|
Rotundo éxito do Venres de Foliada 2022
O público cheou os arredores desde a zona do Mosteiro ata a Pedra, pasando pola Rúa Gondomar.
Unha decena de carrozas chegadas desde diferentes puntos da comarca e zona de influencia (enviamos fotos), ás que agradecemos sinceramente a súa participación:
-Luces de Tomiño
-Asoc. Cultural Nosa Señora e San Roqe
-Asoc. Deportiva e Cultural Amigos do Carnava
-Asoc. CentroVeciñal e cult Valladares
-Asoc. Os da Casa
-Comparsa Os Choqueiros
-Asoc. Centro Cultural e Recreativa Parada do Miñor
-Asoc. Veciñal Nosa Terra de Pereiras
- O Millor de Cada Casa
-Os Festeiros de Bembrive
Fora de concurso: Ldanzia
- En Goián, Martes de Entroido (1 de marzo). Este ano volverase a respirar a esencia tradicional do entroido desta parroquia. Impulsado pola Asociación Cultural Taíña e contando coa colaboración da veciñanza goianesa e do Concello de Tomiño, o programa desenvolverase con actuacións, espectáculos, concertos, pasarrúas e actividades.
Accesibles os resultados, unidades didácticas e boas prácticas do programa "Play2Grow"
Tomiño participou durante dous anos neste proxecto Erasmus+ xunto a institucións de Portugal e Italia co fin de promover a cultura musical
O proxecto Erasmus+ Play2Grow, no que participou o Concello de Tomiño nos dous últimos anos xunto a outros concellos, entidades e escolas de música de Galicia, Portugal e Italia, xa finalizado, ten xa dispoñibles os seus resultados en https://play2grow.eu, onde pode atoparse ademais exemplos de boas prácticas e recursos para aprender habilidades e valores a través da música, tales como, poñer en marcha campamentos musicais, promover e xestionar un grupo, ou impulsar a cultura musical na comunidade.
Os responsables do proxecto animan tamén a coñecer as unidades didácticas correspondentes, xa que o acceso aos diferentes cursos é libre e de balde, rexistrándose como usuario/a en: https://hub.play2grow.eu/
O proxecto comezou a finais de 2019 como un programa Erasmus+ da Comisión Europea para o desenvolvemento de prácticas innovadoras e execución de iniciativas conxuntas de aprendizaxe no ámbito da mocidade a escala europea, permitindo que diferentes organizacións poidan reforzar redes de traballo e a súa capacidade de actuación transnacional, compartindo ideas, prácticas e métodos.
Mediante un proxecto Play2Grow, estudantes e profesorado da Escola de Música de Goián intercambiaron experiencias co Space Ensemble (Paredes de Coura. Portugal) e a Fondazione Maria Ida Viglino per la cultura musicale do Val de Aosta Italia). Entre outras actividades, realizáronse unha residencia dunha semana en Paredes de Coura para alumnado das tres escolas de música participantes; sete días dun seminario de intercambio entre profesorado, e varias reunións internacionais presenciais e online.
O proxecto recolle agora na súa páxina web (https://play2grow.eu) un conxunto de boas prácticas e unidades didácticas que permitirán a calquera persoa ou entidade interesada, replicar experiencias de traballo educativo a partir da música ou facilitar a rapaces e rapazas que comezan, métodos e coñecementos para xestionar ou promocionar a súa banda ou grupo musical.
Tomiño celebra o Día de Rosalía
A través da Concellería de Cultura, o Concello conmemora o nacemento da escritora con diferentes actividades
O Concello de Tomiño celebra o 23 de febreiro o Día de Rosalía. Este cambio na data prodúcese despois de que a investigadora galega Sagrario Abelleira aportara o pasado ano nova documentación que acredita o nacemento real da escritora nese día.
Para conmemorar esta data, dende o Concello vai difundirse nas redes sociais e na web municipal (tomino.gal) un vídeo realizado polo grupo de voluntariado, coa lectura do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, escrito por Beatriz Maceda Abeleira con citas das escritoras Xohana Torres, Luisa Villalta, Xela Arias e María Xosé Queizán.
Compartirase tamén, no mesmo vídeo, a canción "Negra Sombra" interpretada na voz e guitarra da moza tomiñesa Lara Villaverde e, ademais, deseños sobre Rosalía feitos por mocidade tomiñesa.
Así mesmo, entre os días 23 ata o 26 de febreiro, porase á venda na librería Novidades, a única do municipio, 23 libros escritos por Rosalía ou sobre ela, cun 50% de desconto.
Outro ano máis, o Concello, mecenas da Casa de Rosalía de Castro, recibiu 1000 exemplares dos manteis de "Caldo de Gloria", que serán repartidos entre todo o alumnado de todos os centros educativos do municipio coa pertinente información, para animar ás familias e aos comedores escolares a que elaboren o caldo.
A iniciativa está inspirada no poema "Miña Casiña, meu lar" onde a poeta explica como facer un caldo humilde e no que relata a épica diaria da supervivencia.
Por outra banda, a Fundación Rosalía e a Asociación de Gaiteiros/as Galegos/as organiza o 23 de febreiro a Alborada para Rosalía de Castro, "á que nos unimos dende o concello de Tomiño para dar unha alborada de gloria na súa honra, na praza do Seixo en horario de mañá. Facemos un chamamento a aqueles músicos que queiran unirse", comenta a concelleira de Cultura, Ana Fernández Carrera.
Neste 2022 "xa podemos saudar o Día de Rosalía coa alegría da música, coa esperanza da Alborada. A noite de medos e de tristura ten que acabar e dar paso a esa alborada de gloria, ese novo tempo que nos faga encarar o futuro con ilusión e confianza", sinala.
Presentado o proxecto Meniños Cantores 2 no Auditorio de Goián
Presentado o proxecto Meniños Cantores 2 no Auditorio de GoiánO Auditorio de Goián (Tomiño) acolleu, o venres 18 de febreiro a Gala de presentación do proxecto Meniños Cantores 2 no Baixo Miño.
Presentado o proxecto Meniños Cantores 2 no Auditorio de GoiánPonte…nas ondas!, o IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño e o CPI Suárez Marquier, do Rosal, en colaboración cos concellos de Tomiño e do Rosal organizaron o acto, ao que asistíu a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, institución que apoiou a publicación do libro USB de Meniños Cantores 2.
Presentado o proxecto Meniños Cantores 2 no Auditorio de GoiánO alumnado participante de ambos centros foi o encargado de conducir a gala-presentación que contou coas actuacións de Andrea Pousa e de Lucía Pérez, ambas madriñas do proxecto. Ademais proxectáronse imaxes da gravación do primeiro Meniños Cantores, ante un numeroso e entusiasta público.
Presentado o proxecto Meniños Cantores 2 no Auditorio de GoiánNo acto interviron a xa citada presidenta do Consello da Cultura Galega, e o presidente de Ponte…nas ondas!, Santiago Veloso, xunto coas alcaldesas Ánxela Fernández (O Rosal) e Sandra González. Os profesores Luis Lechuga do IES Antón Alonso Ríos e Xosé Manuel Méndez explicaron o traballo desenvolvido polo alumnado no proxecto.
Comunicado aclaratorio sobre o despregue de fibra óptica no Concello de Tomiño
O goberno local lamenta o malestar que se está a xerar entre a veciñanza ante a información errónea dalgunhas compañías operadoras
Ante as informacións erróneas que se veñen difundindo con respecto ao despregue de fibra no noso municipio, dende o Concello de Tomiño emitimos este comunicado para informar á veciñanza sobre a situación na que se atopa a implementación de redes ultrarrápidas de conexión a internet nos barrios e parroquias.
A fibra óptica chegou a Tomiño a finais de 2019, acadando a día de hoxe máis do 75% das Unidades Inmobiliarias (UUII) susceptibles de ser potenciais clientes (vivendas, locais comerciais, oficinas, etc.).
No camiño de facilitar o despregue da fibra e tendo en conta a normativa vixente, o Concello non obriga ás compañías operadoras a canalizar de forma sistemática esta rede no municipio, e así se lles comunicou ás enxeñerías de telecomunicación.
O departamento de Urbanismo está a aprobar as instalacións de postes debidamente solicitadas e xustificadas e só ten realizados requerimentos por afectar a zonas de protección patrimonial ou por cuestións de seguridade.
Dende o goberno local tratamos de manter unha escoita activa das demandas, opinións, inquedanzas e suxestións que veciños e veciñas expresan nas diferentes canles de comunicación nos que o Concello ten presenza. Por este motivo, encargámonos de comunicar aos equipos técnicos das compañías as incidencias que nos transmite a veciñanza, para que traten de resolvelas.
Dende o Concello de Tomiño somos conscientes da importancia que ten hoxe en día contar con fibra óptica para mellorar a conectividade tanto da veciñanza como do tecido empresarial. Por este motivo, para facilitar ao máximo o seu despregamento o departamento de Urbanismo e responsables políticos mantiveron varias reunións cos responsables das compañías a fin de axilizar os expedientes.
Lamentamos profundamente o malestar que esta situación está a xerar entre os nosos os veciños e veciñas e reiteramos o noso desconcerto ante a argumentación dalgunhas compañías operadoras. Continuaremos traballando para que os tomiñeses e tomiñesas poidan gozar dun ben que neste momento xa é esencial para o desenvolvemento das súas vidas e do seu emprego.
|