|
O próximo luns 11 de abril abre o prazo de inscrición para as Andainas A Guarda - Caminha 2022
A Guarda e Caminha organizan a actividade Andainas Primavera 2022 como en anos anteriores pero que no ano 2020 tiveron que cancelar coa chegada da pandemia.
Este ano retomase esta actividade na que veciños galegos e portugueses gozaban do espazo natural e patrimonial de ámbolos dous países.
Nesta primavera organizase 4 andainas e que terán un custe de 10€ por andaina e persoa e como en edicións anteriores os participantes galegos sairán da explanada da Sangriña en autocar para xustarse co autocar de Caminha. Os horarios de saída e regreso están pendentes de confirmar.
As prazas son limitadas polo que se abre un prazo de inscrición para os interesados a partir do luns 11 de abril. A inscrición realizarase na Oficina de Turismo da Praza do Reló e priorizarase a inscrición presencial.
Este é o calendario das andainas coa descrición:
ANDAINA 1.- SÁBADO, 30 DE ABRIL: TRILHO NA SERRA D'ARGA (CAMINHA)
Tipo: ruta pequena
Percorrido: ecolóxico / paisaxe
Punto de partida: Arga de Cima
Distancia: 15 km
Duración: 5,5 h
Grao de dificultade: fácil/medio
Descrición:
A Serra d'Arga é unha das zonas máis emblemáticas do Alto Minho, non só pola inmensidade das paisaxes salvaxes na súa cima, senón tamén pola singularidade dos seus valores naturais e culturais.
Nos puntos máis altos do monte, dominados por impoñentes macizos graníticos, existen zonas de pasto naturais de rara beleza onde se dan diferentes tipos de matogueira nunha matriz de pastos cunha notable diversidade florística. Próximo ás pintorescas vilas que se desenvolven na transición ao xisto, hai campos de cultivo, marismas e bosques naturais, atravesados por varias liñas de auga.
O xacemento "Serra de Arga" posúe un valioso patrimonio natural, que inclúe hábitats naturais e seminaturais, así como especies de fauna e flora de conservación prioritaria. Este territorio posúe unha extraordinaria riqueza florística, incluíndo especies raras ou en perigo de extinción.
Esta ruta, na zona de Arga de Cima, Arga do Baixo, Arga de São João e Dem, asentamentos rurais da Serra d'Arga, discorre por unha das zonas máis emblemáticas do Alto Minho, no val da Ribeira de Arga e o val da Ribeira de São João, en zonas de marismas, campos de cultivo e bosques naturais, atravesadas por varias liñas de auga, polas que é posible entrar en contacto con aspectos de interese xeolóxico e xeomorfolóxico, e apreciar diversos exemplos de arquitectura vernácula, como muíños e hórreos. Desde o Cabeço do Meio Dia, na Arga de Baixo, a 550 m de altitude, pódese contemplar unha das panorámicas máis impresionantes e amplas da comarca, desde o val do río Coura, o Monte de Santa Trega na Guarda, ata o Corno Paisaxe do Bico e a Serra da Peneda.
ANDAINA 2.- SÁBADO, 14 DE MAIO: RUTA POLA RIBEIRA DO ULLA - TOURO
Tipo: ruta sinalizada - lineal
Percorrido: natural/etnográfico
Punto de partida/chegada: Ponte Basede / San Pedro da Ribeira
Distancia: 13 km
Duración: 4 h
Grao de dificultade: fácil
Descrición:
Esta senda percorre a marxe dereita do Río Ulla para achegarnos en medio dunha fermosa paisaxe, ata lugares tan emblemáticos no Concello de Touro como a Fervenza do Infermiño ou Pozo do Pego.
Durante o camiño descubriremos os restos do Pazo de San Cristovo, pequenos muíños e as agachadas e antigas ouriceiras que salpican repetidamente os frondosos soutos.
Nas Proximidades da poboación de San Pedro de Ribeira gozaremos da tranquilidade da vaira do Pozo do Pego, un lugar natural de extraordinaria beleza.
Durante a senda, o que máis sorprenderá serán os cambios de vexetación, que abranguen bosques de tipo mediterráneo con sobreiras e xaras, bosques atlánticos como os soutos ou as carballeiras e, a pouca distancia, uns tupidos bosques de ribeira. É un traxecto de pouca dificultade pero onde é moi recomendable o uso de botas de montaña e roupa axeitada.
ANDAINA 3.- SÁBADO, 4 DE XUÑO: TRILHO NA PAISAXE PROTEXIDA DO CORNO DE BICO, PORTUGAL
Tipo: ruta pequena
Percorrido: ecolóxico / paisaxe
Punto de partida: Tumba, Beout
Distancia: 10 km
Duración: 4,5 h
Grao de dificultade: fácil/medio
Descrición:
O Corno de Bico é un espazo emblemático do concello de Paredes de Coura e de gran importancia para a comarca, considerado un pequeno santuario natural, un espazo de rara beleza que o home conformou de forma harmónica, de alto valor ecolóxico, de gran beleza. e importancia para a comarca do Alto Minho. Hoxe ten un importante papel na conservación da natureza, o que permitiu a súa inclusión como sitio clasificado na Rede Europea NATURA 2000 e na Rede de Espazos Protexidos de Portugal. Neste territorio é igualmente importante o patrimonio humano das comunidades rurais. Dende o punto máis alto desta ruta, miradoiro natural, pódese apreciar unha paisaxe maxestuosa que se abre ben ao Val do Río Coura, ben aos Vales dos Ríos Vez e Lima.
ANDAINA 4.- SÁBADO, 9 DE XULLO: PR-G100 - SENDEIRO NATURAL ACIVEIRO - CANDÁN
Tipo: ruta sinalizada - circular
Ámbito: natural/etnográfico
Punto de partida/chegada: Mosteiro de Aciveiro
Distancia: 15 km
Duración: 4,5 h
Grado de dificultade: fácil / media
Descrición:
O sendeiro PR-G 100 consiste nunha ruta circular de 15 km con principio e fin no Mosteiro de Aciveiro. Camiñando cara a Vilaverde, atravésase o río Lérez rodeados de moitas especies arbóreas ata chegar, preto, da Rochela, a unha alvariza que da testemuña da presenza pasado do oso. Despois, entre prados, matogueiras, brañas e pequenos bosques ascéndese polas abas da Serra do Candán, espazo natural Rede Natura 2000.
A ruta descende cara a Lamasgalán de Arriba, onde un camiño de carro dirixe ao camiñante ata Lamasgalán de Abaixo. Gozando das paisaxes e dos ecosistemas humanizados deste lugar, chégase ata a Ponte Vella de Andón, para logo percorrer as ribeiras de Lérez en busca novamente o Mosteiro. Casas, pontes, muíños e cruceiros son mostras do afamado traballo dos vellos canteiros destas terras.
A Guarda pon a punto praias e sendeiros de cara á Semana Santa
O Concello da Guarda prepárase para a Semana Santa coa posta a punto, limpeza e acondicionamento de diferentes espazos públicos do municipio coma as principais praias marítimas e fluviais, así coma os diferentes sendeiros e camiños de titularidade municipal de máis tránsito nestas datas.
Grazas a entrada en servizos de persoal contratado polo Concello da Guarda a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, traballase arreo na limpeza manual dos areais das Praias do Muíño, A Lamiña e Codesal, que despois de distintos temporais invernais quedaron nun estado deplorable. De cara á inminente chegada da Semana Santa, realizouse esta posta a punto dunhas das praias de maior afluencia da comarca e que conta, coma é o caso da Praia do Muíño, co distintivo de Bandeira Azul e "Ecoplaya", este distintivo recoñece o esforzo da limpeza manual das praias xa que non se emprega maquinaria que remova a area, respectando o delicado ecosistema dunar.
Tamén se están a realizar labores nos areais marítimos de Area Grande, Fedorento e do Carreiro e praia de Area Grande.
No caso de camiños e sendeiros, dende fai unhas semanas operarios municipais e unha empresa externa encargáronse do desbroce e acondicionamento da Senda Litoral que comunica o Porto da Guarda coa Praia do Muíño, substituíndo tamén algunhas táboas que se atopaban danadas.
A Guarda volve a celebrar a Semana Santa
Tras dous anos A Guarda volverá a celebrar a Semana Santa con certa normalidade retomando a programación e os eventos relixiosos.
A Oficina de Turismo da Guarda situada na Praza do Reló abrirá do luns 11 ao sábado 16 de abril cun horario más amplo de 10.30 a 14.00 e de 16.30 a 19.00h. Para calquera dúbida tamén pódese contactar no tel. 986 61 45 46 ou en turismo@aguarda.es
Nesta Semana Santa retómanse as habituais visitas guiadas ao Castro de Santa Trega, e ante as consultas recibidas aumentáronse os días ofertados. Polo que do martes 12 ao domingo 17 de abril poderase coñecer en detalle o xacemento castrexo máis destacado de Galicia en tres quendas cada día: 12:00 / 18:00 e 19:00. As visitas guiadas son gratuítas pero precisan inscrición previa no tel. 690017038 ou en masat@aguarda.es. O punto de comezo é a explanada da casa Forestal, a casa en pedra que se atopa despois de cruzar a zona escavada do castro.
En canto aos horarios da Rede de Museos da Guarda:
o MASAT- MUSEO ARQUEOLÓXICO DE SANTA TREGA. 10:00 - 20:00 (Excepto luns)
o MUSEO DO MAR- ATALAIA. De xoves a domingo: 11:00 - 14:00 / 16:00 - 19:00
o CASTELO DE SANTA CRUZ como espazo público: 10:00 - 21:00
A Guarda comezará a celebrar a Semana Santa oficialmente mañá, 8 de abril, coa celebración da Procesión do "Venres de Dor", a partir das 21:00 horas dende a Igrexa Parroquial de Santa María.
Outros actos relixiosos destacados son as procesións e a tradicional bendición de ramos e palmas o 10 de abril (Domingo de Ramos) na Praza de San Bieito ás 11:00 horas.
O Xoves Santo virá marcado pola "Procesión dos Pasos", con saída ás 20:30 horas dende a Igrexa Parroquial de Santa María. O Venres Santo terán lugar, dende o mesmo punto, a "Procesión do Encontro" (11:00 h) e a "Procesión do Santo Enterro" (20:30 h).
A Semana Santa da Guarda tamén remota as Festas da Pascua de Buxán que darán comezo este sábado, 9 de abril, coa celebración do "Serán de Buxán" ás 22:00 horas. A festa continuará o vindeiro sábado, 16 de abril, cos tradicionais xogos populares (11:00h para nenos e 16:00h para adultos) e a posterior verbena, amenizada polo Trío La Noche e o Grupo América (23:00 h).
Na xornada do 17 de abril, Domingo de Pascua, a partir das 11:00h poderase desgustar pratos locais como a zorza e callos amenizado co grupo Airiños do Folón. A tarde está reservada para a tradicional Festa do Biscoito con inchables para nenos e ás 19:30 o peche será cargo do grupo folck Zurumalla.
Máis de 150 escolares visitaron na Guarda a Exposición de Libros do Principiño
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, presentou o pasado día 1 de abril as actividades e a programación para o mes do libro 2022, que arrancou coa inauguración da Exposición de libros "O Principiño".
Trátase dunha exposición que recolle máis de 250 exemplares de diversas edicións sobre unha das novelas curtas mais importantes e a obra mais famosa do escritor e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry.
Ao longo desta semana foron máis de 150 os nenos e nenas dos diferentes centros educativos da vila que participaron nas visitas guiadas a esta exposición, entre eles o CEIP Plurilingüe As Solanas Nicolás Gutiérrez Campo, o CPR Padres Somascos - Fundación Educere, o CEIP Manuel Rodríguez Sinde, O CEIP A Sangriña, a Escola Unitaria da Gándara e o Colexio Plurilingüe San José Carmelitas.
Nestas visitas á Exposición o alumnado tivo a oportunidade de participar nun contaconto da obra do Principiño adaptada a escolares de Educación Infantil(4-5anos).
Os exemplares expostos do Principiño son propiedade de Chelo Vicente Rodríguez, unha veciña da Guarda que comezou fai xa uns dez anos a coleccionar libros desta obra, a máis traducida do mundo, contando na actualidade con tradución a máis de cincocentos idiomas e 12 dialectos da xeografía española. Chelo comezou esta interesante colección a raíz das viaxes que foi realizando polo mundo, mercando exemplares en diferentes idiomas grazas tamén a formar parte dun grupo de coleccionistas, mercando libros tamén ilustrativos, que poderán contemplar os visitantes que se acheguen á Casa dos Alonso, na primeira exposición pública na que se vai poder ver esta interesante e asombrosa colección de libros do Principiño.
Sobre o autor falou na inauguración desta exposición Paco Vidal, un gran apaixonado da literatura e gran coleccionista tamén de libros, que non desaproveitou esta oportunidade para falar da historia de Antoine de Saint-Exupéry e o que significou e significa para moitas xeracións a obra do Principiño.
Montserrat Magallanes, Concelleira de Cultura, agradeceu no acto de inauguración a Chelo Vicente, que dende o primeiro momento se amosou moi receptiva a realizar esta exposición de libros do Principiño e colaborou de xeito moi activo para que a mesma fose unha realidade en moi pouco tempo. Engadiu a Concelleira de Cultura que "é todo un luxo para a cidadanía guardesa, para tod@s, pequenos e maiores poder desfrutar desta exposición na Casa dos Alonso e poder coñecer un pouco máis dun dos libros máis traducidos en todo o mundo. O Principiño sitúase nun lugar destacado nesta programación do Mes do Libro, onde queremos que tod@s se aproximen á lectura coma un elemento de busca da liberdade, do coñecemento, do espírito crítico e tamén "deses breves e incandescentes momentos de felicidade" como soñaba Jorge Luis Borges.
Para Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, "O pobo da Guarda, dende sempre, deu moita importancia aos libros, isto explica a gran produción e colaboración editorial que se fai dende o concello. Este ano, poder comezar o mes do libro coa exposición sobre O Principiño, é un luxo. Espero que desfrutemos dela grandes e pequenos. E que para elo, nós, os grandes, aceptemos a suxerencia do Principiño e nos acordemos de cando eramos cativos."
A Exposición estará na Casa dos Alonso ata o 10 de abril en horario de 9:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h de luns a venres e en horario de 10:00h a 13:00h os sábados.
O autocoidado persoal vai a ser a temática do Obradoiro "Quérome, Cóidome" organizado polo CIM da Guarda
O Concello da Guarda a través do Centro de Información á Muller, pon en marcha este vindeiro 19 de abril o obradoiro "Quérome, cóidome" dirixido a mulleres maiores de 55 anos. Trátase dunha actividade de carácter práctico onde as participantes traballarán o autocoidado persoal durante as nove sesións de duración da actividade.
Traballaranse aspectos como o fortalecemento da autoestima, a toma de consciencia da súa valía, necesidades, habilidades e limitacións para afrontar o día a día máis seguras de si mesmas, máis empoderadas. As sesións serán dinámicas e abarcaran o autocoidado emocional, físico e o ocio e o tempo de lecer. Abrirase un espazo para compartir as experiencias e inquedanzas das mulleres traballando a igualdade de xeito transversal.
Os obradoiros serán os martes en A Gándara de 16:00 a 17:00, Camposancos de 17:30 a 18:30 e en Salcidos de 19:00 a 20:00. Para inscribirse hai que poñerse en contacto co CIM da Guarda no teléfono 986 614 648 ou no correo muller@aguarda.es
Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de abril
O vindeiro luns día 11 de abril de 2022 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de abril de 2022.
A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en abril ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o luns día 11 de abril de xeito preferentemente telefónico no 986 61 0000 de 9:00h a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonsos.
A Unidade Móbil desprazarase á Guarda o 19 de abril e a recollida de documentos terá lugar o 22 de abril.
Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.
.
O mes do libro continúa este sábado na Guarda co contacontos "O Principiño en figuras de luz"
A programación do mes do libro continúa na Guarda este sábado día 9 de abril ás 12:00h na Biblioteca Cultural co contacontos "O Principiño en figuras de luz".
Un xeito diferente de achegarnos ao clásico conto infantil "O Principiño" a través da representación de algúns dos pasaxes mais coñecidos a través de figuras de luz.
Este peculiar contacontos é realizado pola Asociación Jóvenes Científicos, que realizan os mais variados proxectos de investigación e divulgación científica.
Esta actividade require dunha inscrición previa no Centro Cultural en horario de 16:00h a 21:00h. ou chamando ao 986 61 1850.
A Guarda e Caminha presentan as Andainas de Primavera 2022
Na xornada do martes día 5 de abril de 2022 tivo lugar na Casa dos Alonso da Guarda a presentación das Andainas de Primavera 2022, organizadas conxuntamente entre o Concello da Guarda e a Câmara Municipal de Caminha.
Estas andainas, que gozan dunha ampla participación en ámbalas dúas ribeiras do Río Miño, contarán con 4 rutas nesta primavera 2022 e veñen a retomar as andainas que se organizaban cada ano ata que a pandemia da COVID-19 impediu a súa celebración.
No acto de presentación estiveron presentes Antonio Lomba, Alcalde da Guarda; Miguel Alves, Presidente da Câmara Municipal de Caminha, así coma concelleiros e vereadores de deportes de ámbolos dous municipios e medios de comunicación.
Para Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, estas andainas constitúen novamente unha aposta polo deporte e pola organización de actividades de xeito conxunto coa vila veciña de Caminha, coa que tanto mantemos relación, un paso máis na unificación dos territorios transfronteirizos da raia Galicia/Portugal.
En palabras de Miguel Alves, Presidente da Câmara de Caminha, é unha boa oportunidade de compartir experiencias de xeito conxunto, despois da parada obrigatoria debido á pandemia da COVID-19, unha vez máis os pobos veciños da Guarda e Caminha traballan de xeito unificado na realización de actividades para o goce da cidadanía galega e portuguesa.
As Andainas de Primavera 2022 contan con 4 rutas en total entre o 30 de abril e o 9 de xullo, nas que visitaranse o Trillo da Serra d´Arga(Caminha), a PR-G 93 Ruta da Ribeira do Ulla(Touro), o Trilho da paisagem protexida Corno do Bico(Paredes de Coura) e o Sendeiro Natural Aciveiro(Forcarei).
Trilho na Serra d'Arga en Caminha - 30 de abril
As andainas arrancan o 30 de abril co Trilho na Serra d'Arga en Caminha, unha ruta ecolóxica e paisaxística duns 15km de distancia e cun grado de dificultade doado/medio que partirá de Arga de Cima(Caminha) e que terá unha duración aproximada de 5,5h.
A Serra d'Arga é unha das zonas máis emblemáticas do Alto Minho, non só pola inmensidade das paisaxes salvaxes na súa cima, senón tamén pola singularidade dos seus valores naturais e culturais. Nos puntos máis altos do monte, dominados por impoñentes macizos graníticos, atópanse zonas de pasto naturais de rara beleza onde se dan diferentes tipos de matogueira nunha matriz de pastos cunha notable diversidade florística. Próximo ás pintorescas vilas que se desenvolven na transición ao xisto, hai campos de cultivo, marismas e bosques naturais, atravesados por varias liñas de auga.
O xacemento "Serra de Arga" posúe un valioso patrimonio natural, que inclúe hábitats naturais e seminaturais, así como especies de fauna e flora de conservación prioritaria. Este territorio posúe unha extraordinaria riqueza florística, incluíndo especies raras ou en perigo de extinción.
Esta ruta, na zona de Arga de Cima, Arga do Baixo, Arga de São João e Dem, asentamentos rurais da Serra d'Arga, discorre por unha das zonas máis emblemáticas do Alto Minho, no val da Ribeira de Arga e o val da Ribeira de São João, en zonas de marismas, campos de cultivo e bosques naturais, atravesadas por varias liñas de auga, polas que é posible entrar en contacto con aspectos de interese xeolóxico e xeomorfolóxico, e apreciar diversos exemplos de arquitectura vernácula, como muíños e hórreos.
Desde o Cabeço do Meio Dia, na Arga de Baixo, a 550 m de altitude, pódese contemplar unha das panorámicas máis impresionantes e amplas da comarca, desde o val do río Coura, o Monte de Santa Tecla e A Guarda, ata o Corno Paisaxe do Bico e a Serra da Peneda.
PR-G 93 Ruta pola Ribeira do Ulla en Touro - 14 de maio
O sábado día 14 de maio terá lugar a segunda andaina programada coa PR-G 93 Ruta pola Ribeira do Ulla en Touro, unha ruta lineal con contido natural e etnográfico que partirá da Ponte Basede e terá punto de final en San Pedro da Ribeira, cunha distancia total de 13km e unhas 4h de duración, cun grao de dificultade doado.
Esta senda percorre a marxe dereita do Río Ulla para achegarnos en medio dunha fermosa paisaxe, ata lugares tan emblemáticos no Concello de Touro como a Fervenza do Infermiño ou Pozo do Pego.
Durante o camiño descubriremos os restos do Pazo de San Cristovo, pequenos muíños e as agachadas e antigas ouriceiras que salpican repetidamente os frondosos soutos.
Nas Proximidades da poboación de San Pedro de Ribeira gozaremos da tranquilidade da vaira do Pozo do Pego, un lugar natural de extraordinaria beleza.
Durante a senda, o que máis sorprenderá serán os cambios de vexetación, que abranguen bosques de tipo mediterráneo con sobreiras e xaras, bosques atlánticos como os soutos ou as carballeiras e, a pouca distancia, uns tupidos bosques de ribeira.
É un traxecto de pouca dificultade pero onde é moi recomendable o uso de botas de montaña e roupa axeitada.
Trilho na Paisagem Protegida Corno do Bico en Paredes de Coura - 4 de xuño
O 4 de xuño terá lugar a terceira andaina co Trilho na Paisagem Protegida Corno do Bico en Paredes de Coura, unha ruta ecolóxico/paisaxística que partirá dende Túmio, cunha distancia de 12km, cunha duración aproximada de 4.5h e cun grao de dificultade doado/media.
O Corno de Bico é un espazo emblemático do concello de Paredes de Coura e de gran importancia para a comarca, considerado un pequeno santuario natural, un espazo de rara beleza que o home conformou de forma harmónica, de alto valor ecolóxico, de gran beleza. e importancia para a comarca do Alto Minho. Hoxe ten un importante papel na conservación da natureza, o que permitiu a súa inclusión como sitio clasificado na Rede Europea NATURA 2000 e na Rede de Espazos Protexidos de Portugal. Neste territorio é igualmente importante o patrimonio humano das comunidades rurais.
Dende o punto máis alto desta ruta, miradoiro natural, pódese apreciar unha paisaxe maxestuosa que se abre ben ao Val do Río Coura, ben aos Vales dos Ríos Vez e Lima.
PR-G 100 Sendeiro Natural Aciveiro en Candán(Forcarei) - 9 de xullo
Xa para rematar estas andainas o sábado día 9 de xullo terá lugar a ruta PR-G 100 Sendeiro Natural Aciveiro, que cun percorrido circular de carácter natural e etnográfico, partirá dende o Mosteiro de Aciveiro para percorrer un total de 15km, nunha duración estimada de 4,5h e cun grao de dificultade doado/medio.
O sendeiro PR-G 100 consiste nunha ruta circular de 15 km con principio e fin no Mosteiro de Aciveiro. Camiñando cara a Vilaverde, atravésase o río Lérez rodeados de moitas especies arbóreas ata chegar, preto, da Rochela, a unha alvariza que da testemuña da presenza pasado do oso. Despois, entre prados, matogueiras, brañas e pequenos bosques ascéndese polas abas da Serra do Candán, espazo natural Rede Natura 2000.
A ruta descende cara a Lamasgalán de Arriba, onde un camiño de carro dirixe ao camiñante ata Lamasgalán de Abaixo. Gozando das paisaxes e dos ecosistemas humanizados deste lugar, chégase ata a Ponte Vella de Andón, para logo percorrer as ribeiras de Lérez en busca novamente o Mosteiro. Casas, pontes, muíños e cruceiros son mostras do afamado traballo dos vellos canteiros destas terras.
Información e inscricións
As persoas interesadas en participar nestas andainas poden ampliar información na Oficina de Turismo da Guarda no teléfono 986614546 ou no enderezo electrónico turismo@aguarda.es, as inscricións estarán abertas dende o vindeiro luns día 11 de abril.
En Caminha, as inscricións se poden realizar chamando aos teléfonos 258721708 ou 914476461 ou no enderezo electrónico ambiente@cm-caminha.pt
|