|
O Rosal, terra de bos lectores e lectoras
A alcaldesa entregou os premios a Yulisa Cividades, Álex Diego e Luis Machado, usuarias e usuarios que maior número de libros colleron na biblioteca municipal no último ano
O Rosal continúa conmemorando o Día do Libro do mellor xeito posible: premiando as rosaleiras e rosaleiros con verdadeira paixón pola literatura. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, entregou os premios Bo lector, un galardón co que se recoñece aos usuarios e usuarias da biblioteca municipal que máis libros colleron en préstamo durante o último ano. "É unha forma máis de animar e fomentar a lectura e de facerlles unha pequena homenaxe a todas aquelas persoas que tanto visitan a nosa biblioteca", salienta a rexedora.
O premio á persoa con máis libros lidos na categoría infantil, de 0 a 9 anos, recaeu en Yulisa Cividanes Rodríguez. Pola súa banda, na categoría xuvenil (de 10 a 18 anos) o primeiro posto foi para Álex Diego Alonso, mentres que na categoría adulto (a partir dos 18 anos) a persoa con máis libros collidos en préstamo na biblioteca foi Luis Machado Rivero.
A alcaldesa fíxolles entrega a cada un dos gañadores e gañadoras dun diploma que recoñece o seu hábito lector e agasallounos cun lote de libros. Fernández Callís deu os parabéns aos tres gañadores e a todos os usuarios e usuarias da biblioteca "porque a lectura é fundamental na nosa sociedade. Convidamos a toda a veciñanza a achegarse ata estas instalacións e desfrutar dun espazo único que sempre ofrece unha morea de posibilidades".
Concello de O Rosal
O Concello realiza na Portela novas probas coa cadeira todo terreo para sendeirismo inclusivo
O veciño do Rosal, Manu Sobrino, realizou o percorrido ata os muíño do Folón acompañado dun equipo de 12 persoas
O Rosal continúa dando pasos para converterse nun municipio accesible e inclusivo para todas e todos, tamén no desfrute da natureza e da contorna. Un equipo de 12 persoas acompañou ao rosaleiro Manuel Sobrino nun percorrido dende A Portela ata o miradoiro dos muíños do Folón, pasando pola capela de San Martiño, para continuar probando a Joëlette, unha cadeira todo terreo coa que as persoas con mobilidade reducida poderán realizar sendeirismo no municipio. "O obxectivo é crear un servizo permanente para que as persoas que o precisen poidan facer diferentes rutas de xeito programado acompañadas dun equipo de voluntarios e voluntarias", explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Nesta ocasión Manuel e o equipo de voluntarios e voluntarias saíron ás 09.00 horas dende A Portela para chegar de volta ás 13.00 horas, tras dúas paradas no camiño. A pesar da neboeira inicial que cubría o val a primeira hora da mañá, a medida que o día foi aclarando as e os excursionistas puideron gozar das impresionantes vistas da contorna. O obxectivo deste percorrido era experimentar as distintas posicións da cadeira nun terreo favorable para continuar aprendendo sobre o seu uso. A rexedora salienta que "a proba foi todo un éxito. Dende o Concello continuaremos facendo percorridos nos vindeiros meses para probar escenarios, subindo pouco a pouco a dificultade dos itinerarios".
A adquisición desta cadeira todo terreo "é un paso máis cara a inclusión integral que comezamos co proxecto Cocreando Sociedade", co que O Rosal trata de estreitar lazos entre o tecido asociativo, administración local e entidades que traballan a prol da diversidade para deseñar de forma conxunta estratexias e iniciativas inclusivas.
A cadeira conta soamente cunha roda e con dous elementos de agarre, un traseiro e un dianteiro. A persoa que a utilice debe ir acompañada de polo menos dúas persoas, xa que unha debe asegurar o seu equilibrio e a outra encargarse da tracción e da dirección.
A alcaldesa quixo agradecer a Manuel Sobrino o seu esforzo e dedicación e a todas e todos os voluntarios que participaron, Carlos, Pépix, Manolo, Leire, Miguel, Kiko, Marta, Moncho, Óscar, Sara, Julio e Ignacio, "que nos acompañaran neste novo fito para a accesibilidade no noso concello".
Concello de O Rosal
O Rosal descubre novas e novos poetas no certame de poesía Rosalía de Castro do CPI
A alcaldesa entregou este martes os premios ao alumnado gañador
Novas e novos poetas agóchanse nas aulas do CPI Manuel Suárez Marquier. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, entregou este martes os galardóns aos premiados no certame de poesía co que o centro conmemorou este ano o Día de Rosalía de Castro en colaboración co Concello do Rosal. "Os resultados da participación déixanos ver que temos un gran potencial entre os nosos nenos e nenas e entre a nosa mocidade. Foron capaces de sorprendernos coas súas creacións, poemas actuais adaptados aos diferentes temas que Rosalía tratou na súa obra", explica a rexedora.
Na categoría 1, para alumnado de primeiro e segundo ciclo de educación primaria, o xurado decidiu outorgar un premio colectivo á clase de 1º de Primaria, mentres que a estudante Lea Lomba Alonso, de 4º de Primaria fíxose co accésit. Na categoría 2, para estudantes de terceiro ciclo de educación primaria e 1º e 2º da ESO, a gañadora foi Noa Carabelos Álvarez, da clase de 6ºB. O accésit desta categoría foi para Saray Álvarez Coimbra, de 5ºB de primaria.
As obras debían ser inéditas e seguir a estrutura da poesía de Rosalía: unha linguaxe sinxela, versos curtos e glosa ou cantar popular que aparece ao principio da composición e a partir da que se elabora o poema. Como os poemas da autora, os traballos presentados debían centrarse na paisaxe galega, no amor, na emigración, na soidade, no costumismo, no machismo na sociedade ou na ironía ou o humor para tratar eses mesmos temas.
A alcaldesa quixo dar os seus parabéns non só ás e aos gañadores, senón a todo o alumnado "por participar no certame e render a súa propia homenaxe a unha autora que é peza fundamental da literatura galega".
Concello de O Rosal
|
|
|
Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
 |
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000
|
Há estórias de casas e casas com história Externato de Santa Rita de Caminha
 |
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000
|
República em Tumulto
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
História Nossa Crónicas de Tempos Passados por Terras de Caminha e Âncora
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento Apoiado pela Fundação EDP
|
Da Monarquia à República no Concelho de Caminha Crónica Política (1906 - 1913)
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
O Estado Novo
e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense
Júlio Baptista (1882 - 1961)
 |
Organização e estudo biográfico do autor
por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora
 |
Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000
|
Memórias da Serra d'Arga
 |
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000
|
Outras Edições Regionais
|