JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Entroido volve a Tomiño

A parroquia de Goián cambia o formato pero mantén concertos e actividades organizadas pola Asociación Cultural Taíña coa colaboración do Concello e da veciñanza

Ante a incerteza destes dous últimos anos, foron moitas as asociacións que, debido á pandemia, non puideron xuntarse para elaborar disfraces, ensaiar coreografías etc. Ademáis o investimento de tempo e diñeiro era dubidoso, xa que non sabían se finalmente o desfile podería celebrarse ou non polas condicións da pandemia.

Así as cousas, o tradicional desfile "Venres de Foliada", terá lugar o 25 de febreiro no centro urbano de Tomiño (nas rúas próximas ao Seixo). O percorrido será similar ao doutros anos, con saída dende o Colexio Pedro Caselles Beltrán, ás 21.30h, continuando pola rúa Gondomar ata a zona da Pedra. "As comparsas irán acompañadas, como todos os anos polas treboadas", explica a concelleira de Cultura, Ana Fernández Carrera.

Na parroquia de Goián, este ano volverase a respirar a esencia tradicional do entroido desta parroquia. Impulsado pola Asociación Cultural Taíña e contando coa colaboración da veciñanza goianesa e do Concello de Tomiño, o programa desenvolverase con actuacións, espectáculos, concertos, pasarrúas e actividades, aínda que se botará en falta o tradicional e recoñecido desfile do Martes de Entroido.

Programa

O venres 25 ás 22.00 horas, concerto do grupo local de música reggae The Black Turf e pinchada musical no Centro Goianés (entrada libre ata completar o aforo).

O sábado 26, a partir das 17.00 horas e durante toda a tarde, na praza Pintor Antonio Fernández, haberá pasarrúas e actuación do grupo de fanfarria Brassica Rapa, xogos populares e atracción/actuación sorpresa.

Ao redor das 21.30 horas o colectivo Máis Lume Kolektive estará na praza Pintor Antonio Fernández animando durante horas coa súa soundsystem.

O domingo 27, sobre as 17.00 horas, na praza Pintor Antonio Fernández, haberá pasarrúas de treboadas e carretillada estática de entroido.

Sobre as 19.30h levarase a cabo un serán de entroido aberto a todos os públicos, e a partir das 21.30h, sesión bailonga durante toda a noite, da man de Lakenobaila dj + concurso de disfraces.

O martes, 1 de marzo, tamén na praza Pintor Antonio Fernández, ás 18.30h terá lugar un concerto a cargo do trío "Breocáns". Para rematar, ás 20.00h haberá un serán/guateque de entroido xunto cun concurso de disfraces.

"Novo formato, nova normalidade, pero a esencia de sempre. Desfrutemos do entroido con sentidiño. Agardámosvos", comentan dende a organización da Asociación Cultural Taíña.

Concello Tomiño


Alumnado do Rosal e de Tomiño presentaran este venres a Gala de Meniños Cantores 2 no Baixo Miño; un proxecto de "Ponte... nas Ondas!"

A presentación teve lugar no Auditorio de Goián ás 19.00 horas e contou coa presenza da presidenta do Consello da Cultura Galega, autoridades locais e artistas

O Auditorio de Goián (Tomiño) acolleu este venres 18 de febreiro ás 19.00 horas, a Gala de presentación do proxecto Meniños Cantores 2 no Baixo Miño.

Ponte...nas ondas!, o IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño e o CPI Suárez Marquier, do Rosal, en colaboración cos concellos de Tomiño e do Rosal organizaran o acto, ao que asistiu a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, institución que apoiou a publicación do libro USB de Meniños Cantores 2.

O alumnado participante en Meniños Cantores 2 de ambos centros forán os encargados de conducir a gala-presentación que contou coas actuacións de Andrea Pousa e de Lucía Pérez, ambas madriñas do proxecto. Ademais proxectaranse imaxes da gravación do primeiro Meniños Cantores.

No acto intervierán a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez e o presidente de Ponte...nas ondas!, Santiago Veloso, xunto coas alcaldesas Ánxela Fernández (O Rosal) e Sandra González. Os profesores Luis Lechuga do IES Antón Alonso Ríos e Xosé Manuel Méndez explicarán o traballo desenvolvido polo alumnado no proxecto.

No caso do IES Antón Alonso Ríos dáse unha feliz coincidencia. Na edición de 2005, a encargada de interpretar o tema musical "Bailando contigo", composto polo músico e vicedirector do centro, Luis Lechuga, era a alumna Andrea Pousa. Nesta ocasión Andrea é unha das madriñas do proxecto para acompañar a interpretación do alumnado no tema "O tren", de Andrés do Barro nunha versión adaptada.

No caso do CPI Suárez Marquier dáse outra feliz coincidencia; no tema musical escollido, "Canto de Roda" (2005), participaba nas voces unha alumna de 1º de ESO, Ánxela Fernández Callís. Dezasete anos despois, Ánxela asistirá á gala de presentación de Meniños Cantores 2 en calidade de alcaldesa do Concello do Rosal. Nos arranxos musicais participou tamén Xosé Manuel Méndez, profesor do centro educativo rosaleiro xunto ao músico Gustavo Domínguez.

Recolla do patrimonio

No disco-libro de Meniños Cantores de 2005 incluíase un CD e un DVD que contiñan 19 temas musicais, 18 videoclips, 32 karaokes e 2 documentais: un Make in off e unha recoll de testemuños do patrimonio cultural inmaterial. No documental recollíase o proceso de formación das treboadas do Baixo Miño e tamén dos telleiros do Rosal coa súa xerga (o verbo), un código lingüístico propio.

Os centros organizadores do acto deste venres xa participaron na primeira edición de 2005 de Meniños Cantores que naquel momento incluía a 17 centros educativos situados entre Vigo e Porto.

O proxecto Meniños Cantores 2 forma parte das boas prácticas de Ponte nas ondas! Presentadas por Portugal e España na UNESCO e que poden ser inscritas como "modelo de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial". Para Portugal e para Galicia será a primeira inscrición no rexistro da UNESCO e Ponte...nas ondas! será un modelo referencia internacional de boas prácticas co patrimonio. .

Concello Tomiño


Tomiño conmemora o Día Internacional do Cancro Infantil coa obra "Ás para Álex" de Baobab Teatro

A acción busca mobilizar a conciencia para avanzar na prevención e na investigación, facendo un chamamento á participación e o compromiso social

A función terá lugar o domingo 20 de febreiro no Auditorio de Goián (17.30h)

O Concello da Tomiño sumarase á conmemoración do Día Internacional do Cancro Infantil (15 de febreiro), coa obra "Ás para Álex" de Baobab Teatro; unha función que terá lugar no Auditorio de Goián o vindeiro domingo, 20 de febreiro ás 17.30 horas. A entrada para esta actividade, destinada a público familiar con nenos/as a partir de 5 anos, será de 3 euros para as persoas adultas e 1,5 para menores de 12 anos.

O 15 de febreiro conmemórase o Día Internacional do Neno con Cancro, unha data proclamada en Luxemburgo, grazas á Organización Internacional de Cancro Infantil.

O obxectivo é crear conciencia e sensibilizar ás persoas sobre unha enfermidade que lamentablemente afecta a moitos nenos e novos. vAsí mesmo, para axudar ás súas familias a que os seus fillos teñan un diagnóstico oportuno e o debido tratamento. Segundo o informe do "Observatorio do cancro" cada ano hai ao redor de 1000 cancros novos en pacientes menores de 14 anos.

"Dende o concello de Tomiño queremos expresar o noso apoio e solidariedade na loita contra o cancro a través do espectáculo ÁS PARA ÁLEX de Baobab Teatro", explica a concelleira de Benestar, Cristina Martínez.

"Ás para Álex" é un espectáculo de teatro e monicreques recomendado para nenas/os a partir de 5 anos, cunha duración de 45 minutos.

Álex ten oito anos e, coma a calquera neno da súa idade encántalle correr, xogar, quedar coas súas amigas e amigos, ir ao parque, xogar ao fútbol que é a súa paixón. Pero un día ten que deixalo todo, porque o seu corpo non responde e, coma calquera neno, Álex enfádase co mundo e asáltanlle moitas preguntas. Ata que un día aparece Laura e sen pedir permiso entra de cheo na súa vida para axudarlle a mudar a mirada.

Trátase dunha peza teatral comprometida, divertida e cargada de verdade e tenrura, que toca unha temática moi delicada: "o cancro infantil". Tamén amosa a necesidade de ter un sentimento de esperanza como unha menciña máis para superar esta enfermidade, e a importancia de atopar persoas que nos axuden a soñar.

Concello Tomiño




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais