JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Últimos días para presentar solicitude para as subvencións de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos

Dende o Concello da Guarda infórmase de que o próximo día 9 de maio rematará o prazo de solicitude das subvencións da Xunta de Galicia para a dotación de servizo de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas en zonas do rural galego.

Superado o ecuador do prazo de solicitude, facemos unha última chamada a todos aqueles autónomos e empresas interesados nestas axudas da Xunta.

Esta liña de axudas conta cun orzamento inicial de case 880.000 euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

As empresas interesadas poderán beneficiarse de subvencións de ata o 100% dos custos necesarios para o acceso a internet de cando menos 100 Mbps , cun máximo de 20.000€ por proxecto.

Para máis información sobre estas axudas pode acceder á seguinte ligazón PR604A - Subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida. - Sede Electrónica - Xunta de Galicia, ou ben poñerse en contacto coa Oficina de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.gal ou chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres de 9:00 a 15:00h.

Concello de A Guarda


O grupo "Teatro da Apocalipse" presentarán tres pezas curtas o vindeiro sábado 30 abril no Centro Cultural da Guarda

Baixo o nome "Teatro da Apocalipse", agóchase un grupo de teatro afecionado do Baixo Miño xurdido da Escola de Teatro de Tomiño. Os inicios da súa andadura coincidiron co confinamento do 2020, polo que os primeiros ensaios fixéronse por vídeo conferencia e logo, na medida do posible foron mudando ao xeito presencial, ata a actualidade na que xa nos poden amosar os seus primeiros traballos.

A proposta que presentaran o vindeiro sábado 30 de abril no Centro Cultural ás 20:30h. está constituída por tres pezas curtas baseadas en diferentes textos literarios: "Gastrónomos", a partir dun conto de Roald Dahl, na que a acción desenvólvese nunha casa aristocrática inglesa a mediados dos anos 60 do pasado século."Mentireiro", a partir dun conto de Isaac Asimov, do libro "Eu, robot", narra as relacións entre un robot e humanos científicos e "Bar de ratas", adaptación da curtametraxe "Las ratas" de Damián Szifron, curtametraxe da película "Relatos salvajes", conta unha acción que ten lugar nun bar de estradas no rural arxentino, que provoca un encontro inesperado.

Estas pezas xa foron presentadas no Concello do Rosal e centros sociais do Baixo Miño como Avelaíña. Cada unha das pezas ten unha duración aproximada duns 10-15 minutos e a asistencia é libre e gratuíta, non sendo precisa a reserva previa de entradas.

Concello de A Guarda


A Guarda pecha o programa "Semente de Igualdade" coa presentación do libro de Amelia Tiganus

" Amelia Tiganus realizará unha charla con escolares o día 27 de abril e o día 28 presenta o seu libro no Centro Cultural da Guarda(con inscrición previa).

O Concello da Guarda programou este ano diversas actividades para conmemorar o 8M baixo "Semente de Igualdade", unha campaña na que incluiron as accións polo Día Internacional da Muller con teatro, actividades educativas nos centros escolares do municipio, un escape room, charlas, entre outras.

O mércores día 27 de abril pola mañá, terá lugar unha charla a cargo de Amelia Tiganus, dirixida ao alumnado de Bacharelato e Ciclos de F.P do IES A Sangriña e o xoves 28 de abril, ás 19:30h o Centro Cultural acollerá unha segunda charla de Amelia Tiganus, dirixida ao público en xeral onde nos falará do seu libro" La revuelta de las Putas".

Esta actividade no Centro Cultural da Guarda require dunha inscrición previa en https://www.eventbrite.es/e/entradas-relatorio-amelia-tiganus-324040131757?aff=ebdsoporgprofile

Amelia Tiganus é una activista feminista abolicionista , nada o 11 de marzo de 1984 en Galati, Rumanía. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español.

Publicou varios artigos, un comic titulado " Amelia, historia de una lucha" coa intención de chegar á poboación máis nova e acaba de publicar 'La revuelta de las putas' e é formadora en varios cursos e obradoiros de sensibilización e prevención da trata e a prostitución.

Das súas aparicións nos medios de comunicación, destaca a súa intervención no programa Salvados - Las invisibles , un programa de máxima audiencia da Sexta - onde foi entrevistada en profundidade polo xornalista Jordi Évole e na cadena SER no programa de Aimar Bretos " Hora 25" entre moitas outras intervencións públicas.

Tiganus deixa claro que: "Non podemos falar de igualdade entre homes e mulleres, nin de xustiza social, nin da sociedade do bo trato mentres exista unha soa muller no mundo explotada sexualmente".

Ten varios recoñecementos, entre eles, O Recoñecemento do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdade a persoas e institucións cuxa labor na erradicación da violencia contra as mulleres destacou especialmente. Categoría "Superación".

Estase traballando no deseño dun roteiro e unha andaina coa finalidade de visibilizar e pór en valor o importante papel das mulleres guardesas

Concello de A Guarda


Cumpre 90 anos sendo a usuaria máis activa da Piscina Municipal da Guarda

" Domitila Vicente Franco cumpre este mércores 90 anos na compaña das súas compañeiras da Piscina Municipal da Guarda, á que leva asistindo 24 anos.

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, visitaron na xornada deste mércores día 20 de abril a Piscina Municipal da Guarda para dar os parabéns a Tomitila Vicente Franco polo seu 90º aniversario.

Domitila ou "Tila", como lle chaman as súas amizades, leva 24 anos asistindo ininterrompidamente á Piscina Municipal da Guarda, sendo a usuaria máis activa dende a posta en marcha deste servizo no ano 1998.

Foi por este motivo que o persoal da Piscina e as súas compañeiras de grupo da Piscina quixeron darlle esta agarimosa recepción, na que no faltou o cumpreanos feliz, as fotos, os cantos e as risas.

Conta Tila que foi un médico o que lle recomendou asistir á piscina para levar mellor algúns problemas que padecía de mobilidade nas pernas, pero a cousa converteuse nunha afección da que non houbo maneira de separala, indicando que moitas veces tamén ía á piscina os sábados e domingos, aínda que agora só vai de luns a venres.

Tila aproveita tamén o seu día a día para camiñar pola vila, dando un paseo dunha hora despois de asistir á piscina á mañá e outro pola tarde.

A Concelleira de Deportes quixo por de manifesto o exemplo que é Tila para moitas persoas, animando aos veciños e veciñas da Guarda a que aproveiten este servizo municipal e se apunten á piscina para facer deporte, cos importantes beneficios para a saúde que supón.

Concello de A Guarda


A Guarda prepárase para acoller a II Carreira Solidaria e inclusiva Revirando

A Casa dos Alonso acolleu na mañá deste xoves día 21 de abril a presentación da segunda edición da Carreira Solidaria e inclusiva Revirando, organizada polo Colexio PP. Somascos e o Colexio de discapacidade intelectual San Xerome Emiliani.

No acto de presentación estiveron presentes o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes; Valentina González Rodríguez, representante PP Somascos; Christian Estévez, representante de San Xerome e David Alonso, profesor e coordinador da carreira.

Antonio Lomba quixo agradecer o enorme esforzo que supón organizar este tipo de eventos, dando os parabéns e indicando o total apoio do Concello da Guarda a este evento solidario e inclusivo que, sen dúbida, agrupa a boa parte da cidadanía da Guarda.

Trátase dunha proba solidaria non competitiva que ten por obxectivo a convivencia festiva nun evento inclusivo onde coincidirán nenos/as e adultos. É a culminación ou produto final dun proxecto educativo en que o alumnado aborda a organización da mesma sempre desde un prisma de sensibilidade cara a discapacidade e complementado con outras actividades integradoras e solidarias en liña de meta.

A proba celebrarase o domingo 8 de maio a partires das 10:30h con dous percorridos: na modalidade 1 con 3800m e a modo carreira ou andaina e na modalidade 2 con 1000m a modo carreira ou andaina, con saída e meta na Alameda da Guarda.

A cota de inscrición será de : 7,00€ para adultos e de 3,00€ para menores de 16 anos, establecendo tamén a Fila 0: No caso das persoas que non estean interesadas na participación activa na carreira pero si queiran contribuír a que REVIRANDO poida seguir loitando polos seus obxectivos, tamén é posible realizar na propia plataforma de inscrición un donativo que será doado a Asociación DisCamino, este deberá ser feito por transferencia e non por pago por tarxeta.

As inscricións están xa abertas ata o 4 de maio no seguinte link: https://inscriu.me/es/revirando-a-guarda-ii-0 No caso de chegar a 1000 inscritos pecharase a inscrición antes da data sinalada.

Máis actividades na Alameda da Guarda

Haberá un campo de baloncesto no que o equipo campión de Europa en cadeira de rodas, IBERCONSA AMFIV, ensinará a toda a xente que o desexe os segredos desta modalidade. Poderán participar activamente todas as persoas que o desexen.

Teremos tamén un PATIO DINÁMICO OU INCLUSIVO. Trátase dun espazo inclusivo onde os nenos/as asistentes poderán xogar nun modelo de xogos tradicionais que veñen facendo os dous colexios na súa alianza en materia de inclusión.

Realizaranse ademais partidas simultáneas de Xadrez e contarase co concerto do grupo "Uxía Lambona e a Banda Molona".

Ao remate farase entrega dos PREMIOS REVIRANDO a organizacións ou persoas que contribúan en materia de inclusión ou discapacidade e como colofón do evento terá lugar un SORTEO con múltiples agasallos a sortear.

Concello de A Guarda


A Guarda remata abril con programación polo día do libro

" Presentacións de libros e actividades de rúa para fomentar a lectura neste mes de abril.

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, realizou ao longo deste mes de abril diversas actividades polo mes do libro 2022 que continúan esta fin de semana co Día do Libro(23 de abril).

PROGRAMACIÓN MES DO LIBRO

Este ano decidiuse realizar a II Ruta do Libro, unha actividade na que participan as 4 librarías da vila e na que entregarase un agasallo na Biblioteca Municipal da Guarda a todas as persoas que consuman 30€ nestes establecementos.

Xa para rematar a programación do mes do libro 2022, o 23 de abril celebraremos o Día do Libro con descontos especiais nas librarías da Guarda e obsequiarase cunha flor(ata fin de existencias) ás persoas que realicen compras neste día. Ademais contarase de 10:30h a 13:00h cun emblema clásico dos cómics de España, "Mortadelo e Filemón", que visitarán A Guarda para conmemorar este día facendo un percorrido pola Biblioteca Municipal, as Librarías e as principais rúas da vila.

Recorda que na Biblioteca Municipal da Guarda está habilitado un mural no que poder deixar a túa pegada con mensaxes ao longo de todo o mes de abril.

Máis actividades polo mes do libro

O venres día 22 de abril presentase ás 20:00h na Casa dos Alonso o libro sobre o Campo de Concentración de Camposancos "A Porta do inferno" de José Antonio Uris Guisantes e Víctor M. Santidrian.

O Sábado día 30 de abril ás 18:00h terá lugar na Casa dos Alonso a presentación do libro "Palabras como corpos prata" de Joaquín Cadilla. Aforo limitado e inscrición previa en centrocultural@aguarda.es

Concello de A Guarda


O OMIX de A Guarda quere escoitar o que ten que dicir a xuventude da vila sobre o seu futuro

" Iníciase unha investigación sobre o futuro laboral e a perspectiva da mocidade
" Os resultados presentaranse na vindeira Feira de Emprego de outubro

A Oficina Municipal de Información Xuvenil ven de comezar un proxecto de investigación sobre a visión de A Guarda dos mozos e mozas de entre 15 e 29 anos e as perspectivas de futuro laboral que ofrece a vila.

O elemento clave para o éxito da investigación será a participación activa da mocidade, que se canalizará a través dunha primeira fase de sondaxe masiva e a posterior creación dun Foro participativo. A devandita enquisa estará dispoñible en formato electrónico ata o día 29 de abril na seguinte ligazón https://es.surveymonkey.com/r/OMIX . Nela, búscase coñecer cales son os aspectos máis valorados neste segmento de idade á hora de escoller o seu futuro -ou actual- lugar de residencia, o desenvolvemento da súa carreira profesional e en que grao A Guarda pode satisfacer esas expectativas. Para garantir as taxas de participación o máis altas posibles, realizaranse visitas aos centros educativos guardeses nos próximos días. Tamén se colocarán carteis con códigos QR en diferentes puntos de tránsito habitual da mocidade, coma as asociacións e clubs ou o propio OMIX.

O posterior Foro participativo fará unha achega máis próxima á visión global da mocidade da vila a través de dinámicas participativas e actividades, que serán levadas a cabo por unha facilitadora experta na materia da empresa intheMOVE. A inscrición no evento, que se desenvolverá en dependencias do concello o 11 de maio, poderase realizar a través da citada enquisa.

Para rematar a investigación, cos datos obtidos de ambas fases elaborarase un vídeo resumo que será presentado na Feira de Emprego de outubro.

Malos tempos para ser novo

Segundo os últimos datos publicados polo Instituto da Xuventude sobre o desemprego xuvenil, Galicia é unha das comunidades autónomas cunha taxa por debaixo da media estatal, que así e todo é dun 12% no pasado mes de febreiro. Este mesmo organismo, no seu último Informe Xuventude España publicado no 2021, recolle que a crise do Covid foi a última circunstancia en afectar negativamente á taxa de emancipación das mozas e mozos españois, aumentando a fenda con outros países da Unión Europea.

A xa acuñada "década perdida", que leva ás costas os efectos a longo prazo da crise económica do 2008 e dunha pandemia, destaca a inestabilidade do mercado laboral como factor determinante á hora de considerar o seu futuro máis inmediato. Proximamente saberemos se a mocidade de A Guarda reflicte estas inquedanzas nesta investigación.

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais