|
O martes 29 celebrarase a I Xornada de Negocio "Mulleres Conectadas"
"Mulleres Conectadas" é o título do primeira xornada de negocios que se vai celebrar o martes, 29 de marzo, na Aula da UNED de Tui. Está organizado polo Concello de Tui, a través da concellería de igualdade, dentro programación do mes de marzo.
"Mulleres conectadas" será encontro de mulleres, un espazo para xerar oportunidades, compartir experiencias, crear redes e fortalecer o talento con un fin común, profesional, persoal e colaborativo. Será un encontro en feminino para promocionar, coñecer e conectar.
Esta actividade, baseada na filosofía Networking consiste no establecemento dunha red profesional de contactos que permite darnos a conocer a nosotros y a nuestro negocio, escuchar y aprender de los demás, enseñar o intercambiar información, conocimiento o contactos que ayuden a fortalecer nuestras relaciones y conseguir beneficios profesionales mutuos, para avanzar más rápido.
Mulleres Conectadas é unha ferramenta comercial, para conectar persoas e empresas con una característica común, ser muller empresaria , emprendedora ou directiva.
Unha actividade organizada pola concelleria de igualdade da man de Qonet networking.
Tui presente na BTL de Lisboa coa Eurocidade Tui-Valença e coa Red de Juderías de España
Valoración positiva da promoción turística de Tui na BTL, Bolsa de Turismo de Lisboa, onde está a participar coa Eurocidade Tui-Valença e coma membro da Red de Juderías de España. A BTL é a maior feira de turismo de Portugal, e reúne até este domingo aos profesionais do sector turístico pero tamén ao público en xeral.
A Eurocidade Tui-Valença estase a promocionar dentro do stand xeral de Turismo Porto e Norte de Portugal. Pero amais tamén no stand da Red de Juderías de España.
Onte á tarde presentábase en Lisboa presentar o proxecto "Río Miño, un destino navegable" promovido polas Eurocidade Tui- Valença e Salvaterra-Monçao, xunto a Turismo de Galicia e Turismo Porto e Norte de Portugal, do mesmo xeito que se fixo a finais de xaneiro en FITUR en Madrid. A Eurocidade Tui-Valença está a presentar tamén na BTL as novas guías con información cultural tanto de Tui como de Valença, as actividades financiadas con fondos europeos, e información de interese para as persoas que realicen o Camiño Portugués entrando a Galicia dende Tui. Esta nova publicación está xa dispoñible na Oficina de Turismo de Tui.
O Camiño de Santiago é outro dos atractivos turísticos nos que se fai fincapé nesta destacada cita, tendo en conta a posición estratéxica de Tui coma porta de entrada do Camiño Portugués a Galicia. Tamén se da a coñecer o proxecto Unicidade que Tui leva a cabo de xeito conxunto con Valença e as actividades que se desenvolven ao longo da mesma.
Iniciativas que foron están sendo acollidas con interese polas autoridades, visitantes, e touroperadores. Onte á tarde tiña lugar tamén unha degustación gastronómica na que os peixiños e as pastas de améndoa elaboradas polas monxas Clarisas de Tui, estiveron presentes.
Amais Tui promociona o seu legado sefardí coma unha das cidades integradas na Red de Juderías de España que estará presente na BTL cun atractivo stand, no que dar a coñecer os atractivos e patrimonio dos municipios desta agrupación.
A Eurocidade BTT reúne a 1.160 participantes este domingo na súa novena edición
O Monte Aloia, o Monte Faro e os conxuntos históricos de Tui e Valença conforman o circuíto que ten unha ruta curta de 43 quilómetros e unha longa de 70
Este domingo regresa a IX Eurocidade BTT, proba ciclista de montaña non competitiva, que tras dous anos de parón debido á pandemia volverá reunir aos afeccionados da BTT de Galicia e Portugal nun evento entre dous países.
A proba foi presentada esta mañá polo alcalde de Tui en funcións e concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa, o presidente da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, Eduardo Fernández, e o representantes da Federación Galega de Ciclismo, Óscar Sánchez.
A Eurocidade BTT está organizada pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Ciclismo, e subvencionada polo programa operativo Interreg.
A saída será o domingo ás 9 h dende as instalacións da piscina de Valença, onde se reunirán os 1.160 inscritos. Por diante terán 43 quilómetros para os que realicen a proba curta, e 70 quilómetros para os que opten pola distancia máis longa. A chegada estará situada fronte á Cámara de Valença na Fortaleza valenciana.
O alcalde en funcións e concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, salientou esta mañá na presentación coma a inscrición acadada é o reflexo de que "as cousas se están facendo moi ben". Referíase Rafael Estévez ao auxe que está a experimentar o turismo deportivo xa que xunto aos participantes virán tamén familia ou amigos que aproveitarán para realizar a andaina que conducirá o club AndaTui Rego da Pedra ou para coñecer a Eurocidade Tui-Valença, facer compras ou gozar da gastronomía. Lembraba amais que a BTT é a primeira das 19 probas deportivas da Eurocidade Tui-Valença previstas para este ano.
O vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa, salientaba que a esta proba "é das de maior participación e das máis agardadas" do calendario da Eurocidade. Óscar Sánchez, da Federación Galega de Ciclismo, felicitou á organización polo "traballo extraordinario realizado".
Eduardo Fernández, presidente da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, explicou de xeito pormenorizado o percorrido que será "igual de duro que de precioso", e para o que hai que ter "unhas mínimas condicións físicas". Sinalaba que por seguridade e calidade estableceron o límite de inscrición nas 1.200 persoas porque a ruta a realizar é de "BTT puro". Tras a saída os ciclistas dirixiranse cara as parroquias tudenses de Malvas e Pexegueiro, cunha "ruta espectacular de 3 quilómetros á beira do río Furnia" para ter o primeiro punto de avituallamento no quilómetro 18 na igrexa de San Mamede en Malvas, e subir ao cumio do Aloia cunhas vistas espectaculares do Val Miñor e das Cíes. Tras un segundo avituallamento os participantes iniciarán o descenso, para o que recomendaba "precaución e que disfruten das trialeiras". Xa no centro urbano dende a praza de San Fernando, onde está situada a Catedral, baixarán por escaleiras até o Paseo Fluvial, dende onde chegarán a vella Ponte Internacional. Aquí ás 12.30 h establecerase o corte para poder continuar coa ruta longa. Aqueles que completen os primeiros 41 quilómetros en tempo poderán subir até o Monte Faro, novamente con espectaculares vistas, e baixar por sendeiros até a Fortaleza de Valença, onde os primeiros poderán estar entre ás 12.30 h e ás 12.45 h.
Máis de 250 deportistas de Galicia e Portugal participarán o sábado na XLI Regata Miño Internacional
Constará de 6 quilómetros entre Currás e Tui. Participación embarcacións 8 e 4
Máis de 250 deportistas participarán este sábado na XLI Regata Miño Internacional Memorial José Luís Méndez que se celebrará en augas do río Miño entre Currás, Tomiño, e Tui.
Esta proba deportiva foi presentada esta mañá na casa do concello polo alcalde de Tui en funcións e concelleiro de Deportes, Rafael Estévez o presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González, o vicepresidente do club, Luís Moroño, a secretaria Auri Gil, e polo o Comandante Naval do Miño, Pablo Redondo. Tamén estivo presente o concelleiro de Servizos Sociais e Medio Ambiente, Ismael Diz.
A inscrición para participar na regata pecha hoxe, pero está xa confirmada a presenza de 250 deportistas de Galicia e Portugal que competirán en embarcación de 8 e 4. A proba será este ano Memorial José Luís Méndez. O embarque está previsto ás 11 h en Tui, na rúa Olímpicos Tudenses, dende onde deportistas irán remando até o punto de saída en Currás. A saída comezará ás 11.50 h por tandas por categorías. O tempo estimado en completar os seis quilómetros da regata será algo máis de vinte minutos.
O alcalde en funcións e concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, quen salientou o espectacular desta regata que este ano será "moi especial por levar o nome de José Luís Méndez", avanzando que dende o Concello se está traballando para darlle ao Centro Municipal de Remo o nome Jose Luís Méndez, figura imprescindible no remo tudense. Amosou amais o compromiso do concello co deporte e con continuar coa mellora das instalacións deportivas, na liña iniciada nos últimos anos. Animaba ao público a acudir o sábado ao Miño para presenciar esta regata. O concelleiro amosou neste acto as súas condolencias á familia e amigos de Lino Blanco, xornalista deportivo falecido nas últimas horas.
O presidente do Club Remo do Miño, organizador da regata, Manuel Ángel González, explicaba coma non foi fácil volver a arrancar tras dous anos de parón debido á pandemia. Amosou a súa satisfacción pola participación rexistrada, pese ao cambio de data, xa que a regata habitualmente se celebra en xaneiro. Amosou tamén o seu agradecemento tanto ao Concello de Tui, á Comandancia Naval do Miño e a Protección Civil así coma aos patrocinadores que fan posible este evento. A secretaria do club, Auri Gil, salientaba o "duro traballo" que hai detrás dunha regata, xa que máis aló do deportivo. Invitou á cidadanía a acudir o sábado ao río e gozar do "ballet na auga", facendo súas as palabras que José Luís Méndez empregaba para referirse ao remo, xa que afirmaba que a regata "é impresionante vela na auga".
O comandante Naval do Miño, Pablo Redondo, salientaba coma "a Armada está concienciada en axuda e co deporte" amosando o seu apoio á organización para controlar as embarcación no río, e "desexando que as probas deportivas volvan ao Miño cada fin de semana".
Habilitado un formulario na web municipal para canalizar a axuda local á poboación ucraína
Esta xa habilitado na web municipal un formulario para que a veciñanza poida ofrecer a súa axuda á poboación ucraína.
Deste xeito búscase coñecer os recursos, tanto materiais coma humanos, cos que se pode contar en Tui para axudar á poboación ucraína desprazada ao municipio.
Así por unha banda a cidadanía pode ofrecer vivenda, gratuíta ou en aluguer, pero tamén o seu tempo realizando labores de tradución, axudando en clases de castelán, levando a cabo reforzo educativo, acompañamento, clasificación e organización de material, … indicando a súa dispoñibilidade horaria. Tamén se pode ofrecer axuda material en forma de roupa, enxoval, libros, material escolar, produtos de hixiene,… e no caso das empresas poden tamén ofrecer emprego.
Estes recursos, que serán rexistrados, irán activándose a medida que sexan necesarios tanto a curto, coma a medio e longo prazo.
O formulario pódese cubrir en liña na propia web, ou descargar en envialo ao correo axudaucraina@tui.gal ou tamén presentalo presencialmente no Centro Sociocomunitario, no Centro Municipal de Formación e Emprego, ou nos Servizos Sociais Comunitarios Municipais. Este documento tamén se pode recoller impreso nestes tres puntos.
Dende o Concello de Tui agradécese á cidadanía a colaboración e axuda nesta crise humanitaria, e faise fincapé na importancia de poder canalizar toda a esta axuda do xeito máis efectivo.
Este venres (18/3)volverase reunir no Concello de Tui a mesa de traballo creada para axudar á poboación ucraína.
|