mulleres, nin de xustiza social, nin da sociedade do bo trato mentres exista unha soa muller no mundo explotada sexualmente".

Ten varios recoñecementos, entre eles, O Recoñecemento do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdade a persoas e institucións cuxa labor na erradicación da violencia contra as mulleres destacou especialmente. Categoría "Superación".

Estase traballando no deseño dun roteiro e unha andaina coa finalidade de visibilizar e pór en valor o importante papel das mulleres guardesas

Concello de A Guarda


A Casa dos Alonso acolle este sábado a presentación do libro "Palabras como corpos prata"

" O libro, de Joaquín Cadilla, será presentado ás 18:00h do sábado día 30 de abril na Casa dos Alonso.

O vindeiro sábado día 30 de abril ás 18:00h será presentado na Casa dos Alonso o libro "Palabras como corpos prata" de Joaquín Cadilla, unha obra que inclúe máis de corenta poemas.

O acto será presentado polo escritor e periodista Manrique Fernández e no mesmo intervirán homes e mulleres do mar da Guarda, que darán lectura a varios poemas para rematar cunha actuación musical a cargo da artista guardesa Laura Tantes, que interpretará varios temas tradicionais.

O libro estará dispoñible no acto e o seu prezo será en forma de doazón, destinadas integramente á Asociación Avelaíña, tamén estará dispoñible en vindeiras datas nas librarías da vila.

Concello de A Guarda


Correos presenta na Guarda o selo dedicado ao Monte Santa Trega

o O selo, que forma parte da serie filatélica Natureza, mostra unha imaxe dunha das construcións do castro.

o No acto de presentación asistiron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a directora de Relacións Institucionais e Filatelia de Correos, Leire Díez e a Deputada Provincial Iria Lamas.

Correos presentou hoxe no Salón de Plenos do Concello da Guarda o selo dedicado ao Monte Santa Trega, da serie filatélica Natureza. No acto de presentación asistiron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a directora de Relacións Institucionais e Filatelia de Correos, Leire Díez e a Deputada Provincial, Iria Lamas.

Correos puxo en circulación este selo xa que consideraba o monte Santa Trega como un referente polos seus valores patrimoniais, relixiosos e paisaxísticos. Neste número, Correos quere destacar que Santa Trega ofrece unha imaxe que queda gravada en todos os que a visitan.

De feito, o selo inclúe un primeiro plano dun dos edificios do castro e ao fondo as vistas que se poden admirar dende o monte. Ten un valor nominal de 2,70 euros e unha tirada de 135.000 exemplares.

Ficha técnica:

o Data de emisión: 21/04/2022
o Soporte: Estucado, engomado, fosforescente
o Impresión: Offset
o Tamaño: 74,6 x 28,8 mm
o Efectos en pliego: 15 selos
o Valor postal: 2'70
o Tirada: 135.000

Máis selos dedicados á provincia de Pontevedra

O selo presentado en A Guarda súmase á lista de selos que Correos dedicou a diversos motivos na provincia. Hoxe presentouse na capital pontevedresa o selo da serie filatélica de 12 meses dedicada á provincia.

Cun valor de 0,75 euros, o selo inclúe a imaxe do claustro da Catedral de Tui, acompañada das iniciais 'PO'.

Entre as 28 emisións realizadas, sumando estas dúas, destacan as que en 1965 homenaxearon o Pazo de Fefiñáns de Cambados, a ponte de Rande de 1981, ou en 2002 a Denominación de Orixe Rías Baixas ou o cruceiro de pedra do Hío.

Sobre Correos:

CORREOS naceu hai máis de 300 anos e, tras unha continua adaptación ao mercado, é hoxe o operador líder do sector en España. Na actualidade, a estratexia da compañía céntrase na internacionalización, a sustentabilidade e a transformación dixital. Con preto de 51.000 profesionais, a compañía presta servizos aos cidadáns a través da súa rede de 2.370 oficinas, distribuíndo preto de 7,5 millóns de envíos diarios. O Grupo Correos conta con 3 filiais: Correos Express dedicada á paquetería express, Nexea especializada en solucións multicanle para comunicacións masivas para empresas, e Correos Telecom encargada da xestión e comercialización de infraestruturas de telecomunicacións. Pertencente ao Grupo SEPI, forma parte dun holding empresarial que engloba un total de 15 empresas públicas.

Concello de A Guarda


O Alcalde da Guarda visita a unidade móbil de coidados sociosanitarios "Porta a Porta"

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a tenente de alcalde, Montserrat Magallanes e a Concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, visitaron esta mañá a Unidade Móbil de coidados sociosanitarios instalada no Campo de Fínola e que estará atao vindeiro mércores.

Esta proposta da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, visitará os 14 municipios do sur pertencentes ás bisbarras do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta ata finais do presente mes de maio, estando previstas dúas visitas máis.

Estes servizos de sociosanitarios mediante unidades móbiles están pensados para achegar a atención as zonas rurais con dispersión poboacional. Plantéanse coma unha alternativa para evitar desprazamentos e levar achegar os servizos a cidadanía.

Os representantes municipais estiveron conversando cos sanitarios que prestan o servizo na unidade móbil interesandose polas características da campaña "porta a porta". "Queremos saber como son os servizos e a atención que se presta na unidade móbil para poder informar correctamente a cidadanía que estes días nos pregunta por esta campaña" declaraba o alcalde.

As consultas ofertadas consisten en revisións e valoracións auditivas; atención podolóxica para prevención, diagnose e tratamento das principais patoloxías dos pés; e realización de probas de valoración cognitiva ou exercicios de estimulación para a prevención de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.

Para esta visita na Guarda da Unidade Móbil de coidados sociosanitarios, están xa todas as citas completas, máis información chamando ao número de teléfono 622 748 283 ou contactar a través do enderezo de correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Concello de A Guarda


Plan para a implementación dos ODS a nivel municipal na Guarda

O Concello da Guarda a través do Fondo Galego de Cooperación, acaba de dar comezo a elaboración do Plan para implementación dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible a nivel local para os próximos tres anos.

Para esta labor o Concello estará guiado polo equipo de profesionais da empresa contratada polo Fondo Galego de Cooperación, o ICSEM.

Todo este traballo terá diferentes fases ao longo deste tempo, partindo dunha análise diagnóstico, coa revisión de información, elaboración de mapa de axentes sociais, enquisas, etc. A partir desta análise elaborarán accións concretas que poidan implantarse nos próximos 3 anos para avanzar no cumprimento da Axenda 2030.

O plan e accións que se programan faranse públicas a finais deste ano 2022.

Concello de A Guarda


Skeirrum, unha gamificación do patrimonio e da cultura a través dunha aplicación web.

As Guardesas, Erea Rodríguez e Cintia Lomba, conseguen para o seu proxecto 1500 € en metálico e 20 horas de mentorías tras gañar o 2º premio na Revolta Rural convocada pola GDR Terras de Miranda (Mariña Lucense).

Esta fin de semana celebrouse no pazo de San Tomé de Mondoñedo a iniciativa Revolta Rural, un maratón de emprendemento impulsado polos Grupos de Desenvolvemento Rural Terras de Miranda, Montes e Vales Orientais e Seitura 22, co obxectivo de poñer en valor o "poder e o talento para impulsar" e o desenvolvemento do sector rural galego. A convocatoria presentáronse unha trintena de proxectos e premiáronse os 4 mellores proxectos de cada territorio.

Erea e Cintia presentaron "Skeirrum", un proxecto que ofrece experiencias totalmente personalizadas para promover o patrimonio e a cultura. Trátase dunha proposta dixital que desenvolve Street Escapes, Escape Rooms ao aire libre.

O servizo funciona a través dunha aplicación web para smartphones a que se accede mediante códigos QR. Esta experiencia pódese adaptar a calquera lugar: pobos, parques naturais, rutas de sendeirismo, cidades, museos, etc. Poñendo así en valor todos aqueles recursos que ofrece o territorio ou desenvolvendo calquer tipo de temática: día da muller, cambio climático, etc..

O proxecto está na última fase do desenvolvemento, nas próximas semanas lanzarase a fase beta e as autoras xa están reservando datas para o verán ante as demandas dos seus clientes. Mentres tanto están facendo un percorrido de promoción en distintos eventos para emprendedores cun éxito relevante. Fai duas semanas fixéronse co segundo premio no VIII encontro internacional de xoves emprendedores 2022, na cidade de Zamora.

Para elaborar unha Street Escape, Erea e Cintia, crean un percorrido interactivo narrando unha aventura no contexto da historia e cultura dos lugares, facendo referencia aos elementos etnográficos, arquitectónicos e patrimoniais, con referencias a temáticas de igualdade de xénero ou outras que se queiran abordar como por exemplo os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible.

Skeirrum ten o dobre obxectivo de divertir e difundir coñecemento a través do xogo gamificando o patrimonio, a cultura, a natureza ou outro ámbito ou temática que se nos poida ocurrir.

A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais