JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Este sábado 16, nova cita co sabor no Mercado de Tomiño

Xa están á venda os tíckets para participar na segunda xornada de degustación de pinchos celebrada ao abeiro da campaña 'Vive!'

A actividade continúa esta Semana Santa en Tomiño con novas accións programadas ao abeiro de 'Vive!', unha campaña posta en marcha polo Concello para a reactivación económica e a dinamización do comercio local e que está a ter unha grande acollida por parte do público durante as súas primeiras semanas de vida.

Este 16 de abril, o Mercado de Tomiño acolle a segunda xornada dos 'Sábados con sabor', un formato co que se busca que a veciñanza desfrute do tempo lecer nestas instalacións mentres degusta novidosos pinchos e bebidas, á vez que enche de vida o mercado e convida a tomiñeses e tomiñesas a mercar nel.

Nesta nova xornada, o público poderá gozar de 13.00 a 15.00 horas de dúas bebidas e dous pinchos de autor ideados e creados para cada sesión polos propios praceiros e praceiras con produtos locais. Así, o menú desta fin de semana estará composto por falafel e por unha brocheta de tenreira con lagostinos en salsa teriyaki e sementes de sésamo.

As persoas interesadas en participar poden comprar xa os seus tíckets en calquera dos postos do Mercado Municipal de Tomiño. O prezo de cada entrada será de seis euros e haberá un aforo máximo de 60 persoas.

Concello Tomiño


Tomiño vén de publicar as bases do "Circuíto Cultural 2022" co fin de promocionar as agrupacións musicais tradicionais do municipio

O prazo de presentación das solicitudes será cunha antelación mínima de 30 días á data da actuación solicitada

O Concello de Tomiño vén de publicar as bases do "Circuíto Cultural" 2021 co obxectivo de promocionar un ano máis as agrupacións musicais tradicionais do municipio.

Poderán solicitar a inclusión no Circuíto Cultural as seguintes agrupacións: bandas de música, corais, bandas de gaitas, treboadas, pandereiteiras, murgas ou charangas e grupos de acordeóns. As Comisións de Festas e outras entidades organizadoras deberán poñerse en contacto coas agrupacións que aceptaron participar no Circuíto Cultural para contratalas e concretar a data da actuación, sendo exclusivamente un acordo entre as dúas partes.

As contías máximas dos distintos tipos de agrupación con sede social en Tomiño son as seguintes:

" Banda de Música 400,00 €
" Corais 200,00 €
" Bandas de gaitas (con máis de 30 compoñentes) 300,00 €
" Grupos de Gaitas 200,00 €
" Treboadas 200,00 €
" Pandereteiras 150,00 €
" Murgas ou Charangas 150,00 €
" Grupos de Acordeóns 150,00 €

O crédito orzamentario total comprende o gasto por importe de 14.000€.

As solicitudes presentaranse a través Sede Electrónica do Concello de Tomiño ata o 2 de decembro 2022, (será obrigatorio a presentación a través da sede electrónica para as asociacións. O modelo de solicitude está ubicado na seguinte URL: https://tomino.sedelectronica.gal/dossier.1), e dende o día seguinte á publicación da convocatoria das presentes bases na páxina web http://www.tomino.gal e no Portal de Transparecia do Concello de Tomiño, na seguinte URL:

https://tomino.sedelectronica.gal/transparency/9328420c-cb70-4a0c-939e-93f945339125/ , conforme ao Modelo (Anexo I) que acompaña a estas Bases.

O prazo de presentación das solicitudes será cunha antelación mínima de 30 días á data da actuación solicitada. Toda aquela solicitude que sexa presentada fóra de prazo poderá ser desestimada.

Concello Tomiño




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais