JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

RÍO MIÑO NAVEGABLE AMPLIAN LA OFERTA TURISTICA

Debido al interés evidenciado en los primeros días de la campaña fluvial del Miño, se coloca a disposición de los interesados dos paseos diarias de barco. Se mantiene el horario de las 16:00 horas, añadiendo otro a las 17:30 horas. La inscripción, gratuita y limitada a 15 personas por viaje, se realiza en los quioscos de información ubicados en los embarcaderos de Salvaterra de Miño y Tui, o en el sitio web de Hemisférios www.hemisferios.org, el tour operador responsable por la organización de los viajes.

Hasta la fecha, la ruta fluvial del río Miño está siendo un éxito, captando la atención y la curiosidad de muchos ciudadanos y turistas que, en esta época de Carnaval, se embarcaron en este proyecto patrocinado por las Eurocidades de Monção/Salvaterra de Miño y Valença/Tui.

Dado el éxito y la expectativa creada, los 4 municipios fronterizos decidieron, en reunión celebrada en Tui, ampliar la oferta turística con otro recorrido fluvial por las aguas del río Miño internacional. Manteniendo el horario de las 16:00 horas, los municipios sumaron otro, a las 17:30 horas, que funciona desde el pasado miércoles 2 de marzo.

La inscripción se realiza el mismo día en los quioscos de información que se encuentran alternativamente en los embarcaderos de Salvaterra de Miño y Tui, o en el sitio web de Hemisferios www.hemisferios.org, el tour operador responsable de los viajes. Con una duración aproximada de una hora, ofrecen fabulosas vistas de los centros históricos de los 4 municipios desde el río.

Hasta el domingo 6 de marzo, el barco turístico está disponible en el embarcadero de pescadores de Tui. La semana siguiente, entre el 7 y el 13 de marzo, estará en Salvaterra de Miño. Las próximas semanas siguen la misma metodología, con una semana en Tui y otra en Salvaterra de Miño.

Rutas turísticas de 8 horas de duración
Reservas solo en la web www.hemisferios.org

Además de los recorridos fluviales, con una duración aproximada de una hora, el proyecto "Rio Minho: Destino Navegable" también contempla la implementación de rutas turísticas, con una duración de 8 horas, enseñando el rico patrimonio natural, cultural y etnográfico de los 4 municipios. El transporte por tierra se realiza en minibús y tren turístico.

Las rutas turísticas cuentan con el apoyo de un guía turístico, quien guiará a los pasajeros en las visitas a los centros históricos y fortalezas. Los interesados deben registrarse en la Central de Reservas accediendo al sitio web de Hemisférios www.hemisferios.org. En esta página se pueden consultar los horarios y lugares a visitar de las rutas turísticas existentes.

La embarcación, con capacidad para 24 personas, ofrece solo 15 asientos, con el fin de garantizar la distancia recomendada por las autoridades sanitarias de ambos países. El proyecto "Río Minho: Un Destino Navegable", aprobado por el Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP), cuenta con cofinanciación europea.

Concello Tui


O Concello de Tui porá dez vivendas municipais en Caldelas a dispor dos refuxiados ucraínos

Diante do desastre humanitario que significa o éxodo masivo de cidadáns ucraínos fuxindo da guerra e a destrución provocadas pola invasión rusa do seu país, o Concello de Tui mantivo hoxe unha primeira reunión para coordinar dende a institución municipal a axuda local á poboación ucraína.

O Concello de Tui respondendo a solicitude realizada dende a FEGMP ten posto a disposición as dez vivendas municipais que están baleiras en Caldelas. Amais dende o Concello, faise un chamamento á poboación que poida contar con vivendas baleiras para alugar que comuniquen a súa disposición.

Esta mañá nesta primeira reunión de coordinación participaron por parte do Concello os responsables das áreas de Servizos Sociais, Ismael Diz, de Educación e Cultura, Sonsoles Vicente, de Emprego e Formación, Ana Núñez, así coma as técnicas de Servizos Sociais Carmen González e Paula Guerreiro. Estiveron presentes a Inma Rodríguez Lago, responsable do centro de acollida de Tui, e Belén Arranz Núñez, coordinadora de programas de Diversidades Acolle Tui, Irene Arias, directora do Centro Sociocomunitario de Tui, Raquel Gómez en representación de SOS Tomiño Baixo Miño, Sor Josefina do Voluntariado da Caridade de San Vicente de Paúl, e Juan González, presidente de Protección Civil de Tui.

Para canalizar esta información, así coma todas aquelas axudas que se poidan ofrecer vén colaborando coma voluntarios, ou ben a través de medios materiais, a próxima semana porase a dispor da veciñanza un punto de información na casa do concello, no departamento de Servizos Sociais, no Centro Municipal de Formación e Emprego en Guillarei e habilitarase un formulario na web municipal.

Tendo en conta que a axuda que vai precisar a poboación ucraína vai ser prolongada no tempo e non puntual, acordouse celebrar estas reunións de coordinación con carácter semanal para ir avaliando as necesidades que poidan ir xurdindo.

A veciñanza de Tui sempre ten demostrado ser solidaria e ter unha gran capacidade de axuda e cooperación con aquelas persoas que máis o precisan. Nestes tempos escuros nos que a guerra nos pon a proba a todos, unha vez máis debemos ser quen de amosar a nosa faciana máis solidaria colaborando coas iniciativas que se poñan en marcha para axudar ao pobo de Ucraína que tan difíciles momentos están a pasar, nenos, anciáns, homes e mulleres separados e separadas da seguridade do seu fogar precisan de nos agora e é agora cando debemos, podemos e temos que axudalos.

Concello Tui


"Dereito a estar, dereito a aportar" lema do concello de Tui para conmemorar o 8M

Durante os meses de marzo, abril e maio desenvolverase un amplo programa de actividades

O Concello de Tui ten en marcha un amplo programa de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller, 8M. Unha programación especial que se suma á realizada ao longo do ano con actividades de xeito transversal con perspectiva de xénero coma se reflicte no III Plan de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres.

A concelleira de Igualdade, Ana Núñez, presentou este mediodía publicamente os actos a realizar partindo da premisa de que "a loita pola igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas é sen lugar a dúbidas a materia pendente desta sociedade e ten que estar presente durante os 365 días do ano, pois só de esta forma conseguiremos acadar unha igualdade real".

Explicaba a concelleira que o obxectivo das actividades programadas para diferentes públicos é "reivindicar os dereitos das mulleres" para "continuar avanzando no camiño da concienciación e da sensibilización do xeito máis efectivo posible, sen descanso, sen retroceder nin un só paso do andado".

Ana Núñez indicaba que o lema deste ano "Dereito a estar, dereito a achegar" é contundente e claro porque "temos dereito a ser, a estar e a que se recoñezan as nosas achegas".

O programa previsto comezou xa onte xoves co ciclo "Xuntas Aprendemos" que continuará cada xoves deste mes de marzo na aula da UNED de Tui.

O próximo luns na fachada da casa do concello colocarase unha lona co lema do programa e iluminarase de cor morada.

O martes, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, as actividades previstas realizaranse ao longo de toda a xornada. Ás 11 h na praza Praza da Inmaculada terá lugar a lectura da declaración institucional a cargo de traballadoras do Concello.

A continuación presentarase o roteiro turístico ilustrado "Camiñando con elas" que dará a coñecer a coñecer a vida e achega de diferentes mulleres de Tui que deixaron a súa pegada na historia local. Este roteiro, que contou con financiamento da Consellería de Política Lingüística da Xunta de Galicia, forma parte dun proxecto moito mais ambicioso que se presentará proximamente denominado "A Tui das mulleres. A historia non contada". Un roteiro que o público poderá realizar de novo o domingo 20 ás 11 h previa inscrición na Oficina Municipal de Tui.

Amais o martes 8 ás 17 h inaugurarase na Oficina de Turismo a exposición "Mulleres icónicas tecidas a ganchillo". Presentarase recreacións de mulleres coma Amelia Earhart, a primeira muller en cruzar o Océano Atlántico en avión, Billie Holiday, Cleopatra, Florence Nightingale, Greta Thunberg, a escritora Jane Austen, Malala Yousafzai, Marie Curie, Rosa Parks, … realizadas pola artesá Salomé Fernández inspirada no libro de Carla Mitrani. Con esta mostra visibilízase, a través dun oficio artesán absolutamente feminizado, a mulleres referentes que cambiaron o mundo.

A concelleira de Igualdade avanzou tamén na presentación que "desde o Concello de Tui sumámonos as manifestacións que se celebrarán en diferentes puntos da xeografía reivindicando a abolición da prostitución e toda forma de explotación sexual e reprodutiva".

Outro dos eventos destacados do programa terá lugar o sábado, 26 de marzo, ás 20 h no Teatro Municipal co acto de recoñecemento "Mulleres de onte, de hoxe e de mañá" para lembrar e visibilizar as mulleres referentes do pasado e recoñecer o valor doutras mulleres tudenses que continúan a través do seu talento facendo achegas de valor incalculable a nosa sociedade. No mesmo porase en valor a traxectoria de 5 mulleres de diferentes ámbitos do mundo da empresa, da ciencia, da educación, da cultura e do deporte que son referentes e exemplo para outras. No mesmo acto realizarase unha homenaxe á muller na música coa interpretación por parte de alumnas do Conservatorio Profesional e da Escola Municipal de Música de Tui de composicións realizadas por mulleres. Pecharase o evento coa interpretación da canción "Se eu achase a palabra", co poema LIMIAR de María Victoria Moreno, homenaxeada no Día das Letras Galegas en 2018, cunha composición da profesora Patricia Goberna a voces femininas e acompañamento instrumental.

O cine a literatura están tamén presentes na programación cun ciclo de cinema os mércores 9, 16, 23 e 30 de marzo ás 19.30 h no Teatro Municipal coa proxección de "Serás hombre" de Isabel de Ocampo, María Solinha, de Ignacio Vilar, "Nación" de Margarita Ledo i "El Proxeneta" de Mabel Lozano. Contando cada xornada coa presenza das directoras e do director.

Mentres o venres, 25 de marzo, ás 19 h na Sala de Exposicións Municipal, a feminista e académica Rosa Cobo presentará o seu libro "Pornografía, el placer

A programación inclúe tamén actividades para a poboación máis nova coa presenza do "Comando Igualdade" con Chis Oliveira e Priscila Retamozo que presentarán o seu libro "Comando Igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas!", a proxección de María Soliña para o alumnado de secundaria, a realización de obradoiros de temática feminista. O público infantil de 4 a 10 anos poderá acudir o venres 18 de marzo ás 17 h na Sala de Exposicións á sesión de contacontos "Contos vellos, novos finais". E o domingo 13 ás 11h celebrarase o Escape Room "Estrelas".

Por outra parte, a concelleira de Igualdade explicou que "a creación de espazos por e para mulleres é un dos obxectivos prioritarios da Concellería de Igualdade" polo que en colaboración coa Aula da UNED realízase o ciclo "Xuntas Aprendemos" e o martes 29 terá un Networking de mulleres emprendedoras e empresarias que permitirá "crear redes de apoio, sinerxías e fomentar a sororidade entre mulleres".

Amais o concello de Tui ao longo do mes de marzo volverá a reivindicar a corresponsabilidade compartindo nas súas redes sociais o vídeo realizado en 2021 por Noemi Chantada "A (r-) evolución dos coidados".

A concelleira de Igualdade, Ana Núñez, remataba hoxe a súa intervención amosando o seu agradecemento "ao movemento asociativo feminino, as verdadeiras abandeiradas da loita pola igualdade, moitas veces silenciadas e sen embargo as verdadeiras protagonistas da defensa e da reivindicación dos dereitos das mulleres, as que coas súas actividades crean espazos de encontro, de apoio, de crecemento e de aprendizaxe e serven de espello para tantas outras".

Concello Tui


Catorce persoas participan no programa Coidándome

Ao longo de doce sesións recibirán formación, información e apoio

Catorce persoas coidadoras de familiares depedentes participan dende onte xoves no programa "Coidándome" posto en marcha polo Concello de Tui, coa colaboración de AFAGA.

Durante doce sesión, os xoves de 10.30 a 12h, as persoas participantes recibirán información e formación sobre as difeferentes patoloxías que xeran dependencia e estretexias prácticas para o coidado. Tamén recibirán orientación sobre recursos sociais e de apoio para situación de dependencia, ao tempo que se incidirá na gran importancia do autocoidado.

A psicóloga xeral sanitaria de AFAGA, Beatriz Rodríguez, conduce estas sesión nas que participarán tamén unha fisioterapeuta, unha traballadora social e unha enfermeira, dando así resposta ás necesidades que se detecten no propio grupo.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, deron onte á benvida ás participantes no programa, animándoas a aproveitar esta actividade pioneira que se levara a cabo xa en 2018, e que logo debido á pandemia tivo que pararse até este ano.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, fixo fincapé nas actividades que o Concello de Tui leva a cabo en colaboración con AFAGA, tanto no Centro de Randufe, coma nas distintas parroquias coma é o programa "Cultiva a Mente", destacando precisamente o rexedor a descentralización deste programa.

O concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, pola súa parte .-…

O programa Coidándome busca ofrecer unha atención integral aos coidadores familiares para previr ou minimizar as consecuencias que ten na súa propia saúde as atención continuadas a un familiar maior con dependencia.

Nesta actividade emprégase unha metodoloxía grupal coa que se informa, forma, e apoia emocionalmente ás participantes, ao tempo que se promocionan momentos de descanso activo e relación social con outras persoas que se atopan na mesma situación.

Concello Tui


Desfile de San Patricio 2022 New York com a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos

A Banda de Gaitas San Xoán de Paramos viaxará, dous anos despois de suspenderse a súa primeira participación, á cidade de New York para participar no desfile de San Patricio.

O 17 de marzo, día de San Patricio (Saint Patrick's Day ou Lá Fhéile Pádraig) os irlandeses conmemoran o seu patrón e a creación da República de Irlanda. Debido a gran emigración irlandesa celébrase a nivel mundial, sendo New York un dos máis concorridos e coñecidos.

No ano 2020 a iniciativa do Celtiberian Heritage–New York e do Centro Español da cidade a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos estaba convidada a participar no desfile de San Patricio da cidade americana en representación do Estado Español. A crise da COVID19 e a suspensión do desfile fixo que se cancelara esa participación o dia anterior ao inicio da viaxe.

Neste ano, coa recuperación do desfile, a banda volta ser convidada a participar no Día de San Patricio en New York. Desprazarase aos Estados Unidos dende o 9 ao 19 de marzo. Nesta viaxe, alén da participación no desfile, ten programadas diferentes actuacións na cidade de New York e no veciño estado de New Jersey.

Para unha banda como a nosa, dun pequeno centro cultural e dunha pequena parroquia de Tui, supón unha grande satisfacción e responsabilidade esta invitación. Satisfacción polo recoñecemento que supón a catorce anos de traballo e compromiso coa música tradicional e responsabilidade por ser escollidos para levar a música galega a un desfile destas características.

Esta viaxe, na que participan 47 dos integrantes da Banda, culmina tres anos de traballo, e dous de espera, do Centro Cultural Laxes de Paramos, da Banda de Gaitas San Xoán e dos propios músicos. Alén dos ensaios e da preparación da viaxe, os integrantes da Banda e do Centro Cultural tiveron que facer fronte, en solitario, aos elevados gastos que conleva a preparación e o desprazamento aos Estados Unidos. Tres de traballo, musical e económico, recadando fondos, e dous de espera pola crise sanitaria, teñen agora o seu premio cunha experiencia única.

Banda de Gaitas San Xoán de Paramos


Sesión vermú con música os sábados e domingos de marzo na rúa Compostela

Dinamizar a zona e impulsar a actividade dos locais de hostalería é o obxectivo da iniciativa "Vermuteando na Compostela" posta en marcha polo Bar Amazonas, Entre Horas, Puro Sabor e Xeitoso coa colaboración do Concello de Tui e de EMPRETUI.

Os sábados e domingos deste mes de marzo, dende ás 12h, estes catro locais crean unha ruta na que se poderá degustar un vermú acompañado dun pincho e coa ambientación musical de dj`s. Entre todas as persoas que ao longo do mes disfruten da iniciativa sortearase unha estancia en Cantabria, e outra nas Cabanas da Ulla.

"Vermuteando na Compostela" comeza xa este sábado 5 de marzo e o domingo 6 dende ás 12 h.

Concello Tui


O Concello de Tui informará á veciñanza de Malvas e Pexegueiro do proxecto para construír unha senda fluvial na beira do río Furnia

O concello de Tui está a traballar nun proxecto para construír unha senda fluvial pola ribeira do río Furnia nas parroquias de Malvas e Pexegueiro. Por este motivo convoca á veciñanza destas parroquias, principalmente aos titulares das parcelas lindeiras coa marxe esquerda do Río Furnia, a sendas reunións este domingo.

A primeira xuntanza será o domingo ás 10 h na antiga escola de Malvas e a segunda ás 11.30 h no Centro Cultural de Pexegueiro.

O obxectivo destes encontros é informar sobre o proxecto para construír unha senda que transcorra pola ribeira do Furnia ao seu paso por estas dúas parroquias, coa que por en valor esta zona e a súa riqueza patrimonial. Nas reunións deste domingo falarase deste proxecto e tamén das afección das parcelas.

O río Furnia é a xoia dos ríos galegos, a súa auga pura e cristalina, libre de contaminación, así o certifica.

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais