JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Concello de Tui incentiva a compostaxe coa entrega de material á veciñanza

O Concello de Tui, co obxectivo de apoiar e incentivar a compostaxe, ten material gratuíto a dispor da cidadanía para a compostaxe tanto individual coma comunitaria.

Por unha banda as persoas que desexen compostar na casa poden solicitar, de forma gratuíta, un composteiro individual. Xunto con este equipamento recibirán unha charla e apoio técnico para resolver calquera dúbida e axudar nos traballos de posta en marcha do composteiro.

Por outra parte aquelas persoas que compostan na casa cun composteiro individual, poden solicitar un aireador, ferramenta que axuda nos traballos de remexido do composteiro.

Amais aquelas persoas que xa usan algún dos catro centros de compostaxe comunitaria que hai na cidade, ou queren iniciar a compostaxe nun deste puntos, poden solicitar, tamén de forma gratuíta, un caldeiro co que trasladar os restos orgánicos que xeran na casa ao composteiro comunitario de xeito sinxelo e limpo.

As persoas interesadas poden solicitar, de forma gratuíta, este material a través da sede electrónica municipal, persoalmente na casa do concello, no teléfono 687 24 99 53 ou no correo electrónico compostaxe@tui.gal.

Dende o Concello de Tui convídase á cidadanía á sumarse á compostaxe, co que se reduce de xeito importante a fracción de lixo que acaba no contedor verde. Para calquera dúbida ou máis informacións as persoas interesadas poden contactar coa mestra composteira no 687 24 99 53 ou no correo compostaxe@tui.gal.

Concello Tui


Balance positivo da I Xornada de Negocio "Mulleres Conectadas" celebrado hoxe en Tui con preto de 40 participantes

Balance positivo da primeira xornada de negocio "Mulleres Conectadas" celebrada esta mañá na Aula da UNED de Tui dentro da programación do Día Internacional da Muller.

Mulleres emprendedoras, empresarias e directivas de moi diversos ámbitos coñecéronse, compartiron experiencias e inquedanzas neste encontro que buscaba propiciar a formación de redes profesionais que a súa vez permitan xerar oportunidades laborais e de negocio.

A concelleira de Igualdade, Ana Núñez, deulles á benvida a primeira hora da mañá amosando a súa satisfacción pola ampla participación rexistrada con case corenta mulleres inscritas pertencentes a sectores moi variados coma artesanía, hostalería, sanitario, consultaría, deseño,…

A continuación cada muller explicou de xeito breve a súa experiencia empresarial, dando paso logo a pequenos grupos de encontro no que se puideron coñecer máis polo miúdo, falar de proxectos e de realidades.

Tivo lugar amais a presentación de empresas coma Bodega Corisca, Ideas Peregrinas, Plaintec, Visualiza, Rectoral de Areas, Lenda Pet Food e Kooch, e os servizos de SmartPeme.

Concello Tui


Tui participou na asemblea xeral da Red de Juderías de España

Hoxe celebrouse de xeito telemático a 59ª Asemblea Xeral Ordinaria da Rede de Juderías. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou na mesma ao igual que os representantes outras cidades que conforman a rede, en concreto Ávila, Barcelona, Béjar, Cáceres, Córdoba, Estella-Lizarra, Xaén, León, Lucena, Lorca, Monforte de Lemos, Sagunto, Tarazona, Toledo e Tudela.

A Asemblea Xeral Ordinaria, estivo presidida polo actual presidente da Asociación e alcalde de Lucena, Juan Pérez. Os participantes compartiron inquietudes e como a nova situación xeopolítica internacional está de novo pondo a proba aos destinos desta asociación de municipios.

Na reunión aprobáronse as contas anuais de 2021, así como o proxecto de axudas estatais do Programa "Experiencias Turismo España", que a Rede de Xudarías presentará antes do 20 de abril co fin de poder levar a cabo un proxecto de desenvolvemento de xestión turística de experiencias nas cidades que integran a Asociación.

Por outra parte, tendo en conta a intensificación da posición da Red de Judarías en Europa, participaron na Asemblea o director da Asociación Europea do Patrimonio Xudeu (AEPJ), Víctor Sorenssen, e o vicepresidente da Rede de Xudarías de Portugal e presidente da Cámara Municipal de Castelo de Vide, Antonio Pita. Ambos trasladaron á Asemblea os proxectos que os vinculan e nos que traballan conxuntamente coa Red de Juderías de España.

Concello Tui


Dezasete persoas incorpóranse coma traballadores ao Concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos

Hoxe incorporáronse á plantilla do Concello de Tui 17 persoas contratadas a xornada completa, durante 6 meses, a través da liña 3 do Plan Concellos 2022

En concreto foron contratadas dez persoas coma peóns de horticultura e xardinería e outras cinco persoas traballarán coma operarios de obras. Tamén se incorporou unha persoa coma oficial condutor e outra coma auxiliar administrativo.

A primeira hora desta mañá, o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Persoal, José Ramón Magán, lles daban á benvida ao concello no salón de sesións da casa do concello. Desexándolles que aproveiten esta oportunidade laboral.

Concello Tui


Este domingo volverá realizarse o roteiro teatralizado "Camiñando con elas"

Este domingo, 3 de abril, volverá realizarse o roteiro teatralizado "Camiñando con elas". Ante a boa acollida e interese rexistrado na primeira ruta realizada o pasado domingo, 20 de marzo, organizouse a cabo unha nova visita, que sairá ás 12h da praza da Inmaculada.

Da man de María Chamadoira realizarase un percorrido dunha hora polo conxunto histórico, no que se poderá coñecer a historia e a vida de dez mulleres tudenses: Rosa Bahamonde, María Tydeska, Raíñas Dona Urraca, Clara Torres, Josefa Correa, Conchiña Concheiro, Mª Suárez Sarmiento, Evagelina Jaso, Cándida Rodríguez e Antonia Saravia. O roteiro, que foi ilustrado pola artista Gemma Marqués forma parte do proxecto "A Tui das Mulleres". As prazas son limitadas e para asistir é preciso inscrición previa na Oficina de Turismo.

O programa "Dereito a estar, dereito a achegar" organizada polo Concello de Tui continua o xoves coa derradeira charla do ciclo "Xuntas Aprendemos" coa intervención da psicóloga clínica Minerva Ojeda sobre "Mitos do amor romántico". A cita será ás 18 h na Aula da UNED.

Por outra parte foi suspendida a proxección de "El proxeneta" con Mabel Lozano, prevista para o mércores no Teatro Municipal, por causas alleas á organización, informarase da nova data na que se poderá ver o filme.

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais