JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A Historia, patrimonio, natureza, gastronomía,…atractivos para visitar Tui esta Semana Santa

"Esta Semana Santa… Tuiristea" lema da campaña posta en marcha nas redes sociais

"Esta Semana Santa… Tuiristea" é o lema da campaña de promoción turística posta en marcha polo Concello de Tui nas súas redes sociais con motivo da Semana Santa. Dende hoxe venres nas redes sociais municipais, Facebook, Twitter e Instagram, e na conta de Instagram da Oficina de Turismo, propóñense distintos plans para visitar Tui nestes días festivos. Dende os plans imprescindibles na visita a cidade, rutas dun ou dous días, ou propostas para visitar Tui con nenos e nenas.

Deste xeito amais dos actos relixiosos tradicionais da Semana Santa, que en Tui contan con especiais pecualiaridades, o patrimonio, a natureza, a cultura, a gastronomía son tamén atractivos da cidade nestas datas.

No que se refire aos actos relixiosos conta con especial singulariedade a Visita os Monumentos o Xoves Santo, onde destaca a recreación do Horto das Oliveiras na Capela da Misericordia, ao Sermón do Encontro ou do Desencravo, e as procesións dos Pasos e do Santo Enterro, e destacadas imaxes procesionais coma a Dolorosa de Agustín Querol.

Ao abeiro do proxecto "Río Miño, un destino navegable" pódense realizar rutas de xornada completa aos conxuntos históricos de Tui e Valença ou paseos fluviais polas tardes, previa reserva en www.hemisferios.org.

Na Oficina de Turismo, situada no Paseo da Corredoira, que atende ao público de 9.30 a 14 h e de 16 a 19 h, pódese atopar a información turística do municipio, e recoller por exemplo o material das rutas autoguiadas "O tesouro de Salomón" e "O túnel de dona Urraca" pensadas especialmente para público familiar. A través da sinalización instalada se poden realizar tamén rutas autoguiadas cos códigos QR ao estar xeoreferenciadas as localizacións. As sinais de cor branca indican a ruta pola cidade histórica e as sinais en cor azul a Ruta Xudía.

A Catedral é dun dos lugares imprescindibles na visita a Tui. Dende os seus tellados pódese gozar de fermosas panorámicas da beira portuguesa e do río Miño, pero tamén do Monte Aloia. O Museo Catedralicio atesoura pezas de prata realizadas por orfebres xudeu, amais de expóñense dous dos Sambenitos atopados nos anos 80 no tempo catedralicio.

Un paseo polo conxunto histórico, pola súas estreitas e empedradas rúas, é outra das propostas para esta Semana Santa, ao igual que atravesar camiñando pola centenaria Ponte Internacional, obra de Pelayo Mancebo, até Valença.

Tui conta co primeiro Parque Natural declarado en Galicia, o Monte Aloia que dende 1978 goza deste recoñecemento. No Centro de Interpretación achegan información sobre as distintas rutas establecidas, e nos seus miradoiros podemos gozar de vistas únicas sobre o Baixo Miño, o Alto Minho Portugués e o Val Miñor.

A gastronomía ten cita destacada coa celebración da Festa do Meixón, dentro da programación das Festas Patronais de San Telmo. Un produto que se poderá degustar até o 25 deste mes en cinco restaurantes tudenses Asador Paulo, El Molino, La de Manu, O Novo Cabalo Furado, e Parador de Tui. Ao prezo de 69€ a ración. Tui conta amais cunha sobremesa típica, coma son os peixes de améndoa e as pastas, cunha receita de orixe sefardí que continúan a elaborar as "monxas encerradas" no Convento das Clarisas. Amais os viños elaborados por produtores locais pertencentes á D.O. Rías Baixas, son a maridaxe perfecta coa oferta gastronómica que presentan os restaurantes da cidade

Tui conta amais cunha ampla oferta hostaleira, no que o visitante pode elixir entre distintos tipos de aloxamentos: albergues, hostais, hoteis, casas de turismo rural, casas turísticas, un Parador e un Balneario.

Non se pode esquecer amais o feito de que Tui é a porta de entrada do Camiño Portugués a Galicia dende Valença. Ao longo desta vía xacobea que transcorre polo conxunto histórico, e as parroquias de Rebordáns e Ribadelouro, atopamos distintas pegadas da presenza xacobea dende o Hospital de Pobres e Peregrinos, hoxe Museo Diocesano, á igrexa da Virxe do Camiño,… e a Ponte das Febres onde enfermou o patrón de Tui, San Telmo.

Precisamente o Sábado Santo comeza a programación das Festas de San Telmo con pregón a cargo do actor Luís Zahera, e concerto de Efecto Pasillo. Uns festexos que recuperan este ano unha ampla e diversa programación que se prolongará até o 25 deste mes.

Para coñecer Tui con detalle se pode optar tamén por contactar con algúns dos guías que realizan visitas guiadas, e outra opción é realizar unha viaxe no tren turístico entre Tui e Valença.

Concello Tui


Reproducións da Catedral e de castelos realizados con pezas de Exin Castillos expóñense na Oficina de Turismo

A Oficina Municipal de Turismo, no Paseo da Corredoira, acolle ao longo do mes de abril a exposición "Galicia con Exin Castillos" en colaboración con La Trastienda de Lupadás.

Luís Arias de La Trastienda de Lupadás é o autor da meirande parte das pezas que se expoñen froito de moitas horas de traballo.

4.800 pezas son as empregadas para construír a fachada románica e a Torre de San Andrés da Catedral de Tui, mentres que 300 pezas foron as utilizadas para construír unha versión mini da Catedral co pórtico gótico e a praza de San Fernando.

Un xogo de xadrez e damas foi creado con 600 pezas, e tamén se pode visitar o tradicional horreo galego.

Pero na exposición poden verse amais tres construcións con pezas que teñen máis de 40 anos. En concreto os castelos Exin nº1 e nº2 da serie azul, cuxas pezas foron comercializadas en 1968, e un gran Castelo de Fantasía, realizado polo coruñés Fran Guerra no que mesturou pezas clásicas con outras octogonais novas. Tanto Luís Arias coma Fran Guerra pertencen á Asociación Exin Castillos e West que ten coma obxectivo fomentar o coñecemento destes xogos de construción.

Concello Tui


Entregados os primeiros carnés que acreditan a guías oficiais do programa Rasgo da Red de Juderías

Segue aberta a oferta formativa on-line con catro cursos sobre a historia e a cultura xudía en España e en Tui

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo entrega onte dos primeiros carnés que acreditan a guías oficiais do programa Rasgo da Red de Juderías. Sara Quintana, Lucía Campos, Suso Vila e Ramón Fernández, recibiron, nun sinxelo acto, da man do alcalde as catro primeiras acreditacións do programa RASGO que promove a Red de Juderías de España - Caminos de Sefarad.

O programa RASGO, acrónimo de Restaurantes, Alojamientos, Señalización, Guías turísticos e Oferta cultural de cada cidade da Red, e distingue aos establecementos e servizos que contan co aval da propia Red de Juderias de España - Caminos de Sefarad. Deste xeito, nas cidades da Red de Juderías, unha selección dos máis destacados establecementos -aloxamentos, restaurantes e comercios- e servicios turísticos -guías oficiais de turismo, empresas de actividades e eventos- forman parte do programa RASGO, ofertando unha proposta de servicio de alta calidade e sempre relacionada coa cultura sefardí.

Coa entrega dos carnés do programa RASGO para guías que acredita a catro persoas como "Guía oficial da Red de Juderias na cidade de Tui", avalado pola Red de Juderias - Caminos de Sefarad, comeza a implantación deste programa no Concello de Tui e que pretende abranguer tamén a establecementos e outros servizos que contemplan algunha especificidade vinculada ao ámbito da cultura xudía e sefardí, para deste xeito mellora a oferta cultural e turística da nosa cidade.

O Concello de Tui forma parte da Red de Juderías de España - Caminos de Sefarad dende o ano 2019 co obxectivo de promover e divulgar o patrimonio cultural vinculado coa presenza de comunidade xudías e cripto-xudías na nosa cidade, ao tempo que enriquece a súa oferta turística. Este distintivo Rasgo acredita a calidade e distingue, neste caso aos guías, que se distinguen polo coñecemento e respecto á herdanza sefardí e garanten unha atención de calidade ao desenvolver os seus servizos.

Dende a Red de Juderías - Caminos de Sefarad lembráse que está a disposición dos guías turísticos e todos os interesados unha oferta formativa integrada por catro cursos xenéricos e un específico para cada cidade, tamén para Tui, con acceso on-line. "Coñecendo a cultura xudía", "A historia xudía de España" e "Sefardís de onte e de hoxe", son os nomes do tres cursos de 30h cada un, que contaron coa colaboración e participación de eminentes expertos na materia, o Rabino do Colexio xudeu de Madrid D. Pihas Punturelo, o catedrático emérito e Membro da de Real Academia de Historia e experto en historia medieval, D. José Hinojosa Montalvo e D. Miguel de Lucas, Director do Centro Sefarad Israel, que achegan ao final de cada un dos cursos a súa valiosa visión da materia tratada. Se completa cun curso específico sobre o patrimonio xudeu da cidade de Tui

Estes cursos están dispoñibles para o colectivo de Guías, neste caso con carácter gratuíto, e que unha vez completados dan acceso a ser Guía Oficial da Rede de Xudarías de España. Pero esta oferta formativa se abre tamén a todo aquel que poida estar interesado en coñecer a historia e cultura xudía en España. Os interesados deben contactar a través do mail descubridores@redjuderias.org desde onde se informará das condicións establecidas para participar nesta oferta formativa.

Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a entrega destes carnés de guías oficias da Red de Juderías en Tui forma parte do esforzo que ven realizando o Concello de Tui, coa súa entrada na Red de Juderías, para a promoción do legado xudeu na nosa cidade que enriquece a ampla oferta cultural, patrimonial e turística tudense, que consolida á cidade de Tui como unha visita obrigada para coñecer o seu rico patrimonio e a súa ampla oferta turística.

Concello Tui


Máis de 1.100 persoas pasaron no mes de marzo pola nova Oficina Municipal de Turismo

O pasado mes de marzo, a nova Oficina Municipal de Turismo de Tui, localizada no céntrico Paseo da Corredoira, rexistrou un total de 1.152 consultas sobre información turística da nosa localidade. Destas consultas un total de 1.031 correspondían a visitantes e 121 a peregrinos.

Do total de 1.031 visitantes 960 eran españois, e 71 de orixe internacional. Entres os visitantes nacionais destacan 413 de Galicia, 135 de Madrid, ou 60 de Alava. Entre os estranxeiros rexistráronse 53 visitantes de Francia, 21 de Arxentina, 10 de Portugal, e 5 de Alemaña, entre outros.

En marzo 121 peregrinos se achegaron até a Oficina de Turismo na súa nova localización. O cambio incide negativamente no rexistro de peregrinos que se realiza xa que antes este punto de información turística se situaba en pleno Camiño. Das persoas que estaban a realizar o Camiño e demandaron información 62 eran españolas, procedentes de Cuenca (8), Badajoz (6), Murcia (6), Valencia (4), Castellón (4), Zamora (3) Alicante (3), Navarra (3)… e 59 procedían doutraso países: Alemaña (19), Portugal (14), Italia (10), R. Unido (4), Brasil (3), R. Checa (2), Dinamarca (2)...

Comparando os datos do mes de marzo cos de 2019, previo á aparición da covid, se rexistrou un substancial incremento de visitantes pasando dos 243 turistas ( 23 estranxeiros e 220 españois) aos actuais 1.031 visitantes. Mentres hai tres anos se atenderon 123 peregrinos (110 internacionais e 13 españois) e este ano 121.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, amosa a súa satisfacción por este datos estatísticos da afluencia de visitantes pois evidencian o atractivo da nosa cidade tamén nun mes fóra das tempadas turísticas tradicionais. Tamén os Camiños Portugueses de peregrinación a Santiago de Compostela, que teñen en Tui a porta de entrada en Galicia, continúan aportando un crecente número de peregrinos recuperando cifras de anos anteriores a pandemia.

Para o rexedor tudense estes datos de afluencia turística representan tamén unha grande responsabilidade para o futuro pois cómpre seguir traballando para mellorar a nosa oferta turística e para incrementar a súa calidade, un traballo que ten que desenvolverse conxuntamente entre a administración pública e o sector turístico, pois unicamente compartindo sinerxías é posible mellorar e avanzar.

Concello Tui


O MUMI 2022 pechou a convocatoria para artistas e bandas superando amplamente as expectativas

O encontro profesional das mu?sicas do Minho recibiu 352 propostas artísticas da Galiza e Portugal, que optan a formar parte do programa de showcases desta edición.

A organización do MUMI 2022 ten por diante un duro traballo de selección, tras o éxito de convocatoria que se pechou cun total de 352 propostas artísticas candidatadas para os showcases. En canto á procedencia está bastante igualada, cun número similar de inscricións galegas e portuguesas. A grande maioría das propostas son de artistas cunha traxectoria consolidada, respaldadas por axencias profesionais, o que desde a organización apuntan como "un feito que demostra a solidez da escena e o interese da industria musical dos dos países polo MUMI".

Agora, as propostas participantes serán escollidas por profesionais do sector, seguindo non só criterios de calidade, mais tamén de viabilidade dentro dos obxectivos e características da feira, para configurar unha programación que inclu?e showcases, conferencias e sesio?ns de traballo conxunto; co obxectivo de converter a Eurocidade durante tres días nunha feira musical de referencia no oeste peninsular.

Continúan abertas as inscricións profesionais

Para as empresas de producio?n e management, responsables de programacio?ns musicais, xestores e técnicos de cultura, e xornalistas as inscricións permanecerán abertas até as datas de celebración do evento, de xeito gratuíto, a través da web mumimusicas.eu.

Presentación do programa

A programación do encontro será presentada no mes de maio cunha oferta de showcases profesionais e tamén concertos para o público xeral con artistas de ambas beiras do Min?o. Ademais do programa musical, o MUMI 2021 prepara unha proposta de conferencias, actividades formativas, encontros de traballo con empresas e profesionais.

En colaboración cos concellos de Tui e Valenc?a, espazos emblema?ticos de ambas cidades acollerán diferentes propostas co a?nimo de visibilizar non só a artistas e bandas, seno?n as posibilidades do traballo conxunto desta alianza estrate?xica que e? a Eurocidade Tui-Valenc?a. O obxectivo e? converter o MUMI nun espazo de con?ecemento mutuo, oportunidades, sinerxías, traballo en rede e desen?o de proxectos futuros. Desde a organizacio?n do MUMI destacan o impacto social, económico e mediático do evento, e animan a todas as persoas que traballan no sector musical en Galicia e Portugal a participar na programación a desenvolver do 29 de setembro ao 1 de outubro inscribi?ndose a través da web mumimusicas.eu.

Concello Tui


A asociación asistencial SOS Tomiño Baixo Miño e Alberto Romero Rodríguez "Romer" Premios Cidade de Tui 2022

Entregaranse o sábado 16 ás 19.30 h no Teatro Municipal

O Concello de Tui convocou por segundo ano os Premios Cidade de Tui destinados a recoñecer e galardoar o relevante labor desenvolvido tanto por persoas físicas como xurídicas para o progreso da nosa cidade, pola a súa achega ao desenvolvemento social dende o seu ámbito profesional ou por calquera acción de relevancia que teña contribuído ao engrandecemento e difusión de Tui e os seus cidadáns.

O xurado destes premios reunido a pasada semana acordou, por unanimidade, a concesión dos seguintes premios. Na categoría colectiva á Asociación Asistencial Sos Tomiño - Baixo Miño e na categoría individual a Alberto Romero Rodríguez "Romer".

No que atinxe á Asociación Asistencial Sos Tomiño -Baixo Miño o xurado valorou que dende o ano 2009 ven desenvolvendo unha ampla actividade, sendo un exemplo sobranceiro de compromiso social a prol dos máis desfavorecidos do municipio de Tui e dos concellos veciños de Tomiño, O Rosal e Oia. O xurado valora o traballo xeneroso e altruísta dos numerosos voluntarios que integran esta Asociación, a colaboración interxeracional que promoven nas súas actividades e o amplo programa asistencial que desenvolve este colectivo. O mesmo tempo que destaca a excelente organización á hora da recollida e distribución das axudas e a alta efectividade coa que desenvolven o seu labor.

Polo que respecta á categoría individual o premio concedido a Alberto Romero Rodríguez, "Romer", é, segundo a acta do xurado, en recoñecemento ao seu traballo dende hai máis de dúas décadas na promoción do muíños do río Tripes. Alberto "Romer" é o impulsor, dende o ano 2003, da romaría de " Os nosos fariñeiros, burros e muíños" e promotor, dende o ano 2007, da Asociación de Muiñeiros do río Tripes. O xurado valora o seu labor de investigación do noso patrimonio etnográfico e inmaterial relacionado co río Tripes e o Parque Natural do Monte Aloia, a súa condición de promotor da restauración dos muíños deste río, da cultura popular asociada aos mesmos e a ruta de sendeirismo que percorre este amplo conxunto etnográfico, consolidada como un dos principais recursos turísticos e culturais do noso municipio. Destaca o seu traballo altruísta e o seu empeño na recuperación e promoción dos muíños do Tripes, conservando e enriquecendo o noso patrimonio cultural.

Finalmente o xurado quixo deixar constancia do seu homenaxe de recoñecemento a tres figuras falecidas neste último ano e que, polas súas achegas á nosa cidade e traxectoria persoal ligada a Tui, son merecentes de recoñecemento:

- Daniel Domínguez Pérez, profesor e guionista
- Alfonso Álvarez Gándara, avogado
- Luis Hernando de Larramendi, avogado e vicepresidente da Fundación Ignacio Larramendi.

Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, os galardóns concedidos nesta segunda edición do Premios Cidade de Tui recoñecen as importantes achegas que á vida colectiva de Tui teñen realizado tanto a Asociación asistencial Sos Tomiño - Baixo Miño, que ten unha das súas sedes no noso concello, así como o labor de tanto anos, na recuperación do patrimonio cultural e natural vinculado cos muíños do Tripes, realizado por Alberto Romero. Son exemplos de traballo altruísta ao prol da vida colectiva, do desenvolvemento social e comunitario do noso concello. Tanto Sos Tomiño - Baixo Miño como Alberto Romero son testemuña da vitalidade da sociedade tudense.

O acto de entrega destes premios terá lugar nun acto solemne o vindeiro sábado, 16 de abril, ás 19.30 h no Teatro Municipal.

Concello Tui


Tui festexará a San Telmo cun amplo e innovador programa

Luíz Zahera será o pregoeiro dos festexos. Efecto Pasillo, grupos emerxentes e orquestras amenizarán as noites festivas.

Tui vai celebrar as Festas de San Telmo 2022 do 16 ao 25 deste mes de abril cun programa "ambicioso, moi completo e innovador". Así o explicaba esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, na presentación dos festexos patronais, na que participaron tamén a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a concelleira de Comercio, Emprego, Formación e Igualdade, Ana Núñez, o concelleiro de Medio Rural e Deportes, Rafael Estévez, e o concelleiro de Seguridade e Persoal, José Ramón Magán.

O inicio da festa terá lugar co pregón popular que lerá o actor Luís Zahera o sábado 16 ás 11.45 h na praza da Inmaculada. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicaba que "se cambiou a filosofía do pregón porque entendiamos que debía ter un carácter máis popular e festivo". Engadía que o acto institucional pasa a ser a gala de entrega dos premios Cidade de Tui, que terá lugar o mesmo sábado ás 19.30 h no Teatro Municipal "nos que se recoñecerá a unha persoa e a un colectivo que dalgunha forma a súa traxectoria estea baseada na implicación na cidade dende moitos puntos de vista".

Explicaba tamén o rexedor tudense que outra das apostas deste ano é a deslocalización das actividades que se celebrarán en até seis puntos da cidade con eventos festivos. Será así o Paseo da Corredoira, a rúa Compostela, as prazas de San Fernando e San Telmo, o edificio Francisco Sánchez, e o espazo feira na prolongación da travesía da rúa Casal Aboy.

A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, indicou que logo de dous anos as festas celébranse este ano "cun programa ao uso". A música moi presentes nestes festexos segundo explicaba a concelleira con concertos de grupos coma Efecto Pasillo, xunto a outras agrupacións emerxentes e da zona coma Micalip's, No All Kansas, Rockin' Gina & The Sentinels, Laura LaMontagne & PicoAmperio + Dj Enter + G Face + Dj Adrian L, e Lucky Duckies. As charangas tudenses Cantos Somos e A Tu Ritmo actuarán polas rúas, ao igual que a Escola de Gaita e Percusión "A Insua" de Caldelas, a Banda de Gaitas "Arume" de Malvas, e a Banda de Gaitas "San Xoan" de Paramos que actuará na praza de San Fernando. Tamén protagonizarán pasarrúas Troula Animación e Hípica Celta.

Non faltará o son das bandas de música coa Banda de Música Popular de Tui, xunto ás de Salvaterra, Monçao, Lanhelas, e a da Escola Naval Militar de Marín. O público familiar poderá gozar na carpa da Corredoira coa maxia de Samuel Moreno, o circo de Cia Assircopatas, a música de Pakolas e Odaiko, e o teatro con Culturactiva.

Avanzou tamén Sonsoles Vicente que da man do festival Música no Claustro o domingo 24 na Catedral recuperarase a Misa medieval de San Telmo co concerto de Seconda Pratica de canto gregoriano.

O domingo 17 ás 17.30 h celebrarase no Teatro Municipal o Festival Folclórico coa participación dos grupos locais Traxe Tradicional, Seixos Albos de Areas, Lembranzas da Terra de Guillarei, Inquedanzas de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro) e San Telmo. Do mesmo xeito regresa tamén a Semana do Teatro Amador cos grupos San Fins de Rebordáns, Aloia de Pazos de Reis, Atalaia do Centro Sociocomunitario Chirlomirlo de Xuntanza de Randufe, estreando todos eles novas montaxes.

As corais tudenses do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres, e San Telmo actuará tamén estes festexos no centro de día Amoralia, e nas residencias Paz e Ben e San Telmo.

Outra das novidades deste ano será o fin de festa, o luns 25, cunha tirada de Fogos Piromusicais.

A gastronomía será outro dos pratos fortes destes festexos. Do 8 ao 25 deste mes celebrarase a Festa do Meixón que será presentada este xoves. E o sábado 16 e domingo 17 na praza da Inmaculada celebrarase o I Encontro de Viños da Raia. Con este evento, coma sinalou a concelleira Ana Núñez, "búscase promocionar as adegas locais, da contorna e da outra beira do Miño". Explicaba que participarán dez adegas de pequenos produtores que presentarán viños brancos, tintos e espumosos.

O deporte está presente neste programa coa Carreira Popular de San Telmo que se celebrará o o sábado 23 organizada polo Club Atletismo Tui, coa Andaina Popular de San Telmo organizada polo club Andatui o domingo 24, e coa Feira Cabalar en San Bartolomeu que terá lugar o luns 25, Día de San Telmo, coa implicación da Asociación de Veciños de San Roque e San Bartolomeu, o Club Equigalia, Hípica Marcos, e a Peña Cabalar Valle do Louro coma explicaba o concelleiro de Deporte, Rafael Estévez.

O concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, avanzou que xa dende esta Semana Santa e logo na fin de semana de San Telmo darase protagonismo ás persoas coa peonalización dun tramo de Augusto Besada e da Corredoira, do mesmo xeito que indicaba que na travesía da rúa Casal Aboy, haberá restricións no tráfico cando se celebren concertos neste emprazamento.

Festas de San Telmo 2022, do 16 ao 25 de abril

Festa do Meixón
Do 8 ao 25 de abril. Restaurantes participantes: Asador Paulo, El Molino, La de Manu, O Novo Cabalo Furado, Parador de Tui. Ración, pan e copa de albariño 69€

I Encontro de Viños da Raia
Sábado 16 e domingo 17 de abril, de 12.00 ha 15.00 h e de 18.00 a 21.00h, na Praza da Inmaculada. Degustación de brancos, tintos e espumosos, música e maridaxes.

XII SEMANA DE TEATRO AMADOR
Do martes 19 ao venres 22 de abril. Venda de entradas numeradas a 2 €, dende o domingo 13 de abril en tui.gal, e o día da función dende unha hora antes só 100 entradas no despacho de billetes do Teatro Municipal.

HORARIOS DA EXPOSICIÓN DE ARTISTAS TUDENSES
Do 16 ao 25 de abril na Sala de Exposición Municipal no edificio Francisco Sánchez
Horario de luns a venres de 11.30 h a 13.30 h e de 17.30 a 19.30 e sábado, domingos e festivo de 12 a 14 h e de 17 a 20 h. Entrada de balde.

Sábado 16

" 12.00h - 14.00 h Na praza da Inmaculada, Xigantes e Cabezudos na compaña da Charanga Cantos Somos.
" 12.45h - 13.15 h Na praza da Inmaculada, lectura do Pregón a cargo de Luis Zahera. En caso de choiva na carpa da Corredoira.
" 19.30h - 20.30 h No Teatro Municipal, Gala "Premios Cidade de Tui". Entrada libre até completar capacidade.
" 20.30h - 21.30 h Na Sala de Exposicións, inauguración da exposición "Artistas Tudenses".
" 21.30h - 23.00h Na carpa da Corredoira, actuación do grupo Micalip's.
" 23.00h - 01.00h Na no espazo feiral (explanada do antigo Cam-Fran) actuación do grupo Efecto Pasillo.

Domingo 17

" 12.30h - 13.30 h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda de Musica Popular de Tui
" 17.30h - 20.30 h No Teatro Municipal, Festival Folclórico. *Entrada libre até completar capacidade. Traxe Tradicional (Tui), Seixos Albos (Areas), Lembranzas da Terra (Guillarei), Inquedanzas (Pazos de Reis), O Mosteiro (Pexegueiro), Xuntanza (Randufe), San Fins (Rebordáns), Santa Columba (Ribadelouro) e San Telmo(Tui),
" 18.00h - 19.00 h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda de Música de Salvaterra.
" 18.30h - 21.30 h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Satélites.
" 19.30h - 21.30 h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga Cantos Somos.
" 21.30h - 23.00 h Na carpa da Corredoira, actuación do grupo No All Kansas.

Martes 19

" 17.00h - 17.30 h No Centro de Día Amoralia, actuación da Coral Ponte das Febres.
" 18.00h - 19.00 h Na carpa da Corredoira actuación de maxia "Why not 2.0" con Samuel Moreno .
" 21.00h - 22:15 h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro San Fins de Rebordáns. Estrea de "Milagro no convento de Santa María Juana".

Mércores 20

" 17.00 h - 17.30h Na Residencia Paz e Ben, actuación da Coral do Centro Sociocomunitario de Tui.
" 18.00 h - 19.00h Na Carpa da Corredoira, actuación de circo "Abracadaver" coa Cia Assircopatas.
" 21.00 h - 22:30h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis. Estrea de "Spot"

Xoves 21

" 17.00h - 17.30 h Na Residencia San Telmo, actuación da Coral San Telmo.
" 18.00h - 19.00 h Na carpa da Corredoira, actuación musical con "Cores, Contos e Rock´n´Roll con Ramona Órbita" de Pakolas.
" 20.00h - 21.00 h Nas rúas de Tui, actuación da Escola de Gaita e Percusión "A Insua" de Caldelas.
" 21.00h - 22:00 h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui. Estrea de "As vacacións da Duquesa".

Venres 22

" 17.00h - 17.30 h Na Corredoira, pasarrúas "Rufina & Benito" de Troula Animación.
" 18.00h - 19.00 h Na carpa da Corredoira, actuación teatral de Culturactiva con "Saaabor!".
" 19.00h - 19.30 h Na Corredoira, pasarrúas "Rufina & Benito" de Troula Animación.
" 21.00h - 22:30 h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro Chirlomirlo de Xuntanza de Randufe. Estrea de "O enfermo imaxinario"
" 20.30h - 22.30 h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Assia.
" 22.30h - 00.00 h Na carpa da Corredoira, actuación de Rockin' Gina & The Sentinels.
" 00.00h - 01.0 0h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Assia.

Sábado 23

" 10.00h - 13.30 h Dende a Corredoira, saída e chegada da Carreira Popular.
" 12.00h - 14.00 h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga A Tu Ritmo.
" 13.00h - 14.00h Nas rúas de Tui, actuación da Banda de Gaitas "Arume" de Malvas.
" 17.00h - 17.30h Na Corredoira, pasarrúas con Súper Pandi de Hípica Celta.
" 18.00h - 19.00h Na carpa da Corredoira, actuación musical con Vaia Ritmo de Odaiko.
" 19.00h - 19.30h Na corredoira, pasarrúas Súper Pandi de Hípica Celta.
" 20.00h - 22.00h Nas Rúas de Tui, actuación da Charanga A Tu Ritmo.
" 21.30h - 01.30h Na carpa da Corredoira, actuacións de Laura LaMontagne & PicoAmperio + Dj Enter + G Face + Dj Adrian L.
" 22.00h - 23.00h Na praza de San Fernando, concerto da Banda de Gaitas "San Xoan" de Paramos.
" 22.00h - 01.00h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Capitol.

Domingo 24

" 10.00h - 13.30 h Dende a Corredoira, saída e chegada da Andaina Popular.
" 12.15h - 12.45 h dende a Glorieta de Vigo ata a praza de San Fernando, desfile exaltación do traxe tradicional, a cargo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui.
" 12.30h - 13.30 h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda Músical de Monção.
" 17.00h - 17.30 h Na Corredoira, pasarrúas Circo Krasnovarak de Troula Animación.
" 17.30h - 18.30 h Na S.I. Catedral de Tui, Música no Claustro recupera a Misa medieval de San Telmo. Concerto de Seconda Pratica (canto gregoriano ) Entrada libre até completar capacidade.
" 18.00h - 19.00h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda de Musica Popular de Tui.
" 19.00h - 19.30h Na Corredoira, pasarrúas Circo Krasnovarak de Troula Animación.
" 20.00h - 22.00h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga Cantos Somos.
" 20.30h - 22.30h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Los Players.
" 22.30h - 00.30h Na carpa da Corredoira, actuación do grupo Lucky Duckies.
" 00.30h - 01.30h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Los Players.

Luns 25

" 10.00h - 15.00 h En San Bartolomeu, tradicional Feira Cabalar de San Telmo.
" 10.30h - 12:00 h Na S.I. Catedral Misa na honra a San Telmo e Procesión pola Coronilla.
" 12.30h - 13.30 h Na carpa da Corredoira, concerto da Banda de Música de Lanhelas (Caminha).
" 17.00h - 19.00 h Na Praza da Inmaculada, os tradicionais Xigantes e Cabezudos, acompañados da Charanga A Tu Ritmo.
" 18.00h - 19.00 h Na carpa da Corredoira, concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.
" 19.00h - 20.00 h Dende a praza da Inmaculada ata a praza de San Telmo, entrada da Banda de Guerra e Guión da BRILAT e a continuación, homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.
" 19.00h - 21.00h No recinto feiral, na explanada do antigo Cam-Fran, verbena coa Orquestra París de Noia.
" 21.00h - 22.15h Dende a S.I. Catedral e polas rúas de Tui, solemne Procesión de San Telmo.
" 22.15h - 22.45h Na praza de San Fernando a ofrenda a San Telmo.
" 22:45h - 23.15h Dende a praza do Concello ata a praza da Inmaculada, desfile despedida das agrupación musicais participantes na solemne Procesión de San Telmo.
" 23.30h - 00.00h dende a alameda de San Domingos tirada de Fogos Piromusicais.
" 00.00h - 01.00h No recinto feiral, na explanada do antigo Cam-Fran, verbena coa Orquestra París de Noia.

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais