JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Concello de Tui vai contratar a 17 persoas ao abeiro do Plan Concellos

O Concello de Tui vai contratar a 17 persoas a través do Plan Concellos 2022 a ao abeiro da liña 3 de Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

Os contratos serán a xornada completa por un período de 6 meses. Os/as candidatos/as deben ser persoas empadroadas en Tui, desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, co correspondente código, como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego, tanto no momento da sondaxe como no da contratación.

Así contrataranse a 10 peóns de horticultura e xardinería (código: 95121019), 5 operarios de obras (código: 96011029), 1 oficial condutor (código: 84321042) e 1 auxiliar administrativo (código: 43091029).

Concello Tui


A Oficina de Turismo de Tui
adhírese á rede Info Rías Baixas

A Oficina de Turismo de Tui, situada dende comezos de mes no céntrico Paseo da Corredoira, vén de adherirse á rede Info Rías Baixas. Deste xeito súmase á trintena de oficinas e puntos de información que xa integran esta rede provincial.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, veñen de asinar o respectivo convenio.

Formar parte de INFO Rías Baixas permitirá á Oficina Municipal de Turismo de Tui ter acceso á intranet de Turismo Rías Baixas para o uso de plataformas de xestión, soportes e contidos informativos turísticos homoxéneos. Tamén recibirá, por parte da institución provincial, apoio técnico e coordinación, material de promoción actualizado, asesoramento e medios para obter distintivos de calidade. Grazas á sinatura deste convenio o Concello terá amais a posibilidade de acceso ás axudas convocadas para a dotación de persoal con destino á oficina.

A rede provincial INFO RIAS BAIXAS, ten por obxectivo garantir un servizo de atención de calidade nas oficinas de turismo da provincia, ás que dota de máis medios, de novas tecnoloxías e dunha imaxe unificada para mellorar o grao de satisfacción dos e das visitantes.

A Oficina Municipal de Turismo de Tui, no seu novo emprazamento no Paseo da Corredoira, conta cunhas instalacións máis amplas e modernas, executadas ao abeiro do proxecto Río Miño, destino navegable. A adhesión á rede Info Rías Baixas, permitirá seguir mellorando a atención turística, nun eido, o Turismo, estratéxico para a cidade de Tui. O segundo conxunto histórico de Galicia, ser a porta do Camiño Portugués de Santiago en Galicia, contar co primeiro espazo natural protexido galego coma é o Parque Natural do Monte Aloia, un importante legado xudeu que lle permitiu formar parte da Red de Juderías de España, son só algúns do moitos atractivos que posúe a cidade.

En materia de turismo esta mesma semana tivo lugar unha reunión informativa sobre o Sistema Integral de Calidade en Destinos Turísticos, SICTED, co obxectivo de que sexan moitos máis os establecementos tudenses que poidan contar con este selo de calidade.

Concello Tui


En marzo celebrarase o ciclo "Xuntas aprendemos" dentro do programa conmemorativo do 8M

Están organizadas pola concellería de Igualdade en colaboración coa Aula da UNED

"Xuntas aprendemos" é o título das actividades que se van desenvolver os xoves do mes de marzo na Aula da UNED de Tui organizadas pola concellería de Igualdade do Concello de Tui dentro dun proxecto colaborativo coa aula universitaria tudense.

Esta actividade forma parte do programa previsto para conmemorar o 8 de marzo, o Día Internacional da Muller.

"Xuntas aprendemos" é un ciclo de obradoiros conferencias nos que se compartirá, aprenderá e reflexionará sobre o desenvolvemento persoal, o feminismo, a igualdade, os recursos públicos e atención xurídica a mulleres,… da man de cinco mulleres especialistas en cada un dos temas propostos que foron convidadas a participar nesta iniciativa.

A cita será cada xoves de marzo de 18 a 20 h. Para participar, por cuestións de aforo, recoméndase reservar praza nos correos igualdade@tui.gal e aula.tui@pontevedra.uned.es. Amais pódese ampliar a información sobre esta actividade no teléfono 633 903 446.

O programa previsto é o seguinte:

o Xoves, 3 de marzo: "Mulleres fronte ó espello". Autoestima, confianza, crenzas limitantes e empoderamento feminino. Convida: Hérika Miguez. Directora Universidade da Felicidade Vigo. Coach Persoal, Educativa e Executiva, experta en Intelixencia Emocional e Certificada como Formadora de Elite de cursos de alto impacto na Universidade de Salamanca e a Universidade da Felicidade.
o Xoves, 10 de marzo: "A historia do feminismo; das Sufraxistas ao Me Too". Feminismo como motor de transformación, crítica social, percorrido histórico, ondas e principais referentes. Convidada: Laura Seara Sobrado. Avogada e política española, foi deputada do Parlamento de Galicia polo PSOE, deputada nas Cortes Xerais e secretaria de Estado de Igualdade no goberno de José Luís Rodríguez Zapatero en 2011.
o Xoves, 17 de marzo: "Introdución á Igualdade de Xénero" Xénero, patriarcado, androcentrismo, estereotipos, violencia simbólica, linguaxe sexista, socialización diferenciada. Convidada: Ana Román. Axente de Igualdade colaboradora do Concello de Tui.
o Xoves, 24 de marzo: "A intervención xurídica con mulleres; unha perspectiva feminista". Recursos públicos de atención e asesoramento a mulleres . Violencia de xénero e Dereito de Familia. Ou exercicio efectivo dous dereitos e ou acceso á información. A atención profesional e especializada. Convidada: Silvia Rodríguez Fernández. Avogada e especialista en Igualdade do programa "Muller Tui" do Concello de Tui.
o Xoves, 31 de marzo: "Mitos do amor romántico" violencia de xénero, amor compañeiro, a horta do amor. Convidada: Minerva Ojeda Psicóloga clínica pola UNAM (México).

A concelleira de Igualdade, Ana Núñez, expón que se trata "dunha actividade moi interesante, na que quixemos aunar un espazo de pensamento, coñecemento e profesionalidade -e de aí a colaboración coa aula UNED e as distintas profesionais convidadas- coa experiencia diaria das mulleres e os seus problemas reais". Engade que "esa posta en común é o espazo no que todas, participantes e convidadas, porán en común coñecemento e experiencia: é un lugar de reflexión e tamén de sororidade". É por iso polo que a concelleira convida ás veciñas de Tui a participar neste ciclo.

Concello Tui


A Orquestra Miramar amenizará o Martes de Entroido en Tui

A celebración do Entroido en Tui será musical o próximo martes, 1 de marzo, festivo local na cidade. A Orquestra Miramar actuará na rúa Compostela a partir das 19 h para amenizar unha tarde festiva.

Como xa se ten informado este ano, debido á covid, e tras as reunións mantidas coas comparsas participantes noutras edicións, non se levará a cabo do tradicional desfile de Entroido. Dende o concello anímase, aínda así, á veciñanza a gozar deste festexo, a disfrazarse e a gozar do espectáculo da orquestra Miramar, tendo en conta as medidas de seguridade fronte á covid.

Debido á actuación da orquestra no tramo da rúa Compostela comprendido entre a rúa Ourense e a rúa Mondoñedo, non se poderá estacionar dende o luns pola noite, e na xornada do martes estará prohibido tanto o estacionamento coma a circulación neste tramo.

Concello Tui


O MUMI 2022 conectará ás industrias musicais galega e portuguesa na Eurocidade Tui-Valença en setembro

A partir deste xoves passado, profesionais e artistas poderán inscribirse para participar na 3ª edición da feira, que se celebrará do 29 de setembro ao 1 de outubro e que contará coa CRTVG como medio amigo para a difusión do encontro.

"O MUMI é unha grande oportunidade para converter a Eurocidade Tui-Valença nun polo de intercambio cultural e económico entre os dous países". Esta foi a mensaxe lanzada pola organización da feira e secundada por todas as entidades que participaron esta mañá na presentacio?n do MUMI 2022, o encontro profesional das mu?sicas do Minho que se celebrara? do 29 de setembro ao 1 de outubro. Na presentación participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro Gonza?lez; o presidente e responsable de Cultura da Cámara Municipal de Valença, Jose Manuel Carpinteira; a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente; o xefe territorial da Xunta en Pontevedra, César Pérez Ares; e representando a? organizacio?n do MUMI, Diana Martins e Manuel Vicente Roxo. O encontro do sector musical, que tamén tera? programacio?n aberta a? cidadani?a, anuncia a súa intención de fixar ubicación de cara ás próximas edicións. "O MUMI atopou na Eurocidade Tui-Valença o enclave perfecto para consolidarse e medrar ata converterse na feira musical de referencia do oeste peninsular", afirmou Roxo.

Diana Martins e Manuel Vicente Roxo, representantes dun equipo organizador con estrutura en ambas beiras do Min?o, manifestaron a súa satisfacción por ter atopado na Eurocidade unha garantía de estabilidade para o MUMI, que este ano pretende consolidarse tanto en ubicación como en calendario. A feira reubícase na última fin de semana do mes de setembro, unha data que favorece a asistencia de profesionais e artistas, e que ademáis vai encher de xente as dúas vilas nunhas datas de menor afluencia de visitantes.

Diana Martins anunciou que desde este mesmo xoves 24 de febreiro todas as persoas interesadas en participar no MUMI 2022 poden inscribirse no encontro a trave?s da web mumimusicas.eu. A convocatoria para candidatar propostas de artistas e bandas galegas e portuguesas permanecerá aberta ata o 31 de marzo, mentres que as inscricións para profesionais estarán abertas ate? as datas de celebracio?n do evento. En ámbolos dous casos, a participación e? gratui?ta.

Pola súa parte, Manuel Vicente Roxo lembrou o importante impacto económico e social da pasada edición, na que participaron máis de 80 artistas e 132 profesionais galegos e portugueses do sector musical, entre axencias, programadores públicos e privados, xornalistas culturais, empresas de servizos, discogra?ficas e editoras. A feira realizou un gasto directo na Eurocidade de perto de 12 mil euros, o que significa un terzo do orzamento recibido; e aos que hai que sumarlle o gasto indirecto realizado polos cerca de 2.000 visitantes que se achegaron a participar e disfrutar dunha programacio?n cultural e turi?stica que encheu durante 3 di?as as rúas e espazos de ámbalas dúas cidades, ofrecendo un total de 19 concertos, 5 conferencias e decenas de encontros de negocios arredor da música. Roxo asegurou que nesta 3ª edición prevese aumentar este impacto económico e sobre todo remarcou a importancia do impacto social e media?tico dun evento coma este. "O MUMI crea alianzas estrate?xicas e iso e? fundamental nun momento como o que estamos a vivir", apuntou.

Un dos grandes obxectivos é atraer programadores do sector público e lograr que a feira se convirta nun obrigado punto de encontro para as contratacións artísticas dos concellos e cámaras municipais dos dous territorios. O MUMi pretende afirmarse, no prazo de 5 anos, como a Feira Internacional da Lusofonia, unha cita anual que permita explorar novas posibilidades dun sector estratéxico, servindo de escaparate e punto de encontro para ambos países, e tamén para todas aquelas empresas, entidades e iniciativas que atopan na música un espazo de promocio?n e diferenciacio?n a traves do mecenado e a esponsorizacio?n, como xeito de posicionamento no seu propio mercado.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinalou que "despois da edición do ano pasado temos claro que o MUMI ten que ser unha das apostas inequívocas do Concello porque estamos convencidos de que temos diante unha oportunidade que nos vai beneficiar a todos, tanto ás institucións como á industria musical dos dous países". O rexedor aínda engadiu que "se hai un territorio que reflicte o espíritu do MUMI é a Eurocidade Tui-Valença".

Pola sua banda, José Manuel Carpinteira, presidente da Ca?mara Municipal de Valenc?a, incidiu no "enorme potencial do evento e na súa capacidade para recuperar a normalidade na actividade musical e contribuír a relanzar o sector da cultura, despois da parada pandémica".

O xefe territorial da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, explicou que "o MUMI exemplifica unha das liñas de traballo marcadas desde a Consellería de Cultura de impulsar e promover a relación cultural entre Galicia e Portugal, ao amparo da Lei Valentín Paz-Andrade". A administracióna utonómica apoia o evento a través dos fondos do Plan de Reactivación do Xacobeo.

Por último, Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui salientou que "o MUMI é a primeira feira internacional de música galego-portuguesa e non temos dúbida de que será en pouco tempo un encontro de referencia na península". Vicente engadiu que o evento vai axudar a reforzar o sector turístico da Eurocidade que neste momento está atravesando aínda nunha situación complicada.

Tres di?as de mu?sica e encontros profesionais en localizacio?ns emblema?ticas de ambos municipios. Asi se?ra o MUMI 2022, que bota a andar tras esta presentacio?n co obxectivo de seguir creando novos mercados para as mu?sicas galega e portuguesa. Artistas, axencias, empresas, profesionais da xestio?n cultural, xornalistas e pu?blico xeral daranse cita na última semana de setembro neste evento que conta co apoio econo?mico de ambos municipios, o da Xunta de Galicia, a Direção de Cultura do norte de Portugal e a Fundação GDA (Gestão dos Direitos dos Artistas). Ademais este ano, únese como medio amigo a CRTVG, para garantir a través da Radio Galega e a Televisión de Galicia a cobertura da feira; unha difusión que na outra beira do Minho estará apoiada desde os medios públicos portugueses Antena 2 e Antena 3.

Concello Tui


Convocado o concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de San Telmo 2022

Establécese un único premio dotado con 700€. Os traballos poden presentarse até o 18 de marzo ás 14.00 horas.

O Concello de Tui vén de convocar o concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de San Telmo 2022, que se van celebrar do 16 ao 25 de abril. Así foi aprobado pola Xunta de Goberno Local do pasado 11 de febreiro, recolléndose un extracto desta convocatoria e as súas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do día de hoxe, luns 21 de febreiro.

A convocatoria está aberta a artistas plásticos, creadores ou persoas interesadas. Terán de prazo até o venres, 18 de marzo, ás 14 h, para presentar un máximo de tres obras orixinais e inéditas. Nas mesmas deberá figurar "FESTAS DE SAN TELMO, TUI, DE 16 a 25 DE ABRIL DE 2022. Festas declaradas de interese turístico galego". Amais incluirá o escudo oficial da cidade de Tui, xunto ao nome da entidade, Excmo. Concello de Tui. Establecese un único premio de 700 € e diploma.

O xurado terá en conta na súa valoración que "o cartel identifique na súa expresión gráfica á cidade e as festas de San Telmo" reflectindo os valores que se expresan para as Festas de San Telmo, centrados principalmente na devoción a San Telmo, a participación popular, a tradición secular, a accesibilidade universal á festa e á cultura, a igualdade e a proxección exterior da cidade". Así nas bases do concurso recóllese que "estes obxectivos plasmaranse na composición dos traballos, reflectindo un espírito festivo con marcada orientación publicitaria e artística e de promoción, tanto das festas anunciadas como da propia cidade de Tui".

O carteis, cun tamaño de 50 x 70 centímetros, poderán realizarse en técnica e cores libres, pero deberase ter en conta que a impresión do gañador realizarase en cuatricromía. O cartel presentarase baixo lema no Rexistro da casa do concello ou na Biblioteca Pública Municipal. Achegarase en formato dixital, xunto coa documentación requirida, e impreso sobre un bastidor ríxido de cartón pluma sen molduras ou cristal. Con todos os carteis presentados a concurso e que cumpran o establecido nas bases do mesmo realizarase unha exposición.

As bases completas deste concurso pódense consultar na web municipal.

Concello Tui


Comezaram as rutas turísticas entre as eurocidades Tui-Valença e Salvaterra-Monçao

Já funcionamento as rutas do proxecto "Río Miño, un destino navegable" que comparten os concellos de Tui e Salvaterra de Miño, as cámaras municipais de Valença e Monçao, con Turismo de Galicia e Turismo Porto e Norte.

As rutas establecidas, que terán carácter gratuíto, brindarán unha experiencia turística única entre catro cidades de dous países unidas polo río Miño. As oficinas de turismo de cada municipio serán o punto de partida para un percorrido que permitirá coñecer os conxuntos históricos de Tui, Valença, Salvaterra e Monçao, gozar da súa gastronomía, as compras, e amais navegar polo río Miño entre os municipios que conforman cada unha destas dúas eurocidades. Son oito horas de actividades nas que un tren turístico realizará a unión entre os centros históricos e o pantalán de atraque da embarcación.

Este mediodía Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, José Manuel Carpinteira, presidente da Cámara de Valença, Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra, e Laura González- Dopeso Portela de Turismo de Galicia, realizaron unha viaxe entre Tui e Valença. Neste primeiro percorrido en barco puideron admirar a Eurocidade Tui-Valença dende o río, coa ponte internacional, a fortaleza e o conxunto histórico coma grandes protagonistas.

A partir de mañá as persoas interesadas poderán realizar as súas reservas en www.hemisferios.org para realizar as rutas a partir deste venres, 25 de febreiro, con carácter gratuíto. Na mesma inclúese o percorrido con guía polos conxuntos históricos, o transporte en tren turístico, e a viaxe en barco, sendo a comida por conta do participante. Cada ruta ten unha participación mínima de 7 persoas e máxima de 15.

Esta primeira semana do venres 25 de febreiro ao domingo 6 de marzo o barco realizará as viaxes entre Tui e Valença, e a partir do luns 7 o percorrido será entre Salvaterra e Monçao. Iranse alternando así as saídas semanalmente entre as eurocidades participantes no programa.

Ofértanse un total de 6 rutas con hora previsto de inicio ás 10 h. Haberá catro rutas curtas entre Tui-Valença, Valença-Tui, Salvaterra-Monçao e Monçao-Salvaterra.

A ruta corta entre Tui e Valença parte da Oficina de Turismo de Tui, no Paseo da Corredoira. Dende aquí as persoas participantes, acompañados dun guía, visitarán o conxunto histórico de Tui presidido pola Catedral, e irán camiñando até o embarcadoiro de pescadores no Paseo fluvial. Tras embarcar poderán coñecer Tui e Valença dende o río , para volver ao embarcadoiro onde os agardará un tren turístico que os levará até a Fortaleza de Valença cruzando pola vella Ponte Internacional. Aquí terán tempo libre para xantar e continuarán logo coa visitando o centro histórico. Novamente no tren turístico regresarán á Oficina de Turismo de Tui.

En sentido inverso irá a ruta curta entre Valença e Tui que comezará na Oficina de Turismo de Valença, na Porta do Sol, para visitar o centro histórico, cruzar no tren turístico pola vella Ponte Internacional até o embarcadoiro, e tras o paseo en barco visitar o conxunto histórico de Tui. O tren levará de novo aos participantes ao punto de partida en Valença.

O mesmo acontece coa dúas rutas curtas entre Salvaterra e Monçao, partindo das oficinas de Turismo de cada municipio, percorrendo ambos conxuntos históricos, e atravesando en tren turístico a ponte internacional até o embarcadoiro ou dende o embarcadoiro en Salvaterra. Aquí no paseo en barco poderanse ver as pesqueiras empregadas para a pesca da lamprea.

Asemade establécense dúas rutas longas Tui-Salvaterra-Monçao-Valença, nas que sempre que as condicións de navegabilidade o permitan o percorrido entre Tui e Salvaterra, e viceversa, será en barco ou en caso contrario en autobús.

O proxecto "Rio Miño, un destino navegable" realízase ao abeiro do Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Concello Tui


O Concello de Tui presente na comisión galega que viaxou ao Sáhara para coñecer in situ a situación e necesidades do pobo saharauí

Este ano volverá realizarse o programa Vacacións en Paz

O Concello de Tui formou parte da comisión galega que a semana pasada viaxou aos campamentos de refuxiados saharauís da man de SOGAPS, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. O concello tudense estivo representado pola concelleira de Emprego e Igualdade, Ana María Núñez. Formaba parte tamén da comisión o intergrupo parlamentario composto por un representante de cada un dos partidos políticos con representación parlamentaria, o presidente do Fondo Galego de Cooperación e alcalde de Nigrán, o alcalde e a concelleira de Igualdade de Gondomar, e a concelleira de igualdade e exalcaldesa de Cambados. Na comisión galega viaxou un equipo médico que que realizou misión humanitaria na casa de Galicia en Bojador.

A comisión galega foi recibida pola gobernadora da Wilaya de Bojador, Azza Brahim; polo Presidente da República Saharaui e S.G. do Fronte Polisario, Brahim Gali; e pola ministra de Asuntos Sociais e Promoción da Muller, Suelma Beirul, quen fixo especial mención ao importante papel das mulleres nunha sociedade que ten aos homes na guerra.

Tamén tiveron a oportunidade de visitar o Parlamento e manter un encontro co ministro de Educación, Mrabih El-Mami, que expuxo as necesidades e prioridades do seu ministerio, que pasan por poder garantir unhas condicións mínimas a cada alumno e alumna, por formar ao profesorado, por garantir salarios dignos para reter ao profesorado e controlar o abandono escolar, así coma a necesidade de material escolar didáctico e das infraestruturas para cada Wilaya.

Xa na última xornada, a delegación galega foi recibida polo primeiro ministro da RASD, Bucharaya Hamudi, e pola ministra de Cooperación, Fatma El-Mehdi que agradeceron a inmensa solidariedade e colaboración do pobo español co Sáhara.

A xornada completouse coa sinatura dun convenio de colaboración entre o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade representado polo seu presidente e alcalde de Nigrán, Juan A. González, e a gobernadora da Wilaya de Bojador Azza Brahim, para mellorar a xestión de residuos e xerar emprego nos campamentos.

A concelleira de Emprego e Igualdade, Ana Núñez, avanza tras a viaxe aos campamentos saharauís que "unha das tarefas inmediatas que abordará o concello de Tui é a adhesión ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade". Outro dos compromisos adquiridos polo Concello de Tui, entre outras iniciativas a valorar co conxunto dos grupos políticos, é o de aumentar a difusión do programa "Vacacións en paz" que este ano o goberno saharauí xa comunicou de xeito oficial que se levará a cabo , tras o do parón nos dous últimos anos debido á pandemia. Un programa que permite a nenos e nenas dos campamentos de refuxiados pasar os meses de verán con familias españolas.

A concelleira de Emprego e Igualdade, Ana Núñez, que tamén é familia acolledora ao abeiro deste programa, convida "a todas as familias que poidan que vivan a experiencia de acoller a un neno ou nena saharauí". Agarda que Tui amose o seu lado máis solidario este verán sendo numerosas as familias que acollan a un neno e nena nos meses estivais.

Concello Tui


O Concello de Tui vai contratar a 17 persoas ao abeiro do Plan Concellos

O Concello de Tui vai contratar a 17 persoas a través do Plan Concellos 2022 a ao abeiro da liña 3 de Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

Os contratos serán a xornada completa por un período de 6 meses. Os/as candidatos/as deben ser persoas empadroadas en Tui, desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, co correspondente código, como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego, tanto no momento da sondaxe como no da contratación.

Así contrataranse a 10 peóns de horticultura e xardinería (código: 95121019), 5 operarios de obras (código: 96011029), 1 oficial condutor (código: 84321042) e 1 auxiliar administrativo (código: 43091029).

Concello Tui


O Concello de Tui entrega a Protección Civil de Tui unha motocicleta

A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Tui vén de incrementar o seu parque móbil cunha scooter 150 entregada hai uns días polo Concello a este colectivo.

Esta motocicleta formaba parte dos vehículos da Policía Local, pero quedara en desuso coa incorporación de novos vehículos a este corpo. Por este motivo dende o concello decidiuse realizar a posta a punto da motocicleta e rotulala para poder ser empregada polos voluntarios e voluntarias de Protección Civil, que contarán así cun vehículo para desprazamentos curtos nas súas intervencións.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, fixeron entrega da moto hai uns días a Protección Civil.

Cómpre lembrar que o ano pasado a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui realizou un total de 242 servizos empregando nos mesmos 1.583 horas.

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais