JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A rede móbil de nova xeración chega a Oia

As operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange implantarán nas próximas semanas en Oia os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración 4G e 5G (sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente). Para solucionar as posibles afeccións que estes cambios poidan ter sobre a TDT, as operadoras poñen a disposición da veciñanza o número de teléfono gratuíto 900 833 999.

As conexións de nova xeración permitirán aos veciños e veciñas de Oia contar con conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e tamén cunha maior extensión xeográfica. A prestación destes servizos móbiles nas bandas de 800 e 700 MHz poderá afectar á recepción do sinal de TDT dos usuarios, debido a que estas bandas eran anteriormente empregadas para o servizo da televisión.

No caso de producírense estas afectacións sobre a TDT, as operadoras teñen posto en marcha o servizo "llega700" para resolver calquera problema de xeito gratuíto. Para iso, tense habilitado o antedito número de teléfono, así como a páxina web www.llega700.es Ás persoas afectadas solucionaránselle as incidencias sen custo algún, co obxectivo de restablecer a recepción do sinal da TDT con total normalidade.

Concello de Oia




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais