JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Rosal prepara xa a I Festa do Asociacionismo

Celebrarase o vindeiro 17 de maio co obxectivo de dar a coñecer a actividade do tecido asociativo e promover vínculos e colaboracións

O Rosal quere render homenaxe ao seu tecido asociativo, un dos eixos fundamentais do desenvolvemento do municipio. Por este motivo, o Concello está xa a preparar a I Festa do Asociacionismo, un evento que coincidirá coa celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro martes 17 de maio e que busca "mostrar toda a actividade que están a facer as asociacións rosaleiras que traballan nos diferentes ámbitos no concello e promover ademais vínculos e colaboracións entre elas e as persoas asociadas", sinala a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

O encontro celebrarase no parque de Pías e nel instalaranse postos nos que todas as asociacións presentarán o seu traballo e na que tamén haberá distintas actividades e obradoiros nos que poderá participar o público asistente. O programa completarase con eventos e actos dirixido a público infantil e con actuacións musicais para todos os públicos.

"As asociacións son un dos motores do dinamismo do Rosal a nivel cultural, deportivo, educativo ou social, cunha capacidade de adaptación impresionante a todas as circunstancias dos últimos anos, algo que dende o Concello non podemos máis que louvar", lembra a rexedora, que salienta que "sentimos moito orgullo de poder celebrar unha festa na que recoñecer o seu labor e dar a coñecer a todos os rosaleiros e rosaleiras o traballo que están a desenvolver no municipio".

Concello de O Rosal


Chega ao auditorio do Rosal 'A herdanza', a quinta longametraxe do Grupo San Roquiño

Cine para todos os públicos este domingo 10 ás 19.30 horas

Cine para todos os públicos esta fin de semana no Rosal. O vindeiro domingo 10 o auditorio municipal acolle a proxección de 'A herdanza', a última longametraxe do Grupo San Roquiño, unha película filmada nos anos 2019 e 2020 con moito humor e con máis de 40 actores e actrices en escena.

O filme, o quinto do Grupo San Roquiño, conta a historia de tres irmáns cunha inmensa fortuna pero sen descendencia a quen deixala. A trama comeza cando veciños e veciñas tentan axudalos a resolver este problema.

San Roquiño é un grupo goianeses e goianesas que ten por obxectivo crear proxectos cinematográficos tratando sempre de recompilar a historia da súa contorna para transmitirlla ás novas xeracións. A idea xurde polo ano 2010, cando varios amigos e amigas se xuntan e, entre café e café, deciden facer unha obra teatral que, co tempo, acaba converténdose nunha longametraxe.

A cita para ver a súa nova obras será ás 19.30 horas con entrada de balde e libre ata completar aforo.

Concello de O Rosal


O Rosal acolle esta fin de semana o Festival de Primavera solidario por Ucraína

Organizado pola Agrupación Musical do Rosal en colaboración co Concello, será o sábado 9 ás 20 h no auditorio municipal

O Rosal acolle esta fin de semana o Festival de Primavera solidario por Ucraína, un concerto organizado pola Agrupación Musical do Rosal en colaboración co Concello coa que se procurará seguir achegando toda a solidariedade posible ás persoas que sofren as múltiples consecuencias dos ataques a diversas cidades ucraínas e o despregamento militar desencadeado polo goberno ruso no país.

O festival celebrarase o vindeiro sábado 9 de abril ás 20.00 horas no auditorio municipal do Rosal e contará coas actuacións do alumnado de Iniciación e Linguaxe Musical da agrupación, da Minibanda, da Banda Infantil, do Coro Infantil e da Coral.

As entradas terán un custe de 2 euros e estarán á venda pola porta lateral do auditorio municipal. Ademais, todas as persoas interesadas en colaborar pero que non poida asistir ao concerto poderán mercar a súa entrada Fila 0 ou facer doazóns no seguinte número de conta:

ABANCA ES34 2080 5439 3030 0011 1318

Todos os fondos recadados serán a beneficio da Cruza Vermella. Para máis información, as persoas interesadas poderán poñerse en contacto vía telefónica a través do 986 626 311 ou enviando unha mensaxe de WhatsApp ao 609 866 792.

Concello de O Rosal


O Concello do Rosal estrea web para mellorar a comunicación coa veciñanza

Cun deseño renovado e fresco, a páxina está centrada en facilitar á persoa usuaria o acceso á información e aos trámites

O Rosal continúa mellorando a súa comunicación coa veciñanza para ser máis accesible e transparente. Neste camiño, o Concello acaba de renovar a súa páxina web cun deseño fresco, atractivo, limpo, visual e intuitivo, con novos contidos adaptados á actualidade do municipio. Integrada coa nova imaxe institucional do Concello, a nova web une pasado, presente e futuro do Rosal cunha estética actualizada e contemporánea.

"Vivimos novos tempos no que cada vez damos máis importancia ao dixital e empregamos as novas tecnoloxías para todo, tamén para a nosa comunicación coas administracións. Por iso é fundamental ter unha web na que a veciñanza poda atopar ou realizar os trámites que precise do xeito máis cómodo posible", explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A nova páxina web conta cunha reorganización da información centrada na persoa usuaria, para que poida atopar de xeito rápido e sinxelo o que busca, cun espazo de actualidade moi visible e accesible e con espazos destacados nos que salientar aspectos ou cuestións relevantes en cada momento. Tamén se incorpora un espazo máis activo e dinámico para as redes sociais co obxectivo de "ofrecer á veciñanza inmediatez e actualidade".

Ademais de toda a información relativa á organización municipal, trámites, ordenanzas e regulamentos e todos os elementos necesarios da renovada identidade gráfica do Concello, a web conta tamén con acceso directo á administración dixital e a áreas municipais como cultura, urbanismo, igualdade, benestar social, turismo, medioambiente, infancia e mocidade, emprego ou ao mercado municipal.

Unha nova web que "pretende ser un portal de comunicación vivo entre o Concello e a veciñanza, que sexa útil e que poida empregarse comodamente no día a día para estar informado e realizar todos os trámites necesarios".

Concello de O Rosal




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais