JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Oia suma unha nova ruta sendeirismo sinalizada, a cal une as parroquias de Burgueira e Loureza

Terá un percorrido circular de 12,5km, pasando por puntos de interese patrimonial e paisaxístico

O Concello de Oia vén de crear unha nova ruta de sendeirismo sinalizada no municipio, neste caso un sendeiro circular de 12,5 km e dificultade moderada (350 metros de desnivel positivo) que une diversos puntos de interese natural, cultural e paisaxístico das parroquias de Burgueira e Loureza.

Tendo en conta a proximidade da Semana Santa, esta actuación convértese nunha nova opción de turismo activo e lecer en Oia, especialmente indicada para as persoas amantes das actividades ao aire libre que, ao mesmo tempo, queren gozar coa paisaxe e descubrir a riqueza patrimonial do municipio.

O novo itinerario entre Loureza e Burgueira une diversos espazos naturais e de lecer nas inmediacións do río Tamuxe, elementos do patrimonio cultural local e puntos desde os que gozar de vistas ao val do Tamuxe e á desembocadura do río Miño no océano Atlántico.

Entre os principais puntos de interese atópanse as pozas de Bugalleira e Loureza, a área de lecer de Pozo do Arco, os núcleos de Loureza, Refoxos e Burgueira, as igrexas de Loureza e Burgueira e diversos elementos etnográficos tales como muíños hidráulicos, pontes e cruceiros, entre outros.

Ruta sinalizada e descargable

A ruta está sinalizada mediante paneis interpretativos, balizas e frechas, de forma que se pode percorrer sinxelamente de xeito autoguiado. Ademais, baixo o nome "Sendeiro Burgueira Loureza", está dispoñible para a súa consulta e descarga no perfil de Wikiloc do Concello: Sendas de Oia.

A iniciativa contou cun orzamento total de 24.177,94 euros (IVE incluído). Deste total, 20.000 euros foron financiados a través dun convenio de cooperación entre o Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, mentres que a cantidade restante foi asumida con fondos propios municipais.

Para o trazado da ruta aproveitáronse espazos, camiños e pistas xa existentes e en bo estado de mantemento: algúns de titularidade municipal e outros, a través da colaboración coas comunidades veciñais de montes de Loureza e Burgueira, de propiedade comunal.

Concello de Oia


Oia acolle un campamento infantil de Semana Santa do 11 ao 13 de abril

O Concello de Oia organiza un campamento infantil os próximos días 11, 12 e 13 de abril, pensado para favorecer a conciliación familiar durante as vacacións de Semana Santa.

O campamento vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos e se desenvolverá no CEIP Mestre Manuel García en horario de 9.00 a 14.00 horas. As actividades serán de balde.

Para participar cómpre inscribirse no rexistro do Concello de Oia. O prazo está aberto ata o día 8 ás 14.00 horas e as prazas son limitadas.

Para máis información pódese contactar co Concello no número de teléfono 986.36.21.25.

Concello de Oia


O Concello de Oia alerta dun posible fraude no seu nome

O Concello de Oia vén de ter coñecemento dunha posible fraude anunciando un posible abaratamento da factura eléctrica e para o cal se estaría actuar en nome do propio Concello.

Nos últimos días tense detectado a unhas persoas visitando casas na parroquia de Loureza, indicando que acudían en nome do Concello co obxectivo de modificar os contratos da luz para abaratar a factura. O Concello desminte que estea a facer este tipo de xestións, advertindo da posibilidade de que se trate dunha actuación fraudulenta.

O Concello alerta de que estas persoas acoden aos domicilios con datos persoais da veciñanza e, tras insistir en que non se trata de persoal municipal, pide aos veciños e veciñas que teñan especial precaución e que desconfíen cando se vexan nunha situación como a descrita.

Chamadas telefónicas fraudulentas

Por outra banda, a Administración local tamén vén de ter coñecemento doutras actuacións posiblemente fraudulentas a través de chamadas telefónicas onde se solicitan datos persoais de distinto tipo.

Nun dos casos, na chamada fanse pasar por persoal do centro de saúde, preguntando posibles patoloxías co obxectivo posterior de vender soletas (plantillas) para os pés. Noutros casos, as chamadas teñen que ver con asuntos bancarios.

Concello de Oia




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais