JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores na Guarda en abril

A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:

" do 25/04/2022 ao 25/04/2022 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde.

Para solicitar cita previa:
" Por teléfono: 902 30 90 00
" A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda dispón de dúas vivendas para acoller a familias desprazadas polo conflito de Ucraína

O Concello da Guarda ven de por a disposición das familias desprazadas polo conflito en Ucraína dúas vivendas no municipio.

Trátase dunha vivenda de titularidade municipal no núcleo rural de Camposancos e un piso cedido por un particular no casco urbano da vila, para aloxar en total a dous núcleos familiares de 4 persoas cada un.

Dentro do acondicionamento destas vivendas o Concello da Guarda comprométese aos subministros básicos(auga, luz, calefacción, etc.), mobiliario, cociña e baños.

Deste xeito o Concello da Guarda participa no chamamento de colaboración da Secretaría de Estado de Migraciones do Ministerio de Inclusión Social, Seguridad Social y Migraciones, a través da comunicación de petición de axuda recibida por parte da Fegamp aos concellos galegos para a acollida de familias procedentes de Ucraína.

Do mesmo xeito e, en sinal de apoio ao pobo de Ucraína, a fachada do Consistorio Municipal permanecerá dende a noite deste mércores día 2 de marzo alumeada cos cores azul e amarelo da bandeira deste país.

Concello de A Guarda


Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de marzo

O vindeiro luns día 7 de marzo de 2022 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de marzo de 2022.

A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en marzo ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o luns día 7 de marzo de xeito preferentemente telefónico no 986 61 0000 de 9:00h a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonsos.

A Unidade Móbil desprazarase á Guarda o 17 de marzo e a recollida de documentos terá lugar o 22 de marzo.

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda conmemora o 8M co programa de actividades "Semente de Igualdade"

O Concello da Guarda programa este ano diversas actividades para conmemorar o 8M baixo "Semente de Igualdade", unha campaña na que inclúen as accións polo Día Internacional da Muller con teatro, actividades educativas nos centros escolares do municipio, un escape room, charlas, entre outras.

As actividades arrancan o día 8 de marzo ás 12:30h no Auditorio de San Benito, onde terá lugar a lectura dun manifesto acompañado da representación teatral "SUBTERRÁNEA" da actriz Mónica Sueiro. "Subterránea" é unha acción escénica que reivindica e visibiliza a figura de moitas artistas da pintura que foron silenciadas ao longo da historia. Aínda que algunhas conseguiron acadar o recoñecemento da época, tras sortear moitos obstáculos para destacar nun mundo reservado aos homes, remataron no obstracismo e afastadas dos manuais de historia da arte. Para a maioría son unhas descoñecidas. Levan demasiado tempo habitando en territorio INVISIBLE.

Subterránea é unha metáfora das mulleres que collen forzas para reafirmarse, que non renuncian a si mesmas e pelexan por saír á luz.

A fachada da Casa do Concello será iluminada de cor morada e colocarase unha pancarta conmemorativa polo Día Internacional da Muller.

O día 10 de marzo no IES A Sangriña coa intención de darlle continuidade á colaboración que se iniciou o ano pasado co Centro CIFP de Hostalaría e Turismo Carlos Oroza de Pontevedra, coa actividade que levou por título "Mulleres Galegas. Donas de seu" dirixida ao alumnado de 1º de BACH do IES A Sangriña.

Este ano 2022 , o alumnado do ciclo Superior de Guías, Información e Asistencia Turística, coordinados pola súa profesora Tina Otero, queren compartir co alumnado de 2º de BACH da especialidade de Arte e Humanidades do IES A Sangriña, a actividade que leva por título "Arte para todas e con todas".

Esta actividade consiste en convidalas/os a viaxar por museos de todo o mundo da man de obras de arte (escultura e pintura) cunha narrativa feminina.

Para a xornada do venres día 11 de marzo ás 20:00h está prevista a proxección no Centro Cultural do filme María Solinha coa presenza do Director Ignacio Vilar. O filme é unha reconstrución da historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista sofre, no século XXI, os ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII. A película fala da intolerancia e da violencia do mundo patriarcal, da represión da carne e da mente.

Continuando coas actividades propostas este ano o venres día 18 de marzo ás 20:30 h, o Centro Cultural da Guarda acolle a representación teatral da obra TABÚ da Compañía Tarabela Creativa. "Tabú" é o espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.

Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.

As actividades estenderanse ao mes de abril, deste xeito o sábado 2 de abril ás 17:00h, terá lugar o ESCAPE ROOM de Igualdade, polas rúas da Guarda, dirixido a público familiar.

Os Centros escolares do municipio participarán este ano nas conmemoracións do 8M recibindo círculos con frases ou palabras en prol da Igualdade real entre mulleres e homes, participarán tamén nunha charla que contará coa intervención de Amelia Tiganus.

O mércores día 27 de abril pola mañá, terá lugar unha charla a cargo de Amelia Tiganus, dirixida ao alumnado de Bacharelato e Ciclos de F.P do IES A Sangriña e o xoves 28 de abril, ás 19:30h o Centro Cultural acollerá unha segunda charla de Amelia Tiganus, dirixida ao público en xeral onde nos falará do seu libro" La revuelta de las Putas".

Amelia Tiganus é una activista feminista abolicionista , nada o 11 de marzo de 1984 en Galati, Rumanía. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español.

Publicou varios artigos, un comic titulado " Amelia, historia de una lucha" coa intención de chegar á poboación máis nova e acaba de publicar 'La revuelta de las putas' e é formadora en varios cursos e obradoiros de sensibilización e prevención da trata e a prostitución.

Das súas aparicións nos medios de comunicación, destaca a súa intervención no programa Salvados - Las invisibles , un programa de máxima audiencia da Sexta - onde foi entrevistada en profundidade polo xornalista Jordi Évole e na cadena SER no programa de Aimar Bretos " Hora 25" entre moitas outras intervencións públicas.

Tiganus deixa claro que: "Non podemos falar de igualdade entre homes e mulleres, nin de xustiza social, nin da sociedade do bo trato mentres exista unha soa muller no mundo explotada sexualmente".

Ten varios recoñecementos, entre eles, O Recoñecemento do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdade a persoas e institucións cuxa labor na erradicación da violencia contra as mulleres destacou especialmente. Categoría "Superación".

Estase traballando no deseño dun roteiro e unha andaina coa finalidade de visibilizar e pór en valor o importante papel das mulleres guardesas

As actividades programadas están subvencionadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade

Concello de A Guarda


A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 11 e sábado 12 de marzo

" O venres 11 en horario de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30h a 21:00h e o sábado 12 de 10:15h ás 15:00h.

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 11 en horario de 16:15 ás 14:00 horas e de 16:30h a 21:00h e o sábado 12 de 10:15h ás 15:00h.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

Concello de A Guarda


A Omix da Guarda programa varias formacións de balde para este mes de marzo

" Un Obradoiro de Música e Canto Moderno e outro de Conversas en Inglés serán as propostas da Omix da Guarda para este mes de marzo de 2022.

A OMIX do Concello da Guarda lanza as primeiras actividades de formación de este ano 2022. As actividades propostas arrancarán neste mes de marzo, son actividades de balde e coma sempre procuran a participación da mocidade en particular pero tamén do resto da poboación en xeral.

As dúas propostas que darán comezo en marzo son:

- OBRADOIRO DE MÚSICA E CANTO MODERNO para a mocidade: unha alternativa que pretende ser unha oferta diferente, moi orientada á xente máis nova cun repertorio actual e moi diverso. Con este obradoiro pretendemos crear unha canle de expresión que encaixe coa mocidade, que libere as súas emocións e que ademais non renuncien a unha formación musical de calidade. Traballarán técnica vocal, expresión e ritmos e escalas da música moderna.

- CONVERSAS EN INGLÉS- obradoiro de práctica de inglés nivel B1. Crearanse situacións cotiás nas que practicar o idioma e así mellorar as nosas ferramentas comunicativas.

No caso de Canto e música moderna o obradoiro impartirase os martes dende as 19:00h ata as 21:00h e no caso de inglés a formación serán os martes e xoves de 20:30h ata as 22:00h.

Os dous obradoiros serán de balde para as persoas participantes

Toda a información na OMIX nas súas redes sociais, no mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext 7

Concello de A Guarda


COGAMI e o Concello da Guarda manteñen unha reunión de traballo

" Actualmente, o servizo de emprego de COGAMI conta cunha base de datos que contempla 71 persoas inscritas de A Guarda , 28 mulleres e 43 homes.

Na xornada do pasado venres día 25 de febreiro, o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, reuniuse con representantes de COGAMI para recibir información e facer unha valoración do servizo que este colectivo está prestando no municipio.

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral de COGAMI, posto en marcha en 1996 como aposta pola inclusión das persoas con discapacidade no mercado laboral, atende ás persoas con discapacidade do concello da Guarda dende hai 18 anos. Para evitar que estas persoas se teñan que desprazar ás cidades, dende COGAMI achegan o servizo á poboación, sendo a orientadora laboral a que se desprace ata os concellos de zonas rurais.

Este servizo conta agora cunha nova orientadora laboral, Laura Malvar, quen estivo acompañada na xuntanza mantida o pasado venres pola coordinadora da oficina que COGAMI ten en Vigo, Susana Rodríguez.

Actualmente, o servizo de emprego de COGAMI conta cunha base de datos que contempla 71 persoas inscritas de A Guarda , 28 mulleres e 43 homes.

Ademais de entrevistar ás persoas con discapacidade, tamén contactan coas empresas e comercios da zona para captar tanto ofertas de emprego como tamén para a acollida en prácticas de persoas que se forman nos cursos que imparte anualmente COGAMI co fin de formar e reciclar ás persoas que están apuntadas na base de datos.

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda tínguense de verde para conmemorar o Día das enfermidades raras

O Concello da Guarda súmase hoxe ás conmemoracións do Día Mundial Enfermidades raras iluminando a fachada da Casa do Concello na Praza do Reló en cor verde. Deste xeito o Concello, que manterá o alumeado en cor verde para visibilizar e difundir esta doenza e concienciar á sociedade sobre a enfermidade.

As enfermidades raras son todo un reto para máis de 3 millóns de pacientes, familias e coidadores en España. Enfróntanse ao diagnóstico, así como ao acceso aos tratamentos e ás rutinas da vida cotiá… o Día Mundial das Enfermidades Raras conmemórase cada 28 de febreiro para poñer de manifesto e reivindicar unha maior concienciación social sobre estas patoloxías.

Unha enfermidade rara é a que afecta a menos de 5 persoas por cada 10.000 habitantes, pero se calcula que en España pode haber de 2,5 a 3 millóns de afectados. O azar ou un proxenitor portador dunha mutación xenética pode facer que a teñamos ou non.

Son moitas as persoas que conviven con elas (máis de 300 millóns no mundo, 3 deles en España), xa que se estima que existen máis de 7.000 enfermidades raras, das cales se identificaron 6.172.

Concello de A Guarda


A Guarda apraza o Desfile de Entroido para o domingo día 6 de marzo

A vista das previsións meteorolóxicas desfavorables con choivas para a tarde do martes de Entroido, o desfile de Entroido previsto para esta xornada aprázase para o vindeiro domingo día 6 de marzo. Mantense o horario e o percorrido, saíndo as 17.30h. da Esquina Famosa (rúa Porto Rico).

Mañá martes día 1 de marzo farase público un novo prazo de inscrición de dous días para que poidan anotarse novas carrozas, comparsas e grupos e aquelas que xa estaban anotadas e non poidan participar así o notifiquen.

Concello de A Guarda


O concello da Guarda felicita a Alicia González Álvarez no seu 100 aniversario

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a tenente de alcalde, Montse Magallanes, visitaron, o domingo 27 de febreiro, a Alicia González Álvarez para felicitala polo seu 100 aniversario.

Alicia, muller alegre e faladeira, memoria viva do barrio da Cruzada compartiu, en compañía do seu fillo, Sergio, e da súa filla, Carmen María, uns momentos de conversa cos representantes do concello, con quen conserva unha excelente relación.

Durante a conversa fixo numerosas referencias ao que fora alcalde da Guarda e benefactor do barrio, Brasilino Álvarez, o seu admirado tío.

Alicia Gonzalez fai gala dunha memoria prodixiosa, como di ela: "de cabeza estou ben, o malo son os osos." Durante a visita fixo un repaso das principais tarefas e experiencias que ela, como outras moitas mulleres da mariña da Guarda, tivo que enfrontar durante a súa vida: dende a case esquecida actividade de petar a casca para curtir as redes, ir ao monte a por fruma ou feito, a praia ao argazo ou tender as redes a secar. "Unha vida de moito traballo pero divertida" segundo ela, porque "divertido é estar facendo cousas continuamente. O peor é estar parada".

Alicia González Álvarez arranca un sorriso dos que a escoitan cando insinúa que os 100 anos lle pasaron moi rápido, como ela di: "parece mentira".

Os representantes municipais quixeron facerlle unha homenaxe a Alicia desexándolle un feliz aniversario e que siga desfrutando da vida como ata agora. Entregáronlle uns pequenos agasallos e a familia mostrouse moi agradecida polo seu recoñecemento.

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais